memoria proxecto somos quen. curso 2015-16

Post on 05-Apr-2017

53 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Proxecto

Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis contamos cos nosos Pasaportes Solidarios. Nos pasaportes novos fumos com-pletando as actividades solidarias que fixemos no presente curso. Son moitas, porque somos nenos e nenas que non pensamos só en nós; estamos aprendendo a saber mirar o mundo e intentar cambialo.

Rematamos o curso recibindo os nosos diplomas.

Neste curso, ademáis, contamos coa visita de Cristóbal, que veu darnos unha charla sobre os Pa-saportes.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Continuamos sendo un punto de recollida de tapós de plástico. Con este sinxelo xesto, que a nós cústanos tan pouco, axudamos a outros ne-nos e nenas que precisan tratamentos médicos para mellorar a súa calidade de vida.

Seguimos a colaborar co noso amigo Alex, pero unha parte dos nosos tapóns vai tamén pa-ra Alba La Promesa.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O día 7 de outubro fixemos a entrega a nosa primeira recollida de roupa e cal-zado usado. Estta campaña estaba destinada a colaborar coa Fundación Vicente Ferrer na educación de nenos e nenas con parálise cerebral, no distrito de Anantapur, na India.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Esta cadeira lémbranos que hai moitos nenos e nenas no mundo aos que se lles nega o seu dereito á educación. Da man da negación dese dereito fundamental vai a ne-gación do recoñecemento do resto de dereitos. Os nenos e as nenas do CEIP. Os Casais non queremos olvidar isto, por iso, a nosa cadeira acompañou-nos durante o curso.

Ao principio de curso tivemos que andar ben atentos para descubrir onde a tiñamos, porque uns trasni-ños xogaron con ela (e con nós) e cambiarona de sitio unha morea de veces. Sempre a atopamos, porque esta-mos moi atentos de non perdela de vista. Non queremos esquecela; nin a ela nin a tódolos millóns de nenos e nenas que representa.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O Servicio de Solidariedade SOS África é unha organización humanitaria recoñeci-da polo Estado. Foi fundada no ano 1992 para promover a solidariedade hacia o continente africano. Dende entón traballa incansablemente cos propios afectados para mellorar as condicións de vida da poboación, particularmente dos nenos e das nenas, a través do apadriñamento e os proxectos de desenvolvemento humano inte-gral no campo da educación, a cultura, a sanidade, a agricultura e no terreo da pro-moción e valoración das culturas autóctonoas. En Europa promove a solidariedade con coñecemento de causa baseada na visión positiva da realidade de África, das súas culturas e das súas xentes. No CEIP. Os Casais participamos nas campañas que nos propoñen, de recollida de roupa e calzado usados, que sirven para recaudar fondos para apoiar os proxec-tos que están a desenvolver en Guinea Ecuatorial, Sur de Sudán, Senegal, Etiopía e Angola.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis, os alumnos e alumnas máis pequenos de primaria participaron no blogue REDECMiniverso, de Entreculturas, aportando as súas ideas sobre o coidado do medioambiente, a igualdade ou a importancia da participación para construir unha cidadanía responsable. No Miniverso aprendemos que todos somos diferentes, pero iguais en dereitos. Todos somos importantes. Todos contamos, todos aportamos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Tamén recollimos roupa para a Fundación GLORR que, dende 2012, traballa para disminuir a pobreza infantil no noso propio país. Dedican especial atención a aqueles nenos e nenas con pro-blemas graves no seu entorno familiar e xestionan axudas de comedor, traballando en colabo-ración cos colexios, as ANPAs e os Servicios Sociais.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Sabemos o importante que é coidar o medioambiente. Por iso esforzámonos en reco-ller elementos contaminantes (como as pilas) para que a súa eliminación sea a correcta e menos lesiva para o planeta. Poñemos tamén moito coidado na reciclaxe, para que os residuos que produce o no-so consumo poidan ser reutilizados e así, xenerar menos contaminación e menos dete-rioro ambiental. Neste curso comezamos a recoller tamén aceite de cociña usado.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Como todos os anos, no mes de novembro prestamos especial atención aos dereitos dos nenos, das nenas e dos adolescentes. Este curso a actividade conxunta que realizamos en-tre todos foi aportar as nosas mans na defensa dos de-reitos.

PROXECTO Somos que

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

En decembro lembramos os Dereitos Humanos. Son moitos os lugares nos que están a ser vulnerados. Temos que loitar sen descanso porque o seu cumplimento se faga unha realidade para todas as persoas da Terra.

@s mais pequen@s, aprendímolo con Unicef e os Lunnis.

PROXECTO Somos que

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

“Eu teño alguén no meu corazón”… Tod@s temos alguén no noso corazón. Desexámoslle PAZ. Aprendamos a xuntar os nosos co-razóns de Paz para acadar unha paz uni-versal.

Fixemos un gran mural cooperativo, pe-gatinas, un manifesto, decoramos a pom-ba xigante coas nosas fotos, cantamos todos xuntos….

En 5º e 6º fixeron outro mural….

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Neste curso 2015-2016 os nenos e as nenas de 3º e 4º participaron na activida-de de OXFAM-Intermón Conectandomun-dos. Formaron un equipo e chamáronlle @s Gatiñ@s de Mica e aprenderon un montón de cousas sobre a igualdade, a dignidade, a xustiza e a solidariedade xogando con outros equipos de moi dife-rentes lugares. No seu grupo había colexios de Italia e Portugal.

Este ano como traballo final tivemos que facer un pequeño video con monicreques sobre a igualdade. Foi moi divertido!

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

No 2015 rematou o plazo que os países tiñan como data límite para acadar a axenda proposta co fin de acadar os ODM. Avanza-mos moito, pero queda moito, moitísimo, por arranxar. Así que, teremos que seguir traballando neste camino. Por iso, agora, fíxanse os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. .

Adicámoslles o noso Amodiño.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis, os nen@s de 5º e 6º participamos no Concurso ONCE, que vai xa pola súa 33 edición. Este concurso ten como finalidade concienciar sobre a diversidade funcional e a necesidade da inclusión. O lema deste ano foi Descubrir o teu talento, cambiao todo e presentamos unha composición fotográfica alusiva a este tema. Presentamos dúas soas ao concurso, pero fixemos unha presentación na que pódense ver todas.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O Proxecto da Biblio deste ano levounos a investigar sobre a nosa contorna máis próxima, a coñecer o noso Concello, os seus lugares de interese e as súas xentes. Pero nós non queremos perder de vista que Fene ocupa un lugar no mundo, importante por-que é o lugar que ocupamos nós, mais un pequeno lugar que é valioso porque forma un c o n x u n t o q u e f a i a o m u n d o v a l i o s o e i m p o r t a n t e . E, por iso, no Entroido viaxamos polo mundo, achegándonos a outras xentes, outros paí-ses e outras culturas.

Agora o noso Proxecto Somos quen conta cunha bandeira.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2017-18

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Os nenos e as nenas de 5º e 6º fixeron unha activi-dade de investigación sobre tres mulleres relacionadas coa literatura. Todos xuntos, de forma cooperativa, despois de fa-cer esa actividade a través do correo electrónico, con-feccionaron un mural, que colocaron no corredor, para conmemorar o 8 de marzo.

Tamén este ano par-ticipamos, como vimos facendo dende hai xa moito tempo, na activi-dade municipal Fene lendo mulleres.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2017-18

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis contamos cos obradoiros da nosa amiga Paula. Paula é técnica de educación de EDUCO, unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento que actúa a favor da infancia e na defensa dos seus dereitos,

de maneira especial o dereito a recibir unha educación de calidade. Traballan con nenos e nenas no seu entorno para promover sociedades máis

xustas e equitativas que garantan os seus dereitos e o seu benestar. Nós aprendemos con ela que, ainda que somos nenos e nenas, somos quen de

construir un mundo onde todos disfrutemos plenamente dunha vida digna. Depende de nós.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Neste curso ratificamos o noso compromiso coa terra e co coidado do medioambiente apadriñando pingüíns.

Recibimos cadanseu diploma chegado da Antártida co nome elixido para o noso pingüín.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Dentro da Campaña Mundial pola Educación deste ano transformámo-nos en cidadáns do mundo manifestando o noso apoio á educación univer-sal, gratuita e de calidade para todos os nenos e nenas do mundo e reivin-dicando o necesario financiamento para ela.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O ano 2016 é o Ano Inter-nacional do Entendemento Global, que persigue como obxectivo tender pontes en-tre as acción locais e os de-safíos globais en temas co-mo medioambiente, seguri-dade alimentaria, migra-ción… O desenvolvemento sosti-ble é un reto global; agora, máis que nunca, é preciso entender e relacionarse co-as posición, pensamentos e expectativas dos demáis dende unha posición de diá-logo, apertura e entende-mento.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Unha exhibición solidaria da Guardia Civil puxo a 80 axentes especializados en diferentes tareas, e aos seus equi-pos (vehículos, materiais, cans…) ao servicio de 2000 escolares da comarca de Ferrolterra. Aí estivemos nós, coas nosas dona-cións de alimentos e material escolar. Foi un día fantástico!

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Esta asociación componse de persoas voluntarias que apostan pola xustiza social e colaboran para favorecer a promoción dun sector da po-boación (drogodependentes) que vive na exclusión social. Dende esta entidade realizan programas e iniciativas innovadoras en materia de pre-vención, tratamento e adiccións, educación, desenvolvemento personal e social da xente nova.

Unha das actividades que fan para recaudar fondos é a Campaña de Recollida de Roupa. Todos os anos piden a nosa colaboración. Sem-pre chegan tarde, cando xa entregamos moita roupa a outras ONG. Pero sempre, sempre, levan. Rebuscamos nos armarios e atopamos.

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es/

E contamos tamén co blogue deste proxecto, ao que fumos subindo todas as actividades solidarias e de valores en xeral que realizamos no presente curso 2015-2016.

top related