espazo natural río grande

Post on 15-Apr-2017

171 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Río Grande

O espazo abrangue o curso do río Grande desde Baio (Zas) ata a súa desembocadura, incluíndo o esteiro, a enseada da Basa e o fondo da Ría de Camariñas entre a punta da Basa e a praia da Barreira.

Punta Sandría

SUPERFICIE: 385,8 ha (148,5 terrestres e 237,3 acuáticas)TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

CONCELLOS: Camariñas, Muxía, Vimianzo e Zas

RÍO GRANDEO río Grande, que tamén se coñece como o Río do Porto, fórmase pola unión do Mira, Sixto e Baio que baixan da serra de Soneira. Drena os concellos de Zas e Vimianzo e, despois de 39 km de percorrido, desemboca na ría de Camariñas. É un río de abundante caudal case todo o ano, con augas altas en xaneiro e febreiro e pequena estiaxe en agosto e setembro. Noutros tempos fixo funcionar numerosos muíños e batáns.

O Río Grande en Baio, un pouco antes de comezar o espazo protexido.Unha ruta permite percorrer as beiras do río Grande entre Baio e a área de lecer de Pedra Vixía.

O CONXUNTO ETNOGRÁFICO DO MOSQUETÍNEstá situado na marxe detreita do río Grande na parroquia de Salto (Vimianzo). Está formado por sete muíños e tres batáns dos que xa hai referencias no Catastro de Ensenada de 1753. O ano 1997 a Deputación da Coruña mercounos e restaurounos e na actualidade pódense visitar como museo etnográfico. Accedese pola estrada de Vimianzo a Baio, desde varios puntos indicados á esquerda.

Interior dos Batáns de MosquetínOs batáns usábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde eran golpeados polos mazos para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.

Vista do conxunto do Mosquetín. Os batáns e os muíños están montados de tal xeito que a segunda ringleira aproveita a auga que fai funcionar a primeira.

Muíños do Mosquetín

O río Grande no refuxio de pescadores de Santa Irena

Ponte sobre o río Grande en Torelo.

O río Grande en Vadalama

O río Grande en Vadalama

O río Grande en Calo, na confluencia co rego de Vimianzo.

O Río Grande en Pasarela

O río Grande na Furaqueira (Vimianzo)

O río Grande na Furaqueira

A ruta dos muíños e un sendeiro circular que comeza e finaliza na Ponte do Porto e de percorre 5 km. Parte do traxecto faise sobre a calzada romana coñecida como Camiño Real. No camiño vense vellos muíños de granito, cotos troiteiros e áreas de lecer. A vexetación de ribeira acompaña todo o percorrido.

O río Grande en Basadín

O río Grande en Basadín, na confluencia co rego de Carantoña

O río Grande na Ponte do Porto

Ponte do Porto, na desembocadura do río Grande.

Esteiro do río Grande, no fondo da Ría de Camariñas

Esteiro do Río Grande en Santiago de Cereixo.

Muíño de marea de Santiago de Cereixo, na desembocadura do rego de Riotorto ou de Carnés, un afluente do Grande.

Praia Area Branca e en fronte Area Grande.

Pria de Area Grande e en fronte Area Branca

Praia de Area Grande, na banda sur do esteiro do río Grande.

Praia Mozogordón, na ría de Camariñas

Praia Mozogordón, na ría de Camariñas

Praia da Barreira, no límite do espazo protexido polo sur

Punta Sandría

Rochas na Punta Sandría

Punta da Barra

Punta da Barra

Enseada da Basa

FLORAAo longo do curso do río consérvanse bosques de galería con amieiras, salgueiros, sabugueiros, sanguiños, carballos... Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, oucas, pe de boi, adelfiña...

Amieira (Alnus glutinosa)

Espiga de auga (Potamogeton natans)

Pé de boi (Oenanthe crocata)

Callytriche intermedia

Senecio nemorensis

Dentabrú ou palla real (Osmunda regalis)

Herba porqueira (Eupatorium cannabinum)

Bocho bravo (Ascophyllum nodosum)

Liques e pirixel do mar

FAUNAA fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, anguía...), reptis (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga... Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos... No esteiro e nas praias abondan os vermes, os moluscos, as aves acuáticas, pequenos peixes...

Lavancos (Anas platirhynchos)

Parella de sapos comúns (Bufo bufo)

Ra patilonga (Rana Iberica)

Bolboreta (Argynnis paphia)

Candil curvado (Onychogonphus uncatus)

As cuchas que aparecen na paia son unha testemuña da fauna do lugar: arolas, ameixas, berberechos, lapas, mexillóns, navallas...

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (Xuño 2012)

top related