enerxía eólica (navegación)

Post on 13-Jun-2015

95 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A NAVEGACIÓN A VELA aproveita o empuxe do vento sobre unha superficie ampla, a vela, como motor do desprazamento.

Para navegar a vela é preciso coñecer a dirección do vento e orientar as velas de xeito que se consega o maior avance posible.

Cando o vento da de popa é moi doado de comprender o avance do barco, pero cando unha vela recibe o vento formando outro ángulo orixínase un sistema de forzas de xeito que a resultante fai avanzar o barco.No interior da vela (cara de barlovento ou activa) fréase a velocidade do vento e prodúcese un aumento da presión. No dorso prodúcese unha aceleración das partículas debido a unha diminución da presión o que da lugar a un efecto de succión. A resultante destas forzas descomponse en dúas, unha produce o avance e outra o abatemento de costado, que se contrarresta coa distribución da carga ou coa orza.

ARBORADURA: conxunto de paus e vergas que se utilizan para manter as velas na posición axeitada.

XARCIAS: conxunto de cables, cabos e varetas que suxeitan paus e vergas e permiten izar, arríar e orientar as velas.

VELAS: Superficies de materiais diversos que se expoñen á forza do vento para impulsar a embarcación. Poden ter distintas formas e utilidades.

CASCO

Esquema dun galeón adicado ao transporte de mercadorías polas rías galegas.

foque

botalón

cangrexa

botavara

leme

vergapau

trinquete

APARELLO

ELEMENTOS DUNHA EMBARCACIÓN A VELA

Algúns tipos de velas

As primeiras embarcacións a vela foron construídas polos antigos exipcios, arredor do século XXX a.C.Eran de velas cadradas e non tiñan quilla. Só podían navegar co vento pola popa.

Embarcación exipcia (1422-1411 a. C.)

Máis tarde, fenicios, gregos e romanos fóronnas perfeccionando.As naves eran gobernadas con lemes situados no costado, a popa.

Barco fenicio

Galera romana

Barco grego

A balsa Kon-tiki no museo de Oslo.Balsa movida a vela que o explorador noruego Thor Heyerdahl empregou nunha expedición polo Océano Pacífico desde Sudamérica ata a Polinesia.

Ra I, Réplica de barco exipcio feita con papiros por Thor Heyerdahl

Tigris

Máis adiante mellorouse o deseño e o manexo das velas conseguindo navegar con ángulos de ata 90º respecto á dirección do vento.

Drakkar. Barcos viquingos do século IX. Eran lixeiros, de pouco calado e moi maniobrables. Tiñan unha única vela cadrada, izada nun mastro colocado no centro do barco.

Os chineses empregaban desde o século I o leme central que permitía un mellor goberno das embarcacións. En Europa empregouse a partir do século XI.

A invención da vela triangular, na que a beira dianteira está unida a un mastro arredor do que pode xirar, permitiu a navegación con ángulos de ata 45º en contra do vento. As primeiras aparecen no século III no Océano Índico e logo deron lugar ás velas latinas no Mediterráneo e ás dos xuncos chineses.

Xunco chinés, unha embarcación de vela moi antiga (600 a.C.) que aínda se emprega no sudeste asiático. Non ten quilla.

O barco de varios mastros foi creado tamén polos chineses e chegou a Europa no século XIII.

A finais da Idade Media, coíncidindo coa época das grandes viaxes e descubrimentos, desenvolvéronse grandes navíos de varios mastros con maior rendemento.

Carraca (século XV), embarcación pesada coa proa e a popa acasteladas e rematadas en punta.

Carracas portuguesas

Nao (século XV)Barcos mercantes de casco redondo e mastros con vela cadrada

Réplica da nao Santa María en Funchal

Carabela (século XV) . Navío alto e longo, lixeiro, rápido e de doada manobra. Podía ter velas cadradas ou latinas. Contaba con tres mastros sobre unha única cuberta.

Carabela latina (século XV)

Carabela Veracruz, no Texo.

Galera (século XVI)Ten a súa orixe nas antigas naves bizantinas. Tiña remos e velas. Podían levar un, dous ou tres paus.

Batalla de Haarlemmermeerof de Hendrick Cornelisz Vroom. (1573)

Galeón (século XVI) Combina a estructura da carraca e coa velocidade da carabela. Eran barcos de guerra poderosos que tamén se empregaban para o comercio.

Galeón inglés do século XVI

Navío (século XVIII). Foi un buque de guerra de tres paus con aparello de velas cadradas e varias cubertas con artillería.

O HMS Victory, botado en 1765 (foto de 1884)

Goleta (século XIX). Ten dous ou máis mastros e o aparello formado por velas aúricas (cangrexas e escandalosas) e de coitelo (foques e velas de estai).

Goleta Etoile da Armada Francesa.

Goleta Thomas W. Lawson. A embarcación a vela, sen máquina de propulsión, máis grande da historia. Tiña o casco de aceiro e sete mastros de igual altura (58 m). Botada en 1902.

Corbeta (século XIX). Buque de guerra lixeiro de dous paus cunha única cuberta de combate .

Corbeta francesa FS Dupleix (1856–1887).

Fragata (século XIX). Ten a súa orixe en buques de guerra do século XVII, de tres mastros con velas cadradas, moi maniobrables.

Na actualidade algúns veleiros son empregados como buques-escola.

Fragata da Armada Holandesa

Cutty Sark

No comezo do século XIX os grandes clippers eran os reis dos mares. Eran esbeltos e lixeiros para acadar grandes velocidades.

Veleiro empregado para viaxes turísticas e de investigación (O Grove)

Coa aparición dos barcos de vapor e, máis tarde, dos motores de combustión, foron desaparecendo os veleiros e na actualidade practicamente só se empregan para deporte e lecer.

Antigos veleiros de carga empregados como vivenda (Amsterdam)

Moliçeiros na ría de Aveiro (Portugal)

Barco rabelo para o transporte de viño no río Douro (Porto)

Encontro de embarcacións tradicionais (Cambados)

Veleiros deportivos

A vela é un deporte olímpico desde 1900.

O surf a vela, windsurf ou táboa a vela é unha modalidade deportiva que consiste en desprazarse sobre a auga nunha táboa coa axuda dunha vela que se pode xirar libremente para aproveitar mellor o vento.

Moderno petroleiro xaponés con velas controladas por ordenador

Alcyon (turbovelas)

Deseños actuais para aproveitar mellor a enerxía do vento

Hydroptère o veleiro máis rápido do mundo, supera os 50 nos de velocidade

“coches” a vela

Selos nos que aparecen representadas embarcacións antigas

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

Dornas en Cambados

As embarcacións tradicionais que se conservan na actualidade en Galicia son moi variadas debido, entre outras cousas, á mestura de influencias nórdicas e mediterráneas e á gran variedade de características diferentes das súas costas (rías, mar aberto). As dornas, gamelas e lanchas son de tipoloxía nórdica, introducidas en Galicia na época sueva (outros autores dátanas nos séculos XII-XIII). Na actualidade quedan moi poucas embarcacións tradicionais, a maioría froito do traballo de recuperación de diversas asociacións.

A dorna é a embarcación tradicional máis característica de Galicia. Ten a proa alta e curva, a popa estreita e plana, manga ampla e quilla profunda que lle confiren moi boas condicións para a navegación.

Impúlsase a vela ou a remo.O seu tamaño, a facilidade para o seu manexo, a súa versatilidade (grazas á amplitude da súa manga) permite usala para o traballo con moitos tipos de aparellos.

Dorna de escarba ou calime (a típica). As táboas do casco van montada unhas sobre das outras en rebaixes (calimes).

leme quilla

escota

tolete

pau

verga

envergas

relinga

rizos

cana

proa

roda

Dorna de tope: de formas máis redondeadas, construída con máis cantidade de táboas e máis estreitas montadas a tope (unhas apoiadas nas outras), e de maior tamaño. Hoxe practicamente desapareceu.

Botes e bucetas son pequenas embarcacións das que existen moitas variedades, co casco montado sobre madeiros, curvo e coa popa igual á proa, redonda, ou en espello.

Gamela é unha embarcación moi sinxela co fondo plano, o casco formado por dúas táboas e a popa en espello. Presenta moitas variantes en forma e tamaño.Úsase para traballos auxiliares ou para a pesca e o marisqueo nas rías e perto da costa. É a embarcación pequena máis común.

A lancha é unha embarcación robusta, coa cuberta enteiriza e amplos corredores, proa e popa da mesma feitura. Propulsábase a vela. Comezou sendo unha embarcación auxiliar e faenas de longa duración (as “enviadas” que levaban o peixe a porto e subministraban víveres).

Galeón. Embarcación de tamaño mediano que se empregaba para o transporte de mercadorías polas rías.

Galeóns no porto de Carril

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daporta

top related