pobos prerromanos en galicia

Post on 26-Jul-2015

63 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

• ¿Cándo chegan os pobos colonizadores á Península Ibérica? A comezos do primeiro milenio a. C.

• ¿Qué dous pobos podemos diferenciar?

– Pobos Indoeuropeos (iberos, celtas e celtíberos): que penetraron polos Pireneos e asentáronse no Norte da Península e na Meseta.

– Pobos mediterráneos (fenicios, gregos e cartaxineses) que fundaron colonias no Leste e no sur da Península.

¿Pobos mediterráneos en Galicia?

• A diferencia doutros lugares da Península Ibérica, a Galicia non chegaron os pobos colonizadores do Mediterráneo, sen embargo, si tiveron contacto con eles.

• Os pobos galaicos dominaron o cobre e o bronce, pero o seu contacto cos fenicios levounos a coñecer o ferro, o que levou a que o comercio de obxectos fabricados en bronce, tan habitual en Galicia perdese importancia e o Norte quedase illado progresivamente.

Os pobos Iberos, Celtas e Celtíberos

• Pobos Íberos (Ibéricos): – ¿Ónde se localizaban

dentro da Península? Por toda a zona mediterránea, dende a Alta Andalucía ata os Pireneos.

– Tiñan un grande desenvolvemento urbano e cultural (coñecían a escritura), froito do seu contacto cos pobos mediterráneos.

DAMA DE BAZA (IV a. C.) http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045

/5721/1/Lucentum_25_07.pdf

• Pobos Celtas:

– ¿Ónde se localizaban dentro da Península? No centro, Oeste e o Norte.

– Habitaban uns poboados chamados castros.

– Coñecían a metalurxia do ferro, pero non a escritura.

CASTRO DE SANTA TREGA/TECLA

• Pobos Celtíberos: – ¿Ónde se

localizaban dentro da Península? No Leste da Meseta e no Sistema Ibérico.

– Tiñan orixe e lingua celtas, pero estaban moi influenciados pola cultura ibérica (coñecían a escritura).

• ¿Cal é a súa cronoloxía? Dende o Bronce Final (séculos VII-VI a. C.) ata a conquista romana (s. II-I a. C.).

• ¿Ónde se da? Na maior parte de Galicia, no Norte de Portugal e na zona Occidental de Asturias.

• ¿Qué é un castro? Un asentamento fortificado que da nome a esta nova cultura.

¿Cómo eran os Castros/Citanias? • Eran recintos fortificados situados en lugares con doada

defensa natural e sempre preto de fontes de auga e terreos cultivables.

• Adoitaban ter murallas e fosos e, ás veces, podían protexerse cunha gran torre.

• Todos teñen unha estructura e materiais similares. • Podían ter hasta tres recintos concéntricos. Neste caso, o

exterior servía para unha maior defensa e para gardar o gando.

• No interior, normalmente na parte superior dos castros (a “croa”) situábanse as vivendas, a maioría esparexidas sen rúas, salvo excepcións.

• Algúns castros tiñan edificios de grandes dimensións, con funcións administrativas, relixiosas ou funerarias. Destacan, por exemplo, os monumentos con forno.

As vivendas

ALGÚNS CASTROS GALEGO-PORTUGUESES IMPORTANTES: Baroña (A Coruña), Elviña (A Coruña), Santa Tegra (Pontevedra), Castromao (Ourense) Citania de Briteiros (Portugal)

• Eran de construcción sinxela, de planta circular ou rectangular (os máis modernos son desta última planta); duns 3-5 metros de diámetro e 3-4 de altura.

• Os seus muros eran de pedra e non tiñan ventas o, si había, eran moi pequenas.

• A entrada estaba eleva en relación co nivel do chan para protexer á vivenda do frío e a humidade.

• As súas cubertas eran de palla ou ramas e estaba sustentada por un poste central.

• No interior estaba o fogar normalmente no centro.

• Son moi habituais os bancos, pegados ás paredes.

VIVENDA DE PLANTA CIRCULAR

VIVENDAS MÁIS MODERNAS (PLANTA CUADRADA OU RECTANGULAR)

CANLE DE AUGA

RÚA DA CITANIA (non era moi habitual que Puidese haber urbanismo)

ZONA DE ENTERRAMENTO (normalmente na parte superior dos castros)

MURALLAS

ALXIBE

INTERIOR RECONSTRUÍDO

EDIFICIO PÚBLICO

PEDRA FORMOSA (Formaba parte dun pequeño Balneario Situado na parte baixa desta Citania)

A economía

• Sobre todo agricultura (técnicas agrícolas moi rudimentarias), gandaría, pesca e marisqueo.

• A súa minaría (cobre, estaño, ferro e ouro) era unha importante fonte de riqueza. Nos castros existiron evidencias de obradoiros metalúrxicos, nos que se fabricaban, sobre todo, fibelas, escudos, armas, puntas de frecha, elaborábanse torques, amuletos, etc.

• Tamén foi interesante a súa artesanía, que abastecía á poboación dos útiles necesarios para as súas actividades cotiás (cerámica, cestaría, etc.)

• Non coñecían a escritura nin usabana moeda, sen embargo, levaban a cabo relacións comerciais con outros pobos atlánticos.

DIADEMA DO TESORO DE ELVIÑA Castelo de San Antón

A sociedade castrexa • Os núcleos de poboación eran moi

pequenos e espallados polo territorio. • Dentro dos castros vivían distintas

familias, que se constituían en comunidades independentes.

• Varios castros conformaban unha tribo, cos seus propios deuses, cultos familiares e dereitos, diferentes dos das persoas alleas ao grupo.

• Tiñan valiosas xoias, como os torques ou as estatuas de guerreiros, que indican o carácter defensivo dos castros e a existencia dunha xerarquización social presidida por unha caste militar.

TORQUES DE BURELA

GUERREIRO CASTREXO

As crenzas relixiosas • Os pobos castrexos tiñan

unha relixión politeísta. Adoraban ás divinidades guerreiras e existía un culto á auga, ás árbores e ás pedras, moi propia do mundo celta.

• Tamén, practicábanse ritos relacionados coa adiviñación en relación co voo das aves e coa maxia.

• Consérvanse restos de templo no Castro de Elviña e no de Mocinho (Portugal).

TEMPLO DO CASTRO DE ELVIÑA

CASTRO DE MOZINHO Portugal

top related