panorama de la literatura alemana i 2016/2017
Post on 08-Feb-2017
232 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Panorama da literatura alemá 1
Emilio González Miranda
Dolors Sabaté Planes (coordinadora)
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2017/2018
FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ
AUTORES: Emilio González Miranda/Dolors Sabaté Planes Edición electrónica. 2017
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito do autor.
1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA 1.1 DESCRICIÓN DA MATERIA – Nome: Panorama da literatura alemá 1 – Código: G5081121 – Carácter: Obrigatoria – Curso: 1º – Cuadrimestre: 1º – Créditos: 6 ECTS 1.2 PROFESORADO ENCARGADO – Dr. Emilio González Miranda – Dra. Dolors Sabaté Planes (coordinadora) 1.3 LUGAR E HORARIO DE TITORÍAS – Emilio González Miranda Lugar: Facultade de Filoloxía, Despacho 332 (3º andar). Titorías: Luns, 10:00–11:00 e 12:00–14:00 Martes, 10:00–13:00. – Dolors Sabaté Planes Lugar: Facultade de Filoloxía, Despacho 416 (3º andar). Titorías: por determinar. 2. SENTIDO DA MATERIA NO PERFIL DA TITULACIÓN Esta materia proporcionará unha primeira aproximación panorámica á literatura en lingua alemá dende a Ilustración ata 1945. Ó final do curso terase obtido unha visión panorámica da literatura alemá que permitirá contextualizar social e culturalmente as súas etapas, movementos, obras e autores más representativos. Estes aspectos estudiaranse con maior detalle en futuras materias obrigatorias e optativas de literatura alemá como Literatura alemá dende a Ilustración ata o Romanticismo, Literatura alemá dende o Postromanticismo ó Realismo e Literatura Alemá dende o Naturalismo ata 1945.
3. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS – Dar a coñecer ó estudante as principais etapas, movementos literarios, autores e
obras da literatura en lingua alemá dende Ilustracion ata 1945. – Proporcionar ó estudante unha visión panorámica da evolución da literatura en
lingua alemá. – Prover ós estudantes dun mapa literario que os capacite para coñecer e situar as
obras literarias máis representativas en lingua alemá e ós seus autores no seu contexto histórico e sociocultural.
– Implicar ó estudante na análise e comentario de textos teóricos e literarios. – Coñecer e aprender a utilizar, a través de internet e outros medios de
comunicación, as ferramentas de resumen e análises da literatura en lingua alemá. – Fomentar a capacidade para organizar ideas, realizar un desenvolvemento
coherente das mesmas, elaborar resumes, esquemas e interpretacións sobre os textos de referencia.
– Aprender a formular preguntas sobre os textos a debate e recoñecer os aspectos
teóricos e metodolóxicos. – Fomentar a habilidade dialéctica para argumentar e sustentar opinións. 4. CONTIDOS 1. A Ilustración e o concepto de literatura moderna alemá. 1.1. O teatro de G. E. Lessing: “Nathan o sabio” (1779). 2. O 'Sturm und Drang' como movemento prerromántico. 3. Presupostos estéticos do chamado 'Clasicismo alemán'. 3.1. “Ifigenia en Tauris” (1787) de Goethe. 4. Periodización crítica do Romanticismo alemán. 4.1. Teoría literaria do 'Romanticismo temperán'. “O monte das runas” (1804)
de Ludwig Tieck. 4.2. Os “Nocturnos” (1817) de E.T.A. Hoffmann e a prosa do 'Romanticismo
negro'. 4.3. A poesía de Joseph von Eichendorff no contexto do Romanticismo tardío. 5. Entre Romanticismo e Realismo: 'Biedermeier' e 'Junges Deutschland'.
6. O Realismo poético alemán. 6.1. “A xente de Seldwyla” de Gottfried Keller e o xénero da novela corta:
“Pancracio o rosmón” (1856). 7. O Naturalismo en Alemaña. A obra de Gerhart Hauptmann. 8. A vangarda literaria en Alemaña: do Cambio de Século ao Expresionismo. 8.1. A crise da linguaxe no Impresionismo literario vienés: A “Carta de Lord
Chandos” (1902) de Hugo von Hofmannsthal. 8.2. A lírica do Expresionismo alemán. 9. Crises narradas e a crise da narración: Thomas Mann, Alfred Döblin, Franz
Kafka. 9.1. O mundo kafkiano de “A transformación” (1912). 10. Da República de Weimar ao final do Terceiro Reich. 10.1. O teatro épico de Bertolt Brecht: “A resistible ascensión de Arturo Ui”
(1941). 10.2. A gran narrativa dos anos vinte. 10.3. A literatura do Exilio e da Emigración Interior. 5. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA LECTURAS OBRIGATORIAS: 1.LESSING, G.E.: Nathan el sabio. Madrid: Akal 2009. 2.GOETHE, Johann Wolfgang: Ifigenia en Tauris. Traducción de José María
Valverde. Barcelona: Ed. Planeta 1967 3.TIECK, Ludwig: El monte de las runas, en: Ludwig Tieck: Cuentos fantásticos.
Madrid: Nórdica 2009. 4.HOFFMANN, E.T.A.: El hombre de la arena (e outros relatos), en E.T.A.
Hoffmann: Nocturnos [1817]. 5. KELLER, Gottfried: Pancracio el huraño [1856], en: Gottfried Keller: La gente
de Seldwyla. Buenos Aires 1978, pp. 11-48. 6. HOFMANNSTHAL, Hugo von: Carta de Lord Chandos (seguida de Claudio
Magris: La herrumbre de los signos). Madrid: Alianza Editorial 2008. 7. KAFKA, Franz: La transformación. Barcelona: Debolsillo 2006 (Trad. Juan
José del Solar). 8.BRECHT, Bertolt: La resistible ascensión de Arturo Ui, en: Teatro completo de
Bertolt Brecht. Edición, traducción y notas de Miguel Sáenz. Madrid: Cátedra 2006.
HISTORIAS DA LITERATURA ALEMÁ E OUTRAS OBRAS DE CONSULTA XERAL:
ACOSTA, Luis A. (coordinador): La literatura alemana a través de sus textos. Madrid: Cátedra, 1997.
ACOSTA, Luis A. et al. (eds.): Encuentros con Goethe. Madrid: Trotta 2001. BARK, Joachim, u.a. (ed.): Epochen der deutschen Literatur. Stuttgart: Ernst Klett 1989.
BEUTIN, Wolfgang u.a.: Deutsche Literaturgeschichte: von den Anfängen bis zur Gegenwart. Stuttgart: Metzler 1979. - [versión española:] Historia de la literatura alemana. Madrid: Cátedra 1991.
FORTEA, Carlos: Dos cambios de siglo. Ensayos sobre literatura alemana traducida. Frankfurt am Main: Peter Lang 2009.
HERNÁNDEZ, Isabel/ MALDONADO, Manuel, Literatura alemana. Épocas y movimientos desde los orígenes hasta nuestros días. Madrid: Alianza 2003. JIRKU, Brigitte E./ RODRÍGUEZ, Julio (eds.): El pensamiento filosófico de Friedrich Schiller. Valencia: PUV 2009.
LINÉS HELLER, Luis M.ª: Thomas Mann. Madrid: Síntesis 2006. MALDONADO ALEMÁN, Manuel: El Expresionismo y las vanguardias en la literatura alemana. Madrid: Síntesis 2006.
MODERN, Rodolfo E.: Historia de la literatura alemana. México: Fondos de cultura económica 1986.
ROETZER, Hans Gerd/ SIGUÁN, Marisa: Historia de la literatura alemana 1/2, Barcelona: Ariel 1992.
6. METODOLOXÍA DO ENSINO – As clases teóricas presenciais alternarán co debate de aspectos particulares e
lecturas así como coa realización de comentarios de texto na clase. – A parte máis práctica consistirá principalmente en exercicios de lectura de textos
literarios – se é necesario acompañados da súa tradución –, así como en exercicios de comprensión lingüística e de análise literaria dos mesmos.
7. SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE A avaliación será continua e integral para valorar o esforzo global do alumno e o proceso da aprendizaxe no seu conxunto. Estas son as categorías da avaliación e o seu peso na nota final: 1. Participación activa e continuada nas clases: 10% da nota final. 2. Comentarios e exposicións nas clases interactivas: 30% da nota final. 3. Exame final: 60% da nota final.
– Aqueles alumnos que non realizasen ningunha exposición en clase, poderán substituír a porcentaxe correspondente da nota (30%) por un comentario de texto adicional no exame final.
– Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación baséase
nun exame final: 100% da nota final. – Os criterios de avaliación descritos rexen tanto na convocatoria de Xaneiro como
na segunda oportunidade de exame en Xuño-Xullo.
Aspecto Criterios Instrumento Peso – Participación ac–tiva e continuada nas clases
– asistencia e se–guimento das cla–ses – participación nos debates
- control de asis–tencia. - observación e notas do profesor
10%
– Asistencia e par–ticipación nas se–sións interactivas.
– Realización de comentarios lite–rarios – Presentaciones
- control de asis–tencia. - observación e notas da profeso–ra
30%
– Conceptos da materia
– dominio dos coñecementos teó–ricos e prácticos da materia
– exame teórico 60%
8. PLANIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES I. DISTRIBUCIÓN SEGÚN CRÉDITOS ECTS
Actividades Horas presenciais
Factor Horas traballo autónomo
Total
Sesións expositivas
28 1.5 42 70
Sesións interactivas
14 1.5 21 35
Titorías 6 1 6 12 Exame 3 10 30 33 Total 51 99 150
II. CRONOGRAMA 11.–13. setembro: Presentación do programa: temario, bibliografía, obxectivos do
materia, sistema de avaliación. A Ilustración e o concepto de literatura moderna alemá. 18.–20. setembro: O teatro de G. E. Lessing: ‘Nathan el sabio’ (1779). 25.–27. setembro: O ‘Sturm und Drang’ como movemento prerromántico. 02.–04. outubro: Presupostos estéticos do ‘Clasicismo alemán’. O dramá clásico
alemán ‘Ifigenia en Tauris’ (1787). 09.–11. outubro: Periodización crítica do Romanticismo alemán. ‘O monte das
runas’ de Ludwig Tieck (1804) 16.–18. outubro: ‘O home da area’ (1817) de E.T.A. Hoffmann. A poesía de
Joseph von Eichedorff e o romanticismo tardío. 23.–25. outubro: Entre Romanticismo e Realismo: ‘Biedermeier’ e ‘Junges
Deutschland’. O realismo poético alemán. 30.–31. outubro: ‘A xente de Seldwyla’ de Gottfried Keller e o xénero da novela
corta: ‘Pancracio o rosmón’ (1856). 06.–08. novembro: O naturalismo en Alemaña e a obra de Gerhart Hauptmann.
Correntes impresionistas da vangarda literaria en lingua alemá. 13.–15. novembro: A crise da linguaxe e o artista: A ‘Carta de Lord Chandos’ de
Hugo von Hofmannsthal. 20.–22. novembro: A lírica do expresionismo alemán. 27.–29. novembro: Crises narradas e a crise da narración. ‘A transformación’ (1915)
de Franz Kafka. 04.–05. decembro: A literatura da República de Weimar. A gran narrativa dos anos
vinte. 11.–13. decembro: A literatura do exilio e da emigración interior. O teatro épico de
Bertolt Brecht ‘La resistible ascensión de Arturo Ui’ (1941).
top related