modelo 3d do menhir de a lapa de gargantáns (moraña...
Post on 31-Jan-2020
13 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Modelo 3D do menhir de A Lapa de Gargantáns (Moraña, Pontevedra)
PDF 3D: Queres coñecer as utilidades do pdf 3d? Tes
problemas para visualizalo? F ..ai clic aquí.
Por favor, use este enlace para citar ou enlazar este ítem:
Instituto de Ciencias do Patrimonio, Consello Superior de Investigacións Científicas
Información sobre o elemento
Máis información na seguinte páxina...
Este xacemento arqueolóxico é un
un bloque de granito que se atopa fincado,
con diversos grabados na súa superficie,
coma coviñas e varios signos con forma de
“U”. Sobresae 1,92 m do chan.
Está adscrito ao Neolítico - Megalitismo.
menhir:pódese mover,
facer zoom,
medir,
facer seccións,
escoller
unha vista de exemplo, etc.
Contén unmodelo 3D:
Peña 1982
Patricia Mañana-Borrazás, febreiro 2013
http://hdl.handle.net/10261/66301
Información do modelo 3D
Xerado con , a
partir dunha serie de 19 imaxes dixitais obtidas
en marzo de 2012 cunha Canon PowerShot G10,
resolución 4416x3312 e escalado con medidas
xerais do elemento.
: metros.
aprox. 280.000
agosto de 2012.
Fotogrametría de obxecto próximo
Unidades do modelo
Cor:
Total triángulos do modelo 3D:
Data creación do modelo:
Versión do modelo 3D con textura:
non.
vínculo o pdf...
INFORMACIÓN XERAL
BILBIOGRAFÍA
REFERENCIAS NA REDE
Pedra de granito regularizada, de forma triangular apuntada, base de sección cuadrangular e ladosasimétricos, un recto e o outro convexo. Presenta múltiples coviñas, a lo menos tres signos en formade U, así como unha escotadura na parte superior na cara orientada o SE; incluso chégase aidentificar un serpentiforme revisando a superficie con luz rasante Ten unha altura total de 2,35 m,sobresaíndo 1,92 m sobre a terra vexetal; a sua anchura nos lados NE e SW é de 0,45 m, no lado NWde 0,35 m, e no lado SE de 0,20 m.
É un dos menhires máis afamados de Galicia e, debido a súa forma característica e a presenza degravados, non se dúbida sobre a súa adscrición prehistórica, vinculada ó Neolítico e o Megalitismo,algo que si pasa con outros menhires, pedrafitas ou estelas galegas.
Sábese que durante anos foi un referente na zona, servindo coma fito do límite das parroquias de SanMartiño e Sta. Xusta. Foi descoberto para os especialistas no ano 1958 polo mestre da parroquia deSan Martiño de Gargantáns, Carlos Paratcha Vázquez, e publicado anos despois nunha revistaespecializada . A Lapa foi derribada a principios do ano 1980 e trasladada varios metros do seulugar orixinal. Esta grave alteración levou que se efectuara unha escavación arqueolóxica de urxenciano ano 1981, dirixida por A. de la Peña Santos , na que se recuperou información diversa, coma orebaixe onde fora implantado, as medidas completas, os gravados, etc., propoñendo que quizáis foseun fragmento dun menhir maior. Ademais, nesta intervención A Lapa foi restituída, chantándose nasúa posición actual. Coma referente do megalitismo galego, moitos investigadores integraron estemenhir nos seus traballos, nos que destacamos un par de casos dos estudios que foron centradosneste fenómeno dos menhires galegos .
A súa repercusión e o orgullo na zona por este xacemento é tal que a súa figura formaparte do escudo do concello de Moraña.
Sendo un dos menhires máis afamados de Galicia, pódese atopar moita información na rede, porexemplo, nestes vínculos:
(4).
(1)
(3)
(5)
(1)
(2)
(3)
(4)
(5)//
Blanco Freijeiro, A.; García Alén, A. y Paratcha Vázquez, C. 1964. "A Lapa" de Gargantáns., XIX, 57,pp. 5-9.
Filgueira Valverde, J; García Alen, A. 1977. Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra., XXXI, pp79 e seguintes.
Peña Santos, A. de la 1982. Excavaciones arqueológicas de urgencia en la provincia de Pontevedra durante el año 1981., XXXVI,pp 67-82 (referencia a intervención de A Lapa, pp. 74-77).
Bueno Ramírez, P. 1995. Megalitismo, estatuas y estelas en España. , 3, pp. 77-129.
Villoch Vázquez, V. 1998. Menhires y losas antropomorfas en Galicia. En(Tondela, nov. 1997), Viseu, pp 175-187. 1998. Un nuevo menhir en Cristal. ,17, pp. 107-120.
// 2000.. Tesis doctoral. USC, pp. 43-59;
Cuadernos de EstudiosGallegos
El Museode Pontevedra
ElMuseo de Pontevedra
Notizie Archeologiche Bergomensi
Actas do Coloquio "A Pré-historia na Beira Interior"Gallaecia
La configuración social del espacio entre las sociedades constructoras detúmulos en Galicia: Estudios de emplazamiento tumular .http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/83848.pdf
http://hdl.handle.net/10261/39673
http://morana.org/cultura/morana-rupestre
http://megalitos.arqueoloxico.com/fichaspo/36032001.html
http://www.pangalaica.com/megalitismo/menhires.htm#Lapadegargantans
http://patrimoniogalego.net/index.php/1074/2011/05/lapa-de-gargantans/
http://www.riasbaixas.depo.es/web2009/index.php?idMenu=3&idIdioma=1&bsqIdTipoPrincipal=1&int1=6400
http://oestrymnio.blogspot.com.es/2012/11/menhir-lapa-de-gargantans-morana.html
Deseño de A. Peña 1982 (3), pp.76: “Fig. 5.- GARGANTÁNS.Desarrollo de las cuatro caras del menhir con los grabados”.
Imaxe da Lapa no artigo de J. Filgueira y A. García 1977 (2).
A Lapa de Gargantáns (Moraña, Pontevedra)
Patricia Mañana-Borrazás, febreiro 2013
top related