diaz castro

Post on 24-May-2015

79 Views

Category:

Presentations & Public Speaking

12 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (GUITIRIZ 1914-1990)

O POETA DAS TERRAS DE PARGA

"A beleza feriume para sempre..."

Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do ano 1914 no Vilariño, lugar de San Vicente dos Vilares (Concello de Guitiriz, Lugo).

Era o terceiro de catro irmáns e pertencía a unha familia de orixe labrega, pero con certo poderío económico.

Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras e ós quince anos ingresou no Seminario de Mondoñedo. Aquí acada unha gran formación clásica e humanística e dáse a coñecer como poeta. A primeira composición que publica é un poema en castelán editado na revista Lluvia de rosas (Lleida).

"Alí foi onde eu me perfeccionei, aprendín a escribir, aprendín a escribir en verso".

Durante a súa estancia no Seminario entabla amizade co poeta Aquilino Iglesia Alvariño que manterá durante toda a súa vida. Este levará ó poeta de Parga a coñecer a poesía de Antón Noriega Varela, Crecente Vega e Xosé Chao, todos ex-alumnos do seminario.

“Había algo naquel mozo que a min, aínda rapaciño nos comezos da adolescencia, me atraguía: a súa voz, o seu xeito de andar, a súa innata elegancia e aquela poesía campestre e recente do seu libro Señardá, entón recén publicado, que a min me revelou un mundo poético novo e me abría a porta ao campo da poesía expresada en galego". Díaz Castro             

Os poemas en galego que escribiu ata que abandonou o Seminario recolleunos en dous cadernos hoxe perdidos: Follas ó verde e Follas ó vento.

“Perdéronse porque mos pediron amigos, compañeiros de estudos e despois xa se sabe, libro que se presta, libro que se perde” .

"Algúns vellos cadernos "Algúns vellos cadernos de poesía, que non me de poesía, que non me importa telos perdido importa telos perdido porque non os considero porque non os considero de valor, inda que de valor, inda que serían referencias da serían referencias da evolución da miña evolución da miña poesía. De feito eu poesía. De feito eu escribín moito, pero escribín moito, pero publiquei pouco".publiquei pouco".

Transcorridos uns meses abandonou definitivamente o Seminario sen rematar a carreira eclesiástica.

En 1936 deixou o Seminario ao ser chamado para incorporarse ao exército. Logo dunha breve estadía na fronte de Asturias, é destinado ao Hospital Militar de Pontevedra, onde permanecerá dous anos e medio. Rematada a Guerra Civil, 1939, volveu a Mondoñedo.

Vai ser El Progreso Villalbés o medio que recolla máis poemas de Díaz Castro nos seus anos de Seminario, feitos cando tiña 16 e 17 anos; por exemplo: "LEMBRAZAS E SUSPIROS" (primeiro poema en galego 6-VIII-31) ou "El menhir solitario" (11-IX-31).           

O seu amigo Aquilino Iglesia Alvariño, que dirixía daquela o Colexio León XIII, en Vilagarcía de Arousa, chámao para dar clases. Díaz Castro incorporouse a aquel centro escolar como profesor ata a súa marcha a Madrid.

Nestes anos, animado por Iglesia Alvariño escribe poemas e participa en varios certames, coma os Xogos Florais de Betanzos de 1946, onde gaña os primeiros premios nos dous idiomas con "El cántico de la ciudad" e "NASCIDA D"UN SOÑO”, tríptico de sonetos en galego dedicado á muller betanceira.

En 1948 marcha a Madrid para traballar como tradutor no Ministerio da Gobernación. Posteriormente, en 1952, traballará no Instituto de Cultura Hispánica como encargado dos servizos de tradución para os idiomas: francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas.

"A tradución é un xeito de creación. É ciencia, pero tamén unha arte... E dentro do xénero literario, a tradución da poesía é dificilísima, case imposible. A poesía ten algo de símbolo e linguaxe propia".

O día 10 de Agosto de 1954 casa con María Teresa Zubizarreta Bengoechea coa que mantiña comunicación desde había anos.

Nos anos sesenta, trasládase ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas, encargándose do servizo de traducións do Instituto Científico y Técnico Juan de la Cierva, onde se xubilará.

En 1961, o 5 de xullo, sae do prelo da editorial Galaxia NIMBOS, o seu único libro.

“É o nimbo dos santos, a auréola que rodea a cabeza dos santos, unha auréola de gloria. É coma unha auréola que lles poñemos ás cousas para facelas resaltar máis"

             "Toda a poesía de Díaz Castro está nimbada por unha serena e fonda paixón telúrica: a terra é nela un elemento constante, sempre presente, xa sexa directamente expresado ou, na maioría dos casos, sinxelamente insinuado. Non é un poeta descritivo, como outros poetas lugueses (Noriega, Iglesia Alvariño, Crecente Vega, Novoneira), senón un poeta que xurde dunha terra que nel se volve un mito, un elemento de continua referencia e celme permanente da súa poesía...".

Xosé Luís Franco GrandeA POESÍA

A TERRA

A PREOCUPACIÓN EXISTENCIAL E

RELIXIOSA

TEMÁTICA

“Creo que a poesía é unha actividade puramente artística, que constitúe a forma máis perfecta de expresión dos seres humanos e as súas relacións. Isto implica sempre beleza e emoción estética: estes dous conceptos son esenciais".

"A beleza feriume para sempre..."

Díaz Castro retornou a Galicia en 1982 e viviu en Guitiriz. Finou en Lugo o 6 de outubro de 1990. Deixou inéditos, en castelán, o poemario Sombras radiantes e unha longa composición: "Melodía".

"Penélope" é o poema máis coñecido de Nimbos. Nel reflicte o poeta a pasividade do país e serviu para mover moitas conciencias.

"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,e a tea dos teus soños non se move.A espranza nos teus ollos se espreguiza.Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanosche estrolla o sono mol coma unha uva.Pro ti envolveste en sabas de mil anos,e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día                    a xente que levaron. Deus é o mesmo.Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono,o Tempo vai de Parga a Pastoriza.Vaise enterrando, suco a suco o Outono.¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

top related