lic e monumento natural as catedrais

Post on 14-Apr-2017

114 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISAs Catedrais

Espazo que abrangue a costa desde a punta do Penedo do Corvo, ao leste, ata punta Corbeira (no inicio da praia de Lóngara), ao oeste, e un tramo do curso baixo do Regueiro da Barranca que desemboca na praia de Arealonga. En 2011 propúxose unha ampliación incluíndo unha faixa de espazo mariño (está pendente de aprobación)É unha área costeira na que alternan cantís, cabos, illotes e praias (Arealonga, Reinante, As Catedrais, O Esteiro, Marbadas, Cabalar e Os Castros).O maior interese do espazo reside nos cantís traballados polo mar nos xistos e areiscas da rasa de Ribadeo. A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares.

SITUACIÓN: Faixa costeira exposta no nordés da provincia de Lugo. Localidades de referencia: San Cosme (Barreiros), Rinlo e Ribadeo.SUPERFICIE: 297 ha CONCELLOS: Barreiros, RibadeoVALORES NATURAIS: cantís, praias, flora e fauna asociadas.

PROTECCIÓN

LIC: 29 de decembro de 2004ZEC: 31 de marzo de 2014-A praia das Catedrais (29 ha) foi declarada MONUMENTO NATURAL en novembro de 2003.-Forma parte da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” nos límites do concello de Ribadeo-A área correspóndese parcialmente coa IBA 007 Ría do Eo-Praia de Barayo-Ría de Foz, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).

XEOLOXÍAO LITORAL, A RASAA costa deste espazo forma parte da rasa Cantábrica, unha ampla superficie que se estende desde o cabo Peñas (Asturias) ata o cabo Burela (Lugo), cunha anchura que vai dos máis de 5 km (na área asturiana) a menos de 100 m.A rasa é unha superficie elevada (planalto) sobre o nivel d o mar, moi chan, cunha pendente suave cara ao mar que se corta bruscamente terra adentro, na liña na que se cree que antigamente estaban os cantís. Na beira costeira remata en zonas de cantís que caen case rectos e zonas de praias. Asimesmo está interrompido polos vales dalgúns ríos.

Vista da Rasa de Ribadeo desde o Mondigo

A orixe desta rasa ou planalto foi moi estudada por diversos especialistas que barallan distintas hipóteses sobre as causas que puideron actuar máis ou menos combinadas: proceso tectónico de fallas e levantamento da costa no final da Oroxenia Hercínica, movementos epiroxénicos Alpinos, e elevación e descenso do nivel do mar con maior ou menor acción erosiva.

Nas rochas dos cantís pódense ver gran cantidade de pregamentos e fallas que o traballo do mar deixa ao descuberto. Enseada do Loureiro

Rocha estratificada e fracturada

Punta Penedo do Corvo (límite leste do espazo)

Enseada da Olga da Arnela

Enseada de Loureiro

Cavanarda

Caínzos-Cavanarda

Porto de Rinlo, unha pequena poboación pesqueira asentada nun abrigo natural da costa, que tradicionalmente se dedicou ao marisco.

Antiga cetárea de Rinlo, a primeira de Galiza.

Antiga cetárea en Punta Corveira

Enseada Cabalar

Praia dos Castros

Praia dos Castros, ao fondo Punta Corveira e Pena do Corvo

Entre as praias dos Castros e das Illas, ou Seborollo, atópase un grupo de illotes de tamaños variados chamados “Os Castros”, que, segundo a tradición local, estaban unidos entre sí e sobre eles había un castro.

Cantís nas Illas dos Castros

Praia das Illas ou de Seborollo.

Cantís na enseada do Cadramón

Praia de Esteiro

AS CATEDRAISCon este nome coñécese unha zona de cantís e praias que só teñen acceso na seca. Está situada na parroquia da Devesa (Ribadeo).Tradicionalmente a esta praia chamóuselle praia de Augas Santas. Está declarada Monumento Natural.Recentemente, debido ao gran número de visistantes, estableceuse un sistema de visitas con solicitude previa.

A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares: arcos, furnas, illotes, columnas...A praia mide 1.500 m de lonxitude, aínda que coa marea alta queda moi reducida e separada en tramos, e unha largura desde 100 m na marea baixa ata case quedar cuberta a area na chea.

Arcos a xeito de contraforte de catedral que dan nome a este singular monumento xeolóxico da costa norte de Lugo.Para poder acceder á parte baixa é preciso atopar un día cunha boa seca.

Furna.

Lousas verdes

Praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante, e Punta do Castro. Mide 950 m de lonxitude e 20 m de largor medio.

Praia da Pasada, en San Miguel de Reinante e punta do Castro.

Pregamento na praia de Lóngara (Barreiros). Esta praia é un interesante museo xeolóxico onde podemos atopar furnas, arcos e pregues.

Cantís de Lóngara (Barreiros).

Arco entre a praia de Lóngara e a punta Corveira, no linde oeste do espazo protexido.

CLIMAOceánico

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Vexetación perenne de coídos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)-Depresións intradunales húmidas-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Furnas mariñas

FLORANas rochas costeiras aséntanse gran variedade de algas, verdes pardas e vermellas.Nos cantís podemos atopar prixel do mar, herba de namorar (Armeria pubigera e A. Maritima), anxélica, paxariños, fentos ... e nas partes chans que coroan os cantís que non están cultivadas mato de toxo e breixo.

Algas nos cantís

Pirixel do mar no cantil

Inula crithmoides

Coandro (Adiantum capillus-veneris), un fento que só se atopa preto da costa do norte de Lugo.

Parede do cantil con percebes, mexillóns, arneiróns e lapas.

FAUNANas rochas atópanse percebes, mexillóns, arneiróns, lapas, ourizos, estrelas de mar... na area miñocas e bivalvos enterrados e nos refuxios peixes de rocha, polbos, cangrexos...

Percebes (Pollycipes cornucopia). Son crustáceos de vida sedentaria aos que lles gostan as augas limpas e batidas.

Lapas (Patella vulgaris)

Polbo

Nos cantís e nas praias podemos atopar aves mariñas e na chaira costeira paxaros do mato, lagartos, bolboretas, escaravellos...

Píllaras riscadas (Arenaria interpres)

Curroxo ou rabirrubio (Phoenicurus ochruros)

Exemplar xuvenil de lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEAnfibiosChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiRéptilesLacerta monticolaLacerta schreiberiMamíferosLutra lutraMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

ACTIVIDADESPesca e marisqueo, lecer, turismo...

PROBLEMASPresión turística, especies invasoras.

As Catedrais nun sábado de verán. Actualmente o acceso está limitado e hai que solicitar un permiso.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daportaagosto 2016

top related