dossier abadiiis (galego)

Post on 23-Mar-2016

230 Views

Category:

Documents

8 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Centro de creación artística

TRANSCRIPT

CENTRO DE CREACIÓN ARTÍSTICA

O ESPAZO: ABADÍA DO PELOURO AXEITO

Abadiis ten a súa sede nunha abadía do século XVII situada na vila balnearia de Caldelas de Tui (Pontevedra), na ribeira do río Miño e moi perto de Portugal. A Abadía do Pelouro Axeito foi restaurada seguindo uns parámetros de excelencia a nivel patrimonial, antropolóxico e estético, que mereceron diversas mencións e premios, entre os que destacamos o premio Europa Nostra ao Patrimonio arquitectónico (1997) e AGADER á excelencia empresarial (2003).

Este conxunto arquitectónico ten dous espazos diferenciados, a Abadía, como zona residencial, orientada tanto ao turismo rural como estancias de artistas e investigadores, e a Factoría na que se desenvolven as actividades, ben producidas por Abadiiis ou ben por promotores externos que poden alugar os servizos do Pelouro Axeito.

A Abadía do Pelouro Axeito é por un lado un proxecto de turismo e xestión cultural, e por outro unha plataforma de capacitación laboral para xóvenes en integración. Ese trasfondo social e pedagóxico é un aspecto fundamental pola súa relación coa escola pioneira en Europa en integración e innovación O Pelouro.

As nosas siglas significan: arte biodinámica de actividades diversas integradoras intersectivas interactivas e sociais.

ABADIIIS é unha proposta aberta, viva e evolutiva orientada a favorecer o desenvolvemento das artes, da artesanía, da ecoloxía, do pensamento, nun contexto de integración e diversidade como un valor en sí mesmo.

Favorecemos encontros interculturais, interxeracionais, e intermentais, xeradores de actos de creación compartida, procurando crear climas onde o estético e o vivencial conxúganse.

Queremos achegar a creación internacional á nosa comunidade local, e potenciar a cultura transfronteiriza característica do noso contorno.

Propiciamos o intercambio e interrelación entre creadores de diversos rexistros, danza, música, teatro, performance, artes plásticas e audiovisuais... nun singular espazo fóra do tiempo, a Abadía e Factoría do Pelouro Axeito.

O PROXECTO ABADIIIS

NO ÁMBITO DA ARTESANÍA:

Obradoiro de Marmorino VenecianoObradoiro de Máscaras VenecianasRestauración do Moble GalegoCursos de TelaresObradoiro de LuteríaCreación do Libro ArtesanalReciclaxe de Papel

ACTIVIDADES

NO ÁMBITO DA HOSTELERÍA:

Curso de pasta italianaCurso de pan artesanal biolóxicoElaboración de mermeladasCurso de reposteríaCapacitación prelaboral en integración

NO ÁMBITO DA ECOLOXÍA:

Introdución á PermaculturaCurso práctico de recoñecemento de chansCurso de cristalizacións sensibles

NO ÁMBITO DAS ARTES:

Encontro internacional de Xóvenes creadoresEvento “Archipiélago de vida”Festival Internacional IntegrArteRecitales de ópera, poesía, músicaCursos de danza, de teatro, danzaterapia, pintura...Actuacións de música, teatro, danza.Proxeccións de audiovisuais, exposicións de pintura e fotografía.Residencias artísticas

Cursos recentes no eido das Artes Escénicas:

Curso “Danzaterapia” Impartido por Susana Volosin. Xuño 2012Taller de Danzaterapia “Cuerpo en Movimiento”. Impartido por Laura LLauder. Outubro 2012Curso de “Danza Poética” impartido por Guiseppe Stella. Outubro 2012

Dende 2006 ABADIIIS realiza o festival internacional das artes escénicas e da música IntegrArte.Dende entón teñen participado numerosos artistas e compañías de distintos lugares de España, Portugal, Italia, Alemaña, Arxentina e Brasil.

Festival INTEGRARTE

Compañía EUDANZA

A compañía de Xóvenes en Integración Eudanza existe dende hai máis de 20 anos, sendo pioneira na integración de bailaríns con e sen dis-capacidade en España. Eudanza é o resultado vivo e dinámico dun proceso de investigación en novas vías de expresión a través do movemento.

CENTRO DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Abadía do Pelouro AxeitoCaldelas de Tui. Barrio Iglesias s.n.

Pontevedra

Contacto: Laura Llauder laurallauder@yahoo.es

T. 629645302

top related