informe económico 2004 antena de gondomar - camarapvv.com · non ten mar e os usos do solo...
Post on 13-Aug-2019
218 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 1
INFORME SOCIOECONÓMICO DO VAL MIÑOR
ANTENA DE GONDOMAR
Programa Antenas
“SERVIZOS DE PROXIMIDADE PARA AS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS”
Nigrán, porto de Panxón
Vista aérea de Baiona
Pazos en Gondomar
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 3
ÍNDICE
ANÁLISE DO MEDIO ................................................................................... 1
1. Demarcación territorial .......................................................................... 1
1.1. Gondomar ...................................................................................... 7
1.2. Nigrán ............................................................................................ 8
1.3. Baiona............................................................................................ 9
2. Socioeconomía ..................................................................................... 10
2.1. Análise demográfica..................................................................... 10
2.1.1. Densidade e crecemento vexetativo................................... 10
2.1.2. Expectativas e previsións................................................... 12
2.1.3. Estrutura da poboación...................................................... 13
2.2. Análise económica ....................................................................... 15
2.2.1. PIB e Renda per cápita ...................................................... 15
2.2.2. Nivel económico ................................................................ 16
2.2.3. Outros indicadores............................................................. 17
2.2.4. Principais infraestruturas .................................................. 18
2.2.5. Actividade e paro............................................................... 19
2.2.6. Ocupación.......................................................................... 20
3. Contexto da área.................................................................................. 23
DESCRICIÓN ECONÓMICA ........................................................................ 25
4. Situación empresarial .......................................................................... 25
4.1. Empresas no Val Miñor................................................................. 25
4.2. Perfil das empresas e condición xurídica...................................... 26
4.3. Actividade emprendedora ............................................................ 30
4.4. Tradición exportadora .................................................................. 31
4.5. Asociacionismo empresarial ......................................................... 32
5. Turismo................................................................................................ 33
5.1. Relevancia do sector .................................................................... 33
5.2. Datos económicos do sector ......................................................... 33
5.3. Problemática do emprego ............................................................ 35
5.4. Procedencia dos turistas .............................................................. 36
6. Análise DAFO ....................................................................................... 38
PROXECTOS 2005..................................................................................... 39
7. Integración na área metropolitana de Vigo .......................................... 39
8. Polígono empresarial de Porto do Molle ............................................... 39
9. Relación do Plano xeral dos concellos .................................................. 41
10. Conclusións do responsable da Antena............................................... 41
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 5
ANÁLISE DO MEDIO
1. Demarcación territorial
O Val Miñor é a área xeográfica que atinxe á actividade da antena, constituída por tres concellos: Nigrán, Baiona e Gondomar. Limita ao Norte co concello de Vigo, e é parte integrante da súa área metropolitana, ao Sur co Baixo Miño, ao Leste coa Louriña e ao Oeste co Océano Atlántico.
Os principais núcleos son as propias cabeceiras, Nigrán, Gondomar e Baiona, ás que engadimos A Ramallosa, que situada no concello de Nigrán, está practicamente no límite dos tres concellos e é paso obrigado na comunicación dos mesmos, así coma unha puxante zona comercial e residencial.
Fig. 1. Mapa do Val Miñor e bocana da ría de Vigo
Fonte: Guía Michelín 2005
No referente aos aproveitamentos do solo no Val Miñor caben destacar as asocia-cións de coníferas e eucaliptos, coníferas, eucaliptos e terreos de labor intensivo (ver fig.1)
Do mesmo xeito, existe unha cantidade importante de terreo improdutivo e é des-tacable a superficie ocupada polo mato, que é a de maior extensión no conxunto da bisbarra.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
6
Fig.2 Mapa do aproveitamento do solo no Val Miñor
Gráfico.1. Aproveitamento do solo
nº
010203040506070
Conífe
ras e
euc
alipt
os
Conífe
ras
Eucali
pto
Impr
oduc
tivo
Labo
r int
ensiv
aM
ato
Outra
s fro
ndos
as
Pasto
s
Pasto
s-m
ato
Prado
s natu
rais
Fonte: Elaboración propia
Os prados naturais, pastos e pastos-matos teñen unha extensión residual no con-xunto do Val Miñor.
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 7
1.1. GONDOMAR
É o concello máis extenso dos que conforman o Val Miñor, cunha superficie total de 74,5 km2 e moi próximo a Vigo, cidade coa que ten fortes relacións, xa que moita poboación que traballa nela reside nos concellos dos arredores coma Gondomar e desprázase diariamente, factor que inflúe decisi-vamente na importancia dos movementos pendulares entre o Val Miñor e Vigo. A poboación total no ano 2004 foi de 11.987 habitantes, moi semellante a Baiona, pero a grande distancia de Nigrán.
Non ten mar e os usos do solo predominantes son os destina-dos a labores intensivos, localizados fundamentalmente no val fértil, regado polos ríos Miñor, Groba e Zamáns.
Ademais destes aproveitamentos agrícolas, o concello posúe ampla superficie in-dustrial na parroquia de Vincios, na que se instalan empresas que aproveitan a pro-ximidade a Vigo para acceder ás boas comunicacións coa cidade. A autoestrada do Val Miñor constitúe un eixo importante de transporte para estas empresas localiza-das en Gondomar.
Gondomar resulta un dos concellos mellor localizados para exercer de cinto de ex-pansión da cidade de Vigo e esta situación estratéxica xa se está notando no auxe construtivo, dada a proximidade á cidade e ós servizos ofrecidos.
Cadro 1. Parroquias de Gondomar
PARROQUIASGONDOMAR
ENTIDADESEXTENSIÓN
(Km2)
Borreiros 20 5
Couso 14 8,7
Chaín 11 5,6
Donas 19 7,5
Gondomar 18 2,5
Mañufe 24 11,8
Morgadáns 21 13,1
Peitieiros 8 4,3
Vilaza 14 3,1
Vincios 15 11,8
TOTAL 164 73,4
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
8
O concello posúe destacados vestixios arqueolóxicos que o converten no gran xa-cemento paleolítico provincial grazas á estación de "Chan de Cereixo" en Donas. As terras de Gondomar gozan de espléndidos señoríos e amosan grande cantidade de pazos e casas señoriais: o pazo do Conde de Gondomar, os pazos de Pampillón, Arines ou Vilarés.
O concello de Gondomar é o que conta cun maior número de parroquias (10), e o número de entidades supera á dos concellos de Nigrán e Baiona, resultado da súa maior extensión.
1.2. NIGRÁN
Concello situado no Val Miñor, limítrofe co de Vigo e con moi boas comunicacións coa cidade, o que supuxo que se converte-se nunha área de asentamento de moitos habitantes proceden-tes de Vigo, non só para fixar segundas residencias, senón ta-mén para establecer alí a primeira. A recente construción da autoestrada do Val Miñor é un feito decisivo no desenvolvemen-to deste concello, xa que ofrece unhas comunicacións máis rá-pidas con Vigo e co resto do territorio limítrofe, ademais da conexión directa coa autovía da meseta e coa autoestrada do Atlántico.
As condicións ambientais deste concello son extraordinarias para o asentamento humano, pois goza dun clima suave e benigno durante case todo o ano, favorecido pola súa situación costeira e pola topografía baixa do val no que se localiza. O bordo marítimo de extensas praias recollidas converteu este con-cello nun enclave turístico importante na época estival e situou esta actividade co-mo a principal. Nigrán ten unha extensión de 34,8 Km2 e no ano 2004 contaba cu-nha poboación de 16.806 habitantes, sendo o terceiro concello da Mancomunidade de Vigo por volume de poboación. Hai que destacar que duplicou a súa poboación entre 1960 e 1998. A maior parte dos asentamentos emprázanse no val e na costa, converténdose algúns núcleos nun continuo de poboamento que dá lugar a densi-dades moi elevadas.
Nunha perspectiva económica é salientable que Nigrán incremente a súa taxa de actividade como consecuencia do aumento do número de activos e do de ocupados, feito que está en relación co cambio de residencia de individuos que traballan en Vigo e que fixan o seu domicilio no concello de Nigrán.
Existen por todo o concello numerosos exemplos de patrimonio histórico-artístico entre os que hai que destacar o Templo Votivo do Mar de Panxón, realizado polo arquitecto galego Antonio Palacios en 1937, a ponte romana da Ramallosa ou os pazos de Urzaiz, A Touza, Pías e Cea.
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 9
Cadro 2. Parroquias de Nigrán
PARROQUIASNIGRÁN
ENTIDADESEXTENSIÓN
(Km2)
Camos 16 6,8
Chandebrito 4 5
Nigrán 15 5
Panxón 15 3,7
Parada 9 4,3
Priegue 15 3,1
Ramallosa 21 5
TOTAL 95 32,9
1.3. BAIONA
Concello de marcado carácter marítimo, o seu territorio pre-senta escasa altitude media, destacando os maiores acci-dentes do terreo na serra da Groba. Está inmerso na co-marca do Val Miñor e, coma o resto dos concellos dela, bas-cula ó redor da área de Vigo en canto ás súas relacións eco-nómicas, comerciais ou administrativas.
Os efectivos demográficos deste concello incrementáronse nos últimos anos a un ritmo suave pero suficiente para poder dicir que estamos diante dun concello dinámico e de poboación relativamente nova. No ano 2004 contaba cunha poboación de 11.153 habitantes para unha área de 34,5 km2.
A poboación ocupada dedícase fundamentalmente ó sector servizos, concretamente traballando nas ramas de hostalería e actividades vencelladas ó turismo de sol e praia, factor que transforma a dinámica económica do lugar na época estival. As actividades turísticas contan en Baiona cun contorno paisaxístico moi favorable para a práctica de deportes náuticos e o goce do tempo de ocio. O sector presenta unha infraestrutura forte para seguir crecendo nese ámbito, que vai desde a oferta hos-taleira no Parador Conde de Gondomar ata os apartamentos ou cámpings próximos á costa, pasando polo porto deportivo de grande calibre e proxección internacional.
As infraestruturas melloraron notablemente nos últimos anos coa construción da autoestrada do Val Miñor, que enlaza coa autovía das Rías Baixas e aproxima a po-boación deste concello a Vigo e ós enlaces con Pontevedra e Ourense.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
10
Baiona posúe un patrimonio histórico-artístico digno de mención no que hai que des-tacar o castelo Monte Real, hoxe Parador Nacional de Turismo, a Colexiata ou o con-xunto do núcleo antigo da vila, declarado conxunto histórico-artístico no ano 1993.
Cadro 3. Parroquias de Baiona
PARROQUIASBAIONA
ENTIDADESEXTENSIÓN
(Km2)
Baíña 8 6,2
Baiona (núcleo urbano) 1 0,6
Baiona 4 1,2
Baredo 12 7,5
Belesar 4 10,6
Ramallosa 17 5
TOTAL 46 31,1
2. SOCIOECONOMÍA
2.1. Análise demográfica
2.1.1 Densidade e crecemento vexetativo
O concello que rexistra maior densidade é Nigrán, seguido por Baiona e Gondomar, coa media moi superior á galega, que é de 95 hab./Km2, e á de Pontevedra, de 198 hab./km2. Isto explícase en base á súa localización próxima á cidade de Vigo, ó seu carácter costeiro e ás características do seu contorno natural, polo que estes conce-llos se están a converter nun emprazamento ideal para os grupos sociais emerxen-tes que buscan establecerse en lugares con máis calidade de vida que a que pro-porciona a cidade, onde o amoreamento e a especulación urbana redundan no mo-do de vida da súa poboación e no éxodo cara as periferias da cidade.
Cadro 4. Densidade de poboación
POBOACIÓNSUPERFICIE
(Km2)DENSIDADE(hab./km2)
BAIONA 11.153 34,5 323
GONDOMAR 11.987 74,5 160
NIGRÁN 16.806 34,8 483
GALICIA 2.736.436 29575 92,5
PONTEVEDRA 919.000 4494 204
Fonte IGE 2004
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 11
No cadro superior constatamos que a densidade poboacional do Val Miñor é moi elevada, destacando o concello de Nigrán, cunha media máis de dúas veces supe-rior á media provincial e multiplicando por máis de catro a media de Galicia. No caso de Gondomar, aínda cunha densidade elevada, esta é inferior á media provin-cial. Como causas desta diferenza atopamos que é o máis rural dos tres concellos, non ten mar e conta cunha superficie igual á dos outros concellos xuntos, entre outras causas.
No referente ó crecemento vexetativo, o saldo dos tres concellos é positivo, con especial relevancia en Baiona, ó contrario do que acontece coa media galega, que nestes momentos é de carácter negativo.
A natalidade no Val Miñor é do 8,9 %0, semellante á da media galega que se ache-ga ó 8%0, mentres que a taxa de mortalidade está preto do 7,24%0, moito menor cá galega, que acada o 10%0.
Destas cifras podemos concluír que o crecemento natural positivo da poboación do Val Miñor non se debe tanto ás taxas de natalidade, coma ós baixos índices de mor-talidade, debido á escasa poboación vella que se localiza nestes tres concellos.
No referente á evolución da poboación nos tres concellos que conforman o Val Miñor, esta é moi positiva, destacándose novamente o concello de Nigrán, que entre os anos 1960 e 1998 duplicou a súa poboación. A evolución de Gondomar e de Baiona, aínda que moi positiva, está moi lonxe do crecemento experimen-tado por Nigrán (ver cadro 2).
Cadro 5. Evolución da poboación
ANOS BAIONA GONDOMAR NIGRÁN
1960 6.585 8.133 8.085
1970 7.887 8.679 9.048
1981 9.702 10.009 12.336
1986 10.066 10.161 13.985
1991 9.690 10.440 14.008
1996 10.499 11.147 15.197
1998 10.443 11.190 15.422
2004 11.153 11.987 16.806
2004-1960 4.568 3.854 8.721
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do IGE-Mancomunidade de Vigo 2004
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
12
2.1.2. Expectativas
No referente ás expectativas de crecemento poboacional, agárdase que se mante-ñan nos tres concellos, debido, en grande parte, á proximidade con Vigo, á mellora das comunicacións, pola tendencia (ver histograma 1) e á grande proporción de poboación nova, así coma polo esforzo dos concellos en incrementar o número de residentes e á aprobación dos respectivos planos xerais.
Histograma 1. Evolución da poboación 1960-2004
EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN
0
5.000
10.000
15.000
20.000
1 2 3 4 5 6 7 8
PERÍODOS ANUAIS
HA
BIT
AN
TE
S
BAIONA
GONDOMAR
NIGRÁN
Fonte: elaboración propia a partir de datos de IGE 2004
As previsións recollidas nos diferentes planos xerais dos concellos do Val Miñor son moi positivas, agardándose crecementos elevados de poboación. No caso do conce-llo de Nigrán, as expectativas son moi ambiciosas, pois preténdese duplicar a pobo-ación no ano 2020, mentres que nos concellos de Baiona e de Gondomar o obxecti-vo máis inmediato é acadar os 15.000 habitantes censados, para así beneficiárense dun incremento substancial das contribucións económicas e do tratamento das dife-rentes institucións.
Histograma 2. Previsións de poboación
0
5.000
10.000
15.000
20.000
25.000
30.000
35.000
40.000
2004 2020
NIGRÁN
GONDOMAR
BAIONA
Fonte: Elaboración propia. Datos do IGE-La Voz de Galicia 2005
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 13
2.1.3. Estrutura da poboación:
A estrutura de poboación é moi semellante nos tres concellos, co groso poboacional entre 15 e 64 anos e con números semellantes de poboación vella (máis de 65 anos) e nova (0 a 15 anos). A idade media nos tres concellos é inferior ós 40 anos. A poboación estranxeira residente no Val Miñor é moi escasa, representando no concello de Baiona o 3% do total, Nigrán o 2% e Gondomar o 1%.
Gráfico 2. Poboación do concello de Nigrán
0
1.000
2.000
3.000
4.000
5.000
6.000
7.000
0-15 anos 16-64 anos Máis de 65anos
HOMES
MULLERES
Cadro 6. Poboación por sexos en Nigrán
TOTAL HOMES MULLERES
Poboación 16.894 8.340 8.554
0-15 anos 2.469 1.276 1.193
16-64 anos 11.967 6.064 5.903
Máis de 65 anos 2.458 1.000 1.458
Estranxeiros 397 209 188
Idade media 39,1 37,6 40,5
Fonte: IGE 2004
Nigrán é o concello que ten máis poboación vella (maior de 65 anos) en termos absolutos, debido á súa maior poboación total.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
14
Gráfico 3. Estrutura da poboación de Gondomar
0
1.000
2.000
3.000
4.000
5.000
0-15 anos 16-64 anos Máis de 65 anos
HOMES
MULLERES
Fonte: Elaboración a partir de datos do IGE 2004
Cadro 7. Poboación por sexos en Gondomar
TOTAL HOMES MULLERES
Poboación 12.121 5.977 6.144
0-15 anos 1.742 886 856
16-64 anos 8.643 4.375 4.268
Máis de 65 anos .1736 716 1.020
Estranxeiros 146 64 82
Idade media 39,1 38 40,1
Fonte IGE 2004
Gráfico 4. Estrutura da poboación de Baiona.
0500
1.0001.5002.0002.5003.0003.5004.0004.500
0-15 anos 16-64 anos Máis de 65anos
HOMES
MULLERES
Fonte: Elaboración a partir de datos do IGE 2004
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 15
Cadro 8. Poboación por sexos en Baiona
TOTAL HOMES MULLERES
Poboación 11.337 5.597 5.740
0-15 anos 1.666 850 816
16-64 anos 8.065 4.068 3.997
Máis de 65 anos 1.606 679 927
Estranxeiros 348 171 177
Idade media 38,9 37,1 40,2
Fonte IGE 2004
A estrutura de poboación revela que os tres concellos contan cunha media de idade inferior ós 40 anos, destacando Baiona cunha idade media de 38,9 anos.
2.2. ANÁLISE ECONÓMICA
2.2.1. PIB e Renda per cápita
Cadro 9. PIB
VALOR ABSOLUTO
BAIONA 66.954.117
NIGRÁN 106.843.570
GONDOMAR 59.994.826
PONTEVEDRA 5.934.742.200
GALICIA 18.550.080.000
Fonte: Elaboración propia de datos do INE-IGE 1996
Cadro 10. Renda Bruta
BAIONA GONDOMAR NIGRÁN PONTEVEDRA GALICIA
Renda bruta dispoñible 6.377 5.382 7.030 6.485 6.763
Índice de renda dispoñible 94,3 79,5 104 95,9 100
Fonte: IGE 1996
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
16
Aínda que a suma do PIB dos concellos do Val Miñor escasamente representa o 4% do total da provincia de Pontevedra, podemos destacar que, a nivel de renda, o concello de Nigrán supera a media galega e provincial; Baiona está moi próxima á media da provincia e o único concello que está afastado das medias galegas e pro-vinciais é Gondomar.
2.2.2. Nivel económico
Cadro 11. Índice de nivel económico
ÍNDICE
NIGRÁN 5
GONDOMAR 4
BAIONA 4
PONTEVEDRA 4
GALICIA 5
ESPAÑA 6
Fonte Anuario La Caixa 2002
En base ó Anuario Comercial de España de La Caixa, podemos corroborar que uni-camente o concello de Nigrán atinxe a media galega. Gondomar e Baiona acadan o nivel de Pontevedra. Tódolos concellos do Val Miñor contan cun índice inferior á media estatal.
No referente ao Índice de Actividade Económica, mellorou nos tres concellos, desta-cándose o concello de Gondomar cun incremento superior ao 30 % no período 1996-2002. Nos concellos de Nigrán e de Baiona este índice incrementouse leve-mente, en consonancia coa evolución da provincia. É necesario destacar que a evo-lución de Galicia foi negativa no período analizado.
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 17
Cadro 12. Índice de Actividade Económica
ÍNDICE ÍNDICE ANO 1996
BAIONA 13 12
GONDOMAR 16 12
NIGRÁN 19 18
PONTEVEDRA 1.768 1.748
GALICIA 5.630 5.770
Fonte: Anuario Económico La Caixa 2002.
2.2.3. Outros indicadores.
Cadro 13. Número de vehículos
AUTOMÓBILES CAMIÓNS/FUR MOTOS AUTOBUSES TRACTORES OUTROS TOTAL
NIGRÁN 7.643 1.153 668 0 36 236 9.736
GONDOMAR 5.639 1.023 470 0 7 166 7.305
BAIONA 3.872 574 347 69 13 109 4.984
Fonte: Anuario económico La Caixa 2002-IGE
O número de automóbiles por cada 1.000 habitantes oscila entre os 465 de Gon-domar e os 452 de Nigrán, semellantes ás medias galega (458) e nacional (470), e os escasos 341 de Baiona.
Número de teléfonos
Cadro 14. Número de liñas telefónicas fixas e a súa evolución.
TELÉFONOS VAR. 97-02 %
BAIONA 4.048 13,8
GONDOMAR 3.979 24,7
NIGRÁN 6.624 13,1
PONTEVEDRA 332.238 10,9
GALICIA 1.031.004 8,9
Fonte: Cámara Vigo 2005
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
18
No referente ó número de liñas telefónicas fixas, experimentaron nos tres concellos un crecemento superior á media provincial e rexional no período 1997-2002. Nem-bargante, a media por habitante é lixeiramente inferior á provincial e á rexional.
Oficinas bancarias
Cadro 15. Entidades financeiras
BANCOS CAIXAS VAR. ABSOLUTA
CAIXAS + BANCOS (97-02)
BAIONA 5 4 -3
GONDOMAR 3 2 1
NIGRÁN 5 5 2
Fonte: Cámara Vigo 2005
O Val Miñor contaba cun total de 24 oficinas bancarias no ano 2002, o mesmo nú-mero que no ano 1997. Neste período Baiona perdeu tres oficinas, compensadas polo establecemento dunha en Gondomar e de dúas en Nigrán.
2.2.4. Principais infraestruturas
As estradas C-550 e PO-280 son as principais que comunican o Val Miñor con Vigo. As dúas van practicamente paralelas: unha, pegada á liña de costa e a outra, máis cara ó interior. A continuación da C-550 desde Baiona ao Sur comunica esta vila con Santa María de Oia e A Guarda. A estrada PO-340 une Gondomar co Baixo Miño e Tui. Tamén conta coa autoestrada de peaxe AP-57, que comunica os tres conce-llos coa AP-9 e coa A-6. É importante destacar que esta autoestrada non serve de circunvalación para os concellos do Val Miñor.
Os concellos de Baiona e Nigrán (Pq. Panxón) contan con portos pesqueiros. Tamén dispoñen de puntos de atraque para a navegación recreativa; de feito, Baiona conta cun porto deportivo de recoñecido prestixio e o de Nigrán está en trámites de cons-trución.
No relativo ás comunicacións aéreas, o Val Miñor está a 15 km do aeroporto de Pei-nador, en Vigo, e a 140 Km do aeroporto de Sá Carneiro, en Oporto (Portugal).
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 19
2.2.5. Mercado de traballo: actividade e paro
Como resultado da extracción dos datos da actividade no período 1991-2001, ob-sérvase que no período 1991-1996 ésta diminuíu nos concellos de Baiona e Gon-domar, excepto en Nigrán, que presenta un leve incremento de 1,4 puntos. Pola contra, nos cinco anos seguintes constátase un importantísimo incremento da acti-vidade nos tres concellos, que no caso de Baiona supera os 10 puntos. Como causa destacable deste incremento no número de ocupados, subliñamos o cambio de re-sidencia das persoas que traballan en Vigo e fixan o seu domicilio nos concellos do Val Miñor.
Cadro 16. Taxas de actividade
1991 1996 2001
BAIONA 46,4 45,9 57,3
NIGRÁN 47,6 49 56,7
GONDOMAR 47,7 47 56,9
GALICIA - 50,3 50,7
Fonte: IGE – INE
O concello de Baiona é o que ten unha taxa de actividade superior, amosando unha taxa de paro baixa. É destacable a baixa taxa de paro das mulleres comparada coa dos outros concellos ou entidades superiores. Os concellos de Nigrán e de Gondo-mar contan con índices de paro superiores ós de Baiona. Aínda así, e no contexto provincial ou rexional, son relativamente positivos. Como aspecto máis negativo, cabe subliñar o alto paro feminino rexistrado no concello de Gondomar en relación cos outros concellos, case duplicando a taxa de paro feminino de Baiona (ver ca-dros 3, 4 e 5).
No contexto provincial e rexional, os concellos do Val Miñor amosan uns datos de paro e actividade moi positivos, síntoma dunha área dinámica, mellorando os datos do contorno onde están inseridos (ver cadro paro e actividade)
Cadro 17. Taxa de paro e actividade ( 2001)
NIGRÁN GONDOMAR BAIONA PONTEVEDRA GALICIA ESPAÑA
TAXA DE PARO EN % 8,2 10,8 7,3 12,6 11 10,5
TAXA DE ACTIVIDADE 56,7 56,9 57,3 - 45 47,3
FONTE: IGE 2004
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
20
Cadro18. Actividade en Baiona
Actividade Baiona(Censo 2001)
Total Homes Mulleres Período Fonte
Taxade actividade 57,3 70 45,3 2001 INE
Taxa de paro 7,3 5,8 9,6 2001 INE
Cadro 19. Actividade en Gondomar
Actividade Gondomar (Censo 2001)
Total Homes Mulleres Período Fonte
Taxade actividade 56,9 71,5 43 2001 INE
Taxa de paro 10,8 7,4 16,3 2001 INE
Cadro 20. Actividade en Nigrán
Actividade Nigrán (Censo 2001)
Total Homes Mulleres Período Fonte
Taxa de actividade 56,7 71,3 42,9 2001 INE
Taxa de paro 8,2 6,2 11,2 2001 INE
2.2.6. Ocupación
Cadro 21. Taxas de ocupación % por sectores
BAIONA NIGRÁN GONDOMAR VAL MIÑOR
AGRICULTURA 1.3 1.7 2.8 1.9
PESCA 12.8 4.8 2.2 6.6
INDUSTRIA 16.4 22 26 21.4
CONSTRUCIÓN 12.7 14 18.6 15.1
SERVIZOS 56.7 57 50 54.5
Fonte: INE 2001
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 21
Tal como se observa na fig. 3, o sector servizos é o preponderante na economía dos concellos do Val Miñor, aínda que existen algunhas diferenzas entre os distintos concellos. Baiona é o que ten unha maior ocupación no sector primario debido á importancia da súa flota pesqueira. En Gondomar, pola contra, debido a non posuír mar e cunha agricultura de estrutura familiar e minifundista, o peso do sector pri-mario é moi baixo, mentres que os sectores máis dinámicos son a industria e a construción. No referente a Nigrán destaca, a gran distancia dos outros sectores, o turismo.
Gráficos 5. Estrutura da ocupación no Val Miñor
BAIONA
AGRICULTURA
PESCA
INDUSTRIA
CONSTRUCCIÓN
SERVICIOS
Servizos, industria e pesca son os sectores de ocupación principais onde se empregan os baioneses. O sector da construción é outro dos importan-tes xeradores de emprego.
NIGRÁN
AGRICULTURA
PESCA
INDUSTRIA
CONSTRUCCIÓN
SERVICIOS
Servizos, industria e construción son os principais sectores de ocupación dos habitantes de Nigrán. Os sectores da pesca e da agricultura apenas re-presentan o 6,5 % dos ocupados.
GONDOMAR
AGRICULTURA
PESCA
INDUSTRIA
CONSTRUCCIÓN
SERVICIOS
Servizos, industria e construción son os sectores de ocupación predominan-tes no concello de Gondomar. Os sec-tores industria e construción, aínda cun número de ocupados inferior ó de servizos, son especialmente fortes neste concello. Pesca e agricultura teñen unhas taxas de ocupación resi-duais.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
22
Poboación empregada por concello e sectores.
Baiona
Cadro 22. Ocupación sectorial en Baiona
Ocupados por sectores Baiona Total Homes Mulleres Período
Agricultura 63 39 24 2001
Pesca 624 533 91 2001
Industria 799 671 128 2001
Construción 620 579 41 2001
Servizos 2.762 1.125 1.637 2001
Fonte: IGE 2004
Nigrán
Cadro 23. Ocupación sectorial en Nigrán
Ocupados por sectores Nigrán Total Homes Mulleres Período
Agricultura 119 74 45 2001
Pesca 338 273 65 2001
Industria 1.544 1.196 348 2001
Construción 986 889 97 2001
Servizos 4.006 1.923 2.083 2001
Fonte: IGE 2004
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 23
Gondomar
Cadro 24. Ocupación sectorial en Gondomar
Ocupados por sectores Gondomar Total Homes Mulleres Período
Agricultura 145 77 68 2001
Pesca 112 89 23 2001
Industria 1.329 1.082 247 2001
Construción 953 912 41 2001
Servizos 2.566 1.095 1.471 2001
Fonte: IGE 2004
3. CONTEXTO DA ÁREA FRONTE A ÁREAS SUPERIORES
Os concellos do Val Miñor están integrados na Mancomunidade Intermunicipal de Vigo (MAIV). Existe un anteproxecto de lei do Parlamento de Galicia para transfor-mar a MAIV na Área Metropolitana de Vigo, que sería a primeira destas característi-cas existente en Galicia. Agárdase que despois das eleccións ó Parlamento galego no ano 2005 se aprobe definitivamente a Área Metropolitana, dotándoa dos medios necesarios para o seu funcionamento no ano 2006.
Na actualidade, no contexto da MAIV, os concellos que a integran están elaborando o Plano Xeral, que ten unhas previsións para o ano 2020 de conformar unha área con 859.000 habitantes.
Os concellos do Val Miñor están localizados na franxa litoral de Galicia, que se co-rresponde coa máis próspera e poboada da rexión. Tamén forman parte do deno-minado Eixo Atlántico.
Cad
ro 2
2.
Conte
xto s
oci
oec
onóm
ico n
o á
mbito d
a M
AIV
, Po
nte
vedra
(pro
vinci
a) e
Gal
icia
Fonte
: Est
udio
da
MAIV
-2000,
de
Anuar
io C
om
erci
al d
e Esp
aña.
La
Cai
xa 1
999.
24
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 25
DESCRICIÓN ECONÓMICA
4. Situación empresarial
4.1. Empresas no Val Miñor.
Empresas por actividade
Baiona
Cadro 25. Número de empresas en Baiona por actividade
Industria Construción Servizos Período Fonte
Empresaspor actividade 27 87 480 2002 IGE
Fonte: IGE 2004
Gondomar
Cadro 26. Número de empresas en Gondomar por actividade
Industria Construción Servizos Período Fonte
Empresaspor actividade 100 142 498 2002 IGE
Fonte: IGE 2004
Nigrán
Cadro 27. Número de empresas en Nigrán por actividade
Industria Construción Servizos Período Fonte
Empresaspor actividade 72 178 781 2002 IGE
Fonte: IGE 2004
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
26
4.2. Perfil das empresas e do empresariado
As empresas establecidas no Val Miñor son na súa maioría, microempresas sen asa-lariados (1289). A continuación sitúanse as microempresas que teñen entre un e nove asalariados (968). As PEMES (10-249 asalariados) representan o 4,5 % do total, con 108 empresas. É preciso subliñar que non existen grandes empresas (máis de 250 empregados) asentadas no Val Miñor.
Gráfico 6. Empresas localizadas no Val Miñor.
0
200
400
600
800
1.000
1.200
1.400
Mic
roem
pres
ase
nas
alar
iado
s
Mic
roem
pres
a1
a 9
asal
aria
dos
Pem
e (1
0-24
9as
alar
iado
s)
Gra
nem
pres
a (
mái
s de
250
)
Fonte: Elaboración propia datos do IGE 2004
Nunha análise desglosada por concellos detectamos que o que conta cun tecido empresarial de dimensións maiores é Gondomar, pois o conxunto das PEMES de Nigrán e de Baiona é inferior ás que se atopan neste municipio, que representa o 51% das PEMES asentadas no Val Miñor (ver cadros XYZ). É importante destacar que a meirande parte das empresas de maior dimensión do concello de Gondomar están localizadas no polígono da Pasaxe, situado na parroquia de Vincios e a moi pouca distancia do concello de Vigo.
Non existe ningunha grande empresa no Val Miñor (250 ou máis asalariados).
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 27
Baiona
Cadro 28. Número de empresas segundo o número de asalariados en Baiona
Empresas por estrato de asalariados
Microempresa 573
Sen asalariados 331
De 1 a 9 asalariados 242
PEME (de 10 a 249 asalariados) 21
Gran empresa (250 e máis asalariados) 0
Fonte: IGE 2002
Gondomar
Cadro 29. Número de empresas segundo o número de asalariados en Gondomar.
Empresas por estrato de asalariados
Microempresa 685
Sen asalariados 382
De 1 a 9 asalariados 303
PEME (de 10 a 249 asalariados) 55
Gran empresa (250 e máis asalariados) 0
Fonte: IGE 2002
Nigrán
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
28
Cadro 30. Número de empresas segundo o número de asalariados en Nigrán
Empresas por estrato de asalariados
Microempresa 999
Sen asalariados 576
De 1 a 9 asalariados 423
PEME (de 10 a 249 asalariados) 32
Gran empresa (250 e máis asalariados) 0
Fonte: IGE 2002
No referente á condición xurídica das empresas localizadas no Val Miñor, a forma máis común é, por esta orde, Persoas Físicas, e a grande distancia, Sociedades Li-mitadas. O Val Miñor apenas conta cun total de 38 Sociedades Anónimas. No refe-rente ó cooperativismo, este é moi escaso, cun total de cinco cooperativas: dúas en Nigrán, tres en Gondomar e ningunha en Baiona.
Gráfico 7. Empresas por condición xurídica en Baiona
Persoas físicas68%
S.A1%
S.L26%
Cooperativas0%
Outras5%
Persoas físicas
S.A
S.L
Cooperativas
Outras
Fonte: Elaboración propia datos do IGE 2002
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 29
Gráfico 8. Empresas por condición xurídica en Gondomar
Persoas físicas63%
S.A2%
S.L30%
Cooperativas0%
Outras5%
Persoas físicas
S.A
S.L
Cooperativas
Outras
Fonte: Elaboración propia datos do IGE 2002
Gráfico 9. Empresas por condición xurídica en Nigrán
Persoas físicas65%
S.A2%
S.L28%
Cooperativas0%
Outras5%
Persoas físicas
S.A
S.L
Cooperativas
Outras
Fonte: Elaboración propia datos do IGE 2002
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
30
4.3 Actividade emprendedora
Cadro 31. Iniciativas empresariais
2000 2001 2002 2003 TOTAL 00-04
NIGRÁN 42 40 44 40 166
GONDOMAR 20 33 30 41 83
BAIONA 24 20 17 61
TOTAL 62* 97 94 98 310
Fonte: Elaboración propia datos do TLE Nigrán Baiona Gondomar 2005
non dispoñibles
No período 2000-2004, e en base ós datos dispostos polos diferentes técnicos locais de emprego de cada concello do Val Miñor, rexistráronse 310 iniciativas empresa-riais de pequena e mediana dimensión.
O concello máis destacado é Nigrán, con 166 iniciativas no período avaliado. Gon-domar rexistrou 83 iniciativas e Baiona, 61 (excluíndo o ano 2000).
O número de iniciativas que tiveron como resultado a creación dun negocio foi de 135, destacando novamente o concello de Nigrán con 69 empresas creadas, segui-do de Gondomar con 40 e Baiona con 26.
Cadro 32. Empresas creadas 2000-2003
2000 2001 2002 2003
GONDOMAR 10 12 6 12
NIGRÁN 17 16 20 16
BAIONA 6 12 8
TOTAL 27 34 38 36
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 31
Gráfico 10. Empresas creadas no Val Miñor 2000-2003
0
5
10
15
20
25
30
35
40
1 2 3 4
GONDOMAR
NIGRÁN
BAIONA
TOTAL
Fonte: Elaboración propia datos TLE
O maior número de empresas creadas nos concellos do Val Miñor dáse no concello de Nigrán, seguido de Gondomar e de Baiona.
4.4. Tradición exportadora
O Val Miñor conta con varias empresas exportadoras, na súa meirande parte locali-zadas no polígono da Pasaxe, na parroquia de Vincios, no concello de Gondomar. Dentro das exportacións destacan as mercadorías ligadas ao mar (maquinaria, pei-xe, elementos para a industria naval, etc.).
Podemos destacar as seguintes:
Hermanos Sánchez Blanco, S.A. (Gondomar)
Industrias Ferri, S.A. (Gondomar)
T. y M. Ganain, S.L. (Gondomar)
Técnicas de Impresión y Desarrollo (Gondomar)
Tecno Fish, S.L. (Gondomar)
Vegalva, S.A. (Gondomar)
Navaliber (Gondomar)
Foque (Nigrán)
Baitra (Baiona)
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
32
Tamén existen importantes industrias exportadoras, que aínda que non teñen a súa sede na bisbarra, realizan grande parte da súa actividade na mesma, como Bodeal e Gracami.
4.5. Asociacionismo empresarial
As asociacións empresariais de referencia no Val Miñor son: Aceba en Baiona, Aso-ciación de Empresarios do Polígono da Pasaxe en Gondomar, e a Asociación de Em-presarios do Val Miñor en Nigrán. Tamén acaba de ser creada unha nova asociación en Gondomar: Achego.
Cada unha ten peculiaridades adecuadas ó seu ámbito de actuación, aínda que a Asociación de Empresarios do Val Miñor ten un carácter máis amplo, tal como o seu nome indica.
ACEBA: A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ten por obxecto potenciar e dinamizar a vida económica e social da vila. Foi fundada hai sete anos e está integrada por máis de 200 empresas.
Centra a súa actuación no concello de Baiona, con especial énfase no sector tercia-rio, turismo e comercio. Na súa corta andadura, esta asociación centrou as súas enerxías na mellora da calidade da oferta turística de Baiona e na potenciación das súas tradicións.
ACEBA está inmersa na implantación dun importante proxecto destinado ó comer-cio, denominado Centro Comercial Aberto, que pretende dinamizar o comercio e mellorar o atractivo comercial da vila. Cambiou de presidente no mes de xaneiro, sendo substituído o Sr. Luis Corbacho polo actual, o Sr. Ezequiel Simóns.
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO VAL MIÑOR: A Asociación de Empresarios do Val Miñor foi creada no ano 1994 como entidade privada sen ánimo de lucro e co obxectivo de defender dunha forma máis eficaz os intereses do empresariado de Nigrán, Baiona e Gondomar, a través dunha organización forte e solidaria. Na ac-tualidade, esta entidade aglutina preto de 500 empresarios de múltiples sectores. Ten unha forza social de importancia que inflúe na toma de decisións dos poderes públicos da bisbarra, e en xeral, en tódolos ámbitos sociais do contorno. Actual-mente está poñendo as bases para a creación dunha escola de hostalería en Pan-xón. O seu presidente é o Sr. Manuel Alejos.
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DA PASAXE: centra o seu ámbito de actuación no centenar de empresas instaladas no polígono mencionado, que xeran preto de 3.000 empregos. As primeiras empresas asentáronse en A Pa-saxe no ano 1973, e o seu crecemento foi desordenado. Non existe rede de auga
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 33
(utilizan pozos), servizo de extinción de incendios nin saneamento. As redes telefó-nica e eléctrica son precarias. O seu proxecto máis inmediato é conseguir legalizar, humanizar e dotar de servizos ó polígono, localizado en solo cualificado de “urbano non consolidado”, o que dificulta a súa legalización urbanística e implica que, nal-gúns casos, as empresas carezan de licenza de construción e mesmo de actividade. A tal efecto, a Cámara de Vigo organizou no pasado mes de outubro un panel de empresarios específico para as demandas do polígono. O seu presidente é o Sr. Froiz.
ACHEGO: Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar. Esta asociación está en trámites de constitución da man do Sr. Manuel Piñón Cope-na. O seu ámbito é o concello de Gondomar e terá por obxectivo a dinamización do comercio e o apoio ós empresarios.
5. TURISMO
5.1 Relevancia do sector.
O sector turístico é de capital importancia na economía dos tres concellos que inte-gran o Val Miñor. Conta cunha problemática específica debido á estacionalidade do mesmo, que inflúe decisivamente nas empresas e no emprego. Por esta razón me-rece unha análise diferenciada dos demais sectores económicos.
Cadro 31. Índice turístico
ÍNDICE 2002 ÍNDICE ANO 1996
BAIONA 30 29
GONDOMAR 2 2
NIGRÁN 17 16
PONTEVEDRA 1.156 1.152
GALICIA 3.024 3.026
Fonte: Anuario La Caixa 2002
5.2. Establecementos hostaleiros.
Cadro 32. Evolución das actividades de restauración e bares
ACTIVIDADES DE RESTAURACIÓN E BARES Var. 97-02 %
BAIONA 116 19,6
GONDOMAR 58 3,6
NIGRÁN 106 3.9
Fonte: Anuario La Caixa 2002
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
34
No período 1997-2002 constátase un elevado incremento da actividade de restau-ración e bares no concello de Baiona, cun crecemento próximo ao 20%. Gondomar e Nigrán rexistran crecementos moito máis moderados: 3,6% e 3,9% respectiva-mente.
Cadro 33. Establecementos hostaleiros no Val Miñor
36003Baiona
36021Gondomar
36035Nigrán
55.1 Hoteis 12 2 3
55.2 Cámpings e outros tipos de hospeda-xe de curta duración
1 1 3
55.3 Restaurantes 23 16 22
55.4 Establecementos de bebidas 55 56 71
55.5 Comedores colectivos e provisión de comidas preparadas
1 0 2
Fonte: IGE 2004
Cadro 34. Aloxamento
Hoteis Hostais Pensións Cámpings Casas TR
Nº Hab. Nº Hab. Nº Hab. Nº Hab. Nº Hab.
Baiona 12 383 2 18 2 25 1 1.776 1 4
Gondomar 1 27 1 8 0 0 0 0 3 13
Nigrán 3 85 0 0 3 32 1 1.467 1 9
Val Miñor 16 495 3 26 5 57 2 3.243 5 26
Fonte: TURGALICIA 2004
O concello coa maior oferta hostaleira é Baiona, seguido de Nigrán e Gondomar, por esta orde.
Cadro 35. Restaurantes e capacidade
Número de restaurantes no Val Miñor
Nº de restaurantes Prazas 4ª categoría 3ª categoría
Baiona 24 1.383 16 8
Gondomar 7 551 9 0
Nigrán 25 1.453 17 8
Total 56 3.387 42 16
Fonte: Turgalicia. 2004
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 35
5.3. Algúns datos económicos sobre o sector
Cadro 36. Gasto medio dos viaxeiros
Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Gasto total persoa/día 136,93 147,79 121,61 130,68 130,28
Aloxamento 55,54 60,48 51,15 46,05 53,02
Restaurantes e cafeterías 44,51 49,63 29,31 44,72 42,14
Compras alimentos en comercios
0,56 0,54 2,03 0,30 0,40
Compras non alimenticias 10,33 10,86 13,29 7,45 9,80
Desprazamentos 9,99 10,38 6,87 13,05 9,69
Ocio 13,64 14,97 14,10 17,11 11,89
Outros 2,36 0,93 4,87 2,01 3,32
Fonte: IGE. 2004
O gasto medio dos viaxeiros que visitan Galicia é de 136,93 euros persoa e día. A provincia de Pontevedra está relegada ó terceiro lugar con 130 euros persoa/día lonxe dos 147 da provincia de A Coruña.
Cadro 37. Comparativa de estadía media
ESTADÍA MEDIA 2003 Total Españois Estranxeiros
ASTURIAS (Principado de): Costa Verde (Asturias)
2,45 2,47 2,20
BALEARES (Illes): Illa de Mallorca 7,33 5,33 7,66
CANARIAS: Illa de Tenerife (Tenerife) 7,58 4,95 9,05
CANTABRIA: Costa Esmeralda 2,16 2,34 1,45
CATALUÑA: Costa Brava (Gerona) 4,42 3,19 5,08
COMUNIDADE VALENCIANA: Costa Blanca (Alicante)
4,81 3,97 6,00
GALICIA: Rías Altas (A Coruña) 1,90 1,88 2,00
GALICIA: Rías Baixas (Pontevedra) 2,38 2,44 2,06
Fonte : INE 2004
Nunha comparativa con diferentes rexións turísticas de España, observamos que a estadía media en Galicia (costa) é a inferior de tódalas rexións comparadas. No ámbito galego, a estadía é lixeiramente superior nas Rías Baixas fronte ás Rías Al-tas, mais inferior á Costa Verde, que por clima e proximidade é unha rexión compa-rable á galega.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
36
Evolución das altas da Seguridade Social.Decembro 02-xuño 04
1500
2000
2500
3000
3500
4000
4500
dec
02
xan
03
feb-
03
mar
-03
abr-
03
mai
03
xuñ
03
xul 0
3
ago-
03
set 0
3
out 0
3
nov-
03
dec
03
xan
04
feb-
04
mar
-04
abr-
04
mai
04
xuñ
04
Fonte: TGSS
BAIONA
GONDOMAR
NIGRAN
5.4. Problemática do emprego no sector hostaleiro
A actividade hostaleira ten un influxo moi importante no mercado de traballo do Val Miñor, tal e como o demostra a seguinte gráfica, onde se representan as altas na Seguridade Social no último ano e medio. Nela podemos observar como a evolución dos datos presenta un marcada estacionalidade nos meses de xullo e agosto debido á importante demanda de emprego que presenta o sector nos meses de maior afluencia turística á comarca.
O sector hostaleiro moveu, na provincia de Pontevedra, un volume de 22.638 con-tratos no ano 2003, o que supuxo o 8,06% da contratación total da provincia, e que o situou a tan só 10.000 contratos do sector da construción, que foi o que maior volume de contratación tivo o ano pasado.
Histograma 4. Evolución das contratacións nos concellos do Val Miñor
Neste histograma constatamos que a contratación deste sector móvese por pará-metros estacionais, tendo os seus picos de actividade nos meses de verán. É por esta razón que os contratos máis utilizados polas empresas son os eventuais por circunstancias da produción, o que inflúe negativamente na estabilidade do empre-go, na rotación e na capacitación dos empregados. Así durante o ano 2003, rexis-trouse nas oficinas do INEM do Val Miñor un volume de 2.564 contratos destas ca-racterísticas, que representou o 45,67% do volume total de contratos rexistrados, o que demostra a importancia que ten o sector no emprego da zona, e que o sitúa por riba da construción e da industria, que son os outros dous grandes sectores, segundo o volume de emprego, da bisbarra.
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 37
Procedencia dos turistas
As praias de Baiona e Nigrán son as preferentes do noroeste peninsular. Máis da metade dos visitantes proceden da comunidade galega, norte de Portugal e Madrid. Da capital do estado achéganse o 21% do total dos viaxeiros, tantos coma do resto de Galicia. A continuación destacamos Castela-León co 16%, Andalucía 10,5% e Asturias co 9%. A Rioxa, Navarra, Extremadura, Aragón e Murcia, escasamente representan o 2% dos visitantes.
O turismo estranxeiro conta co 15% do total, e aínda que destacable, está moi lon-xe de acadar as cifras das principais zonas turísticas españolas, con rexistros do 70% na costa mediterránea.
Durante o ano 2004 visitaron o litoral sur de Galicia 1.270.153 persoas, preto de 100.000 visitantes máis que o País Vasco e tres veces máis que as provincias do noroeste peninsular. A oferta das Rías Baixas foi de 20.344 prazas hoteleiras, cu-nha ocupación media do 43,5%, que acadou nas fins de semana o 49%. No contex-to do terzo norte peninsular, as porcentaxes son altas, mais por debaixo do 54% de ocupación media española, que chega nas fins de semana a un 59%.
Gráfico 11. Procedencia dos visitantes das Rías Baixas
0
5
10
15
20
25
MADRID
GALICIA
ESTRANXEIROS
ASTURIAS
OUTRAS
Fonte: Elaboración propia datos do IGE 2004-Faro de Vigo supl. Val Miñor 23-04-2004
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
38
6. Análise DAFO
Puntos fortes
-Clima, condicións e situación moi favorables para o sector turístico.
-Proximidade á cidade máis grande de Galicia que facilita o turismo e a utili-zación como cidade dormitorio.
-Proximidade a Portugal e apenas a 150 km da cidade de Oporto.
-Índice alto de poboación nova.
-Moi ben comunicado por autoestrada e a poucos kilómetros de portos e aeroportos.
-Baiona xunto con Sanxenxo, son os polos turísticos costeiros máis impor-tantes e coñecidos en Galicia.
Puntos débiles
-Sector turístico pouco explotado e sen cohesión.
-Ausencia de circunvalación que difi-culta o tránsito nas épocas estivais.
-Altísima estacionalidade do sector turístico que xera épocas “mortas” durante grande número de meses ó ano.
-Escasa promoción turística.
-Descoordinación dos concellos que forman o Val Miñor. Ausencia de si-nerxías. Localismos.
Podemos afirmar que o contexto do Val Miñor é moi positivo. As condicións climáti-cas e paisaxísticas que apuntalan o seu potencial turístico, así como a localización, á beira da cidade máis grande de Galicia, e a proximidade con Portugal deben ser factores determinantes para o seu desenvolvemento. Sería desexable unha maior cohesión dos concellos que conforman o Val Miñor, para que esas sinerxías resul-tantes contribúan á mellora do conxunto da bisbarra.
Oportunidades
− Localización da Antena Local da Cámara que permite achegar a prestación de servizos e funcionar como elemento de axuda na bis-barra.
− A construción dun campo de golf en Gondomar será un importante elemento desestacionalizador do turismo.
− Buscar sinerxías entre os tres con-cellos e promoverse conxuntamen-te. Ex. Bus Turístico
− Incrementar e diversificar a oferta turística da bisbarra especifica-mente para a época de inverno.
Ameazas
− Descontrol urbanístico.
− Ausencia dun plano turístico co-mún na bisbarra, que permita competir con outras zonas que si contan con el.
− Localismo que prexudica o desen-volvemento da bisbarra.
− A estacionalidade do turismo non permite manter a oferta hostaleira durante todo o ano.
− A estacionalidade xera escasa cua-lificación da man de obra.
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 39
A aprobación dos diferentes Planos Xerais de Ordenación Municipal dos concellos do Miñor é unha oportunidade para mellorar a situación urbanística e para o crecemen-to da poboación asentada nos concellos.
PROXECTOS 2005
7. Integración da bisbarra na área metropolitana de Vigo
En base ó censo de 2004, a poboación da cidade de Vigo era de 292.059 habitantes e a poboación da Área Metropolitana de Vigo estimábase ó redor dos 420.672 habi-tantes, ocupando o posto 14 no ránking das áreas urbanas do estado español. As previsións de poboación recollidas nos diferentes planos xerais para o ano 2020 son conformar unha área con 859.000 habitantes.
A Área Metropolitana de Vigo estará formada por 14 concellos e terá, entre outras competencias, abastecemento de auga, saneamento, recollida de lixo, turismo, transporte e ordenación urbanística.
Estará integrada polos concellos de Vigo, Redondela, O Porriño, Cangas, Moaña, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.
Actualmente, a área metropolitana non existe como tal ata que sexa aprobada no Parlamento galego e conte cunha dotación de fondos específica para ser desenvol-vida. Agárdase que despois das eleccións galegas deste ano, e xa con vistas ó 2006, se aprobe e dote ó novo ente de recursos financeiros para poder desenvolver as súas funcións.
8. Polígono de Porto do Molle en Nigrán
Cadro 38. Porto do Molle en cifras
COMEZO DAS OBRAS FIN 2005
SUPERFICIE 1.017.000 m2
EMPRESAS ESTIMADAS 200
EMPREGOS XERADOS 5.000
PROMOVE ZONA FRANCA DE VIGO
Fonte: Vigometropolitano.com 2005
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
40
As obras de construción do parque empresarial de Porto do Molle terán o seu inicio a finais do ano 2005, data na que se comezarán a comercializar as parcelas. O Consorcio da Zona Franca de Vigo posúe o 75% do solo e actualmente colabora co concello de Nigrán para a expropiación dos restantes terreos.
O concello de Nigrán e a Zona Franca de Vigo deseñaron un parque empresarial no que tiveran cabida un amplo abano de usos, desde o empresarial ó ocio, pasando polo comercial, servizos a empresas, hostaleiros asistenciais e outros. A superficie do polígono é de 1.017.000 m2 de solo perfectamente equipado para a instalación das mencionadas actividades. As primeiras estimacións sinalan que preto de 200 empresas se instalarán neste parque, xerando uns 5.000 postos de traballo.
Segundo o alcalde de Nigrán, o Sr. Rodríguez Millares, estase a culminar un proce-so fundamental para o desenvolvemento do concello �o�cia ó compromiso de pro-fesionalidade posto de manifesto pola dirección e técnicos da Zona Franca.
O plano de Porto do Molle incluirá unha ampla avenida paralela ó río Muíños que estruturará o parque en tres grandes áreas. A primeira, localizada no extremo oes-te á beira do entroncamento coa autoestrada, será destinada a unha grande área comercial. A continuación estará a zona empresarial que ocupará preto do 20% da superficie do ámbito. Fronte a ela, separada pola avenida e limítrofe coa ampla �ona verde do río, unha área de servizos múltiples que dará cabida a edificacións illadas de baixa ocupación, destinadas a tecnoloxías da información, ó coñecemento e a servizos xerais de apoio.
A marxe contraria do río contará cunha parcela de máis de 20.000 m2 que o Con-sorcio cederá ó Concello para usos deportivos. Á beira desta área deportiva tere-mos unha parcela de 50.000 m2 onde se permitirán desenvolver actividades de lecer, recreativas e semellantes. Finalmente no extremo este, na cota do terreo máis elevada, habilitaranse 200.000 m2 para pequenas empresas, ofimática e acti-vidades hostaleiras e comerciais.
Existe unha extensa e importante aposta ecolóxica de potenciación e protección do río Muíños, que dotará a Nigrán dun parque fluvial con vexetación e árbores autóc-tonas.
Informe económico 2004 Antena de Gondomar
Roberto Gómez Lorenzo 41
9. Redacción do plano xeral dos concellos
Cadro 21. Situación dos planos xerais dos concellos do Val Miñor
-Nigrán: Afronta a recta final do seu plano xeral e someterase á aprobación inicial no mes de marzo cunhas bases pensadas para pasar dos actuais 18.000 habitantes censados a 35.000-50.000 habitantes polo 2020.
-Baiona: A adxudicación do plano realizarase durante os próximos meses. Aposta como prioridade na mellora da oferta de servizos para reducir a cantidade de se-gundas vivendas. Ten por obxectivo duplicar a poboación, aínda que o obxectivo máis inmediato é acadar os 15.000 habitantes.
-Gondomar: O PXOU, aprobado no ano 1997 deberá ser corrixido para evitar o caos urbanístico. Esta medida significa a redución da superficie dos núcleos rurais e a dotación económica que permita a execución do plano. A sentencia do Tribunal Su-perior de Xustiza de Galicia en 2002 foi ratificada no mes de abril de 2005.
Os grupos municipais de PP e PSOE apoian a proposta de realizar as mencionadas correccións nun pleno a celebrar no mes de maio de 2005 co obxectivo de evitar a paralización da actividade urbanística do concello.
Fonte: Elaboración propia datos “La Voz de Galicia, data 30/01/2005 sup. Vigo”- “Faro de Vigo, data 18/04/2005-22/04/2005 Comarcas”.
10. Conclusións do responsable da Antena
O Val Miñor está nun proceso de cambio determinante para o futuro polos proxec-tos que se espera que vexan a luz nun prazo de tempo curto. É determinante para o crecemento da bisbarra a execución dos respectivos planos xerais dos concellos, que auguran unhas perspectivas moi positivas nunha zona residencial tan atractiva como esta.
Igualmente, a posta en marcha do polígono empresarial de Porto do Molle será fac-tor determinante que se deixará sentir na economía do Val.
Nunha economía tan terciarizada, deberase optar por un turismo de calidade, non só sol e praia, e contribuír á desestacionalización do turismo. Iniciativas empresa-riais como O Talaso Atlántico e o Parador e o máis que probable porto deportivo en Nigrán e en Baiona deberán ser referentes para lograr a tan ansiada desestacionali-zación do turismo.
Paneis empresariais
Desde a apertura da Antena Local en Gondomar desenvolvéronse tres paneis em-presariais. As actas dos mesmos serviron para tomar nota de necesidades e caren-cias existentes na comarca, froito do debate entre os diferentes participantes impli-cados nos temas abordados.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
42
O resultado dos mesmos ten sido moi satisfactorio, pois varias das conclusións xur-didas nestes encontros foron levadas a cabo. Cabe destacar do primeiro panel so-bre a legalización do polígono da Pasaxe, que está en vías de solución. Tamén é destacable a labor de unión xurdida no terceiro panel sobre a desestacionalización do turismo, pois, de feito, xa están á vista os primeiros trípticos informativos para a promoción do Val Miñor no seu conxunto e o Bus turístico que percorrerá diferentes cidades de España e Portugal para promover o turismo.
Podemos afirmar que a realización de paneis empresariais é unha das actividades máis importantes que desenvolve a Antena na súa demarcación, pois é un palco onde, escoitando ós diferentes implicados, se poden extraer conclusións que permi-ten desenvolver un traballo na dirección axeitada ben ao nivel da formación como outras actividades que repercutan na mellora dos sectores tratados.
FONTES BIBLIOGRÁFICAS E DATOS
-Xornal Faro de Vigo; Data 18/04/2005 Comarcas”.
-Xornal La Voz de Galicia; Data 30/01/2005 suplemento Vigo.
-Instituto Galego de Estatística: www.ige-xunta.es. Fichas municipais 2004.
-Instituto Nacional de Estadística: www.ine.es
-Turgalicia: www.xunta.es. Datos estatísticos de turismo
-Anuario La Caixa 1999. www.anuarieco1999.lacaixa.comunicacions.com
-Anuario La Caixa 2002. www.anuarieco2002.lacaixa.comunicacions.com
-BBVA
-Xornal dixital: www.vigometropolitano.com
-ORAL
-INEM Baiona
-Cámara de Comercio Industria y Navegación de Vigo: www.camaravigo.com
-“Estudio socioeconómico da área de Vigo”. Edita: Mancomunidade da Área Inter-municipal de Vigo. Imp. Tórculo. Dep. Legal. VG-44-2001.
top related