la ville de paris
Post on 08-Apr-2016
227 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
París é a capital de Francia, unha cidade que concentra o 10% da poboación
francesa, uns 6 millóns de habitantes na súa metrópole. Está dividida en 20
distritos (arrondissements), dispostos en forma de caracol.
A cidade de París
A torre Eiffel (tour Eiffel) foi proxectada por Gustave Eiffel para a exposición universal
de 1890. Mide máis de 300 metros.
Os campos Elíseos (Les champs Elysées) e a avenida máis coñecida de París e
onde se celebran todos os actos públicos de importancia.
A praza da Concordia (place de la Concorde) está presidida por un obelisco exipcio
traído por Napoleón e o seu exército.
O Arco de Triunfo (Arc de Triomphe) conmemora as victorias de Napoleón. Mide 80
metros de altura. Está situado nunha praza chamada “place de l’Étoile”.
Place de l’Étoile
O Arco da Defensa (Arche de la Défense) sitúase no centro do barrio de negocios
chamado “La Défense”.
A catedral de Notre-Dame está situada na zona máis antiga de París, chamada Île
de la Cité. É unha obra mestra da arte gótica.
París naceu nunha illa no medio do río Sena (Seine), que hoxe está unida ó resto da
cidade por seis pontes.
O museo do Louvre (musée du Louvre) é o antigo palacio real, convertido nun dos
museos máis grandes do mundo.
A praza da Bastilla (place de la Bastille): Neste lugar empezou a revolución
francesa, pois aquí estaba situada a prisión de París, que foi tomado como acto
inicial da revolución.
O Sagrado Corazón (Le Sacré-Coeur) está situado no barrio de Montmartre. Desde
alí pódese ver toda a cidade.
O centro Pompidou (Centre Pompidou) é un espacio moderno que reúne os distintos
aspectos da cultura e da tecnoloxía.
O castelo de Versalles (Château de Versailles) está a 25 km de París. Empezou
como casa de campo dos reis ata que Louis XIV instalou a súa residencia habitual.
top related