espazo natural serra da groba e monte de valga

Post on 15-Apr-2017

187 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Serra da Groba e monte de Valga

Un espazo de media montaña que se estende polos cumes e a aba oeste das serras de Groba e os montes da Valga, en terreos dos.

SUPERFICIE: 1.158,2 ha

CONCELLOS: Baiona e Oia

TIPO DE PROTECCIÓN:Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).

SERRA DA GROBAÉ unha cadea de montañas de granito de dúas micas que se estende desde a Ría de Baiona ata A Guarda, paralela á costa, cara á que cae bruscamente. A parte superior está aplanada pola erosión. O cume máis destacado é o alto da Groba (662 m).

Cumes da Groba

Cumes da Groba

Cumes da Groba

A Groba desde A Pedreira (Oia)

A Groba e o alto do Corrubelo desde a costa de Oia.

Vista panorámica desde o Miradoiro do Cortelliño sobre os concellos de Nigrán e Gondomar e a Ría de Vigo.Desde distintos puntos da serra podemos gozar de amplas panorámicas sobre a costa do mar aberto, a ría de Vigo ou o Val do Rosal.

Vista da Ramallosa e Panxón desde o Miradoiro do Cortelliño.

Val desde o alto da Groba cara a Gondomar.

O tramo entre Oia e A Guarda coñécese tamén como MONTES DA VALGA. O cume máis alto é o Castro, con 493 m.

Alto do Castro e A Valga desde Oia.

Cumes da Valga

Vista cara ao norte desde o Torroso.

Vista da costa cara ao sur, co Tegra ao fondo.

Na serra da Groba nacen varios afluentes do Tamuxe (afluente do Miño) e pequenos regos de curto percorrido que caen ao mar salvando fortes pendentes. Aliméntanse coas chuvias e no verán acusan moito a seca.

En case todos estes ríos, de forte desnivel, aparecen rápidos, pozas e fervenzas, que se aproveitan como zonas de lecer, e tiveron un importante aproveitamento tradicional para mover muíños.

Pequena fervenza no curso alto do río Broi ou de Viladesuso.

O río Mougás fórmase con varios regos que nacen na serra da Groba e desemboca preto de Mougás, no concello de Oia.

Pozas de Mougás, no rego das Pías, un afluente do rego de Mougás.

FLORA:A vexetación dominante é o mato de toxos e e breixos e plantacións de piñeiros e eucaliptos. Só se conservan algunhas pequenas manchas de bosque autóctono nos vales máis inacesibles dos ríos. As especies arbóreas autóctonas están representadas por carballos, salgueiros, loureiros, sobreiras, acivros, castiñeiros...Nas zonas húmidas aparecen breixos, herbas das malladas (Nardus stricta), esfagnos e rorelas (Drosera...).

Brañas rodeadas de piñeiros e eucaliptos

Piñeiros de repoboación (Pinus radiata)

Sobreiral de Oia. Atópase na parte alta do val do río de Viladesuso. É unha masa monoespecífica onde se conservan exemplares de bastante tamaño.

Interior do Sobreiral, despois dos incendios de 2006.

Tomelo rastreiro (Thymus caespititius), un endemismo do noroeste peninsular e das Illas dos Açores.

Rorela (Drosera intermedia) unha pequena planta carnívora das brañas.

Breixo (Calluna vulgaris)

Breixo das brañas (Erica ciliaris)

Únicos exemplares de (Dicksonia antarctica) un fento arbóreo, de orixe australiana, que se atopa na beira do rego de Vilar (nas proximidades da área protexida).

FAUNANa Groba podemos atopar raposos, xabaríns, coellos, anfibios (90% das especies existentes en Galiza), réptiles (60% das especies existentes en Galiza), aves (30% das especies existentes en Galiza) e numerosos invertebrados.

Saltón

Saltón verde (Tettigonia viridissima)

Bolboreta (Hipparchia fidia )

Macho e femia de lagarta galega (Podarcis bocagei)

Na parte alta da serra críase gando en libertade, sobre todo cabalos e vacas. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega. Na Groba hai tres curros: o da Valga, o de Torroña (Burgueira) e o de Mougás.

Cabalo galego

Cogomelo (Paneolus...)nunha bosta

Na Groba atópase unha das concentracións de rochas gravadas máis numerosa de Galicia. De Baiona parte a ruta dos petróglifos ata Campos e Outeiro dos Lameiros, pero existen moitas outras laxes como o grande labirinto da pedra escrita da Laxe Cruzada en Torroña (Burgueira), A Cabeciña en Mougás, os de Loureza (Oia), ou a pedra do cazador en Pedornes.

Un dos petroglifos da Pedreira (Oia)

Nas parroquias de Mougás e Burgueira (Oia) podemos atopar restos de foxos de lobos como o de Foxo Pedriño (o maior dos coñecidos en Galiza).

Restos das paredes de Foxo Pedriño

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta (xullo 2012)

top related