enerxía xeotérmica

Post on 24-May-2015

68 Views

Category:

Education

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

enexía xeotérmica

É a enerxía derivada da calor almacenada no interior da Terra. Xorde de xeito natural en mananciais ou pódese extraer por diferentes métodos.

É unha enerxía limpa e teoricamente inesgotable.

foco de calor

auga infiltradasurxenciatermal

ENERXÍAXEOTÉRMICA

ENERXÍA CALORÍFICA ENERXÍA ELÉCTRICA

USO DIRECTO BalneariosPiscinas

CENTRAIS TÉRMICAS

USO INDIRECTOCalefaccións

Industrias

A enerxía xeotérmica é coñecida e utilizada desde a antigüidade.Plinio o Xoven describe nos seus relatos o uso de augas termais para os baños e como fonte de calor para o acondicionamento de vivendas e locais de recreo.En Galicia hai numerosas fontes de augas termais repartidas por todo o territorio que foron usadas xa polos romanos. Tradicionalmente utilizáronse con fins terpeuticos e moi ocasionalmente como fonte de auga quente.

Campamento romano nos Baños de Bande

Termas romanas de Lugo

Vila romana en Lobios

FONTES TERMAIS

Caldas

Lavadoiro en Cuntis

As Burgas-Ourense

Piscina con auga termal en Riocaldo-Lobios.

A Chabasqueira-Ourense

O Tinteiro - Ourense

Cociñando con enerxía xeotérmica. Illas Açores.

Piscina de Ourense. A enerxía xeotérmica utilízase para quecer a auga das piscinas e para uso sanitario por medio dun intercambiador.

A partir do século XX comeza a usarse a enerxía xeotérmica a grande escala para obter enerxía calorífica para as vivendas, a industria e a agricultura, e enerxía eléctrica.Os primeiros en utilizar a enerxía xeotérmica a nivel industrial foron os italianos en Lardarelo (Toscana) en 1827 para auga quente e en 1904 para producir corrente eléctrica. A enerxía xeotérmica de alta temperatura, para producir enerxía eléctrica utilízase en Italia, Islandia, California, Filipinas, Nova Zelanda, México, Illas Azores...

Central xeotérmica en California

Invernadoiros con calefacción e luz procedente de enerxía xeotérmica. En Islandia instalouse en 1928 a primeira central de bombeo para aproveitar as augas termais en Reijavik para o consumo doméstico (calefacción e auga quente). Actualmente contan con máis de 1300 km de rede de subministro ao que están conectadas a maioría das vivendas da capital.

Unha explotación xeotérmica componse basicamente de dúas perforacións coas súas correspondentes bombas (unha para extraer a auga e outra para devolvela) e un intercambiador de calor.O fluído xeotérmico pasa polo intercambiador e cede unha parte da súa calor ao fluído que se vai a empregar para o seu consumo.

rede de servizo

pozo de captación

intercambiador

pozo de desaugue

Balneario e central xeotérmica. Islandia

CENTRAL XEOTÉRMICA PARA XERAR ENERXÍA ELÉTRICA

CENTRAL XEOTÉRMICA. Os Açores

CENTRAL

POZOS DE CAPTACIÓN

Os Açores

CENTRAL XEOTÉRMICA. Islandia

VANTAXES INCONVENIENTES

-Non contamina-O recurso é gratis

-Impacto visual nalgúns casos-Alto custo das tecnoloxías

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daporta

top related