pobos prerromanos da península ibérica. a cultura castrexa

Post on 23-Jan-2018

700 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

OS POBOS PRERROMANOS DAPENÍNSULA IBÉRICA

SERGIO FOLGUEIRA ARIAS1º ESO (CIENCIAS SOCIAIS)

Mentres en Grecia nacía ademocracia e a filosofía ou se construía o Partenón...

que acontecía na Península Ibérica?

1. A CHEGADA DOS INDOEUROPEOS

●Quen eran os indoeuropeos?

● O termo indoeuropeo naceu como un concepto filolóxico, cando se comezou a ver que un gran conxunto de linguas desde a India até Europa tiñan moitos elementos comúns entre elas.

● Aparacerían arredor do ano 4.000 A.C. na zona cercana aos mares Negro e Caspio.

Mapa das linguas indoeuropeas

AS LINGUAS INDOEUROPEAS

Expansión indoeuropea

Como vivían os indoeuropeos?● Sabemos pouco dos seus modos de vida. ● Practicaban a agricultura e a gandería.● Coñecían a roda e o carro.● Domesticaban aos cabalos.● Coñecían a metalurxia do ferro.● Incineraban aos seus mortos e soterraban os restos dentro dunhas furnas cun enxoval.

Cando chegaron os indoeuropeos á Península Ibérica?

● Chegan en diversas vagas:

● A primeira arredor do século X/IX a.C. na zona de Cataluña.

● A segunda prodúcese no s. VIII a.C. coa migración dos grupos denominados celtas, que se asentan no norte, centro e oeste da Península.

● Non substitúen ás poboacións previas, senón que se misturan con elas.

2. AS COLONIZACIÓNS DOS POBOS DO MEDITERRÁNEO ORIENTAL

● Chegan:● Gregos● Fenicios● Cartaxineses

● Fundan colonias comerciais e de poboamento.

● O seu contacto cos pobos do sur e leste da Península está na orixe da cultura dos iberos.

E EN GALIZA?

● No noso país habitaba un pobo de orixe céltico, os galaicos.

● A Galiza non chegaron as colonizacións gregas e fenicias, pero isto non significou que non existiran os contactos.

● Polas nosas costas pasaba unha das rutas do estaño, que subministraban este material, imprescindíbel para a aleación do bronce.

● Un exemplo da influencia fenicia foi a introdución da metalurxia do ferro.

A CULTURA CASTREXA

- Denomínase cultura castrexa ao conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica entre os séculos IX/VIII a.C. e o I d.C.

- A súa característica máis significativa é que vivían nuns poboados fortificados denominados castros, que lle dan o seu nome a esta cultura.

LOCALIZACIÓN

CulturaCastrexa

As características desta cultura localízanse nunha área que comprende a Galiza actual e que se prolonga cara o Occidente de Asturias polo norte e cara o río Douro (norte de Portugal) polo sur.

COMO RECOÑECEMOS

UN CASTRO?

Polos restos arqueolóxicos

Murallas, vivendas, pezas cerámicas, metalúrxicas...

A toponimia

Castro, Castriño, Castrillón,Croa, Cidá, Cibidá...

Polo folclore

Lendas de mouros, mulleres encantadas, tesouros...

Entre os castros máis coñecidos podemos citar...

- Baroña (Porto do Son)

- Santa Tegra (A Guarda)

- Viladonga (Castro de Rei)

- San Cibrán de Lás (San Amaro)

- Elviña (A Coruña)

- Castromao (Celanova)

Pero estes son só algúns, pois o país está cheo de castros. As últimas estimacións falan de entre 2.000 e 5.000.

Coñeces algún no teu concello?

O hábitat, representado polo castro, é o seu elemento máis característico. Pero... que é un castro?

É un poboado, de planta xeralmente redondeada, fortificado por muralla/s, foxo/s e parapeto/s en disposición concéntrica e pola ubicación en áreas de fácil defensa coma outeiros, aínda que tamén se atopan en chairas.

No interior da área defendida distribúense as construcións domésticas.

Segundo o seu emprazamento poden ser castros costeiros (en pequenas penínsulas) ou de interior (en outeiros, ladeiras ou chairas). Para a súa ubicación tamén é importante a existencia de terreos de cultivo e auga.

O castro de Baroña (Porto do Son) ubícase nunhapequena península paramellorar a súa defensa

Fortificacións

Vivendas

Castro de San Cibrán de Lás (San Amaro, Ourense)

Como son as vivendas?

-Sitúanse no interior do castro.

-Plante redondeada, cun diámetro de entre tres e seis metros.

-Poden contar cun vestíbulo.

-Por influencia romana adoptaron formas cuadrangulares.

-No interior das casas está o fogar.

-As cubertas eran de tipo vexetal recubertas con barro.

-Sobre os muros de pedra abríanse as portas.

-Non contamos practicamente con elementos arquitectónicos de carácter ritual (templos e necrópoles) nin tampouco con construcións públicas (palacios, lugares de reunión ou para espectáculos).

Reconstrución dunha vivendacastrexa no castro de Santa Tegra

As formas arquitectónicas perdurana través do tempo, coma nesta palloza

do Cebreiro (comarca dos Ancares, Lugo)

A ECONOMÍA: DE QUE VIVÍAN?

• Agricultura: cultivaban cereais (trigo, millo miúdo, cebada), leguminosas (fabas, chícharos), verzas, nabos...

• Gandería: vacas, cabalos, ovellas, cabras, porcos e aves de curral.

• Caza, pesca, marisqueo, recollida de froitos.

• Minaría do cobre, estaño, ferro ou chumbo.

• Elaboraban os útiles necesarios para a vida diaria→ Artesanía (cerámica, ourivería).

• O máis probábel é que non coñeceran a moeda, polo que practicaban o troco.

• Tampouco coñecían a escritura.

A SOCIEDADE CASTREXA

- Os castros estaban repartidos polo territorio.

- Cada castro estaba habitado por un conxunto de familias, e eran independentes do resto dos castros.

- Un conxunto de castros, co seu territorio circundante, podía constituír un populus ou tribo.

- Entre os distintos castros existían relacións, pero non formaban parte dunha unidade política superior, un Estado.

- As mulleres non se atopaban nunha situación moi desvantaxosa fronte os homes, pero todo parece indicar que estas sociedades eran rexidas por unha caste militar masculina.

Guerreiros castrexos deLesenho (Portugal)

Cabeza de guerreiro deRubiás (Bande)

Torso de guerreiro deArmeá (Allariz)

A RELIXIOSIDADE CASTREXA

- Temos moi poucos datos sobre as súas crenzas, na meirande parte dos casos a través de autores romanos.

- Parecen compartir moitas das características da relixiosidade doutros pobos celtas de Europa.

- Eran politeístas. Algúns dos seus deuses tiñan carácter local, mentres outros eran xerais.

- Semella que adoraban forzas relacionadas con elementos da natureza, como a auga, as montañas ou as árbores.

top related