otero pedrayo
Post on 22-Jan-2017
343 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Biografía
Ramón Otero Pedrayo ( 1888-1976) naceu en Ourense , nunha familia fidalga de ideoloxía liberal. Estudou en Santiago e en Madrid Filosofía, e Letras e Dereito.
Foi unha das máximas figuras da literatura do século XX. No ano 1918 ingresou nas Irmandades da Fala e máis tarde
uniuse ao Seminario de Estudos Galegos. No 1932, representou á provincia de Ourense nas Cortes Constituíntes da República, onde compartiu actividade política con Castelao , Risco, Alexandre Bóveda,etc.
Biografía
Participou no Grupo Nós e converteuse no seu membro máis sobresaínte.
Ao comezo da Guerra Civil é apartado da súa cátedra no instituto ourensán , que non recupera ata 1948.
No 1950 consegue a cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago e participa na fundación da Editorial Galaxia.
A súa obra narrativa
Otero Pedrayo centrouse principalmente no campo da narrativa aínda que tamén cultivou o teatro , o ensaio e brevemente a poesía.
A súa obra narrativa está integrada por novelas longas e relatos breves . Hai tres temas recorrentes : a fidalguía ,a tradición e a paisaxe . Ademáis, a súa obra pódese dividir en dous grupos:
Obras realistas: Os camiños da vida ; Pantelas ,home libre; Contos do camiño e da rúa ; O mesón dos ermos.
Obras culturalistas: Arredor de sí; Escrito na néboa; Fra Vernero; A romaría de Xelmírez ;Devalar.
Obras realistas
Título: Pantelas , home libre (1925)
Ademais do sentido da terra e da paisaxe, esta obra trata temas como a decadencia no xeito tradicional da vida no campo galego, substituído polos costumes da nova burguesía comercial e o ocaso da fidalguía rural.
Obras realistas
Título: Os camiños da vida (1928)
É a súa primeira novela e a primeira gran novela da literatura galega. Trata dos cambios que se producen na Galicia do século XIX, fundamentalmente a decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía . A acción ocorre en Trasouto , Ourense e Santiago.
Obras realistas
Título: Contos do camiño e da rúa (1932)
Inclúe sete relatos , seis narran o ocaso da caste dos fidalgos e só un, que fala de envexas entre dous veciños aborda outra cuestión.
Obras realistas
Título : O mesón dos ermos (1936)
É un fermoso poema en prosa poboado dunha gran variedade de personaxes. A soberbia descrición da paisaxe e o uso dunha lingua dunha gran riqueza expresiva fan desta obra unha das mellores de Otero Pedrayo.
Obras realistas
Título : O señorito da reboraina (1960)
Está baseada na vida de un veciño da parroquia de Reboreda, o fidalgo Xoan Manuel Pereira de Castro. Un revolucionario liberal e progresista, que dá orixe a unha novela de humor e aventuras que parodia o mundo da fidalguía.
Obras culturalistas
Título : Escritos na néboa (1927)
É o antecedente de Arredor de sí. Trátase da descrición da natureza e da paisaxe sempre desde a linguaxe poética. A narración transcorre así entre a evocación e o devezo.
Obras culturalistas
Título: Arredor de sí (1930)
É un retrato da xeración do autor e dá conta da conversión ao galeguismo dos homes do seu tempo.A viaxe física do protagonista é o soporte da viaxe interior que nel se está producindo, e defínese coma un `itinerario de perfección´.
Obras culturalistas
Título: A romería de Xelmírez (1934)
É unha novela de asunto medieval que trata da viaxe do arcebispo Xelmírez a Roma para pedir a dignidade do palio, que lle foi concedida converténdose no primeiro arcebispo de Compostela.
Obras culturalistas
Título: Fra Vernero (1934)
É a única obra que non fai referencia a Galicia e narra a vida do dramaturgo alemán do século XVIII Zacarías Warner.
Obras culturalistas
Título: Devalar (1935) Esta obra presenta a
formación da conciencia galeguista a través do Santiago dos anos do Seminario de Estudos Galegos. Nesta obra a narración e a reflexión histórica e cultural camiñan inseparablemente unidas.
A súa produción ensaística
Céntrase ,sobre todo,en temas de xeografía e de historia .Destacan: Guía de Galicia ,Síntese xeográfica de Galicia,
Pelerinaxes, Ensaio histórico sobre a cultura galega, Polos vieiros da saudade, O espello no
serán, Síntese histórica do século XVIII en Galicia.
Produción ensaística
Título: Pelerinaxes (1929)
Trata sobre unha viaxe emprendida por tres amigos (Otero,Risco e Ben-Cho-Sey) coa intención de descubrir Galicia , a pé desde Ourense ata San Andrés de Teixido.
Produción ensaística
Título: Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939)
É unha biblioteca baseada nos feitos históricos, nos datos económicos e nas creacións populares da comunidade galega.
Produción ensaística
Título : Polos vieiros da saudade (1952)
É unha crónica da súa primeira viaxe a América, Bos Aires, a cidade na que se reencontra con Castelao e outros vellos amigos.
Produción ensaística
Título: O espello no serán (1966)
É unha fermosa homenaxe a Santiago de Compostela, a cidade pola que Otero se sentiu gozoso e cativado.
Produción ensaística
Título: Síntese xeográfica de Galicia (1926)
Como di o seu nome , esata obra fai referencia á xeografía de Galicia e divídese en distintos apartados : xeoloxía , litoral, clima e vexeta-ción etc.
Teatro
Otero Pedrayo tamén participa do interese pola consolidación dun teatro galego. Entre as súas obras destacan :
A lagarada, O desengano do prioiro,Noite compostelana ,Teatro de máscaras, Traxicomedia da
noite dos Santos.
Obras teatrais
Título : A lagarada (1929)
É a súa primeira peza dramática e a obra máis representativa. Trátase dunha traxedia situada no Ribeiro na época da vendima, na que o viño provoca a cobiza e a luxuria.
Obras teatrais
Título: O desengano do priorio (1952)
Esta obra trata humorísticamente a implantación na leda terra do Ribeiro da industria dos cadaleitos.
Obras teatrais
Título: Traxicomedia da noite dos santos (1959)
A historia da Traxicomedia re-fire, no fondo, a volta á patria, a viaxe que o protagonista, o fidalgo Amaro Silva, realiza para se achar a si propio.
Título : Noite compostelana (1973)
É un diálogo cheo de lirismos e de símbolos que , probablemente, non foi pensado para representar en escea.
Obras teatrais
Título: Teatro de máscaras (1973)
Está composta por dezaseis pezas que escribiu animado por Castelao e que permaneceron inéditas ata 1975.
Outras obras Ademais das súas obras narrativas, teatrais e ensaísticas, Otero
publicou diversas poesías, semblanzas biográficas, obras xornalísticas, conferencias e un guión cinematográfico. Entre a súa poesía destaca o Himno ao xamón :
“Groria do porco, frol da invernía,
sona da casa , lapa de carne,
Xamón.
Densidá ilustre da cena sabia,
gracia e potencia, rosa do pote
Xamón.
Coallo dos froitos todos da terra,
labio fresqueiro, mantenza antiga,Xamón ”
Bibliografía
http://galegos.galiciadigital.com/es/ramon-otero-pedrayo http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com.es/ http://fundacionoteropedrayo.org/ Google imágenes Libro de Galego 4 ESO www.buscabiografias.com www.farodevigo.es
top related