os invertebrados mariños soad,ana, erica
Post on 30-Jul-2015
1.275 Views
Preview:
TRANSCRIPT
ÍNDICE
• Esponxas – Diapositiva 4
• Arenícola – Diapositiva 5
• Anémona – Diapositiva 6
• Ameixa – Diapositiva 7
• Nécora – Diapositiva 8
• Ourizo de mar – Diapositiva 9
INTRODUCIÓN
Neste traballo vamos a explicar algunhas características e curiosidades dalgúns invertebrados mariños (poríferos, vermes mariños, cnidarios, moluscos, crustáceos, equinodermos).
AS ESPONXAS
Existen máis de 5.000 especies de esponxas no mundo. das cales 150 viven en auga doce.
Atópanse en todos os océanos do mundo, tamén en ríos e lagos de auga doce. Tamén poden vivir pegadas ás rochas.
O aspecto corporal das esponxas é moi variado aínda que a forma máis sinxela e característica é a dun "saco" cunha abertura eferente e grande na parte superior, o ósculo, que é por onde sae a auga.
Absorben auga a través dos seus poros, alimentándose dos restos de plantas e animais que contén. Tamén comen plancton.
Teñen reprodución asexual (por fragmentación) e sexual.
Curiosidade: AS ESPECIES GRANDES VIVEN MÁIS DE 100 ANOS.
ARENÍCOLA
Ten o corpo formado por 3 partes diferentes, duns 11-20 cm de lonxitude. A parte anterior con 6 segmentos engrosados de sedas, e non ten branquias. A súa cor e rosado, verde ou marrón.
Vive escavando na area en augas pouco profundas. Son característicos os cordóns de area que deixa na superficie, xa que se alimenta de area.
ANÉMONA
O seu corpo está composto por un pé, un corpo cilíndrico e unha serie de tentáculos que rodean unha boca central. Cando algo toca a anémona, esta dispara uns filamentos en forma de arpóns que inxecta un veleno paralizante. Despois, os tentáculos levan a presa á boca.
Curiosidade: ALGUNHAS ESPECIES PODEN VIVIR MÁIS DE 50 ANOS.
AMEIXA A ameixa é un molusco bivalvo que vive en
auga salgada.
Vive enterrada na area a 5-10 cm da superficie en fondos areosos ou fangosos, nos que excava e se oculta.
Aliméntase de pequenos seres vivos mediante a filtración de auga.
Curiosidade: EXISTE UNHA ESPECIE DE AMEIXA QUE PODE CHEGAR A ALCANZAR OS 300 KG E VIVIR 200 ANOS.
NÉCORA
A nécora é un crustáceo decápodo. Vive preto da costa entre as rochas e pedras, incluso en fondos fangosos como bateas e area. Habita ata profundidades non superiores a 70 metros. O seu sentido da territorialidade é moi forte, por iso ataca ós intrusos que entran nel.
A nécora é un animal omnívoro, que se alimenta tanto de algas e peixes mortos coma de animais de menor tamaño, chegando en ocasións a devorar ós seus semellantes. É un ser vivo ovíparo.
Curiosidade: PARA MEDRAR DEBE EXPERIMENTAR MUDAS.
OURIZO DE MAR
O ourizo de mar pertence á familia dos equinodermos, e caracterízase por ter espiñas móviles ambulacrais que lles permiten desprazarse polo fondo mariño de forma moi lenta.
Normalmente miden entre 5 e 8 cm de diámetro e apenas pesan. Fisicamente poden ser verdes, marróns ou violetas. As espiñas miden 2 ou 3 cm.
Este ser vivo aliméntase de pláncton, algas, caracois e mexillóns.
Viven en zonas moi rochosas e soen estar a 30 metros de profundidade.
Curiosidade: EXISTEN APROXIMADAMENTE HAI 540 MILLÓNS DE ANOS.
CONCLUSIÓN E VALORACIÓN
Neste traballo descubrimos moitas cousas sobre alguns invertebrados mariños.
Ademais con este traballo tivemos a oportunidade de aprender e divertirnos á vez .
Non tivemos ningunha dificultade, ademáis xa sabíamos algunhas cousas do que dimos na clase.
BIBLIOGRAFÍAEsponxas:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Por%C3%ADferos
http://www.elbatiblog.com/2011/12/todo-sobre-las-esponjas-de-mar-o.html
http://blogs.prensaescuela.es/cienciasnaturais/2011/01/27/as-esponxas/
Arenicola:
http://www.asturnatura.com/especie/arenicola-marina.html
Anémona:
http://www.nationalgeographic.es/animales/invertebrados/anemona-mar
Ameixa:
http://www.pescaderiascorunesas.es/productos/ficha/?id=5
Nécora:
http://www.pescaderiascorunesas.es/productos/ficha/?id=56
Ourizo de mar:
http://www.euroresidentes.com/Alimentos/pescados/erizos_de_mar.html
top related