escola espazo de convivencia
Post on 03-Jul-2015
400 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A ESCOLA: “ ESPAZO DE CONVIVENCIA INTERCULTURAL”
Camiñemos xunt@s
FONTE: MANUAL PARA UNHA EDUCACIÓN INTERCULTURAL-UNESCO
OS NOSOS CENTROS: UNHA REALIDADE MULTICULTURAL
Actualmente conviven nas nosas escolas estudantes procedentes de diferentes países e/ou de culturas minoritarias
polo que debemos reflexionar e actuar para acadarmos un saber valorativo sobre os novos retos que temos como
cidadáns nun tempo en un espazo interrelacionado e cada vez máis interdependente.
“VIVIMOS NUN SOLO MUNDO, APRENDEMOS PARA UN SOLO
MUNDO”
UN RETO: “APRENDER A VIVIR XUNTOS”UN OBXECTIVO: “EDUCACIÓN DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS
O noso traballo debe contribuir á consecución dunha cultura de paz e á coexistencia pacífica dos pobos, favorecendo a
reflexión sobre o pluralismo cultural e o diálogo intercultural evitando, deste xeito, situacións de abuso, racismo, xenofobia
e marxinación.
Para saber e exercer:“Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia débense comportar fraternalmente uns cos outros”Art.1: Declaración Universal dos DD.HH.
A ESCOLA É UN ÁMBITO REAL, PRÓXIMO E COTIÁ ONDE COMPARTIR E APRENDER A EXERCER O COIDADO DOS DEREITOS HUMANOS.
QUE É A EDUCACIÓN INTERCULTURAL?
Conceptos claves: INTEGRACIÓN: obtención dun espazo social lexitimado; ter
dereito e posibilidade de preservar o patrimonio cultural; compartir con igualdade de oportunidades o acceso aos bens e servizos da sociedade; adquirir dereitos e obrigas non discriminatorias.
DIÁLOGO INTERCULTURAL: diálogo entre o interior e o exterior; entre os costumes propios e os adquiridos, diálogo entre os deberes e os dereitos.
TRANSCULTURALIDADE: a aprendizaxe e comprensión das manifestacións culturais diversas ou diferentes á nosa é un exercicio de fortalecemento da nosa capacidade de respectar, tamén, aos veciños máis próximos con crenzas e xeitos de vivir distintos aos nosos. O respecto cara aos outros pobos ou persoas implica valores éticos fondamente democráticos.
A EDUCACIÓN INTERCULTURAL É UNHA RESPOSTA AO RETO DE PROPORCIONAR UNHA EDUCACIÓN DE
CALIDADE PARA TODAS E TODOS INSCRITA NA PERSPECTIVA DOS DEREITOS HUMANOS.
O desafío da educación intercultural consiste en establecer e manter un equilibrio entre os seus principios rectores xerais e as esixencias
de contextos culturais específicos.
A CULTURA É O NÚCLEO DA IDENTIDADE INDIVIDUAL E SOCIAL E UN ELEMENTO IMPORTANTE NA
CONCILIACIÓN DAS IDENTIDADES GRUPAIS NUN MARCO DE COHESIÓN SOCIAL.
As nosas escolas tense convertido nos últimos anos en lugares de encontro multicultural e multiétnico.
DEBEMOS FACER FINCAPÉ NO TERMO “CULTURA MINORITARIA” E QUE SE REFIRE Á CULTURA DOS
GRUPOS MARXINADOS E VULNERABELS QUE VIVEN Á SOMBRA DA CULTURA MAIORITARIA.
A EDUCACIÓN INTERCULTURAL PRETENDE LOGRAR UN MODO DE CONVIVENCIA EVOLUTIVO E SOSTIBLE EN SOCIEDADES MULTICULTURAIS, PROPICIANDO A
INSTAURACIÓN DO COÑECEMENTO MUTUO, O RESPECTO E O DIÁLOGO ENTRE OS DIFERENTES
GRUPOS CULTURAIS.
A EDUCACIÓN INTERCULTURAL NON PODE SER UN SIMPLE “APARTADO” DO PROGRAMA SENÓN QUE
DEBE ABARCAR O ENTORNO PEDAGÓXICO COMO UN TODO.
Debe abarcar a vida escolar e a adopción de decisións, a formación e capacitación dos e das docentes, os programas de estudos, as lingoas
de ensinanza, os materiais pedagóxicos e as interaccións entre os estudantes.
COMO TRABALLAR NOS NOSOS CENTROS
Analizar a realidade do noso alumnado e do seu contorno.
Fixar os obxectivos a acadar e que sexan asumidos pola comunidade educativa.
Establecer as estratexias para conseguilos. Consensuar os valores a traballar. Escoller a metodoloxía a utilizar. Impulsar o traballo por “proxectos”. Propoñer un plan de avaliación.
FIXAR OBXECTIVOS:
XERAL: Entablar un diálogo cultural efectivo e permanente que favoreza unha convivencia harmónica e
pacífica”.
ESPECÍFICOS
Agrupados en grandes bloques:
• Promover a sensibilización, a implicación da comunidade educativa nos valores que determinen un profundo interese pola educación intercultural e para a paz.
• Formar cidadáns e cidadás capaces de afrontar a convivencia nun mundo complexo e dinámico e
comprometidos na construcción dunha sociedade máis xusta e equitativa.
• Incorporar a diversidade cultural e o respecto á diferenza como un valor de enriquecemento na comunicación e
interacción entre persoas e grupos.
• Desenvolver modelos organizativos, metodolóxicos e didácticos que favorezan a integración das minorías
étnicas e culturais e do alumnado inmigrante.
ESTRATEXIAS PARA CONSEGUILOS
• Organizar equipos de traballo interdisciplinares e de diferentes idades e niveis educativos.
• Impulsar parcerías con escolas e viaxes de estudio co estranxeiro e outras comunidades
autónomas.
•Estudiar os lugares do patrimonio mundial cunha perspectiva interdisciplinar.
• Desenvolver proxectos de solidariedade con grupos minoritarios.
•Defender unha cultura de paz e democracia.
• Alimentar sentimentos de solidariedade e equidade nos planos nacional e internacional.
• Traballar por unha comunidade educativa, xusta, pacífica e democrática.
• Fomentar a cooperación entre as escolas e as familias.
• Participar nas actividades do barrio como elemento clave da integración escolar.
• Potenciar unha visión positiva do mundo e fomentar a esperanza.
VALORES A DEFENDER
•Cultura de Paz, solidariedade e cooperación internacional.
• Identidade e diversidade cultural.
• Respecto por todos os pobos e culturas.
• Respecto ás diferenzas.
•Diálogo intercultural.
•Dereitos Humanos.
METODOLOXÍA
Orientada á adquisición dunha serie de aptitudes psicosociais adscritas a tres grandes categorías:
•Cognitivas: espíritu crítico, resolución de problemas, adopción de solucións,...
•Afectivas: autoestima, manexo do estrés e das emocións, capacidade de resposta, superación do umbral do fracaso,...
•Sociais: capacidade de negociar e de decir “non”, autoafirmación, cooperación, empatía,...
TRABALLO POR “PROXECTOS” NOS QUE PARTICIPEN:
• Estudantes de todos os niveis educativos.
• Profesoras e profesores
• Equipo directivo.
• Gabinete de Orientación.
• As familias.
•As asociacións veciñais e culturais.
• ONGs e Institucións.
• Medios de comunicación.
PROXECTO: “CAMIÑOS DE IDA E VOLTA”
Para traballar os contidos de inmigración, diálogo intercultural e dereitos humanos.
PROXECTO: CAMPAÑA INTERNACIONAL “TODOS IGUAIS NA DIFERENZA”
Coa finalidade de promover a igualdade na diversidade e
denunciar todas as formas de discriminación.
PROXECTO: “A TRATA TRANSATLÁNTICA DE ESCRAVOS”
Busca sacar do olvido o comercio
triangular de escravos e descubrir
as consecuencias do mesmo en África
e as Américas.
Ao tempo estudar e denunciar as formas
de escravitude modernas.
PLAN DE AVALIACIÓN
Presenta varios niveis:
• Avaliación das actitudes e comportamentos.
• Avaliación do proceso e do traballo.
• Avaliación do traballo cooperativo.
• Avaliación dos materiais.
• Autoavaliación do traballo de coordinación do profesorado e avaliación do mesmo por parte do
alumnado.
Luisa Márquez – Pontevedra 2010
top related