pasionaria azul

Post on 21-Jul-2015

51 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Pasionaria azul

Ana Fandiño García, Sara Chaves OteroIES Francisco Asorey, novembro 2013

Nomes

● Nome Galego : pasionaria● Nome Científico: Passiflora caerulea● Familia: Passifloraceae● Xénero: Passiflora

É unha planta leñosa perenne e rubideira que pode acadar os 20 metros de lonxitude en condicións climáticas favorables.

Raíz

● Típica e superficial, como é habitual nas gateadoras

Talo● Leñoso, rexo, coa tona de cor verde-

gris a castaña. Ramifícase en ponlas longas e flexibles que gabean por calquera soporte que atopan.

Follas

● Simples, alternas, palmeadas-lobuladas, lisas e de cor verde escura.

GABIÁNS:Estruturas filamentosas que saen da base das follas e se enroscan nos soportes.Son follas modificadas.

Flor● Hermafrodita, simple,

formada por cinco sépalos e pétalos similares en apariencia, blancuzcos, sobremontados por unha corola de filamentos azuis ou violáceos, 5 estames verde amarelos, un ovario súpero e tres estigmas den forma de maza, de cor púrpura. Pode acadar os 10 cm de diámetro.

● A flor de maracuiá é polinizada por isectos.

● É frecuente ver nela abesouros.

Froito

● É unha baga oval ou redonda, de entre 4 e 10 cm de diámetro, carnosa e zumarenta, recuberta dunha pel grosa, cerosa e delicada. A polpa contén numerosas sementes miúdas.

Hábitat● É orixinaria de América

do Sur: Arxentina, Paraguai, Uruguai, Brasil, Bolivia, Perú...

● Vive en climas tropicais ou temperados con boa humidade e iluminación.

Ciclo de vida

● Na nosa zona perde as follas no inverno.

● Florece na primavera e no verán.

● Os froitos maduran durante todo o verán

Usos● O principal uso é como planta de xardín.● O froito é comestible, algo insípido.

● A flor e as follas emprégase en infusións para tratamentos da histeria, neurastenia, alcoholismo, angustia, palpitación, epilepsia, disturbios da menopausia, estrés, ansiedade...

● Contén os alcaloides harmina, harmane e harmol; un composto ciánico, catechol, pectina e derivados flavonoides.

● Os gabiáns empréganse sen tinturas como sedantes, especialmente para axudar a durmir. Conteñen β-carbonila (de 0,1 a 0,4%).

Curiosidades● A súa flor

chámanlle “flor da paixón” por mor da semellanza das súas formas botánicas cos signos da paixón de Xesús Cristo.

● Na nosa zona tamén se chaman reloxiños.

Existen numerosas variedades de pasiflora ornamentais con flores de distintas cores e tamaños.

O maracuía (Passiflora edulis) cultívasepara aproveitar o seu froito.

top related