obradoiro química asorey-2011

Post on 13-Jun-2015

421 Views

Category:

Education

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

OBRADOIRODE QUÍMICA

DESCOMPOSICIÓN DA AUGA OSIXENADA(PASTA DE DENTES PARA ELEFANTES)Unha reacción divertida e espectacular.

A auga osixenada descomponse a temperatura ambiente en osíxeno (gas) e auga. É unha reacción moi lenta que depende da temperatura, pero se a esta reacción lle engadimos un catalizador a velocidade de descomposición aumenta, obsérvanse burbullas no seu interior e despréndese enerxía en forma de calor.

(Un catalizador é unha substancia que non intervén na reacción, tan só participa acelerándoa ou retardándoa )

MATERIAL-probetas-auga osixenada de distintas concentracións-ioduro potásico-deterxente líquido

Reacción de descomposición da auga osixenada (peróxido de hidróxeno)

2 H2O2 O2 + 2 H2O moi lenta 2 H2O2 + KI O2 + 2 H2O + KI moi rápida

O KI, ioduro de potasio, actúa de catalizador. A coloración marrón que aparece na disolución é debida á formación de I2 nalgunha reacción intermedia que ten lugar.Ao descompoñerse a auga osixenada fórmase osíxeno e, en contacto co deterxente líquido obtense un chorro de espuma que sae cara arriba a grande velocidade.

VOLCÁN DE AUGA

MATERIAL-matraz Erlemeier-auga osixenada -permanganato potásico

A reacción é violenta e exotérmica, libera enerxía en forma de calor.Ao engadir permanganato de potasio (KMnO4) a auga osixenada reacciona de forma violenta dando unha columna de fume branco, osíxeno e vapor de auga, que se forman como produtos da reacción.

2 KMnO4 + 3 H2O2 2 MnO2 +2 KOH + 3 O2 + 2 H2O É unha reacción exotérmica polo que a saída do chorro de vapor de auga acada gran altura.

No fondo do matraz Erlenmeier queda o dióxido de manganeso (MnO2), hidróxido de potasio (KOH) e auga que non se evaporou. A coloración marrón que presenta é debida ao dióxido de manganeso

INCHANDO UN GLOBO SEN SOPLAR

MATERIAL-matraz Erlemeier-vinagre-bicarbonato sódico

Se facemos reaccionar unha pequena cantidade de vinagre, que contén ácido acético (CH3COOH) con bicarbonato de sodio (NaHCO3) dentro dun matraz Erlenmeier e pechamos a boca do matraz para simular un sistema pechado, obteremos un gas que non pode escapar a atmosfera.

Se colocamos no matraz o vinagre en nun globo o bicarbonato de sodio e pechamos a boca do matraz co globo, cando se forme o gas, incharase o globo.

A reacción que ten lugar: CH3COOH + NaHCO3 CH3COONa + CO2 + H2O

RECREANDO UN VOLCÁN

MATERIAL-Dicromato amónico-Area-Gafas protectoras -Guantes             

Faise unha morea imitando o cono do volcan coa area e métese no centro unha cápsula con dicromato amónico e préndeselle lume.

Ao arder o dicromato amónico (sales de cor laranxa) descomponse producindo óxido de cromo (III), de cor verde escura e moi esponxoso. A reacción automantense ata o final e resulta moi vistosa porque lanza os materiais ao aire e desprende chispas.

(NH4)2Cr2O7 Cr2O3 + 4 H2O + N2               

Esta experiencia debe facerse nun espazo ventilado pois os produtos resultantes son irrintantes e tóxicos. Debemos protexernos con bata e gafas e observala a distancia. 

FOTOS:Carmen VilanovaAdela LeiroNovembro 2011

top related