formas poligonais
Post on 12-Mar-2016
283 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Dende hai máis de 500 anos, os navegantes guiáronse nas súas viaxes utilizando a chamada “rosa dos ventos”, unha estrela cuxos extremos sinalan os puntos cardinais. Na historia da arte temos moitos exemplos de uso de formas poligonais similares, que se repiten ó longo do tempo, así como na propia natureza.
Tema 8 Bloque III, Xeometría. Formas Poligonais.
Educación Plástica e Visual - 1º de ESO.
Tema 8 Bloque III, Xeometría. Formas Poligonais.
Educación Plástica e Visual - 1º de ESO.
Na arte islámica as formas xeométricas repítense e entrelázanse. Podes contar os polígonos dos azulexos? Resulta máis fácil ou difícil que contar os da maqueta de Eisenman?
Tema 8 Bloque III, Xeometría. Formas Poligonais.
Educación Plástica e Visual - 1º de ESO.
Os polígonos son figuras planas, pechadas por varios segmentos. Se todos os lados e ángulos dunha figura son iguais, son polígonos regulares. Fíxate nos exemplos que che propoñemos a continuación, e despois de observalos, comproba que clase de polígonos serias capaz de recoñecer nas ilustracións. Poden ser estruturas naturais ou fabricadas polo home. Cal te chama máis a atención e porque.
top related