maría mariño

Post on 24-May-2015

1.242 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Traballo de Iago Moscoso, 4º ESO B, curso 2006-2007

TRANSCRIPT

María Mariño

A súa vida

A súa vida:

María Mariño Carou Naceu en Noia no ano 1907. Filla de Xosé María Mariño e Filomena Carou, era a cuarta de cinco irmáns. A súa infancia e xuventude están marcadas polas dificultades económicas da familia, uns anos de escola e logo traballa como costureira polas casas. Trasladase a Escarabote onde traballa como cociñeira nun pazo coa súa tía,e alí ten acceso á biblioteca, o que influirá nas súas obras.

A súa vida:

Casa en Boiro co mestre Roberto Posse Carballido e despois dun breve período de tempo no País Vasco regresan a Galicia.Trala morte do seu único fillo ao mes e medio de nacer, instálanse, por motivos de traballo, prrimeiro en Romeor do Courel e logo en Parada, a onde se trasladan por consello médico a causa da depresión nerviosa que sofre a escritora. Neste lugar pasará María Mariño o resto da súa vida, fai algunha viaxe a Noia e Monforte e as vacacións nos últimos anos na cidade da Coruña.

A súa obra:

A súa obra:

A mediados dos anos cincuenta, María Mariño comezou a escribir poemas, primeiro en castelán e logo en galego. Uxío Novoneyra promoveu a publicación de Palabras no tempo editouse no ano 1963 na colección "Tesos cumes" da editorial Celta. 37 anos despois, en 1990, e 33 logo do falecemento de María Mariño, os poetas Uxío Novoneyra e Avilés de Taramancos promoveron unha edición dos últimos poemas dela. O volume, titulado Verba que comeza, foi publicado polo concello de Noia e rematado pola poeta en marzo de 1967, dous meses antes de morrer.

Os seus libros desaparecidos:

Os seus libros desaparecidos:

María Mariño escribiu dous libros en castelán que desapareceron, un deles foi atopado e publicado en 2007.

Os seus títulos son: Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra.

Esta obra está desaparecida e coñécese só pola mención feita por Novoneyra.

Más allá del tiempo (1965), Editorial Alvarellos. Desaparecido durante máis de cuarenta anos, foi atopado e publicado en 2007

Bibliografía:

Bibliografía:

Para facer este traballo informeime en: www.culturagalega.org www.wikipedia.org www.realacademiagalega.org www.google.es

María Mariño.

Iago Moscoso Suárez

top related