os baobabs

Post on 16-Apr-2017

315 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O baobab africano é unha árbore de toro masivo, con forma de botella e cheo de nós. A súa altura pode oscilar entre os 5 a 30 m e o diámetro do toro superar os 11 m.

A cortiza é lisa e a madeira febrosa con pouco contido en auga. As follas só brotan na época das chuvias. O froito é unha baia seca con forma de melón alongado.

Froito

Froito aberto

Os baobabs adoptan a forma de botella durante a etapa de madurez, a partir dos douscentos anos. En boas condicións, sobre solo areoso, cun clima temperado e chuvias entre 300 e 500 mm poden vivir ata 800 ou 1000 anos.

Hai oito especies de baobabs, e seis delas están situadas en Madagascar, as outras dúas están en África e Australia. Nesta presentación só vou mencionar as duás especies máis importantes.

Adansonia digitata

Medra en tódalas zonas semiáridas de África continental. Acada os 25 m de altura e dez metros de diámetro. A copa é redondeada e ten un ou varios toros secundarios.

Adansonia grandidieri.

Propio de Madagascar, é a especie máis alta (25 m) e esbelta que as demais; acilindrado e liso. Tamén é a árbore que ten máis usos e se explotou máis.

A cortiza, dun tono gris roxizo, na árbore adulta ten de 10 a 15 cm de grosor, é moi febrosa.

O baobab é unha árbore moi útil, xa que o seu froito é moi rico en febra e un excelente alimento. É consumido como pasta e empregado para elaborar unha bebida. Coas follas faise sopa, e coa súa cortiza fabrícanse cordas. Pode chegar a almacenar 120 ml de agua.

Cóntase que existe un exemplar tan inmenso que no seu interior alóxase unha estación de autobuses na que poden entrar 40 persoas.

Dícese sobre outro que é utilizado como cantina, e que dentro do seu toro poden chegar a xuntarse 50 persoas.

I.E.S. Francisco Asoreyxuño 2012

top related