informaciÓn acadÉmica e profesional 4º eso curso … · informaciÓn acadÉmica e profesional...
Post on 31-Jul-2020
7 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1
INFORMACIÓN ACADÉMICA E
PROFESIONAL
4º ESO
CURSO 2019 - 2020
DEPARTAMENTO DE
ORIENTACIÓN
2
ESQUEMA
1.- CRITERIOS DE TITULACIÓN LOMCE
2.- OPCIÓNS DESPOIS DE 4º ESO
3.- O BACHARELATO
4.- ESTUDOS UNIVERSITARIOS
5.- ABAU (SELECTIVIDADE)
6.- OS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
6.1.- GRAO MEDIO
6.1.1.- Probas de acceso a ciclos de Grao Medio
6.2.- GRAO SUPERIOR
6.1.2.- Probas de acceso a ciclos de Grao superior
7.- AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
Ensinanzas deportivas
Ensinanzas de idiomas
Ensinanzas de música
Estudios de danza
Estudios de arte dramática
Ciclos de artes plásticas e deseño
Conservación e restauración de bens culturais
8.- EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS
9.- OPOSICIÓNS A CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO
3
1.- Criterios de titulación en LOMCE
CRITERIOS DE TITULACIÓN E REPETICIÓN
Para obter o título de Graduado en ESO:
RESOLUCIÓN de 29 de mayo de 2019, de la Dirección General de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo, en el curso
académico 2019/20, del currículo establecido en el Decreto 86/2015, de 25 de junio, de la educación
secundaria obligatoria y del bachillerato en los centros docentes de la Comunidad Autónoma de
Galicia.
ENLACE https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190611/AnuncioG0534-040619-0003_es.html
Artigo (Duodécimo). Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria
“1. El alumnado que al terminar la ESO tenga evaluación positiva en todas las materias y haya
logrado los objetivos de la etapa y adquiridas las competencias correspondientes obtendrá el
título de graduado en ESO.
2. Asimismo, obtendrá el título aquel alumnado que, una vez realizadas las pruebas extraordinarias,
finalice la etapa con evaluación negativa en un máximo de dos materias, siempre que no sean
simultáneamente Lengua Gallega y Literatura y Matemáticas, o Lengua Castellana y
Literatura y Matemáticas y que el equipo docente considere que el alumno o alumna ha logrado
los objetivos de la etapa y adquiridas las competencias correspondientes.
3. Las materias con la misma denominación en diferentes cursos se considerarán como materias
distintas.
4. La nota media de la etapa será el promedio de las calificaciones numéricas obtenidas en cada una
de las materias cursadas en la etapa, expresada en una escala de 1 a 10 con dos cifras decimales,
redondeada a la centésima más próxima y, en el caso de equidistancia, a la superior. A estos efectos,
la situación de «no presentado/a» (NP) en la evaluación extraordinaria equivaldrá a la calificación
numérica obtenida para la misma materia en la evaluación ordinaria.
6. Los alumnos y las alumnas que obtengan un título de Formación Profesional Básica podrán
obtener el título de Graduado en ESO, siempre que en la evaluación final del ciclo formativo el
equipo docente considere que han logrado los objetivos de la ESO y adquiridas las competencias
correspondientes.
7. Los títulos de Graduado en ESO permitirán acceder indistintamente a cualquiera de las enseñanzas
postobligatorias recogidas en el artículo 3.4 de la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de acuerdo con
lo establecido en el artículo 2 del Real decreto 562/2017, de 2 de junio.”
ACLARACIÓN: Estos son os criterios habituais para obter o título en ESO pero este curso, de forma excepcional, motivadopolo COVID-19, debemos aínda esperar ao que dispoña a Consellería de Educación da Xunta de Galicia ou o Ministerio deEducación y Formación Profesional.
4
IMPORTANTE: Para obter o título en ESO en xuño hai que aprobar todas as materias co que
estarían acadados os obxectivos xerais de etapa e competencias básicas. O punto 2 do artigo,
refírese as probas extraordinarias de setembro e sempre a criterio do equipo docente.
Se queres cursar un Ciclo de Grao Medio de Formación Profesional, na convocatoria de xuño
esgótanse prácticamente todas as prazas. ESTUDA PARA TER POSIBILIDADES DE FACER O
QUE CHE AGRADA!. “Cuanto más trabajo, más suerte parezco tener (Thomas Jefferson)”. La
suerte y el esfuerzo van de la mano.
Se queres cursar bacharelato, ter o nivel académico axeitado que proporciona a Educación
Secundaria Obrigatoria fará que o aproveites con éxito. ESTUDA PARA TER POSIBILIDADES
DE FACER O QUE CHE AGRADA! “Cuanto más trabajo, más suerte parezco tener (Thomas
Jefferson)”. La suerte y el esfuerzo van de la mano.
CONSELLO ORIENTADOR
ENLACE https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190611/AnuncioG0534-040619-0003_es.html
Decimoquinto. Consejo Orientador
“Al final de cada curso de ESO se le entregará al padre, a la madre o a los/las tutores/as legales de
cada alumno o alumna un consejo orientador que incluirá una propuesta a padres, madres o tutores/as
legales o, en su caso, al alumno o a la alumna del itinerario más adecuado a seguir, así como la
identificación, mediante informe motivado, del grado de logro de los objetivos de la etapa y de
adquisición de las competencias correspondientes que justifica la propuesta. De considerarlo
necesario, el Consejo Orientador podrá incluir una recomendación a los padres, a las madres o a los/las
tutores/as legales y, en su caso, al alumno o a la alumna sobre la incorporación a un programa de
mejora del aprendizaje y del rendimiento, o a un ciclo de formación profesional básica. Este Consejo
Orientador lo elaborará el profesorado tutor, previa información recogida en la sesión de evaluación
final y con el asesoramiento del departamento de orientación. Llevará la firma del profesorado tutor,
de la jefa o del jefe del departamento de orientación y el visto bueno de la dirección del centro docente.
El Consejo Orientador se incluirá en el expediente del alumno o de la alumna.”
IMPORTANTE: O Consello Orientador ten carácter orientativo. É unha recomendación do
Equipo docente, Dirección e Departamento de Orientación, asesora, non obriga.
5
O Sistema Educativo según a LOMCE:
Suspéndese os efectos académicos das reválidas (probas de avaliación final) ata o alcance dun "Pacto Educativo".
A reválida de bacharelato substitúese pola ABAU (Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade)
6
2.- As opcións despois de 4º de ESO:
7
...E despois da ESO que?
PLAN A.- SE TES O TÍTULO DE GRADUADO EN ESO
Tes as seguintes opcións:
• BACHARELATO:
- Ciencias
- Humanidades
- Ciencias Sociais
- Artes
• A FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA (CICLOS DE GRAO
MEDIO)
• AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL:
- Música, Danza
- Artes Plásticas e Deseño (Ciclos de Grao Medio)
- Idiomas
- Ensinanzas deportivas (Adestrador deportivo)
PLAN B.- SE NON TES TÍTULO DE GRADUADO EN ESO:
• Ciclos de Formación Profesional Básica.
• As Ensinanzas de Persoas Adultas (ESA).
• Probas de acceso a grao medio
Enlace oficia lhttp://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio
Con 18 anos, ou, excepcionalmente, se tes contrato de traballo que xustifique non
poder acceder polo sistema ordinario, con 16 anos.
Acceder aos Ciclos Formativos de Grao Medio, mediante proba e con 17 anos
cumpridos no ano en que se celebran as probas. As probas de acceso aos ciclos
formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos
académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos
no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
OUTRAS ALTERNATIVAS:
• A Formación Ocupacional.
• A Formación non regrada.
Regulada polo Ministerio de Traballo.
Para ter información de fontes oficiais consulta ao INEM e aos orientadores/as laboráis dos Concellos.
IMPORTANTE: Nunca te quedes sen Plan, sexan as circunstancias que sexan. Segue
aprendendo porque vas precisalo!
8
3.- O Bacharelato
É a última etapa da Educación Secundaria, non é obrigatoria e a súa duración é de dous cursos, con
carácter xeral. Normalmente entre os 16 e os 18 anos.
QUE FINALIDADES TEN?
- Proporcionar ao alumnado formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e
habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con
responsabilidade e competencia.
- Acceder a estudos Superiores: universitarios e de formación profesional de grao superior.
COMO SE ACCEDE?
• Co título de ESO.
• Co título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño e co título de Técnico Deportivo.
COMO ESTÁ ORGANIZADO?
• Dura 2 cursos académicos.
• Cursas materias troncais xerais, materias troncais de opción, materias específicas e materias
de libre configuración.
• Pódese repetir un máximo de dúas veces na etapa, un curso cada vez, e excepcionalmente,
un curso dúas veces (previo informe favorable do equipo docente).
• Poderás permanecer escolarizado durante catro cursos académicos máximo.
• Repetirán 1° curso os alumnos que teñan avaliación negativa en máis de dúas materias. En
2º deberás matricularte das materias pendentes de 1º. Se ao rematar 2º suspendes algunha/s
materia/s poderás matricularte delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas,
ou podes optar por matricularte de todas as materias de 2º para mellorar as túas cualificacións.
• No Bacharelato hai probas extraordinarias en setembro das materias nas que non se obtivo
cualificación positiva.
• Para acadar o título hai que ter superadas todas as materias.
QUE TIPO DE MATERIAS TERÁS QUE ESTUDAR?
Cadro das materias de bacharelato
NO NOSO CENTRO PODERÁS ESCOLLER ENTRE ESTAS MODALIDADES
DIFERENTES:
➢ Ciencias
➢ Humanidades
➢ Ciencias Sociais
Materias Troncais xerais
Materias Troncais de
opción
Materias Específicas
Materias de Libre
Configuración
9
➢ Artes.
Os períodos lectivos no bacharelato serán de 32 horas semanais.
QUE SON OS ITINERARIOS?
As ensinanzas de Bacharelato permiten cursar estes estudos en función das túas preferencias, como?:
- escollendo unha modalidade entre as previstas
- dúas materias troncais de opción dentro de cada modalidade
- tres materias entre as específicas e de libre configuración con un total de seis horas lectivas.
Debes numeralas por orde de preferencia.
IMPORTANTE: Estas sucesivas eleccións configuran o teu itinerario persoal. É necesario pois,
que teñas unha idea clara do que queres estudar máis adiante para poder deseñar o itinerario
máis acorde coas túas preferencias e necesidades.
A. Se queres cursar estudos universitarios de Enxenería e Arquitectura, materias como
Matemáticas, Física e Química, Debuxo técnico son imprescindibles.
B. Se queres cursar estudos universitarios de Ciencias da Saúde, materias como Biloxía e
Xeoloxía, Física e Química son imprescindibles.
C.- Continuidade entre materias: o alumnado deberá ter en conta á hora de elixir as diferentes
materias a continuidade existente entre aquelas cursadas en 1º e as que no futuro se desexe
cursar en 2º de Bacharelato. Materias como Debuxo Técnico I se non é cursado en 1º se queres
facelo en 2º, haberá proba de nivel (deseñada polo Departamento de Debuxo) antes do comezo
de curso que determime que tes os coñecementos e destrezas precisas para cursalo con
aproveitamento.
IMPORTANTE:
Consulta aquí:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontevila/node/1659
*CONSULTA ANEXO I FORMULARIO DE 1º BACHARELATO
* CONSULTA ANEXO I FORMULARIO DE 2º BACHARELATO
CAMBIO DE MODALIDADE
En determinadas condicións pódese cambiar de modalidade ou de itinerario en 2° curso. Pero terás
que pensalo moi ben e ter en conta que cambiar de modalidade de Bacharelato non é doado, pois
estarías obrigado a cursar as materias troncais específicas de 1° curso, ademais das de 2°.
Tanto na lei anterior (LOE) como na actual (LOMCE) contémplase o cambio de modalidade en
bacharelato baixo unhas determinadas condicións.
Esta decisión é recomendable cando o alumno/a ten claro que continuar pola actual modalidade pode
supoñer un risco por non poder superalo, ou impide o acceso ós estudos superiores que desexaría
cursar de seguir con ese itinerario.
Este cambio ten algunhas desventaxas que se deben considerar, como ter que cursar algunhas materias
a maiores, polo que debe de ser un cambio meditado, onde se deben analizar os "pros" e "contras".
Ademais hai que asegurarse de que o centro pode organizar ese cambio de modalidade.
Pódese cambiar dunha modalidade a outra (Ciencias, Artes, Humanidades_Ciencias Sociais), ou
10
cambiar dun itinerario a outro (só no caso da modalidade de Humanidades_Ciencias Sociais). Pódese
cambiar de modalidade/itinerario ao repetir primeiro, ao promocionar a segundo ou ao repetir
segundo. En caso de facer o cambio ao repetir primeiro o procedimento é moi sinxelo, sólo hai que
configurar a matrícula de 1º de forma libre, como se empezásemos de cero. Pero se o cambio é ao
pasar a 2º ou repetir 2º pois haberá que cursar algunhas materias de primeiro da nova
modalidade/itinerario.
Antes de tomar a decisión recoméndase consultar co Departamento de Orientación do centro.
En Galicia as condicións para o cambio de modalidade están descritas nas seguintes resolucións:
RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico
2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria
obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo22. ENLACE
RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se ditan instruciónspara o desenvolvemento, no curso académico
2018/19, do currículo establecidono Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria
obrigatoria e dobacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 22.
ENLACE.
CANDO E COMO SOLICITAR O CAMBIO
O alumnado poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade en calquera dos dous
cursos de bacharelato. Con carácter xeral, a dita solicitude efectuarase durante os dous primeiros
meses do primeiro curso, e antes do comezo das actividades lectivas do segundo curso.
QUE MATERIAS HAI QUE TER CURSADAS Ó REMATAR 2º DE BACHARELATO
PARA PODER TITULAR
Ao finalizar o segundo curso de bacharelato, o alumnado deberá ter cursadas e superadas:
Todas as materias xerais do bloque de materias troncais de cada un dos cursos da modalidade (ou
itinerario no caso da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais) pola que remata.
Catro materias de opción do bloque de materias troncais das que polo menos tres deben ser da
modalidade pola que remata, das cales dúas serán de segundo curso.
A materia de Educación Física.
A materia de libre configuración de Lingua Galega e Literatura.
Un mínimo de catro materias do bloque de materias específicas das cales dúas serán de primeiro e
dúas de segundo.
CONDICIÓNS PARA FACER O CAMBIO DE MODALIDADE AO PROMOCIONAR A
SEGUNDO
O alumnado que promocione ao segundo curso poderá cambiar de modalidade ou de itinerario, na
modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, de acordo coas seguintes condicións:
a) Deberá cursar, da nova modalidade ou do novo itinerario, as materias xerais do bloque de materias
troncais de segundo e, no seu caso, as de primeiro que non tivera superado.
EXPEDIENTE ACADÉMICO
Dos cambios de modalidade ou de itinerario deixarase constancia mediante dilixencia no historial
académico e no expediente académico.
11
4.- ESTUDOS UNIVERSITARIOS
ABAU
NOTA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE
NOTA FASE OBRIGATORIA DA ABAU (NFO) 40%
Media aritmética das cualificacións dos cinco exercicios redondeada á milésima (3 decimais) ≥4
PUNTOS.
NOTA MEDIA DO BACHARELATO (NMB) 60%
NOTA DE ACCESO (≥ 5) ₌ NMB*0,60 + NFO*0,40
PROBA DE ACCESO SUPERADA (≥ 5)
MÁXIMO 10 PUNTOS
VALIDEZ INDEFINIDA
NOTA DE ADMISIÓN NA UNIVERSIDADE
NOTA DE ACCESO + NOTAS MATERIAS PARTE
VOLUNTARIA
↓ ↓
M1 M2
NOTA DE ADMISIÓN = 0,60*NMB + 0,40*NFO + a M1 + bM2
NMB= Nota media do bacharelato
NFO= Nota fase obrigatoria ABAU
a, b= (0,1 ou 0,2) Parámetros de Ponderación das materias da parte voluntaria e/ou da materia troncal
de modalidade da ABAU
M1, M2= Cualificación das materias superadas na parte voluntaria e/ou da material troncal de
modalidade da ABAU que proporcionen mellor nota de admisión.
FORMULA FINAL: Nota de admisión: 0,6*NMB (Nota Media de Bacharelato) + 0,4*ABAU
(Nota Fase Obrigatoria) + a*M1 + b*M2 (Nota da fase voluntaria)
Coa fórmula final a nota máxima que se pode sacar é de 14 puntos.
IMPORTANTE: A fase voluntaria da ABAU, refírese a materias das que te podes examinar
voluntariamente e proporcionan 2 puntos adicionais a túa nota de acceso á universidade en caso
de graos non que a nota para entrar sexa alta e/ou haxa moita demanda para cursalos pero non
valen todas. Chámanse Notas de Ponderación.
Enlace oficial: https://ciug.gal/PDF/ponderacions.pdf Debes consúltalo para saber cal proporciona
0,1 ou 0,2 puntos a maiores. Tamén indicar que se refiren ao curso 2019-20, poden variar, ainda
que non deberían en 2 cursos. A validez das notas das materias da parte voluntaria é de dous
12
cursos académicos seguintes.
MOI IMPORTANTE: Despois de esta información pensa que debes optar por unha modalidade de
Bacharelato asumible, é dicir, aquel cuxas materias sexan do teu interese presente e futuro e podas
aprobar. O 60% da nota de acceso á universidade é a nota media do bacharelato (entre 1º e 2º bach), polo
tanto valórase moito o traballo diario e a persistencia na tarefa.
5.- ESTUDOS UNIVERSITARIOS
UNIVERSIDADE 2019- 2020
IMPORTANTE
- Para informarte emprega só fontes oficiais. Páxinas autorizadas, información do profesorado,
web do centro. Nunca fontes de orixe descoñecido ou de apariencia oficial. DESCONFÍA!
- Mira con detalle os PLANS DE ESTUDOS dos graos que che interesan, curso por curso. Saber
as materias que vas a estudar na universidade axuda a que tomes decisións adecuadas aos teus
intereseres, fortalezas e expectativas laboráis no futuro.
UNIVERSIDADE DE VIGO
https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/estudos-grao Aparecen todos os graos ofertados pola Universidade de Vigo. Cando elixas un, na opción Plan
docente despleganse opcións de materias e profesorado que imparte cada materia por curso. É moi
importante que vos informedes das materias de cada curso.
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
https://www.usc.gal/gl/estudos/graos
Divide os graos por ÁREAS DE COÑECEMENTO:
ARTES E HUMANIDADES
CIENCIAS
CIENCIAS DA SAÚDE
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS
ENXENERÍA E ARQUITECTURA
Elixe as opcións das que desexas ter información. Aparecerá directamente a web de cada facultade.
Na parte esquerda prema o icono +INFOR e poderás ter toda a información do profesorado que
imparte cada materia, duración, tipo de ensinanza e PLAN DE ESTUDOS POR CURSO.
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
https://estudos.udc.es/ Elixe os graos que che interesan. Na pArte dereita atoparás POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN,
abaixo FOLLETO INFORMATIVO. Prema e terás toda a información sobre as materias que forman
parte dos graos por curso.
13
REVISTA Y AHORA QUÉ
RECOMENDABLE BUSCADOR DE CARREIRAS UNIVERSITARIAS A NIVEL NACIONAL
https://yaq.es/carreras-universitarias
¿Qué quieres estudiar?
¿En qué provincia?
Tipo de formación
Ademais ofrece artículos e contidos relacionados con elexir carreira, grao ou titulación.
COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA
ENLACE IMPRESCINDIBLE, ENGADE A FAVORITOS
É A COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA
17/Mar/2020: Ante a aparición de bulos e documentos falsos polas redes sociais, a CiUG informa
que a única información veraz oficial da CiUG é a que se publica nesta páxina web.
https://ciug.gal/gal
Atoparás esta información de interese:
- Video expliativo da proba de avaliación de bacharelato
- Cambios ABAU
- Notas de corte
- Táboas de ponderación
- LERD de contacto. Teléfonos e e-mail de cada Campus para a recollida e entrega de documentación
e información ao alumnado.
6.- FORMACIÓN PROFESIONAL Familias profesionais consulta Ciclo Medio e Ciclo Superior
Folletos informativos por Familias Profesionais. Cada folleto explica os módulos (é como se chaman
as materias na formación profesional) por curso e duración dos mesmos (2 cursos lectivos)
http://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-fp
COMO SE ORGANIZA A FP
✓ Ciclos de grao medio
✓ Ciclos de grao superior
✓ Formació profesional dual
1.- FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO
As prazas ofrecidas distribúense en tres cotas:
Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a
ciclos.
Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso
2011-2012 ou seguintes.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías
de acceso a ciclos de grao medio.
14
A distribución é:
GRUPO A
ESO ou equivalentes
GRUPO B
FPB e PCPI
GRUPO C
Probas de accceso e outros
Ata o 70%
Ata o 20%
Ata o 10%
Consulta os requisitos de acceso polo réxime ordinario neste enlace
http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-medio
6.1.- PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran
os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural
de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a
cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas
condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade,
a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual
ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os
dous anos seguintes.
Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola
cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na
proba.
MOI IMPORTANTE: AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO
http://www.edu.xunta.gal/fp/probas Non están aprazadas as probas de acceso a grao medio.
6.2.- FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR
As prazas distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente
recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
15
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou
outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada
centro é:
GRUPO A
Bacharelato ou
equivalentes
GRUPO B
Título de técnico
GRUPO C
Probas de acceso e outros
Ata o 70%
Ata o 20%
Ata o 10%
Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta
Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor
prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso.
Grupo A.
1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se
determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas
empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias
vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do
ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado
na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) da modalidade
preferente que se determina no currículo do ciclo (non aplicable para este curso, segundo o disposto
no Real Decreto 562/2017, do 2 de xuño).
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado
na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) sen a modalidade
preferente que se determina no currículo do ciclo.
6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).
Grupo B.
1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo
formativo de grao superior que se solicita.
2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o
ciclo formativo de grao superior que se solicita.
Grupo C.
1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
16
4º. Alumnado con título universitario.
Consulta os requisitos de acceso polo réxime ordinario neste enlace http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-superior
IMPORTANTE: Se despois de ter o título de bacahrelato queres cursar un ciclo de grao superior, tes
que ter en conta que hai materias vinculantes de bacharelato. É dicir, materias preferentes para o
acceso e tamén modalidades de bacharelato. Son modalidades e materias que se entenden
fundamentais para cursar con aproveitamento o ciclo superior.
Consulta aquí:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8214
6.2.1.- PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo
menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos
académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Consulta aquí
http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior
De forma extraordinaria, este curso están aprazadas.
Estrutura da proba
A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
- Parte específica:
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a
cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais
ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade,
a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual
ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os
dous anos seguintes.
6.3.- FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL
Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo. Na convocatoria actual non
hai límite superior de idade.
A formación profesional dual é unha modalidade de formación profesional que se realiza en alternacia
entre o centro educativo e a empresa. Os seus principais obxectivos son: Axudar ao alumnado a
coñecer máis de cerca o sector no que vai traballar.
17
Contacto no centro para informarse: Profesora Ana Gómez.
8.- ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL ENLACES OFICIAIS - PORTAL OFICIAL CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Consulta aquí
http://www.edu.xunta.gal/portal/eea
❖ ENSINANZAS DEPORTIVAS
As Ensinanzas Deportivas están dentro do sistema educativo, e a súa finalidade é a formación de
técnicos, nas diferentes modalidades deportivas. Permite que os/as futuros/as adestradores/as poidan
formarse dentro do sistema educativo beneficiándose dunha formación académica, onde se adquiren
as competencias necesarias propias do perfil profesional do título respectivo: iniciación, condución,
adestramento básico, perfeccionamento técnico, adestramento e dirección de equipos e deportistas de
alto rendemento, facilitando ademais, o acceso profesional de quen as cursen ao sector deportivo.
Consulta aquí http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/normativa_ensinanzas_deportivas_20200406.pdf
REQUISITOS DE ACCESO
✓ Que son as Ensinanzas deportivas?
✓ Características
✓ Como se estruturan: Grao Medio e Grao Superior
✓ Como se accede:
GRAO MEDIO con título ESO+ proba específica ou con proba de acceso para maiores de 17
anos.
GRAO SUPERIOR con título de bacharelato+ proba específica ou con proba de acceso para
maiores de 19 anos.
Con acreditación de deportista de alto nivel ou deportista galego de alto nivel quedas exento da
proba específica.
Consulta aquí
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190607_deportivas.pdf http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/preguntas_mais_frecuentes_100519.pdf
MODALIDADES- OFERTA http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/requisitos_de_acceso_especificos_por_modalidades_de
portivas.pdf
❖ ENSINANZAS DE IDIOMAS
ENLACES OFICIAIS - PORTAL OFICIAL CONSELLERÍA DE
EDUCACIÓN http://www.edu.xunta.gal/portal/eea MODALIDADES- OFERTA http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2018.06.10_modelos_probas_eoi_galicia.pdf
REQUISITOS DE ACCESO AS ESCOLAS OFICIAS DE IDIOMAS http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2020.02.17_normativaeoi.pdf
Non é preciso ter o título da ESO.
Ter 16 anos ou 14 antes do 31 de decembro para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do
cursado na ESO como primeira lingua estranxeira.
“Real Decreto 1041/2017, de 22 de diciembre, por el que se fijan las exigencias mínimas del nivel
18
básico a efectos de certificación, se establece el currículo básico de los niveles Intermedio B1,
Intermedio B2, Avanzado C1, y Avanzado C2, de las Enseñanzas de idiomas de régimen especial
reguladas por la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, y se establecen las equivalencias
entre las Enseñanzas de idiomas de régimen especial reguladas en diversos planes de estudios y las
de este real decreto. La Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación fue modificada por la Ley.
Artículo 2. Acceso a las Enseñanzas de idiomas.
Para acceder a las Enseñanzas de idiomas será requisito imprescindible tener dieciséis años
cumplidos en el año en que se comiencen los estudios. Podrán acceder asimismo los mayores de
catorce años para seguir las enseñanzas de un idioma distinto del cursado en la Educación
Secundaria Obligatoria como primera lengua extranjera.”
❖ ENSINANZAS de MÚSICA
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2535
ORGANIZACIÓN
✓ Ensinanzas elementais (4 anos)
✓ Ensinanzas profesionais (6 anos)
Estos estudos podes compaxinalos con estudos de secundaria. Se superas as ensinanzas profesionais
de música e tamén as materias comúns de bacharelato obtés o título de Bachallerato.
Conducen a estudos superiores de música que equivalen a estudos universitarios.
✓ Ensinanzas superiores de música en conservatorios
Cumprir con un dos seguintes requisitos:
➢ Título de Bachiller.
➢ Superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 años.
➢ Ter 19 anos e superar unha proba de acceso convocada polas Administracións educativas
para acreditar que posees a madurez en relación cos obxectivos do bacharelatol e os
coñecementos e habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento ás
correspondentes ensinanzas.
Requisitos específicos:
Superar a proba específica de acceso referida á especialidade a la que optes (esta prueba está
convocada por las Administraciones educativas y tiene validez para matricularte en el curso
académico en el que haya sido convocada).
OFERTA http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_dos_conservatorios_profesionais_de_musica_0.pdf
❖ ESTUDOS DE DANZA
REQUITO DE ACCESO: TÍTULO DE BACHARELATO+ PROBA ESPECÍFICA.
Se superas as ensinanzas profesionais de danza e tamén as materias comúns de bacharelato obtés o
título de Bacharerato.
Conducen a cursar estudos superiores de danza que equivalen a estudos universitarios.
OFERTA http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1578
Sempre que se supere unha proba específica.
OFERTA: Danza clásica de contemporánea.
19
❖ ESTUDIOS DE ARTE DRAMÁTICA
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190513/AnuncioG0534-030519-0002_gl.pdf
Requisito de acceso: BACHARELATO + PROBA ESPECÍFICA
CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
REQUISITOS DE ACCESO
Consulta aquí
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190523/AnuncioG0534-130519-0005_gl.html
Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.
Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio as persoas
aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente
para efectos académicos e superar unha proba específica.
b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria
obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar
a proba de madureza que se establece no anexo I da presente resolución, ademais da
correspondente proba específica.
Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.
Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior os/as aspirantes
que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos, e superar a
correspondente proba específica.
b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os
efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en
posesión dun título de técnico en Artes Plásticas e Deseño da mesma familia profesional artística ca
aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza que se establece no anexo I da presente
resolución, ademais da correspondente proba específica. Tanto nun coma no outro caso, a idade
mínima establecida deberá facerse dentro do ano natural de realización da proba.
OFERTA EDUCATIVA EN GALICIA
http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/209/all
REQUISITOS DE ACCESO
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_aappd05042019.pdf
De acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 21 de novembro de 2016, para o acceso aos estudos
superiores de Deseño, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de
bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de
acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba
específica a que se refire o artigo 57.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
De conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016, as persoas que
queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos
xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios
para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
A dita proba desenvolverase segundo o establecido no anexo I desta resolución.
Resumo: Bacharelato e proba específica ou proba de acceso para maiores de 18
anosquen non teñan o títilo de bacharelat, cuxos contidos están basados no curriuclo
de esa etapa+proba específica.
20
❖ CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2535
REQUISITOS DE ACCESO
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190513_acceso_conservacion.pdf
De acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 21 de novembro de 2016, para o acceso aos estudos
superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en calquera das súas especialidades,
requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os
efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así
como a superación da correspondente proba específica a que se refire o artigo 56.1 da Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación
6. De conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016, as persoas que
queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos
xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios
para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
A dita proba desenvolverase segundo o establecido no anexo I desta resolución.
Resumo: Bacharelato + proba específica ou proba de acceso para maiores de 18 anos
para quen non teña o título de bacharelato (cuxos contidos están basados no curriuclo
de esa etapa+proba específica.
OFERTA EN GALICIA http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_crbbcc.pdf
8.- EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS
A Educación Secundaria de Adultos (ESA)
En que consiste?
Trátase dunha formación pública e gratuíta dirixida a calquera persoa que teña cumpridos os
18 anos e que abandonaron o sistema educativo sin obter a titulación básica.
Estas ensinanzas organízanse de xeito algo diferente, tanto nas áreas impartidas como no
horario. A titulación acadada é a mesma que nas ensinanzas ordinarias.
As ensinanzas de Educación Secundaria poden ser presenciais ou a distancia.
TODA A INFORMACIÓN SOBRE DESTINATARIOS, ORGANIZACIÓN, DURACIÓN E
OFERTA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.
Consulta aquí
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3468
21
Como se organiza?
Estas ensinanzas son equivalentes ás da ESO.
As materias organízanse en tres ámbitos de coñecemento:
1º Social: inclúe contidos de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia,
Educación para a Cidadanía, e os aspectos perceptivos correspondentes ás
materias de Educación Plástica e Visual e Música.
2º Comunicación: Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, 1ª
Lingua Estranxeira.
3º Científico—tecnolóxico: inclúe contidos de Tecnoloxías, Matemáticas,
Ciencias da Natureza, e os aspectos relacionados coa saúde e co medio
natural de Educación Física.
Que duración teñen?
➢ Modalidade Presencial.
Xeralmente duran 2 cursos académicos:
1º ano impártese o módulo 1 (1º de ESO) e módulo 2 (2º de ESO)
2º ano impártese: módulo 3 (3º de ESO) e módulo 4 (4º de ESO).
IMPORTANTE: se tes aprobado 2º ESO e 3º ESO só terás que cursar un
cuatrimestre e se o aprobas todas as materias terás o título da ESO.
A distancia. Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título
de graduado en educación secundaria.
Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que
teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles
impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.
➢ A modalidade a Distancia
Con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A
comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente. Todas as
persoas adultas maiores de 18 anosExcepcionalmente, poderán cursar estas
ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean
en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime
ordinario.
Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que
teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles
impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.
➢ Probas libres.
Condicións das persoas aspirantes. Poderán participar nestas probas as persoas
que cumpran os seguintes requisitos: 1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día
anterior á data de realización da proba. 2. Non estaren en posesión do título de
graduado en educación secundaria. 3. Non estaren nin teren estado matriculadas
no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de
formación profesional básica.
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200205_eso_18anos.pdf
DURACIÓN
Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos.
As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu
22
ritmo de aprendizaxe precise.
CENTROS EPA E INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA QUE
IMPARTEN ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS
Consulta aquí http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/06/21/rede_centros_14_15.pdf
9.- CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE
DO ESTADO
9.1. GARDACIVIL
Ter 18 + título de ESO + Superar oposición con probas teóricas e físicas + Carné
de conducir B.
Se tes outros títulos superiores aos da ESO, cursos homologados, idiomas oficiais
contan como méritos e suman puntos.
9.2.- POLICÍA NACIONAL e LOCAL
Ter 18 + título de BACHARELATO + Superar oposición con probas teóricas e
físicas + Carnet de conducir A e B.
Se tes outros títulos superiores aos do Bacharelato, cursos homologados, idiomas
oficiais contan como méritos e suman puntos.
9.3.- BOMBEIROS
Ter 18 + título de ESO + Superar oposición con probas teóricas e físicas + carné de
conducir C, D, E e autorización BTP
Se tes outros títulos superiores aos da ESO, cursos homologados, idiomas oficiais
contan como méritos e suman puntos.
SE TES DÚBIDAS OU QUERES PROFUNDIZAR MÁIS
PREGUNTA:
- TITORÍAS
- ORIENTADORA: estrelladf9768@gmail.com
- TAMÉN PODEMOS ESTABLECER VIDEOCONFERENCIAS
top related