o universo e o sistema solar 2
Post on 26-Jun-2015
74 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
O Universo e o Sistema Solar
No universo existen miles de millóns de galaxias, cada unha delas formada por
millóns de estrelas, gas e po interestelar.
A nosa galaxia é a Vía Láctea
Trátase dunha galaxia espiral e nela atópase o Sol con todos os seus planetas.
Principais corpos que rodean ó Sol• Planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte,
Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.• Asteroides: Cinto de Asteroides, Cinto de
Kuiper e Nube de Oort .
Os planetas divídense en dous grandes grupos:
• Os interiores, ou terrestres (semellantes á Terra) : Mercurio, Venus, Terra e Marte.
• Os exteriores ou xigantes: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
Cando un asteroide se desvía da súa órbita e cae sobre un planeta ou satélite recibe o
nome de meteorito.
A maioría dos meteoritos que caen sobre a Terra desintégranse ó entrar na
atmosfera. Algúns pode chegar á súa superficie e producir cráteres.
En febreiro de 2013 caeu un meteorito sobre Rusia, na zona dos Urales.
Burato feito polo meteorito ao caer nun lago xeado.
Os asteroides do Cinto de Kuiper e da Nube de Oort conteñen moito xeo.
• Se un deles sae da súa órbita e se acerca ó Sol, recibe o nome de cometa.
• Un dos cometas máis coñecidos é o cometa Halley, que aparece cada 75 anos.
As estrelas parecen formar figuras que reciben o nome de constelacións.
Algunhas, dende moi antigo, servíronlle ó ser humano para orientarse ou coñecer os cambios de estacións.
Todas as estrelas parecen dar unha volta cada 24 horas.
• Só unha, a Estrela Polar, parece fixa e pode ser utilizada para orientarnos.
• A estrela polar sitúase na constelación da Osa Menor.
top related