ecolingüismo

Post on 14-Jun-2015

1.365 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ECOLOXÍA DAS LINGUAS

ECOLOXÍA DAS LINGUAS

As linguas non restan. As linguas suman. As linguas non pesan. Non son un lastre para quen as leva. Pola contra, son elas as que levan o peso da historia enriba da cabeza. (...) Porén, malia non ter peso, as linguas pertencen á natureza. Mesmo son o enxerto máis logrado e actúan como o pole para a semente. Verbo desa fecundación, quixera lembrar que na lingua galega os seres máis nomeados son dous cativos coleópteros. O vagalume é chamado de máis de cen maneiras diferentes e algo semellante ocorre coa xoaniña. (...) O vagalume e a xoaniña escasean agora por mor dos herbicidas.

Unha lingua é comparábel a un senlleiro ecosistema. Se sentimos noxenta a queima dun bosque amazónico ou a seca dun río, ou a perda dunha obra artística e monumental, cómo ser insensíbel ante a vida das linguas! (...) A vida das linguas é unha metáfora das nosas vidas.

(...) Hai que considerar as linguas parte esencial do medio ambiente. O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) di que a perda dunha lingua e do seu contexto cultural representa a queima dun libro de consulta único do mundo natural. De seguir a actual tendencia, calcúlase que dentro de 100 anos, o 90% dos idiomas do mundo estarán extinguidos ou a piques de se extinguir.

MANUEL RIVAS (Luces. El País. 18/01/2008)

Cada dúas semanas morre unha lingua

En menos dun século desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo. En colaboración co instituto a prol das linguas en perigo, a publicación National Geographic está a realizar un proxecto de documentación, para identificar os lugares do mundo onde a situación é máis crítica. Cada 14 días, apuntan, unha lingua morre. Segundo este dato, calculan que para 2010 probabelmente desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundoalgunhas sen testemuña escrita ou audiovisual ningunha- e con elas a sabedoría acumulada dos seus pobos. O proxecto de National Geographic, ademais de identificar os puntos críticos, traballa en plans de revitalización destas linguas que esmorecen, como por exemplo a implantación de programas de aprendizaxe para os cativos en idade escolar. Porén, afirman que o éxito destes plans depende do grao de implicación dos estados. Así, salientan como positivo o traballo feito co hawaiano, co maorí e co hebreo, e avogan polo uso das novas tecnoloxías para acadar resultados máis positivos.

Fonte: xornaldixital Vieiros.

A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no número de linguas que se falan na terra.

Cantas linguas se falan hoxe no mundo?

Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes.

Menos de 300 linguas superan o millón de falantes.

O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE.

Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha

lingua non oficial do Estado en que habitan.   

A UE, como institución supranacional, é a organización máis políglota do

mundo. 

A EUROPA DAS NACIÓNS

No continente europeo hai moi poucos No continente europeo hai moi poucos estados monolingües: tradicionalmente estados monolingües: tradicionalmente

mencionamos os casos de Islandia e mencionamos os casos de Islandia e Portugal (co permiso do mirandés), hoxe Portugal (co permiso do mirandés), hoxe deberiamos incluír varias ex-repúblicas deberiamos incluír varias ex-repúblicas

soviéticas. No resto dos estados soviéticas. No resto dos estados contabilízanse numerosas linguas, xa contabilízanse numerosas linguas, xa

territoriais xa vencelladas a grupos territoriais xa vencelladas a grupos étnicos espallados por diferentes étnicos espallados por diferentes

países…países…

As linguas de Europa

A ONU recoñece uns 200 estados, pola contra hai milleiros de linguas vivas.As fronteiras políticas poucas veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas.O normal é que a un estado lle correspondan varias linguas.

O FALSO MONOLINGÜISMO FRANCÉS

Corre perigo o español?Corre perigo o español?

A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor da diversidade lingüística. Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas, diversificadas e transversais, xa que estas cuestións dependen de cada Estado membro. 

Os dereitos lingüísticos

• LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS. (Segundo o número de falantes)

• LINGUAS OFICIAIS E LINGUAS SEN ESTADO. (Segundo o estatus legal)

• LINGUAS MINORIZADAS E LINGUAS DE PRESTIXIO. (Segundo o estatus social)

CAUSAS DA DESAPARICIÓN DUNHA LINGUA:1. Substitución da lingua. 2. Desaparición da lingua:

2.1. Desaparición física dos falantes, 2.2. Ruptura da transmisión familiar.

TIPOLOXÍA DAS LINGUAS

Linguas minorizadas

As linguas do Estado EspañolAs linguas do Estado Español

As linguas do Estado Español

Territorios de fala galegaTerritorios de fala galega

O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de habitantes nos cinco continentes.

Os límites do galegoOs límites do galego

O galego-portugués O galego-portugués no mundono mundo

POR QUE ESTA DIVERSIDADE POR QUE ESTA DIVERSIDADE

E NON UNHA ÚNICA LINGUA?E NON UNHA ÚNICA LINGUA?

Sempre en Galiza, Castelao.

Cuestións para a Cuestións para a reflexiónreflexión

Por que meu irmán comezou a falar moito antes ca min?

Por que na lingua esquimó teñen multitude de nomes para a “foca”?

Por que se comezou a usar por España adiante o termo galego “chapapote”?

Cal é a familia lingüística do galego?Por que os falantes abandonan a lingua de

seu?Por que esta diversidade e non unha única

lingua?Que é a “eco-lingüística”?Exercicio 5. da páxina 36 do Libro de

Apoio.

FONTES…

Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. (pax.7 e 11)

Guía das linguas de Europa. X. H. Costas. (pax. 9, 17, 33)

As linguas de España. Mª V. Moreno. (pax. 59-61)

Sempre en Galiza. Castelao. (pax. 43)Artigos e tiras cómicas tirados da

prensa cotiá. Imaxes tiradas da rede e da

presentación de Román Landín aloxada en slideshare.

Libro de apoio (pax. 33)

top related