emerxencia social

Post on 25-Jul-2015

99 Views

Category:

Documents

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

REGULAMENTO DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

Mugardos

1.Este Regulamento aprobouse na Comisión de Benestar do 17 de Outubro de 2011, cos votos favorables de BNG e PP, o voto en contra de EU e a abstención do PSOE. Foi aprobado no Pleno do 25 de Novembro de 2011 co voto favorable do BNG, PP e PSOE e o voto en contra de EU.

2.O 19 de Xaneiro de 2012, EU presentou alegacións ó Regulamento. Os outros grupos aceptaron a maioría das nosas propostas e puidemos chegar a un acordo. As alegacións de EU votáronse no Pleno de 24 de Febreiro cos votos a favor de tódolos grupos.

Esquerda Unida votou a favor porque o texto aprobado mellora con creces os dereitos dos/-as mugardeses/-as con respecto á primeira proposta do BNG, aínda que, dende o noso punto de vista, segue habendo aspectos mellorables.

VEXAMOS EN DETALLE O CONTIDO DO REGULAMENTO, COMPARANDO

AS PROPOSTAS INICIAIS DO GOBERNO CO TEXTO FINALMENTE

APROBADO

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

-1ª proposta do goberno municipal (Comisión 19/09/11):

-incluír estas axudas dentro de Emerxencia Social.

-0-3 anos: 50 €

-2º ciclo E.I., Primaria, E.S.O., Bacharelato, Ciclos Medios e PCPI: 100 €

-(Comisión 03/10/11):

Tras a intervención de Eu e PSOE, mostrándose contrarios á súa inclusión en Emerxencia Social, o goberno retira a súa proposta e faise unha convocatoria específica que ampliou considerablemente o número de beneficiarios e ampliou a tipoloxía das axudas.

-A inclusión destas axudas no capítulo de Emerxencia Social era unha proposta do BNG que suporía que só as familias nunha situación económica extremadamente mala tivese dereito a elas.

-No ano 2010 o goberno do sr. Barcia non convocara as axudas para material escolar.

COMEDOR ESCOLARExistía unha axuda lineal para tódolos usuarios de 1,17 €/menú. A

pretensión do goberno era incluílo tamén en Emerxencia Social.

- 18 de Xullo: EU propón que se faga unha taxa con prezos diferenciados segundo o nivel de renda.

-19 de Setembro; a 1ª proposta do goberno, máx. 30 €/mes e dentro do capítulo de Emerxencia Social. A nosa insistencia fai que se aborde a taxa.

A Ordenanza correspondente aprobouse no Pleno de 25 de Novembro cos votos a favor de BNG, PP e PSOE e os votos en contra de EU. As alegacións de EU foron rexeitadas no Pleno de Febreiro.

¿Por qué votamos en contra? A taxa contempla os diferentes tramos

de renda dos usuarios, pero co resultado de que familias con dereito a axudas para alimentación (Emerxencia Social) terán que abonar 0,60 €/menú no comedor escolar. E desaparece a axuda lineal.

Alimentación e hixiene básicas

Bases de 2009 (vixentes ata a entrada en vigor do regulamento aprobado en Febreiro de 2012):

-“Alimentación básica.- mínimo 40 € ata un máx. de 120 €. Computaranse 20 € por cada membro adicional da unidade familiar sen sobrepasa-lo tope indicado. Concederase unha axuda bimensual. Con carácter excepcional e por dictamen da Comisión de Benestar, Igualdade e Sanidade, poderase conceder mensualmente”.

-”Alimentac./hixiene infantil: 100€/bebé. Concederase unha axuda bimensual. Con carácter excepcional e por dictamen da Comisión de Bneestar Social, Igualdade e Sanidade, poderase conceder mensualmente”.

-1ª proposta do BNG (Comisión 19/09/12):

60 €, bimensual, incrementándose en 20 € por cada membro da unid. familiar maior de 3 anos a partir do 2º membro. Máx. 140 € por axuda. No caso de haber menores de 3 anos, 100 € máis por cada un.

-Pleno de Febreiro (tras a alegación de EU):

Eu reclama que se manteña a excepcionalidade mensual, aínda que non figuraba nas alegacións. Incorpórase a proposta.

Gastos sanitarios

Bases de 2009:

-Farmacia: previo informe médico con indicac. De dose; custe total.

-Próteses dentais; gafas: 70% ata un máx. De 180 €, con informe do especialista.

-Próteses, órteses e outros gastos non subvencionados por outras administracións.

Proposta de EU:

Debería indicarse a aportac. municipal a próteses e facer unha convocatoria específica.

Proposta do BNG :

Ata o 70%. Dentro do regulamento.

Aprobado no Pleno de 25 Nov. 2011:

“Próteses, órteses e outros gastos sanitarios que non subvencionan outras administracións, xustificado mediante presentación de 2 presupostos e informe do especialista que prescribe. Límite máx. do 70%, segundo prezos de mercado.

Gastos de Farmacia: sen límite, previa presentac. da receita médica ou informe que prescribe o tratamento”.

Tras consultar o catálogo de prestacións da Xunta, EU plantexou a conveniencia dunha convocatoria específica, para que este tipo de axudas non afectaran ó resto de axudas de Emerxencia Social

Pleno de Febreiro (alegacións de EU):

Eu renuncia á convocatoria específica de próteses, xa que non tiñamos garantida a execución da convocatoria e se perdería o reflectido no Regulamento aprobado.

.

Uso e mantemento da vivendaBases de 2009:

Pago de aluguer, luz e teléfono: 75% ata 200 €. Máx. 3 axudas/ano previo informe técnico.

O BNG plantexou (19/09/11):

-Aluguer: máx 200 €

-Suministros (luz, gas,etc.): máx 100 €/factura.

EU plantexou:

-que non se debería restrinxir a 3 axudas anuais, dado que é preceptivo o informe técnico favorable.

-que o pago de luz e outros gastos deberían poder xustificarse a posterior.

Regulamento aprobado en Nov. 2011:

“Gastos relacionados co uso e mantemento de vivenda (cun máximo de 3 veces ó ano, ampliable previo informe técnico favorable):

-aluguer: máx. 200 €

-gastos de suministros: máx. 100 €/factura”.

Por tanto, incorporouse a nosa proposta de poder ampliar as axudas previo informe técnico favorable.

Outros gastos non cubertos por outros sistemas de protección social

Bases 2009:

“Todas aquelas situacións de necesidade excepcionais, non contempladas neste Regulamento, poderán ser concedidas cando así o reflicta o dictamen da Comisión de benestar Social e Igualdade”.

1ª proposta do BNG (19/09/11):

“Terán carácter excepcional e urxente, requirirán de informe técnico favorable e incluirán a cobertura de gastos de:

-aloxamento temporal ante emerxencias graves.

-Compras de enseres domésticos e/ou reparacións urxentes da vivenda (...)

-Outros debidamente xustificados.

Texto aprobado no Pleno de 25 de Novembro de 2011:

“Terán carácter excepcional e urxente, requerirán de informe técnico favorable e incluirán a cobertura de gastos de:

-Aloxamento temporal ante emerxencias ou sinistros (incendios, desfiuzamentos, ruina ou situacións familiares moi graves)

-Compra de enseres domésticos e/ou reparacións urxentes da vivenda para cumplir habitabilidade (electrodomésticos e mobles imprescindibles).

-Outros debidamente xustificados”.

¿Qué outras propostas presentou EU na reclamación ó Regulamento aprobado o 25 de Novembro de 2011?

1.CONTRATACIÓN DE PERSOAL:

Terán dereito a esta axuda as persoas que, acreditando os requisitos esixidos polo presente Regulamento, se atopen nunha situación na que a prestación por desemprego supoña unha mellora sustancial da súa economía. O/A solicitante deberá acreditar que se encontra desempregado/a e que non está cobrando prestación polo desemprego porque lle faltan menos de 90 días para completar o período de cotización necesario para adquirir dereito a dita prestación.

PLENO DE 24 DE FEBREIRO (alegacións de EU):

NON SE APROBA A PROPOSTA, ADUCINDO PROBLEMAS

TÉCNICOS PARA ACOMODAR A PARTIDA PRESUPOSTARIA

2. Prendas de vestir e calzar

Proposta de EU

-Maiores de 16 anos: 100 € dúas veces ó ano como máximo.

-Menores de 16: 100 € ata 4 veces ó ano.

Poderanse dar máis axudas previo informe técnico e ditame da Comisión.

Texto aprobado no Pleno de Febreiro:

“Prendas de vestir e calzar: previo

informe social e ditame da

Comisión correspondente”.

Un texto demasiado ambiguo para

EU, pero que supón unha

referencia para que os/as

veciños/as poidan ter este tipo de

axudas. A realidade indica que

ata agora non se estaban a

conceder.

REQUISITOS PARA SOLICITAR AS AXUDAS (1)

4 Non ter débedas coa Facenda Local. (Non aparecía nas Bases de 2009; proposta do BNG).

EU propuxo que non se introducise o texto. Parecía ilóxico neste tipo de axudas. A nosa proposta é aceptada.

4 ”As unid. Familiares de convivencia non deberán superar os límites económicos en cómputo mensual e total que a continuación se expoñen e que o seu saldo bancario non exceda 5 veces o IPREM¹, exceptuando vítimas de violencia de xénero”.(Non aparecía nas Bases de 2009; proposta do BNG).

EU propuxo que se eliminase “e que o seu saldo bancario, etc.”. Acéptase a supresión.

1) 2262, 55 € de saldo

REQUISITOS PARA SOLICITAR AS AXUDAS (2)

Requisitos económicos. Bases de 2009

Unidade familiar Límite de ingresos

1 persoa 500 €

2 persoas 600 €

3 persoas 700 €

4 persoas 800 €

Sumaranse 100 € por cada novo membro da ud. familiar

Ud. famil. % IPREM Lím. ingresos

1 persoa 100% 532,51 €

2 persoas 120% 639,01 €

3 persoas 140% 745,51 €

4 persoas 155% 825,39 €

5 persoas 165% 878,64 €

6 persoas 175% 931,89 €

7 persoas 185% 985,14 €

8 persoas 195% 1038,39 €

Incrementarase un 10% o IPREM por cada novo membro da ud. Familiar.

1ª Proposta do goberno

Pleno 25/11/2011:

Apróbase a proposta do goberno.Da suma de todos os ingresos da ud. familiar pódense descontar ata 200 € en concepto de gastos de aluguer ou hipoteca.

Ud. famil. % IPREM Lím. Ingresos €

1 persoa 100% 532,51 €

2 persoas 120% 639,01 €

3 persoas 150% 798,76 €

4 persoas 175% 931,89 €

5 persoas 200% 1065,02 €

6 persoas 215% 1144,90 €

7 persoas 230% 1224,77 €

8 persoas 245% 1304,65 €

EU propón subir o límite de ingresos e subir o desconto por aluguer ou hipoteca ata 300 €. Aceptadas as nosas alegacións, o baremo queda así aprobado no Pleno de Febreiro:

Incrementarase un 15% o IPREM por cada novo membro da ud. familiar. Proposta do PSOE

Esta modificación do Regulamento da resposta á tipoloxía maioritaria

das unidades familiares e á súa precaria situación económica,

achegándonos ó Índice de Pobreza Relativa como referencia.

CONCLUSIÓNS

A alegación presentada por Esquerda Unida introduce varias melloras no Regulamento:

Amplía os dereitos dos/-as veciños/-as

Simplifica os trámites burocráticos

Facilita o acceso ás axudas

Mugardos

top related