imeldo corral e as catro estacións
Post on 20-Jul-2015
1.799 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Visitamos, o xoves 14 de novembro, á exposición do pintor Imeldo Corral na
Fundación Novacaixagalicia de Ferrol.
Como non tivemos tempo de falar da súa vida, informámonos. Algúns dos
nosos avós coñecérono en persoa!
Como xa dixemos, naceu e viviu na nosa cidade (Ferrol, 1889- 1976). Era un
home algo enfermo dende pequeno, delgado, de longas patillas, sombreiro,
unha longa boquilla... que paseaba pola Rúa Real.
IMELDO CORRAL
E AS ESTACIÓNS DO ANO
Comeza a pintar aos 14 anos. Dende esta idade e ata os 18 anos vive en
Madrid. Foi á capital de España pois quería aprender a pintar, xa que non tivo
mestres que o ensinasen, e copiou moitos cadros do Museo do Prado.
Ao regresar a nosa cidade ,comeza a pintar lenzos nos que a paisaxe galega é
sempre a protagonista.
Encantáballe plasmar o mundo do campo e tamén pintar mariñas. Din que se
erguía de madrugada, collía os trebellos e se ía ás praias de Valdoviño e Cobas.
Comezou a expoñer no ano 1912 e continuou facéndoo en todas as cidades
galegas, en Madrid e Sudamérica.
Iniciamos a nosa visita guiada recibindo instrucións de como debiamos
portarnos nun museo. Tamén nos colgaron uns "colares" con follas e outros
motivos.
Fronte ao primeiro cadro que contemplamos, a monitora fíxonos comprobar,
con plastilina un pouco rugosa, como é a textura do óleo.
No cadro "O piñeiro" vimos árbores, casas, un ceo que anuncia tormenta,
toxos...
Os cadros fixéronnolos observar tendo en conta as catro estacións do ano. Pois
neste lenzo as árbores teñen follas, xa que o piñeiro é unha árbore de follas
perennes. Representa ao inverno.
Levantámonos os nenos do colar branco e representamos a natureza nesa
estación do ano.
O outono vímolo a través da arte de Imeldo no seu cadro "Paisaxe con casa".
Fixámonos nas nubes, montañas, árbores... Dramatizamos a estación os nenos
do colar vermello.
Na primavera as árbores teñen follas, hai insectos... "Óleo sen título" Outros
nenos representamos as ramas das árbores que buscan ao Sol.
Debiamos buscar un cadro que reflectise o verán. Encontrámolo! "Praia". O
pintor ferrolano pintou a praia de Valdoviño. O noso compañeiro Andrés foi o
verán.
E para rematar, realizamos unha actividade no taller. Un calendario das catro
estacións. Encantounos a experiencia!
Compañía María, S. Amaro (Ferrol)
Dolores A.
top related