espazo natural río baleo

Post on 14-Apr-2017

165 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Río Baleo

Inclúe o curso do río Baleo e as súas cabeceiras Rego do Lombao, san Miguel e Picheiras, así como a Serra da Panda e unha pequena parte na vertente noroeste da serra da Faladoira. O espazo únese no esteiro do Baleo co LIC Ortigueira-Mera.

Concellos:Ortigueira

SUPERFICIE: 849,8 ha (841,8 terrestres e 8 acuáticas)

TIPO DE PROTECCIÓN:Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).

RÍO BALEONace entre os cumes das serras da Faladoira e A Panda e desemboca na ría de Ladrido formando un amplo esteiro que se xunta coa ría de Ortigueira. Os principais afluentes, dentro do espazo protexido, son os regos de San Miguel, Lombao e Picheira.

Val do rego de Lombao nos cumes da Panda

Río Baleo en Os Carboeiros

Esteiro do Baleo

SERRA DA PANDAEsténdese con dirección NNE-SSO, paralela á serra da Faladoira, da que a separan os vales dos ríos San Miguel e Lombao, cabeceiras do Baleo.

A serra da Panda desde A Faladoira

Seixos nos cumes da Panda

Desde os cumes da Panda hai excelentes panorámicas da costa de Cariño e Ortigueira.

SERRA DA FALADOIRAEsténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha polo norte a Depresión das Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura. Os montes máis altos son o Caxado, con 756 m e a Faladoira, con 605 m.Está formada maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas. Na súa vertente oeste fórmase o río Baleo.

Serra da Faladoira (vertente oeste)

FLORA No curso do río consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, fentos, brións... Os cumes dos montes están cubertos de mato e pasteiros con algunha áreas de repoboación de eucaliptos. Nalguns vales consérvanse pequenas carballeiras.

Xensá (Gentiana pneumonanthe)

Breixo das brañas (Erica ciliaris)

Estripo (Crataegus monogyna)

FAUNAÉ a típica dos ríos (anfibios, cabalos do demo, troitas, lontras...) e dos bosques de ribeira (aves insectívoras, lesmas, saramaganta...). Nos montes críase gando en libertade.

Bolboreta (Limenitis...) sobre unha ponla de avelaira.

Bolboreta (Arethusana...)

Pimpín (Fringilla coelebs)

Cabalos na serra da Panda

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (Xuño 2012)

top related