monte santa helena

Post on 22-Jan-2018

293 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

MONTE SANTA HELENA.

Contexto xeolóxico.

O Monte Santa Helena é, segundo a súa forma, un estratovolcán e, segundo a súa actividade un volcán vulcaniano. A erupción de 1980 provou neste unha caldeira volcánica, que lle sacou 400 metros de altura, polo que a actual é de 2550m. É relativamente recente, pois a súa orixe data de hai 40.000 anos.

Está situado no noroeste de Washington, na placa norteamerica. É unha zona de falla transformante, na que non hai actividade volcánica.

Orixe.Este volcán aliméntase dunha cámara magmática, que á súa vez procede doutra máis grande que se cree que abastece a todos os volcáns da zona.

Erupción de 1980.A erupción máis significativa deste volcán foi a sucedida o 8 de maio de 1980, despois de 123 anos en silencio. Foi caracterizada como unha das máis catastróficas da historia e, dende logo, a máis explosiva dos Estados Unidos.

Sucedeu en cuestión de segundos, cando a parte norte da ladeira se veu abaixo e liberou a presión que exercía sobre a cámara magmática, polo que os gases, ubicados na parte máis alta da cámara, libéraronse provocando unha enorme explosión.

Precedentes da explosión.Durante os dous meses anteriores localizáronse un total de 10.000 pequenos terremotos con epicentro na base do volcán, que pouco a pouco ían obtendo maior intensidade. A causa destes terremotos tamén aparecían manifestacións de pequenas erupcións de vapor de auga, á vez que unha fractura no cume do monte que separaba progresivamente a parte norte.

Derrubamento do cume.A causa do derrubamento foi un terremoto de magnitude 5,1 na escala Richter que provocou que a parte da montaña baixase pola ladeira a gran velocidade, acabando maioritariamente nas augas do río Toutle e no lago Spirit.

Explosión lateral dos piroclastos.

En canto a laderia cedeu, unha gran cantidade de gases, roca fundida e vapor de auga a alta temperatura saliron despedidos, alcanzando grandes velocidades, que deixaron unha zona de aproximadamente 30km completamente arrasada. Un cuarto do material era magma recente, o resto en cambio era rocha xa existente na montaña.

Cando parte deste material alcanzou o Spirit Lake desplazou a auga do río provocando unha gran onda (megatsunami), que se convertiu nun dos desplazamentos máis grandes da historia.

Fluxos de lava.As emisións de lava, ao contrario que a dos piroclastos, non tiveron gran importancia xa que, a demáis de producir escasos daños, foron de carácter máis tranquilo. Pola contra esta lava,

depositada na superficie do volcán e arredores, permaneceu a elevada temperatura durante semanas, o que favoreceu a erupcións de vapor de auga durante un longo período de tempo.

Columna de cinzas.

En cuestión de segundos, unha gran columna de cinzas saíu despedida alcanzando 19 km de altura en 10 min. Creáronse grandes remuíños que xeraron raios a partir da enerxía estática formada e, a consecuencia disto, varios bosques foron incendiados.

Á súa vez, o vento dispersou todas estas cinzas, chegando a practicamente todo o mundo en un par de semanas.

Lahares de lodo.Coa alta temperatura que había, a neve e mesmo os glaciares comezaron a derretirse, baixando polas montañas a grande velocidade, polo que arrastraban consigo gran cantidade de materiais e derrubaban todo o que atopaban ao seu paso. A eses ríos de lodo chámanselles lahares que, a medida que descenden van perdendo velocidade e acaban depositándose nas zonas baixas dos ríos.

Secuelas.Crearon 3 grandes zonas según os daños producidos:

● Zona de infuencia directa: é a zona máis cercana ao volcán, na que absolutamente todo quedou desintegrado.

● Zona de canalización: os piroclastos arrasaron as árbores deixandoas todas en paralelo.

● Zona incinerada: é a zona máis alonxada da área de impacto, aquí os gases queimaron as árbores pero éstas quedaron en pé.

● Morreron 57 persoas e milleiros de animais.

● Destrozáronse casas, autopistas, fincas...

● A enerxía da erupción foi equivalente a 27000 bombas de Hyroshima.

● O volcán perdeu 400m de altura e creou gran cráter.

● Dificultou a visibilidade, debido ás cinzas. Tiveron que ser retiradas un total de 900.000 toneladas das mesmas en autopistas e carreteras.

top related