memoria de actividade - cogami · a actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales...
Post on 02-Aug-2020
10 Views
Preview:
TRANSCRIPT
MEMORIA DE ACTIVIDADE
EXERCICIO 2017
1.- DATOS DA ENTIDADE
A.Identificación da entidade
Denominación: ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS DA BISBARRA DE
MUROS (ADISBISMUR)
Réxime Xurídico: Asociación sen ánimo de lucro
Rexistro de Asociacións: Xunta de Galicia (Consellería de Politica Social)
Nº inscripción no rexistro correpondente:E-0124
Data de inscripción: 16/06/1994
CIF: G-15052137
B.Domicilio da entidade
Rua: A Robaleira, Abelleira, 15250 Muros, A Coruña
Teléfono: 981764377-636846774-881083860
Fax:981764377
Correo electrónico: adisbismur@cogami.gal
2.- FINS ESTATUTARIOS
O fins principais de ADISBISMUR son:
-Defende-la dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade
-Promove-la plena integración escolar,laboral e social das persoas con discapacidade
-Crea-las condicións para que os socios/as poidan cumprir axeitadamente a misión
-Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade
-Promove-la lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo
- Participar na orientación, coordinación e impulso do movemento asociativo no que
estea integrado ADISBISMUR con criterios de solidariedade
- Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da
discapacidade
-Representa-los seus socios/as no ámbito local, provincial, autonómico, estatal e
internacional
-Desenvolver estratéxias solidarias para que se poidan acadar equilibrios
interterritoriais en calidade e servizos
-Desenvolver programa e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos
especificamente á atención da muller, á atención da infancia e xuventude, á atención
das persoas maiores e a calquera outro colectivo en risco de exclusión social
-Desenvolver programas e actividades relacionados co fomento e participación do
voluntariado social.
-Promover e poñeer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas
con discapacidade, priorizando aquelas que impulsen oo deporte de base
-Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais educativos e de
lecer orientadas ás persoas con discapacidade
-Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e
desenvolvemento no exterior dirixidos ás persoas con discapacidade ou en risco de
exclusión social
- Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuir ó cumprimento da
misión de ADISBISMUR ou redundar no beneficio das persoas con discapacidade
3.NÚMERO DE SOCIOS/AS
Número de persoas físicas asociadas:893
Número de persoas xurídicas asociadas:
Número totas de socios/as:893
Natureza das persoas xurídicas asociadas:
4. ACTIVIDADES DESENROLADAS,RESULTADOS E BENEFICIARIOS
A.-Identificación da actividade
Denominación da actividade: Centro de Recursos de Valadares
Servizos comprendidos na actividade: O Centro Ocupacional de Valadares
ofrece os seguintes servizos: Alfabetización,informática,habilidades
sociais, logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia, educación social
,taller de cesteria, taller de viveirismo, taller de cerámica, taller de teatro ,
musicoterapia e bailoterapia , club de lectura ,ximnasia preventiva,
natación terapeutica ,actividades de ocio e tempo libre, servizo de cociña
e comedor , transporte adaptado, escola de familias, información e
asesoramento,etc.
Breve descripción da actividade:
As actividades realizadas durante o ano 2017 por ADISBISMUR foron as seguintes: 1. Información e Asesoramento a Persoas con Discapacidade.
Ten como obxectivo dar resposta as necesidades das persoas con discapacidade , ás súas familias, aos profesionais implicados nos temas da discapacidade , e as entidades públicas e privadas. Durante o ano 2017 beneficiáronse deste servizo un total de 90 persoas, que acudiron a oficina de ADISBISMUR . Aparte destas consultas presenciais que foron 95 , atendéronse un total de 22 chamadas telefónicas e 7 consultas por outro medios .Que en total foron un total de 124 consultas.
2. Voluntariado O proxecto de voluntariado desenvólvese en colaboración coa COGAMI os servizos que presta ADISBISMUR son os seguintes:
Tramitación e xestión dos protocolos de voluntariado
Información e asesoramento en temas de voluntariado
Formación ós voluntarios
Entrevistas ás persoas que queren participar como voluntarias
Reunións con grupos de voluntarios
ADISBISMUR conta con cinco persoas voluntarias fixas, e con colaboradores eventuais, pero a maioría dos traballadores da Asociación realizan tarefas de voluntariado fora do horario laboral. 3. Servizo de Integración Laboral (SIL)
ADISBISMUR presta este servizo por medio da COGAMI, que envía un profesional, para que entreviste e asesore as persoas con discapacidade da bisbarra que así o soliciten co fin de facilitar a súa inserción laboral. Novos usuarios/as incorporados bolsa do Sil:8
Muros:5
Carnota:0
Mazaricos:1
Outes:2 Entrevistas cos usuarios/as antigos inscritos bolsa do sil: 15
Muros:5
Carnota:2
Mazaricos:2
Outes 6 Novas empresas visitadas: 3 Realización entrevistas de orientación: 12
Muros:5
Mazaricos:5
Outes:2
Carnota:0 Novas ofertas captadas:5 Persoas insertadas:15 4. Alfabetización Nesta actividade desenrólanse distintas habilidades académico funcionais, relacionadas con procesos cognitivos e aprendizaxes académicos, que teñen unha aplicación directa na vida persoal de cada usuario/a, para un maior desenvolvemento fora do Centro.
Os 42 usuarios/as que asistiron a esta actividade estaban repartidos en 2 grupos.
Os puntos relevantes que se veñen traballando na aula son os seguintes, todos eles con outros apartados que tratan o traballo especifico de cada area:
a)Actividade e motivación b) Individualidade c) Autonomía d) Socialización.
OBXETIVO XERAL: Proporcionar un espazo de seguridade e de
confianza, onde o usuario/a sexa capaz de desenrolar, na medida das súas
posibilidades e de forma individual, as capacidades cognitivas, motrices e
de linguaxe.
OBXETIVOS ESPECIFICOS:
-Reforzar a memoria a través de exercicios escritos e orais .
-Establecer habilidades básicas de interacción persoal tales como saúdos, peticións, criticas,…...
-Relacionar o aprendizaxe na aula co mundo real e tratar de axudar os alumnos/as a practicar o aprendido de maneira proveitosa no día a día fora da aula.
-Fomentar o desenrolo do razoamento abstracto (capacidade de pensar e traballar con cousas e ideas que non están presentes).
-Exercicios de coordinación oculo-manual.
-Fomentar accións para a mellora da atención, percepción e memoria.
-Aumentar o poder de concentración e realización das tarefas.
-Reforzo en actividades de motricidade fina para un maior control e coordinación da musculatura fina, especialmente das mans que permiten levar a cabo tarefas como ensartar, enfiar, encaixar, recortar e utilizalo lapis correctamente.
-Incorporación na aula de novas tecnoloxías como medio de interacción e traballo.
AVALIACIÓN:
A maneira de avaliar e individual e semestral seguindo os plans de traballo que temos estipulados a cada usuario/a
Cada seis meses reúnese o equipo multidisciplinar do Centro e avaliase a cada usuario/a individualmente . O nivel de aprendizaxe entre uns usuarios/as e outros é moi dispar polo que os obxectivos desta actividade están adaptados a cada caso en particular.
INDICADOR DA ACTIVIDADE: O 24% dos usuarios/as que asisten a
alfabetización adquiriron novos coñecementos e reforzaron a memoria.
5. Informática
A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a
actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. Cada
usuario/a conta cun ordenador no cal de forma individualizada leva a cabo
tarefas segundo as súas habilidades. Os obxectivos plantexados con cada
usuario/a varían dependendo da discapacidade de cada persoa, para
algunhas poñemos como obxectivo acender e apagar o ordenador ,o
manexo do rato, acceder o programa co que queren traballar, etc. ,para
outros traballar con programas básicos en Windows, e programas
específicos que buscan a mellora das capacidades cognitivas .
No mes de decembro realizamos a auto avaliación co seguinte resultado:
O 53% dos alumnos/as saben acender e apagar o ordenador e traballar con xogos O 4% domina bastante ben internet e sabe buscar o que lle interesa na rede O 6% adquiriu coñecementos de mecanografía O 15% traballa sen axuda no programa de formación O 8% teñen dificultades para acender e apagar o ordenador O 14% ten dificultades no manexo do rato
6. Logopedia
En logopedia traballamos con 15 usuarios/as, todos eles
presentaban problemas de comunicación en xeral ou algunha alteración
ou trastorno nos procesos asociados á comprensión e produción da
linguaxe de calquera tipo (oral, escrito, xestual). Imos facer un breve
resumo dos obxectivos xerais que traballamos con eles .
Cuns usuarios/as estamos traballando para implantar un sistema de comunicación aumentativo e alternativo, con outros traballamos a vocalización , a mellora da fluidez verbal, incrementar os niveis de atención focalizada e sostida na mesma tarefa o maior tempo posible, etc.
7. Fisioterapia
Ó longo deste ano 2017 a Unidade de Fisioterapia do Centro dou
cobertura ás necesidades de 14 usuarios/as, aumentando en dous
respecto ós usuarios/as que se atenderon no 2016. Os catorce usuarios/as
presentan problemas neurosicolóxicos, aínda que de diferente índole e
cas súas particularidades polo cal o tratamento foi individualizado en
tódolos casos
Os obxectivos os que se enfocou o tratamento de Fisioterapia foron os
seguintes:
- Gañar percorrido articular.
- Mellora do control postural.
- Aumento do balance muscular.
- Relaxación de musculatura espática e potenciación da hipotónica
segundo o caso (normalización do ton).
- Mellora do equilibrio e coordinación.
- Mellora da propiocepción.
- Frear o avance das deformidades óseas e atrofias musculares.
- Reeducación da marcha.
- Tratamento de complicacións asociadas.
A frecuencia das sesión oscilou entre unha e cinco sesións semanais dependendo das necesidades e patoloxías.
O termino do ano atopámonos en condicións de valorar a evolución
dos diferentes usuarios/as, usando diversos instrumentos de rexistro e de
medida. Polo tanto podemos concluír que: existiron melloras en 8 dos
usuarios/as, cumprindo dous deles/as tódolos obxectivos que se incluíron
nos seus respectivos plans de traballo. Dos 6 usuarios/as restantes
destacar que dous deles/as comezaron na unidade o último trimestre do
ano co cal aínda non se poden obxectivar melloras; os 4 usuarios/as
restantes non experimentaron cambios no seu estado.
8. TALLER DE TEATRO
Ó taller asisten 41 usuarios/as, estes están repartidos en tres grupos, dous
días á semana, unha hora cada grupo, a actividade de teatro realizase nas
instalacións do centro.
OBXECTIVO XERAL:
Estimular a imaxinación e a creatividade, desenrolando a
intelixencia para permitir á persoa unha maior autonomía,
facilitándolle as relacións interpersoais e a integración social.
OS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS FUNDAMENTAIS SON:
Exercitar a memoria.
Potenciar a imaxinación e a creatividade.
Estimular a capacidade expresiva verbal e corporal.
Fomentar as habilidades de carácter sociais e interpersoais
(traballar en grupo, relacionarse cos compañeiros, entrar en
colaboración con outras asociacións, grupos etc.)
Buscar o afán de superación comprometéndose cos obxectivos
fixados e co grupo de traballo do taller.
Metodoloxía das actividades
Ten como referencia de partida, a experiencia enriquecedora do
usuario/a.
Adaptación dos textos e do material didáctico a unha mellor
comprensión para o usuario./a.
Consideración pola asimilación e ritmo de traballo persoal de cada
usuario/a, respectando a dificultade no proceso de aprendizaxe.
O inicio de cada sesión dedicamos uns minutos a relaxación do
corpo e a mente, con exercicios de expresión corporal e música,
estes métodos favorecen o proceso de aprendizaxe.
É o medio axeitado para expresar sensacións, sentimentos,
emocións e pensamentos.
Coa lectura traballamos a expresión verbal e o enriquecemento do
vocabulario.
A través de sesións de escritura dedicamos un espazo para realizar
poesía e relatos curtos.
Desenrolar a imaxinación e creatividade realizando como traballo
de soporte manualidades, como poden ser : titeres disfraces etc ...
O longo do ano dedicamos varias sesións ó ensaio de obras de
teatro para interpretalas en diferentes saídas e festivais.
A importancia do taller de teatro reflexase a través dos usuario, que lles
resulta máis fácil aprender a desinhibirse, expresarse libremente e con
espontaneidade, cultivando para beneficio do usuario/a aspectos
importantes da persoa como o compañeirismo , a participación e o
compromiso co grupo de traballo.
O taller de teatro axúdalles os usuarios a desenvolverse dunha maneira
máis doada coas relacións interpersoais, sendo este un recurso para un
mellor desenrolo persoal.
9. TALLER DE MANUALIDADES OBXETIVO XERAL:
Desenrolo de habilidades manuais e psicomotoras especificas o contacto con
materiais diversos.
OBXETIVOS ESPECIFICOS:
-Desenrolar a creatividade e estimular a imaxinación para potenciar a
autoexpresión.
-Traballar actividades artísticas que favorezan a mobilidade dos dedos con
diferentes materiais e en distintos ámbitos (mural, obxectos, papel, ….)
-Diferenciación dos cores: recoñecemento e distintas combinacións.
-Traballo de cooperación e interacción facendo as actividades en grupo.
-Desenrolo da psicomotricidade e a expresión corporal.
-Fomentar a expresividade e espontaneidade dos usuarios/as.
-Proporcionar sempre novas habilidades.
DEFINICION DA ACTIVIDADE: A actividade de manualidades realizase no Centro
de Valadares os venres de dez a doce, asisten todos os usuarios/as do centro
intercambiándose co taller de teatro.
As actividades están adaptadas a cada persoa, propiciase un ambiente lúdico
onde poder compartir experiencias motivadores e gratificantes.
10. CLUB DE LECTURA
A actividade de animación a lectura asisten 36 usuarios/as .Faise nas
instalacións do Centro de Recursos de Valadares, unha vez ao mes en tres
quendas dunha hora cada quenda.
Obxectivo Xeral : Fomentar a lectura
Obxectivos Específicos
Estimular a imaxinación.
ampliar vocabulario.
aprender a falar en público con soltura.
traballar comprensión, expresión oral e escrita.
A elección do libro a ler faise por elección dos usuarios/as. O grupo elixe
entre varios libros, que a coordinadora propón, a lectura escollida será a
que a maioría elixa.
En ocasións a coordinadora fai, contacontos para describir co todo luxo de
detalles as escenas e situacións que se representan no conto. Con isto
consegue a colaboración e atención total dos usuarios/as.
A coordinadora organiza a lectura de poesía co fin de que, os usuarios/as
relacionen as rimas e consigan realizar unha poesía colectiva.
11. TERAPIA OCUPACIONAL
Desde Terapia Ocupacional (TO) realízanse sesións individuais de unha
hora de duración, onde o obxectivo primordial foi crear un perfil
ocupacional de cada usuario/a, onde se avaliou o desempeño nas áreas
ocupacionais; actividades básicas de vida diaria (AVD´s), actividades
instrumentais da vida diaria (AIVD´s), educación/traballo, descanso e sono,
participación social e ocio e tempo libre (Marco de Traballo para a
Práctica de TO).
Unha vez avaliadas as áreas ocupacionais, valóranse as capacidades físicas
e mentais, a través da observación e participación directa no desempeño
das actividades que se propoñen e do uso de probas estandarizadas
(Índice de Barthel, Minimental e a Escala de Lawton&Brody).
Rematado o perfil ocupacional de cada usuario, dáse comezo a
intervención individual, empregando como medio terapéutico a
ocupación.
A terapeuta levou a cabo as seguintes actividades:
1. A nivel físico, co fin de integrar o membro afecto no esquema
corporal e no desempeño das ocupacións, realízanse actividades
bimanuais, de coordinación do membro superior, destreza
manipulativa, motricidade grosa e fina e pinza bidixital. Ademais
realízanse mobilizacións pasivas ou activas, buscando a
normalización dos movementos e tentando corrixir a postura e
posibles compensacións que xa están adquiridas.
2. AVD´s
a. Vestido: ademais de dar reforzo no atado de cordóns
(actividade que xa se desempeña no centro), traballouse
vestido/desvestido (seleccionar prendas adecuadas o
momento do día e o tempo; vestirse e desvestirse en
secuencia).
b. Alimentación: supervisión no comedor dando pautas de
comportamento na mesa e uso correcto dos cubertos. Do
mesmo modo traballouse en sesións individuais para mellorar
sobre todo o uso coitelo.
c. Arranxo persoal: co fin de adquirir unha adecuada hixiene
buco-dental e converter esta actividade nun hábito diario,
tanto no centro como fogar, realizase o cepillado de dentes
despois da comida.
d. Bañarse, ducharse: obter a capacidade de enxaboado,
aclarado e secado.
3. AIVD´s
a. Uso da xestión financeira: manexo de asuntos económicos,
manexo do euro (moedas e billetes), simulando realizar
pequenas compras e asistindo o supermercado para levar a
cabo o aprendido nas sesións. Intentar extrapolar esta
actividade o domicilio.
b. Xestión do fogar: fomentar a participación activa no fogar nas
tarefas domésticas, como preparar a comida e axudar na
limpeza (facer a cama, fregar a louza, limpar o baño…).
c. Xestión da comunicación: manexo do ordenador en todos
aqueles usuarios que están interesados e comprometidos coa
actividade e que no fogar desempeñan tal actividade.
4. Educación: potenciar as funcións cognitivo-perceptivas traballando
a orientación temporo-espacial e orientación persoal, funcións
executivas ( memoria, razoamento, planificación…), atención
sostida e mantida, praxias, gnosias, etc.
5. Participación social: establecer e manter as relacións sociais e os
patróns de comportamento axeitados nun ambiente comunitario,
realizando simulación de conductas socialmente aceptables.
6. Ocio e tempo libre: identificar intereses, habilidades e actividades
de ocio axeitados a cada usuario, así como planificar e participar en
actividades na comunidade, mantendo un equilibrio das actividades
de ocio con outras áreas de ocupación.-
12. HABILIDADES SOCIAIS
AFEITADO: Esta actividade realizase os martes, xoves e venres de 10 a 10:30 da maña. Obxectivo xeral : Maior autonomía e hixiene persoal Obxectivos Específicos:
Fomentar a hixiene persoal.
Autocontrol no manexo da maquina de afeitar.
Reforzo da realización da actividade. A esta actividade asistiron un total de once usuarios, dos que ó longo deste ano logrouse que dous conseguiran todos os obxectivos e tres conseguiran gran parte do traballo marcado . LIMPEZA DE BAÑOS: Horario: realízase os martes e xoves, en horario de 10 a 11 da mañá, repartíndose os participantes en dous grupos, un grupo realiza a limpeza os martes e o segundo grupo os xoves. Número de participantes: 35 usuarios/as OBXECTIVO XERAL: Autonomía persoal, independencia e integración social
e laboral.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Participación activa na realización da actividade .
Mostrar unha orde no momento de realizar as tarefas .
Acadar unha maior destreza e habilidade nos labores de limpeza de
baños.
Fomentar o apoio, colaboración e igualdade entre compañeiros/as,
facendo especial fincapé no traballo en equipo.
ATADO DE CORDÓNS:
O obxectivo a conseguir é que o usuario/a sexa capaz de atar os cordóns por si mesmo, incrementando a motricidade e a coordinación da pinza fina para poder levar a cabo dita actividade. Realízase dous días á semana (martes e xoves), alternando estes dous días con outras actividades. Asisten un total de 13 usuarios/as unha hora á semana Dos 13 usuarios/as 4 conseguiron o obxectivo aínda que continúan precisando de reforzo para que non esquezan o aprendido e adquiran unha maior soltura na realización da tarefa. 5 usuarios/as son capaces de realizar parte dos pasos, os 4 restantes inícianse na actividade. MANEXO DO EURO: Neste taller traballouse cos usuarios/as a aprendizaxe da xestión dos cartos, involucrándoos en situacións hipotéticas e reais de manexo de cartos (como por exemplo ir ó supermercado, podendo recoñecer produtos, prezos e o que é máis caro ou máis barato, motivándoos para que pregunten o prezo das cousas que eles/elas desexen.) En definitiva, mellorar a súa calidade de vida a través do uso básico dos cartos. Obxectivo xeral: aprender a xestionar os cartos para que os administren de forma autónoma.
Obxectivos específicos: Adquirir as habilidades, destrezas e coñecementos básico necesarios para desenvolverse con autonomía nesta tarefa.
- Identificar, diferenciar e asociar a través da percepción do tamaño e da cor os diferentes billetes e moedas, así coma o seu valor.
- Adquisición de habilidades sociais necesarias para realizar compras.
- Acadar a autonomía no manexo do euro en situacións cotiás.
- Inclusión na sociedade. - Iniciación ó cálculo - Estimular as capacidades cognitivas co fin de manter
as funcións mentais superiores e frear o seu deterioro.
- Potenciar a súa autoestima.
Participación: A esta actividade asisten 21 usuarios/as que están divididos en dúas quendas de características similares, alternando con outras actividades. Traballan os martes e xoves en sesións dunha hora cada grupo. Os usuarios practican : A selección do produto e comprobación do prezo ,o pago do produto e a volta dos cartos
Destes 21 usuarios/as catro teñen o obxectivo conseguido, ben é certo que precisan de reforzo continuo para adquirir maior soltura nas operacións e aparte non se esquezan do logrado, os 17 restantes precisan seguir traballando para desenrolarse axeitadamente. MANEXO DO RELOXO:
O obxectivo xeral desta actividade e fomentar unha maior
autonomía nas habilidades básicas da vida diaria.
Saber no momento do día en que nos encontramos, para así poder
organizarnos e distribuír as actividades de cada dia.
A esta actividade asisten un total de 16 usuario/as, dous días á semana,
en dúas quendas de dúas horas cada unha alternado con outras
actividades.
Os usuarios/as practican: O coñecemento das horas , saber en
que momento do día se atopan , tempos, maña, tarde e noite.
MANEXO DA LAVADORA:
A actividade asistiron 6 usuarios/as de luns a xoves de 16:00 a
16:30 horas, todos eles teñen o obxectivo conseguido, pero seguimos
reforzando para que non se lle esqueza.
OBXECTIVO XERAL:
Autonomía persoal, independencia e integración social e laboral.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Participación activa na realización da actividade de como
poñer unha lavadora.
Mostrar unha orde nos pasos a realizar para conseguir
realizar a colada.
Acadar destreza e habilidade na labor de como poñer unha lavadora.
POSTA E RECOLLIDA DO COMEDOR:
A esta actividade asisten un total de 32 usuarios/as.
O reparto está feito en grupos de varios usuarios/as (7 u 8) dependendo
do día, de tal forma que a cada un lle corresponda realizala actividade
unha vez por semana Esta tarefa realizarase baixo a supervisión do
monitor/a encargada da mesma.
- Descrición da actividade:
O horario consta de dúas etapas
. Poñer a mesa: De 12:00 A 12:30 . Recoller a mesa: De 15:00 A 16:00
Obxectivo Xeral:
.Incrementar a autonomía persoal e a independencia nas habilidades
relacionadas coa actividade do comedor.
Os obxectivos máis específicos son:
.Reforzar hábitos de hixiene persoal para realizar esta actividade.
.Fomentar o apoio, colaboración e igualdade entre os compañeiros.
. Traballar aptitudes, conceptos e procedementos que lles permitan desenvolverse no ámbito doméstico da vida cotiá.
.Ser capaces de tomar a iniciativa nas labores a realizar.
. Saber diferenciar dereita e esquerda á hora de colocar os cubertos.
. Poñer a mesa correctamente.
LOGROS ACADADOS E EN PROCESO:
Con 12 usuarios/as, acadouse unha valoración positiva en tódolos
obxectivos fixados. Con 9 usuarios/as , estase traballando o cambio de
aptitude a hora de tomar iniciativa propia nas labores e que participen de
forma voluntaria nas distintas labores de limpeza.
. Con 11 usuarios/as, nestes intres estase a traballar para conseguir que
teñan unha maior destreza e habilidade nas labores do comedor
TALLER DE COCIÑA: Esta actividade realizase tódolos martes de cada semana e están acudindo
a ela un total de 13 usuarios/as repartidos todos eles en 5 grupos de 3 e
4 usuarios/as respectivamente. Realizase baixo a axuda e supervisión da
monitora que esta presente dando as instrucións necesarias e adecuadas
segundo o nivel de comprensión e habilidades dos participantes tendo
sempre en conta as limitacións que presentan debidas as súas
discapacidades.
-OBXECTIVO XERAL:
.Autonomía persoal, independencia e integración social e laboral.
-OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
.Participación activa na manipulación e cociñado de alimentos.
.Participación activa na realización de postres .
.Mostrar unha secuencia ordenada nas actividades de cociña nas que
participan.
. Acadar unha maior destreza e habilidade na cociña.
.Fomentar o apoio, colaboración e igualdade entre compañeiros/as
facendo especial fincapé no traballo secuencial en equipo.
-VALORACIÓN DOS OBXECTIVOS:
PRANCHADO:
O obxectivo desta actividade e saber usar a prancha de forma
autónoma .Asistiron 6 usuarios/as divididos/as en dous grupos, uns/unhas
realizan a actividade os luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas e os
outros/as os martes e xoves de a mesma hora.
13. EDUCADORA SOCIAL As aulas de Educación Social acudiron 20 usuarias/os. Aquelas e aqueles que presentaron maiores necesidades. O horario e de 10:00h a 13:30 h e de 15:00h a 17:00h de luns a venres. OBXECTIVO XERAL: Mellorar as relacións sociais, culturais e familiares das e dos usuarios/as. Potenciando as habilidades relacionadas coa comunicación (verbal e non verbal) , coa expresión das emocións, co autoconcepto positivo e co traballo en equipo. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Comunicación verbal:
Observación directa.
Instrucións verbais
Modelo de conduta
Repeticións
Prácticas con role-plalling
Prácticas reais Comunicación non verbal:
Análise das condutas non verbais a través de exercicios con fichas e cuestionarios.
Instrucións directas con apoio verbal e físico.
Programas de entrenamento con distinto material audiovisual. Expresión das Emocións:
Reforzo das expresións adecuadas e retirada de atención sobre as inapropiadas.
Uso de distinto material de apoio: “emocionario”, fichas de traballo, tarxetas identificadoras, pictogramas e xogos como o dominó das emocións.
Autoconcepto Positivo:
Entrevistas persoais
Postas en común
Dinámicas e xogos
Xerando espazos para escoita e evitando o uso de etiquetas negativas, sobre todo diante das e dos demais.
Traballo en equipo:
Dinámicas e xogos
Técnicas de grupo
Debates
Obradoiros
Actividades manuais
Visionado de vídeos /películas.
Educación en valores como o apoio mutuo, a horizontalidade, a tolerancia e o respecto.
VALORACIÓN: A grandes resgos pódese afirmar que se alcanzaron pequenas metas, pero que canto menos se estableceu unha dinámica de traballo real, onde case tódolos/as usuarias/os teñen consciencia de necesidade da Educación Social para mellorar as relacións consigo mesmas/os demais. Destacar na maioría dos casos, a necesidade de seguir traballando na mesma liña e cos mesmos exercicios, para adquirir as habilidades requiridas. 14. TALLER DE CESTERIA Este taller ten como obxectivo xeral aprender as técnicas tradicionais do entrelazado de fibras vexetais flexibles (mimbre). O horario do taller é de 15:00 horas a 17:00 horas, de luns a venres Os obxectivos específicos son os seguintes: -Recoñecer as pautas a seguir no taller de cestería (horario, turnos,...). -Coñecer as distintas ferramentas do taller e a súa colocación. -Limpeza e orde do taller. -Diferenciar os distintos grosores do mimbre. -Organizar actividades e crear servicios de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural e lúdico acorde ó taller de cestería. -Crear un ambiente de axuda entre compañeiros/as. -Aprender e comprender o deseño da cestería. -Desenrolar habilidades motrices de axilidade mental e manual
O seguimento que se fai no taller de cestería e individual e realizase semestralmente, seguindo as pautas marcadas nos plans de traballo. Os obxectivos dos plans baséanse no traballo do usuario/a dende que chega ó taller e prepara o material para o inicio da actividade ata que se acaba cada sesión e se deixa todo en orde para a seguinte. As pautas nas que nos fundamentamos para marcar os obxectivos individuais de cada usuario/a nos plans de traballo son as seguintes: -Coñecer e saber distinguir as ferramentas máis básicas que se empregan para facer os traballos co mimbre ( tesoiras, punzóns, alicates,.....). -Recoñecer o grosor do mimbre e onde esta colocado, para saber cal utilizar en cada momento. -Saber encher os cubos da auga e poñer os rolos de mimbre adecuados en cada caso. -Aprender a trenzar con unha e varias guías. -Saber dar comezo os cestos, das vaias maneiras posibles. -Rematar e comezar os cestos das varias maneiras posibles. -Pintar e vernizar cestas de mimbre. -Ordenar e limpar o taller. -Colocar o material no seu lugar correspondente 15. TALLER VIVEIRISMO Ó taller asiste un grupo de 42 usuarios/as , repartidos en tres equipos de
traballo, fanse quendas e van rotando cada semana.
O horario do taller é de 3 a 5 da tarde de luns a venres
OBXECTIVO XERAL: Formación, inserción laboral, autonomía persoal e reforzo da autoestima.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Técnicas e practicas de viveiro, hábitos de traballo e habilidades sociais e
relacións interpersoais
Para acadar estes obxectivos, o centro conta cun taller de vivieirismo e
invernadoiros adaptados as necesidades dos usuarios/as e monitores/as
No taller traballamos a mestura de substratos e abono orgánico. ensinándolle ó usuario/a a coller as medidas axeitadas para realizar a
mestura correctamente, para despois levar a cabo o transplante e
plantación das diferentes especies no viveiros, onde despois se lle da o
coidado axeitado para contribuír ao seu crecemento, ademais o
usuario/a ten que saber diferenciar as distintas especies que hai no
viveiro
Realizáronse saídas con pequenos equipos de traballo para apañar sementes autóctonas da zona, as cales serven despois, para que se recoñeza a planta correspondente á semente.
Tamén cultivamos hortalizas ecolóxicas ( tomates, pementos, cenorias, berenxenas… etc ) as cales se utilizan para o consumo no propio Centro de Recursos
As ferramentas que se utilizan son as básicas de xardinería,(carretilla, diferentes tipos de palas, tesoiras, rastrillo , sacho etc…) dependendo da habilidade e destreza que o usuario/a acade utilizara ferramentas de máis ou menos dificultade.
16.TALLER DE CERAMICA A actividade deste taller levouse a cabo ao longo de todo o ano, dende o día 2 de xaneiro ata o 31 de decembro, contando cun descanso vacacional coincidente co mes de agosto. O horario de impartición foi de luns a venres, de tres a cinco da tarde. Durante o ano 2017 participaron 39 persoas con discapacidade, divididas en tres grupos, coordinándose cos outros dous talleres de cestería e viveirismo, alternándose entre si semanalmente. A actividade que se realizou foi a creación e a elaboración de diferentes pezas con pasta cerámica de baixa temperatura, tanto de forma manual usando as técnicas de churros, pranchas ou modelado, como en serie usando a prensa rotatoria para pedidos de moita cantidade de pezas. O obxectivo principal desta actividade foi o de facilitar aos participantes, a adquisición duns hábitos laborais básicos, como limpeza do posto de traballo, puntualidade, atención, etc., ademais da formación específica en cerámica, que se centra na elaboración de distintas pezas usando as diferentes técnicas; e no rotulado, decorado e esmaltado das mesmas.
Aparte destes obxectivos xerais aproveitase a actividade para fomentar: o traballo en equipo, a psicomotricidade fina das mans e dos dedos, a socialización, xa que facemos actividades conxuntas cos nenos/as dos institutos e dos colexios, a iniciativa e a creatividade; e tamén sirve para que os participantes se valoren a sí mesmos porque o traballo que realizan sirve para que o taller se poda autofinanciar coa comercialización das pezas que eles mesmos elaboraron. 17. MUSICOTERAPIA A musicoterapia serve para optimizar a calidade de vida e mellorar a saúde física, social comunicativa e intelectual e o seu benestar. Nestas sesións utilizamos a música como medio para: Actividades de coordinación física respiratoria nas que se fan movementos nos que se traballan e estiran os músculos que interveñen á hora de tocar instrumentos e cantar, nos que se acompasa a respiración. Relaxación a través de estiramentos e respiración acompasada. Memorización e improvisación a través da expresión verbal, musical e xestual. Traballase a competencia matemática a través das relacións entre a altura dos sons, a frecuencia, as relacións interválicas, as proporcións rítmicas, patróns de diferentes duracións sonoras, etc. Competencia Artística onde a música é un vehículo para desenvolver actividades manuais, destrezas plásticas e artísticas que fortalecen a musculatura fina. En todo o proceso avalíase a situación para adaptar cada unha das actividades a través da observación directa do alumnado nas actividades da clase, nas súas opinións nos debates ou na súa predisposición; reestruturando cada sesión en función das necesidades dos/das estudantes. 18. BAILOTERAPIA No 2017 realizamos a actividade de bailoterapia unha hora semanal,
participando todos os usuarios/as do centro. Esta actividade aumenta a
creatividade e axuda a deshinbirse, no aspecto físico axuda a manter a
forma.
Na realización da actividade téñense en conta as alteracións
específicas de cada un dos individuos, promovendo as adaptacións
necesarias en cada caso, para que todos podan realizar a actividade
proposta e sexan totalmente partícipes da mesma.
O obxectivo perseguido ca realización desta actividade é principalmente a
mellora xeral da condición física do usuario/a , este obxectivo tentouse
acadar por medio de obxectivos puntuais tales como:
- Mellorar a motricidade grosa.
- Previr a obesidade e problemas futuros de saúde.
- Aumento da autoestima do usuario/a
- Mellora do sentido do ritmo
- Expresar emocións a través do baile, etc
Todos estes obxectivos trabállanse a través dalgunhas modalidades
de bailes que existen: zumba, bachata, vals...
19. PISCINA
Comezamos ca actividade no mes de febreiro, realizándoa tres
veces semanais en quendas de 8 persoas, dunha hora cada quenda, estas
persoas presentan parálises cerebrais, enfermidades neuromusculares,
secuelas de TCs..entre outras patoloxías, tendo en conta as
discapacidades de cada un para tratar de enfocar a actividade dunha
maneira o máis individualizada posible, xa que aínda que hai obxectivos
comúns cada usuario/a ten unhas necesidades específicas.
O obxectivo principal da actividade é a mellora das capacidades
psicomotrices do individuo, xa que a natación persegue descubrir o
máximo as posibilidades do corpo na auga, sendo á vez un medio de
rehabilitación e de integración e conseguindo unha mellora física e
psicolóxica xeral. Como obxectivos máis concretos atopamos.
- O desenrolo da masa muscular e mellora da tonificación.
- Mellora do equilibrio e coordinación.
- Adquirir e mellorar o coñecemento e autocontrol dos movementos
do corpo (propiocepción).
- Diminución da espasticidade presente en certos usuarios.
- Mellora da rixidez articular, a través da relaxación que se produce
na auga das distintas estruturas.
- Reeducación da marcha.
- Aumento do control postural.
- Aumento da autoestima.
- Incremento da autonomía do usuario.
- Prevención da obesidade
- Superación de fobias
Para traballar estes obxectivos úsanse diferentes axudas (flotadores,
churros, táboas…)segundo o que precisase cada usuario e realizáronse
actividades e exercicios diferentes dependendo das necesidades de cada
un.
20. XIMNASIA DE MANTEMENTO O longo deste 2017 realizamos a actividade de ximnasia de mantemento e
terapéutica, impártese de forma diaria nas instalación de ADISBISMUR
dedicándolle unha hora e participando nela tódolos usuarios. Os usuarios
presentan discapacidades de índole motora, sensorial e/ou mental,
derivadas de lesións medulares, traumatismos cranio-encefálicos (TCs),
secuelas de enfermidades nerviosas periféricas, parálises cerebrais, así
coma diferentes síndromes (Down, síndrome de Lejeune..). Polo cal
durante a realización da actividade téñense en conta as alteracións
específicas de cada un dos individuos, promovendo as adaptacións
necesarias en cada caso, para que todos podan realizar a actividade
proposta e sexan totalmente partícipes da mesma.
O obxectivo perseguido ca realización desta actividade é principalmente a
mellora xeral da condición psíquico-física do usuario, que se tentou
acadar por medio de obxectivos puntuais tales como:
- Mellora da forza e ton muscular.
- Aumento do rango articular e diminución da rixidez nas
articulacións.
- Prevención de deformacións futuras.
- Integración das áreas afectas.
- Mellorar a motricidade grosa.
- Reeducación da marcha.
- Mellora da propiocepción.
- Mellora das reaccións de equilibrio e enderezamento.
- Aumento das capacidades pulmonares.
- Previr a obesidade e problemas futuros de saúde.
- Aumento da autoestima do usuario.
Para a consecución destes obxectivos traballamos dende diferentes
ópticas, a través do xogo de deportes en equipo (que fomentan o traballo
en grupo e a colaboración) tanto como en deportes individuais (cos cales
se traballa de forma máis personalizado as capacidades da persoa). Tamén
se realizaron camiñatas, circuítos con estacións para o traballo de
diferentes aspectos…tódalas actividades enmarcadas nun contexto lúdico,
21. ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE
XANEIRO Realizamos festivais benéficos, nos Concellos de Outes
e Mazaricos
FEBREIRO: Obradoiro de cestería no CEIP do Pumar-Urdilde e festa
de entroido no centro de dia de Outes e no centro de Valadares
MARZO: Participamos no concurso de comparsas do Concello de
Outes , asistimos a unha escola de tenis en Outes e representamos
obra de teatro no colexio Emilio Navaqües en Outes
ABRIL: Representamos a Obra de Teatro e realizamos obradoiros
de cerámica no Instituto Fontexería, tamén asistimos a escola de
tenis e representamos unha obra na casa de cultura de Muros
MAIO: Escola de Tenis, asistimos a representación dunha obra de
teatro na casa de cultura de Muros, visitáronos no centro os
alumnos do IES Lamas de Castelo de Carnota, para realizar
obradoiros fixemos unha excursión a Arteixo para participar na
actividade Sensibilidade educativa do mundo da enerxía”,
invitados pola Fundación Repsol.
XUÑO: Participamos no Deporte Solidario en Area Central e nas
xornadas deportivas de Decathlon, participamos no proxecto
Gavea, vela adaptada en San Xenxo, excursión a Camelle a visitar o
museo do alemán, xornada ecuestre en Arzúa, visita dunha casa
adaptada en Santiago, excursión a Boiro a praia
XULLO: Xornadas de Tenis Marineda en Cambre, excursión a praia
de Broña, no concello de Outes, Xornadas mariñeiras: “ Muros Mira
o Mar”, Festa de San Cristovo de Corzón en Mazaricos, Churruscada
a beira do Rio Tines en Outes, proxecto GAVEA en Muros,
excursión a praia de San Francisco en Louro, excursión o
Campamento de Verán “Tenis Marineda” en Cambre e excursión
Aquapark Cerceda.
SETEMBRO: Xornadas deportivas, organizadas por Misela en
Lousame e asistimos a romaría de San Campio en San Orente
OUTUBRO: Asistimos as xornadas de vida saudable , na Alameda de
Santiago , participamos nas xornadas organizadas pola Creba”
Olimpiadas A Creba 2017”, asistimos a un almorzo saudable
organizado polo Lidel en A Coruña, e participamos nas xornadas
deportivas en Outes
NOVEMBRO: Asistimos a concentración de Accesibilidade en Noia,
participamos na actividade “ Polo San Martiño, peón do Camiño”
no Pozo do Cachón en Muros, participamos na actividade “UN MAR
PARA TODOS” organizada por ADECO-DEA!, participamos lendo
unhas poesías na concentración contra a violencia de xénero
organizada polo concello de Muros e participamos na actividade
contra a violencia de xénero na casa da cultura de Outes
representando unha obra de teatro
DECEMBRO: Xornada de deporte para todos no peirao de Muros,
organizada pola Asociación Deportivo cultural da Bisbarra de
Muros, participamos no Mercadiño Solidario a favor de Cáritas;
organizado polo Concello de Muros, festa de nadal, no centro social
de Outes e no centro de Valadares
B.- RECURSOS HUMANOS ASIGNADOS A ACTIVIDADE
Persoal asalariado:18 persoas
Persoal en contrato de servizos:2 persoas
Persoal voluntario:6 voluntarios
C.-COSTE E FINANCIACIÓN DA ACTIVIDADE:
Gastos por axuda e outros:
a)axudas monetarias.........................0
b)axudas non monetarias................. 0
c)gastos por colaboracións e do órgano do goberno........6.042,15
Aprovisionamentos:
a)compras de bens destinados a actividade................1.147,67
b)compras de materias primas...................................
c)compras de outros aprovisionamentos...................47,37
d) traballos realizados por outras entidades................19.682,02
e) perdas por deterioro........................................0
Gastos de persoal:......................................296.109,18
Outros gastos da actividade:
a)arrendamentos e canons...............................89,26
b) reparacións e conservación...........................17.909,76
c) servizos de profesionais independentes..........7.650,74
d) transporte.......................................................15.650,07
e)primas de seguros............................................10.387,14
f) servizos bancarios........................................... 956,83
g) publicidade, propaganda e relacións públicas...0
h)suministros.....................................................43.099,42
i)tributos...............................................................442,94
j) perdas por créditos incobrables derivados da actividade
k) outras perdas de xestión corrente
Amortización de inmobilizado...............................43.068,72
Gastos financeiros..................................................0
Diferencia de cambio..............................................0
Adquisición de inmobilizado....................................1.486.643,28
COSTE TOTAL DA ACTIVIDADE.....................462.283,17
FINANCIACIÓN
Coutas de asociados……………………………………………2.412,02
Prestacións de servizos da actividade …………………84.915,08
Ingresos ordinarios da actividade mercantil……….27.080,29
Rendas e outros ingresos derivados do patrimonio
Ingresos con orixe na Administración Pública
a) Contratos co sector público……………………………286.483,37
b) Subvencións………………………………………………….. 92.570,96
c) Concertos
Outros ingresos do sector privado
a) Subvencións…………………………………………………21.377,74
b) Donacións e legados…………………………………….100
c) Outros
FINANCIACIÓN TOTAL DA ACTIVIDADE……………………..514.939,46
D. BENEFICIARIOS /AS DA ACTIVIDADE
Número total de beneficiarios/as: No centro de Recursos de Valadares
atendemos a 42 persoas con discapacidade, ademais prestamos
información e asesoramento a 112 persoas con discapacidade
Requisitos esixidos para ostentar a condición de beneficiario/a:
ADISBISMUR asesora e informa a tódalas persoas con discapacidade, o
único requisito e ter unha discapacidade ou estar en risco de exclusión
social, non se cobra nada polo servizo, pero a todas as persoas con
discapacidade ofrecéselle a posibilidade de ser socio, polo que abonaría a
cantidade de 50 euros ao ano
Grado de atención que reciben os beneficiarios/as:
E. RESULTADOS OBTIDOS E GRADO DE CUMPRIMENTO
Resultados obtidos coa realización da actividade: Os resultados son
positivos
Grado e nivel de cumprimento dos fins estatutarios: O 100% das
actividades que realiza ADIBISMUR compren cos seus estatutos
5.INFORMACIÓN XERAL SOBRE MEDIOS DA ASOCIACIÓN
A. Medios persoais
Persoal asalariado fixo: 10 traballadores fixos
Número medio: 10
Tipo de contrato: Indefinido
Categoría ou cualificación profesional: Grupos de cotización 2-6-8 -10,
tarifas 10-9-6-7-3-2-1
Persoal asalariado non fixo: 5 traballadores
Número medio: 5
Tipo de contrato: Temporal
Categoría ou cualificación profesional: Grupos de cotización 2 -6 -
10,tarifas 6-2-8
Profesionais con contrato de arrendamento de servizos: 2 persoas
Número medio:3
Características dos profesionais e natureza dos servizos prestados a
entidade: Persoal de limpeza , transporte e atención psicolóxica
Voluntariado: 7 persoas
Número medio: 7
Actividades nas que participan: Ocio e tempo libre, musicoterapia ,
bailoterapia e actividades deportivas
B. Medios materiais
Centros ou establecementos da entidade
Número:1 (Centro de Recursos de Valadares )
Titularidade ou relación xurídica: Propiedade de ADSBISMUR
Localización: Lugar de Touzas, Valadares, Outes
Características: Centro de atención as persoas con discapacidade,
totalmente adaptado en aulas e talleres, con 4 invernadoiros na zona
exterior e terreo para plantación
Equipamento
Número: 6
Equipamento e vehículos: 6 furgonetas adaptadas
Localización/identificación: Están no Centro de Recursos de Valadares
para realizar o transporte do centro
C. Subvencións públicas
Orixe: Conselleira de Política Social
Importe: 954,38 € e 1.395 €
Aplicación: Actividade de voluntariado ( Impartición de charlas e
formación dixital ) e actividades de voluntariado xuvenil (Actividades de
ocio e deportivas)
Orixe: Consellería de Economía, Emprego e Industria
Importe: 27.096,93
Aplicación: Proxecto de agricultura ecolóxica
Orixe: Consellería de Economía, Emprego e Industria
Importe: 53.001
Aplicación: Proxecto “ Capacitación, Formación e Inserción) desenrolado
no Centro de Valadares
Orixe: Deputación de A Coruña
Importe: 17.500
Aplicación: Mantemento do Centro de Valadares
Orixe: Concello de Outes
Importe:1.925
Aplicación: Actividades de tenis, musicoterapia e teatro
Orixe: Concello de Muros
Importe:1.395
Aplicación: Actividades de teatro e musicoterapia
6. RETRIBUCIÓNS DA XUNTA DIRECTIVA
A. No desempeño das súas función
Concepto:
Orixe:
Importe
B. Por función distintas as exercidas como membro da xunta
directiva
Posto de traballo: Xefa de administración
Habilitación estatutaria: Artigo 27 dos estatutos
Importe: 24.264,80
7. ORGANIZACIÓN DOS DISTINTOS SERVIZOS, CENTROS OU
FUNCIÓNS NO QUE SE DIVERSIFICA A ACTIVIDADE DA ENTIDADE
ADISBISMUR promove a igualdade de oportunidades nas persoas con
discapacidade por medio dunha serie de actividades e servizos como:
Formación, información e asesoramento, emprego, saúde, accesibilidade
universal, ocio e tempo libre, etc..
Dispón dun Centro de Recursos no Concello de Outes, onde acoden
diariamente 42 persoas con discapacidade a actividades de formación
prelabora,l nos talleres de cestería, cerámica e viveirismo, habilidades
sociais, alfabetización, informática, atención social, terapia ocupacional,
fisioterapia, logopedia, taller de teatro, etc,, tamén dispoñemos de servizo
de cociña e comedor e transporte adaptado. ADISBISMUR tamén ofrece
os seus servizos no concello de Muros, nunha oficina ,na primeira planta
do Centro de Dia de Muros, cedida polo Concello, onde acoden as persoas
con discapacidade da bisbarra a solicitar pensións, emprego,
reclamacións, etc. .ADISBISMUR tamén creou un C.E.E. sen ánimo de
lucro, onde están traballando 3 persoas con discapacidade e que se adica
a actividades de viveirismo e xardinería
Firma da memoria polos membros da xunta directiva ou órgano de
representación da entidade
Nome e apelidos Cargo Sinatura Ramón Sestayo Lestón Presidente
Herminio Martinez Lago Vicepresidente
Manuela Lamela Caamaño Secretaria
Vicente Abelleira Cambeiro Tesoureiro Yolanda Pedrosa Estévez Vocal
Amable Santiago Lariño Vocal
Rosa Freire González Vocal Fina Lestón Barreiros Vocal
top related