o greco

Post on 02-Aug-2015

132 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

1

O GRECO

Xoel Penas Sotelo, 6º B Manuel Otero Herbello, 6º B

Rubén Menduíña Lebrero, 6º B

CEIP PLURILINGÜE A PEDRA- BUEU2014-2015

2

DATOS PERSOAIS

Doménikos Theotokopoulos era o seu nome, pero coñecíano como O Greco.Naceu en Candía (Illa de Creta,que desde 1913 pertence a GRECIA) no ano 1541, a mediados do século XV. Chegou a España en 1577 e morreu en Toledo no ano 1614, no século XVI. Foi un importante pintor do Renacemento .

3

PERSOAS QUE MARCARON A SÚA VIDA

A morte do seu irmán, ao que estaba unido por un forte vínculo marcou a súa vida.

As mulleres desempeñaron un papel moi importante porque lle serviron de inspiración para pintar algúns cadros. Tivo un fillo con Jerónima de las Cuevas, con quen non chegou a casar, pero si mantiveron una intensa relación.

4

OBRA Foi considerado o primeiro xenio da pintura española e máximo representante

aquí dunha corrente pictórica chamada Manierismo que se desenvolveu a finais do

século XVI e que se caracterizaba polo alongamento intencionado dos brazos e a

pernas, a esaxeración dos movementos e as texturas.

Esta corrente pretendía ir en contra dos modelos de fermosura gregos e latinos que

estaban de moda entre os artistas.

O greco, ao utilizar estas técnicas trataba de transmitir a espiritualidade dos

personaxes que pintaba. De feito, a meirande parte das súas obras son de temática

relixiosa.

No ano 1580 pintou a súa obra máis coñecida, “O cabaleiro da man no peito”.

No ano en que morreu pintou dous cadros, “Apocalipse “ e “ A adoración dos

pastores”

5

MARCO HISTÓRICO

O Greco viviu nunha época na que estaban a producir moitos e moi importantes cambios na historia política, relixiosa e cultural de Europa.

América fora conquistada case cen anos antes. Os países europeos (España, Portugal, Inglaterra, Francia…) trataban de facerse co dominio daquelas terras e das súas riquezas naturais.

Na Igrexa tamén se producen cambios que afectarán á sociedade como a adopción do calendario gregoriano, promulgado polo Papa Gregorio XIII, en 1582.

Na cultura prodúcese un movemento chamado Renacemento que procura o fomento do coñecemento en todos os campos do saber e na arte trata de recuperar os modelos gregos e latinos.

6

ARTISTAS CONTEMPORÁNEOS DO GRECO:

Naquela mesma época viviron pintores tan importantes como:

Tizziano Arcimboldo Jan van Eyck

Retrato do rei Carlos I de España e A primavera O matrimonio Arnolfini

V de A lemaña

7

ARTISTAS CONTEMPORÁNEOS DO GRECO

Tamén viviron grandes escritores da Literatura Universal como o inglés William Shakespeare , autor de coñecidísimas pezas teatrais como Romeo e Xulieta .

Na literatura española vívese un momento moi prolífico denominado O Século de Ouro das letras españolas. Pertencen a esta época:

• Miguel de Cervantes, autor de, entre outras moitas obras, El Quijote.

•Félix Lope de Vega, importante poeta e dramaturgo que escribiu máis de cen obras de teatro entre as que destaca Fuente Ovejuna.

•Luis de Góngora poeta de gran renome, autor de gran cantidade de romances e sonetos e da Fábula de Polifemo e Galatea.

•Francisco de Quevedo, poeta dramaturgo e narrador, autor da novela picaresca titulada Historia del Buscón, llamado Don Pablos.

8

OBRAS MÁIS DESTACADAS

o O cabaleiro da man no peito (1584).o O enterro do conde Orgaz (1586).o Coroación da virxe (1591).o Laocoonte (1608).o Vistas de Toledo (1610).o A adoración dos pastores (1612-1614).

9

LAOCOONTE ( 1608 )

10

O CABALEIRO COA MAN NO PEITO (1584 )

11

O ENTERRO DO CONDE ORGAZ (1586)

12

A COROACIÓN DA VIRXE (1591)

13

VISTAS DE TOLEDO ( 1610 )

14

A ADORACIÓN DOS PASTORES (1612-1614)

top related