memoria 2015 - aeiga · bloque iv presentación das empresas de inserción da zona de referencia...
Post on 25-Aug-2020
14 Views
Preview:
TRANSCRIPT
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS
DE INSERCIÓN DE GALICIA
MEMORIA 2015
R/ CONCHEIROS 33, 1º 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
WWW.AEIGA.ORG
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 1
Índice:
1.A nosa entidade…………………………………………………………(páx. 2-3).
2.O noso traballo no ano 2015…………………………………………..(páx.4-25).
Proxecto galego de EIL……………………………………………(páx 5-6).
Formación Programa Insire………………………………………(páx. 7-10).
Programa In-Fórmate……………………………………………..(páx. 11-13).
III.Proxecto Muller en Igualdade………………………………...(páx. 14-15).
Outras actividades…………………………………………………(páx. 16-25).
3.Financiación……………………………………………………………(páx. 26-27).
4.Agradecementos……………………………………………………….(páx. 28).
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 2
A NOSA ENTIDADE:
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) constituíuse en 2007, e dende esa data, está a traballar
activamente na defensa dos intereses das empresas de inserción e dos seus traballadores así como na promoción das empresas de
inserción laboral e a inserción laboral dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Como entidade necesita dunha estrutura organizativa básica suficiente para poder desenvolver as actividades necesarias
para acadar os seus fins estatutarios, entre eles:
Promover, apoiar e fomentar o desenvolvemento das Empresas de Inserción, potenciar as agrupacións territoriais de
calquera ámbito e coordinarse coas xa existentes e as que puidesen xurdir sexa no ámbito da Comunidade Galega, do
Estado Español ou da Unión Europea.
Facilitar contribuír e promover a inserción social e laboral a través das Empresas de Inserción e tamén a través da
economía social e/ou solidaria, de aqueles colectivos social e laboralmente excluídos do mercado laboral ordinario.
A defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de exclusión social e calquera outros de similar natureza.
Fomentar e dar soporte aos esforzos das administracións públicas e entidades e iniciativa social para difundir a figura das
empresas de inserción como ferramenta de loita contra a exclusión social e de promoción da inserción socio-laboral.
Por outra banda, cabe salientar, que a figura das empresas de inserción é unha novidade en Galicia e en moitos casos
descoñecida (coñecemento que ten a entidade a través das actuacións e actividades que fai ,entre outras ,para a difusión das EIL
detectando o nivel de coñecemento que ten a poboación galega desta figura, e potenciando o seu traballo para que a figura sexa
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 3
mais coñecida). A pesares de que existe lexislación dende 2007, o seu desenvolvemento é lento, e necesita dun impulso tanto
para facela visible como para que as iniciativas que xurdan conten co suficiente recoñecemento e apoio.
PROPERDIS, EIL
2015
SERCOGA
EIL CORMO INTEGRAL
COMPOSTELA INSERTA, EIL
FEITO PONTEVEDRA
EMPRENDE FUTURO
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 4
O NOSO TRABALLO NO ANO 2015:
A Asociación de Empresas de inserción de Galicia (AEIGA) neste ano 2015, continuou con algúns proxectos que xa levaba a cabo
en anos anteriores, continuando así, a súa labor, complementando as actividades a realizar.
A súa actividade pode quedar enmarcada dentro de varios bloques principais:
As diversas liñas de traballo que se presentan, están subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, Dirección
Xeral de Familia e Inclusión, Fondo Social Europeo e Plan Galego de inclusión Social, destacando, por outra banda o Proxecto
Muller en igualdade que é subvencionado polo Concello de Santiago e contando coa aportación da Deputación da Coruña para
dúas Xornadas de Emprendemento e empresas de inserción laboral .
Liñas de traballo de AEIGA
Proxecto Galego de Empresas de Inserción
Formación Programa Insire
Programa In-Fórmate
Proxecto Muller en igualdade
Outras actividades
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 5
O proxecto Galego de Empresas de Inserción, é un proxecto que nace para difundir as empresas de inserción laboral, e
onde englobamos, entre outras, as nosas actividades de asesoramento diario. Dito proxecto é subvencionado pola Consellería de
Traballo e Benestar-Dirección Xeral de Familia e Inclusión, Fondo Social Europeo e Plan Galego de inclusión Social.
No marco do proxecto Galego de Empresas de inserción podemos distinguir actividades de difusión das EIL:
A) DIFUSIÓN SOCIAL DAS EIL:
1.Xornadas informativas sobre empresas de
inserción laboral :
Colexio de Educadores/as Sociais de
Galicia (CEESG)
Colexio de Traballo Social de Galicia
Boa Vida (Pontevedra)
Foro de intermediación e emprego 2015
Coñecendo ás Empresas de inserción
Laboral (Facultade de Ciencias
Económicas e Empresariais da USC)
Total persoas informadas
140
Proxecto Galego de EIL:
Programa:
Bloque I A Empresa de Inserción Laboral
Concepto de empresa de inserción laboral.
Entidades promotoras de empresas de inserción laboral.
Procedemento de constitución e cualificación.
Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción laboral
Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de inserción laboral.
Bloque II O Traballador en Inserción
Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción.
Factores de exclusión social.
Características da contratación. O contrato en inserción.
Itinerarios e convenios de inserción.
Bloque III Promoción das Empresas de Inserción
Bloque IV Presentación das Empresas de Inserción da zona de referencia Compostela Inserta EIL e
restantes empresas de inserción que forman parte de AEIGA
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 6
As 5 xornadas foron:
Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia (CEESG)-27 de marzo de 2015, en horario de 16:30 a 20:30h.Santiago de
Compostela.
Colexio de Traballo Social de Galicia-13 de maio de 2015 en horario de 16:00-20:00h.Santiago de Compostela.
Asociación Boa Vida Pontevedra-22 de maio de 2015 en horario de 16:00-20:00h en Pontevedra.
Foro intermediación e do emprego-29 e 30 de abril en Santiago de Compostela.
Facultade de ciencias económicas e empresariais da USC- 10 decembro 2015 en Santiago de Compostela.
Fotos Xornadas
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 7
A Asociación de Empresas de inserción de Galicia continuando no seu traballo de inserción sociolaboral de persoas en situación
ou risco de exclusión social ,e coa intención da mellora da formación das mesmas, continúa o seu traballo de formación deste
colectivo, dende o punto de vista de posibles usuarios das Empresas de Inserción.
1) ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO
FORMACIÓN PROGRAMA INSIRE:
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 8
A descrición da actividade a realizar sería a seguinte:
Unidade formativa UF0122
Mantemento e rehabilitación
Psicosocial das persoas dependentes
no domicilio.
80 horas
Formación en habilidades comunicativas en
galego para o mundo laboral
25 horas
Curso de informática básica orientada á
busca de emprego
25 horas
Orientación e asesoramento en materia de
emprendemento
5 horas
135 horas
A actividade formativa contou cun total de 9 persoas participantes, conseguindo a
inserción laboral de dúas persoas durante a impartición do curso. Foi levada a cabo en
Santiago de Compostela no centro sociocultural de Fontiñas e no Centro Sociocultural de
Vite en horario de 9:00-14:00h dende o 13 de abril ata o 26 de maio.
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 9
2) TÉCNICAS E PROCEDEMENTOS DE LIMPEZA CON UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA
Módulos MF1086:Técnicas e
procedementos de limpeza con utilización
de maquinaria.
60 horas
Formación en habilidades comunicativas en
galego para o mundo laboral e igualdade entre
homes e mulleres
25 horas
Curso de informática básica orientada á
busca de emprego
25 horas
Orientación e asesoramento en materia de
emprendemento
5 horas
Nº homes Nº de mulleres Total participantes
7 9 16
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 10
Este curso formativo tivo lugar dende o 9 de outubro ata o 16 de novembro de 2015, en horario de 9:00 a 14:00 horas. E
desenvolveuse en diversos lugares:
Centro Sociocultural de Vite (Rúa Carlos Maside, 7)
Casa das Asociacións de Benestar Social(Rúa Manuel María, 6)
Gran Hotel (Avenida Mestre Mateo, 27)
Fotos curso
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 11
No ano 2015, o programa In-Fórmate abarcou diversas actividades:
A) COIDADOS DO MENOR E INMERSIÓN LINGÜÍSTICA:
PROGRAMA:
Etapas evolutivas
Coidados durante o embarazo
Coidados do recen nacido
Alimentación do menor
Hixiene dental
Enfermidades máis frecuentes e calendario de vacinas
Actuación ante accidentes (queimaduras, atragoamento, …)
Visita ao centro de saúde
Establecemento de rutinas e normas
Asertividade e resolución de conflitos cos fillos
No colexio dos fillas e fillos
Xogos e xoguetes adecuados
Fomento de habilidades sociais
PROGRAMA IN-FORMATE :
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 12
Curso Lalín: 3, 4, 6, 10 e 11 de marzo de 2015 en horario de 9:00 a 14:00 .en Lalín.(Centro Sociocultural Joaquín Loriga, Lalín-
Pontevedra).
A actividade formativa abarcou un total de 5 días, con 5 horas de formación cada un (total 25 h) nas materias que
consideramos de especial relevancia para o alumnado.
Nº homes Nº de mulleres Total participantes
0 15 15
Fotos curso:
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 13
B) DEREITO LABORAL E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS NA ADOLESCENCIA:
Programa
Curso Lalín: O curso levouse a cabo os días 27 e 28 no mes de xullo de 2015 en horario de 9:00 a 14:00 en Lalín. A actividade
formativa abarca un total de 2 días, con 5 horas de formación cada un (total 10 hs) .
Nº homes Nº de mulleres Total participantes
26 26
Tarxetas e contratación: traballar en España
Dereitos laborais básicos
Características do Emprego doméstico
Nova lexislación
Tipos de Contratos
Permisos retribuídos
Psicoloxía evolutiva: cambios físicos, emocionais e mentais
na adolescencia.
Normas e límites. Comunicación.
Educación Secundaria Obrigatoria
Amizades e influencia no grupo de iguais
Alcohol – drogas. Ocio – deporte.
Medios de comunicación / uso novas tecnoloxías. Beneficios
/ riscos.
Autoestima . Desórdenes alimenticios.
Educación afectivo-sexual.
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 14
A actividade realizada foi a seguinte:
FOMENTO DA IGUALDADE A TRAVÉS DAS TICS
III PROXECTO MULLER EN IGUALDADE : Programa:
Curso básico de informática e igualdade orientado á busca de emprego.
Contido:
1.Alfabetización dixital
Que é un ordenador e como funciona.
Navegar por internet
O e-mail
A busca de información en internet
Técnicas de busca de emprego
Portais de emprego e bolsas de traballo
2.Igualdade de Oportunidades no ámbito do emprego
Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes
Análise do mercado laboral español dende a perspectiva de xénero
O traballo por conta propia das mulleres en España
Mercado laboral e situacións de vulnerabilidade social
Políticas e estratexias para o cambio estrutural
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 15
Polas carencias detectadas e para a mellora do colectivo co que traballamos, levamos a cabo un curso de informática con módulos
propios de igualdade orientado á busca de emprego.
A actividade formativa tivo unha duración de 25 horas, 5 horas cada día en horario de mañá de 9:00h-14:00 no Centro
Sociocultural de Vite.
Data e lugar de realización das actividades: 23, 24, 25, 26, 27 de febreiro en horario de 9:00h-14:00 no Centro Sociocultural de
Vite en Santiago de Compostela.
Fotos acción formativa
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 16
A) XORNADAS DE EMPRENDEMENTO:
AEIGA subvencionados pola Deputación da Coruña levou a cabo dúas actividades formativas cunha parte específica de fomento
do espírito emprendedor, e en concreto, das Empresas de inserción Laboral
PROGRAMA DOS CURSOS FORMATIVOS:
OUTRAS ACTIVIDADES :
Parte I
I.ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL
-A idea de empresa, o emprendemento, o plano de empresa
-Formas xurídicas de empresa e trámites.
-Aspectos básicos da fiscalidade na empresa.
-Documentación básica na empresa.
-Estrutura organizativa e xestión de rrhh.
II.MARKETING E COMERCIALIZACIÓN
-Mercado: clientes, competencia e provedores.
-Ferramentas básicas do marketing: produto: prezo, distribución, publicidade e a comercialización.
-Habilidades para o trato ao cliente.
III.ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRO
-Financiamento (tipos).
-Plan económico e viabilidade económico financeira da empresa.
-Subvencións e axudas (características, trámites e tipos)
III.ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRO
Parte II
A EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL
BLOQUE I Concepto de empresa de inserción laboral. Entidades promotoras de empresas de inserción laboral. Procedemento de constitución e cualificación. Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción laboral Elaboración do proxecto de empresa de inserción.
Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de inserción laboral.
BLOQUE II O TRABALLADOR EN INSERCIÓN Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción. Factores de exclusión social. Características da contratación. O contrato en inserción.
Itinerarios e convenios de inserción.
BLOQUE III PROMOCIÓN DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN
Servizo de promoción, divulgación e sensibilización das empresas de Inserción da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia.
BLOQUE IV PRESENTACIÓN DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 17
Ámbolos dous cursos tiveron lugar no edificio Cersia en Santiago de Compostela. O primeiro deles, contou cunha participación
de 18 persoas e levouse a cabo os días 16, 17, 18 e 19 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas.O segundo,
tivo lugar os días 26 e 27 de novembro e 2 e 3 de decembro en horario de 16:00 a 21:00horas.Este último contou cunha asistencia
de 10 persoas.Ademais destacar que neste segundo, contamos coa colaboración do Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia e
co Colexio de Traballo Social de Galicia.
Fotos
formación
Total persoas actividade
28
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 18
B) XORNADA INFORMATIVA EIL ALBORADA
Tamén coa finalidade de informar sobre as Empresas de inserción laboral, AEIGA, trasládase a Vigo para colaborar coa
Asociación Alborada, que tras estar a traballar nun proxecto cos seus usuarios, ponse en contacto con nós para solicitarnos a
colaboración na información, funcionamento e constitución das Empresas de inserción.
Tal actividade a realizamos o 18 de setembro en horario de mañá.
Total asistentes
12
Total asistentes
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 19
C) XORNADAS SOBRE A NOVA LEI DE INCLUSIÓN SOCIAL E AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL
Aeiga tamén levou a cabo unhas Xornadas sobre a Nova Lei de Inclusión social e as Empresas de inserción laboral no mes de
outubro (2 de outubro) no Edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n, Santiago de Compostela), dirixido a proporcionar
información tanto a técnicos, a persoas en situación ou risco de exclusión social e a todas aquelas persoas que tivesen interese sobre a
Lei de inclusión Social, axudas e prestacións sociais e Empresas de inserción laboral.
Total persoas asistentes
56
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 20
D) ASESORAMENTO
O asesoramento efectúase e realízase a través de diversos medios: consultarías presenciais, vía telefónica, no noso
enderezo electrónico (on line) ou incluso a través da nosa páxina web, que tratamos de solventar coa maior brevidade posible.
Neste punto, temos que destacar que o asesoramento dos nosos técnicos non vai dirixido única e exclusivamente ás
empresas xa constituídas senón, que posuímos persoal especializado para o asesoramento daquelas entidades susceptibles de ser
promotoras das empresas de inserción, así como de todo empresario que se achegue a nós con interese en dita materia.
A súa finalidade, é dar o mellor asesoramento ás dúbidas ou consultas que se poidan ter das Empresas de Inserción, xa que
no Estudo de Necesidades Formativas realizado por AEIGA no ano 2011 detectouse unha carencia de coñecemento ou carencia de
formación, incluso por parte do persoal técnico do 24% en materia de intervención con persoas en risco ou exclusión social
(constitución, procedemento para a contratación de persoas en situación de risco ou exclusión social, proporcionándolles
itinerarios de inserción laboral,…,etc).
Abarcamos tamén asesoramento a novos emprendedores interesados no establecemento dunha empresa de inserción
proporcionándolles, en todo momento atención personalizada na nosa oficina de traballo ou por medios informáticos, orientación
no plan de Empresa, axudas que se poden solicitar para a súa constitución, requisitos para poder ser unha empresa de inserción,
etc.
Tamén son beneficiarios deste servizo técnico aquelas persoas que foron declaradas en situación ou risco de exclusión
social ou que cumpran os requisitos para selo e que se acheguen (usuarios) a nós para solicitar , por un lado, información do que é
unha empresa de inserción, do seu funcionamento, e por outro lado, incluso ás veces traballo nas Empresas de inserción Galegas,
acudindo a nós coma ponte para entrar a traballar nas Empresas de inserción.
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 21
AEIGA conta dende varios anos cun Axente de Emprego e cun Axente de colocación, a súa labor é, entre outras o
asesoramento en materia de emprendemento de Empresas de inserción. Todas aquelas persoas que teñan interese en recibir
información-formación, consultas específicas sobre empresas de inserción, e principalmente sobre a súa constitución… acudan á
nosa entidade ou poden realizar todo tipo de consultas a través dos diversos medios de contacto ( vía electrónica, teléfono,..etc).
Asesorase dende as diversas formas xurídicas a adoptar, cuestións de marketing, de contratación de persoal, cuestións
económicas e financieiras… analizando a idea de proxecto que se nos achega e garantindo a través do seu análise a viabilidade
para a súa posta en marcha.
Cabe ademais salientar, que o traballo coas empresas de Inserción non remata aquí, senón que dende AEIGA realizase un
seguimento durante o primeiro ano de constitución axudando en todo o que se poda durante este primeiro ano, a aquelas entidades
promotoras que finalmente decidisen a posta en marcha da Empresa de inserción.
Recolle o asesoramento, o mesmo en relación ás axudas e subvencións ás Empresas de inserción.
E) SEGUIMENTO:
O seguimento ás Empresas de inserción socias de AEIGA levase a cabo a través de visitas a cada unha das empresas de
inserción laboral para levar un maior control e coordinación de cada unha delas.
A persoa que traballa en inserción na Eil ou posible traballadora ten que dispoñer da maior formación posible para
competir por un posto de traballo no mercado laboral que poida considerarse en condicións de igualdade co resto das persoas
desempregadas e, por iso, consideramos de gran relevancia o seguimento, asesoramento e información ,entre outros , aos técnicos
das EIL para unha maior eficacia no seu traballo e mellor consecución do seu fin ( inserción da persoa traballadora en inserción na
EIL no mercado ordinario de traballo, rompendo a consideración que teñen estas persoas de “núcleo duro” do paro).
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 22
Para un maior seguimento e control das EIL de Galicia, por este motivo, consideramos necesaria esta labor, xa que
contamos co persoal mais experto nesta materia.
F) INFORMACIÓN:
AEIGA proporciona información sobre as empresas de inserción empregando todos os medios de difusión, información e
comunicación posibles.
Dispón de unha páxina web coa que tamén se axuda. (www.aeiga.org)A páxina atopase totalmente actualizada e a súa
actualización é diaria.
Ademais AEIGA emprega mais medios de información e difusión, tanto a nivel de reparto de publicidade, utilización de
diversas páxinas web, xornadas formativas para dar a coñecer as empresas de inserción e colaboracións varias para o cumprimento
dos seus fins.
G) PARTICIPACIÓN NA COMISIÓN DE SEGUIMENTO SOBRE A RESERVA DE CONTRATOS A CENTROS
ESPECIAIS DE EMPREGO E A EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL
AEIGA participa na comisión de traballo dende maio de 2011 como representante das Empresas de Inserción Social. Dita
comisión, segundo o artigo 35 punto 7 da Lei 15/2010 do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, debe
estar constituída por un representante da Xunta de Galicia, un representante da patronal maioritaria dos Centros Especiais de
Emprego de Galicia e outro das Empresas de Inserción Social.
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 23
Os Obxectivos son vixiar o cumprimento da cláusula de Reserva de contratos nas diferentes Consellerías e organismos da
Xunta de Galicia. Esta recomendación constitúe un paso moi importante dado pola Administración Autonómica.
Os encontros son de carácter trimestral para valorar a aplicación da reserva dos contratos.
Dentro de este apartado destacamos o traballo de Aeiga de presentación da entidade en diversas Consellerías da Xunta de
Galicia para o recordatorio da obriga do cumprimento da reserva de contratos que establece a lei.
A modo de exemplo comentamos as seguintes reunións:
Xuntanza co Subdirector Xeral de fomento da contratación e do traballo autónomo (3/2/2015), D. Jorge Barros para
comentar ,entre outros temas,o Decreto Galego de Empresas de inserción de Galicia, a Orde de subvención,a Regulación
por Minimis e o Estudo de Oportunidades de negocio.
Xuntanza de traballo con Susana Santos, Responsable da Obra Social La caixa en Galicia (10/04/2015).
Xuntanza co Subdirector Xeral de fomento da contratación e do traballo autónomo (8/07/2015), D. Jorge Barros para
comentar ,entre outros temas,o Decreto Galego de Empresas de inserción de Galicia, a Orde de subvención,a Regulación
por Minimis e o Estudo de Oportunidades de negocio.
Xuntanza co Vicesecretario Xeral de Medioambiente Jose Antonio Domínguez Varela (19/03/2015.
Xuntanza con Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP e xustiza- Natalia Lobato da Secretaría Xeral
técnica de Presidencia (19/03/2015).
Xuntanza coa Xefa de Servizo e de xestión de servizos comúns da Radiotelevisión de Galicia-Cruz Andrade
(19/03/2015).
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 24
Xuntanza con Jose Manuel Romero-Vivenda e solo (26/03/2015).
Xuntanza coa Secretaría Xeral de Medios-Jose Antonio Cotelo (26/03/2015)
Xuntanza Augas de Galicia-Gonzálo Mosqueira (26/03/2015)
Xuntanza Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP e xustiza- Natalia Lobato e Manuel Pérez
(19/04/2015).
Xuntanza Consellería de Facenda, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio- Paco Dopazo Batalla (19/04/2015).
Xuntanza coa Secretaría Xeral de Emigración- Beatriz Seoane e José Carlos García (16/04/2015).
Xuntanza coa Consellería de Economía e Industria- Zeltia Lado (16/04/2015).
Xuntanza coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza- Verónica Tellado (07/05/2015).
Xuntanza coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- María Jesús López López e Patricia
Brión (01/06/2015).
H) O ESTUDO DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO PARA CREAR EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL:
O traballo mais significativo con carácter reciente de AEIGA, foi a elaboración da Guía De Oportunidades de Negocio para
crear Empresas de Inserción Laboral que foi realizado polo noso Axente de Emprego tras un largo estudo de 6 meses.
A raiz das diversas actuacións levadas a cabo pola nosa entidade (xornadas de clausulas socias e reserva de contratos,
xuntanzas coas diversas Consellerías, …etc) o Axente de emprego se dispón á realización dun estudo de mercado, que mistura as
características propias das Empresas de inserción e dos seus traballadores, as necesidades e a obriga do cumprimento na reserva
de contratación pola Administración Autonómicae as Oportunidades de negocio na Comunidade Autónoma Galega. Tendo en
conta os asesoramentos levados a cabo e as consultas sobre Empresas de inserción Laboral que recibe a nosa entidade, decidiuse
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 25
incluir na Guía todas as cuestións relevantes e necesarias a ter en conta para a constitución
dunha Empresa de Inserción Laboral, construíndo deste xeito unha ferramenta completa para
facilitar a constitución de empresas de inserción.
Esta Guía de Oportunidades de Negocio para crear Empresas de Inserción Laboral;
ten por obxecto ser unha ferramenta útil, coñecida e utilizada para a dinamización
empresarial autonómica das actuais e futuras Empresas de Inserción.
O material elaborado pretende ser un recurso técnico para ofrecer a posibilidade de
valorar, tanto ás entidades emprendedoras coma aos técnicos de asesoramento, as actividades
empresariais que son significativas no ámbito económico de Galicia, dende o punto de vista
da competitividade de mercado das empresas de inserción.
Ofertamos 21 fichas orientativas sobre as posibles actividades económicas a
desenvolver para o establecemento dunha Empresa de inserción en Galicia, sexa no ámbito
urbano ou rural.O Estudo recolle en 110 páxinas unha auténtica Guía de creación de
Empresas de Inserción Laboral.
Na actualidade a guía, a pesar da súa elaboración, non está publicada.
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 26
FINANCIACIÓN:
OBXETO
IMPORTE
COTAS SOCIOS
FINANCIAMENTO PROPIO
Actividades e
mantemento
1.200 €
AXUDAS E SUBVENCIÓNS/OUTROS
INGRESOS
CONSELLERÍA DE TRABALLO E
BENESTAR
Programas de cooperación
2015/2016
Persoal técnico
(Axente de Emprego)
26.730 €
Programas de cooperación
2015/2016
Persoal técnico
(Desempregado)
17.415 €
Programas a entidades de iniciativa
social para a promoción de actividades
de servizos sociais comunitarios e
inclusión social
Orde 2 de xuño de 2015
Programa Insire
12.015 €
Programa In-Fórmate
2.812,50 €
Proxecto Galego de
Empresas de Inserción
437,74 €
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 27
OBXETO
IMPORTE
AXUDAS E SUBVENCIÓNS/OUTROS
INGRESOS
CONSELLERÍA DE
TRABALLO E BENESTAR
Asociacións de Empresas de
inserción
Orde 7 xullo de 2015
Gastos de funcionamento
12.500 €
CONCELLO DE SANTIAGO
Bases e convocatoria de
subvencións para o fomento de
actividades a prol da igualdade
de oportunidades entre
mulleres e homes e prevención e
loita contra a violencia de
xénero 2015
Programa formativo
1.100 €
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Programas de promoción
económica 2014/2015
Programas de apoio e
asesoramento
1.394,54 €
TOTAL FINANCIAMENTO
75.604.78 €
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) 28
AGRADECEMENTOS E COLABORACIÓNS:
top related