día da ciencia en galego 2013

Post on 11-Nov-2014

471 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Presentación realizada para o Blogue da escola de Randufe (Tui)

TRANSCRIPT

Richard Buckminster Fuller (1895 - 1983)

Ten a humanidade unha posibilidade

de sobrevivir e con suceso

no planeta Terra e,

de ser así,

como?

Richard Buckminster "Bucky" Fuller

foi un diseñador, arquitecto,

visionario e inventor

estadounidense.

Como arquitecto

foi o inventor

das cúpulas

xeodésicas.

Foi un ac)vista

medioambiental

porque era moi

consciente do

limitados que

son os recursos

do planeta.

Florence Nigh)ngale (1820 - 1910)

Sen esaxeración algunha é un «anxo gardián» nestes

hospitais, e mentres a súa grácil figura se desliza

silenciosamente polos corredores, a cara do

malpocado suavízase con gra)tude á vista dela.

Cando todos os oficiais médicos xa se re)raron e

o silencio e a escuridade descenden sobre tantos

deitados doentes, pódese observala soa,

cunha pequena lámpada na súa man,

efectuando as súas solitarias roldas.

Florence Nigh)ngale, foi unha enfermeira,

escritora e matemá)ca

británica

Nigh)ngale foi unha

figura determinante

na promoción,

estabelecemento e

desenvolvemento da

enfermaría como

profesión e na

súa moderna

organización.

Como matemá)ca foi

unha pioneira no uso

de representacións

visuais da información

e en gráficos

esta7s)cos.

Os logros de Nigh)ngale teñen

moito máis mérito se conside-

ramos as restricións que pade-

cían as mulleres na súa época.

Isaac Díaz Pardo

(1920 - 2012)

Cando só )ña 16 anos o seu pai foi asasinado polos sublevados de Franco

e o mozo Isaac )vo que se agochar para salvar a súa vida.

Rematada a guerra puido estudar Belas Artes e comezou unha brillante

carreira como pintor e profesor na Escola Superior de Belas Artes

de Sant Jordi de Barcelona. En 1948 decide abandonar a

pintura.

Funda con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de

Samoedo (Sada). Pasa trece anos na Arxen)na onde funda outra

fábrica de cerámica e contacta con destacados galeguistas

e moi especialmente con Luís Seoane.

Con estes galeguistas forma un grupo para recuperar a memoria histórica

da nación, que son os que levan adiante unha serie de inicia)vas como

o Museo Carlos Maside, o Ins)tuto Galego de Información,

a editorial Edicións do Castro, o Seminario de Estudos

Galegos, etc.

Coa experiencia acumulada por este colec)vo, e moi par)cularmente coa

da Cerámica do Castro acometen a creación do Grupo Sargadelos e

levantan unha nova fábrica en Cervo (Lugo), moi próxima á

vella fábrica de louza que co mesmo nome iniciara a

súa andaina a principios do século XIX. Foi esta

faceta, como impulsor do Sargadelos moderno a que

lle deu máis popularidade a este emprendedor e intelectual galeguista.

A histórica fábrica de Sargadelos fora obra de Antonio Raimundo Ibáñez,

unha figura senlleira da nosa primeira industrialización. Naceu

primeiro como alto forno dedicado á fundición de ferro

a finais do século XVIII, sendo no seu tempo o

máis importante dos reinos da monarquía hispánica.

Co diñeiro gañado co comercio cos portos do mar Bál)co Ibañez

fundou a "Real Compañía Mari)ma" en 1788. E pouco despois e contando

co apoio do goberno ilustrado de Manuel Godoy, primeiro

ministro de Carlos IV, ergueu unha siderurxia no lugar

de Sargadelos no ano 1794.

As primeiras probas de cerámica son de 1806, ano no que comezan

as an)gas louzas de Sargadelos. A fábrica de louzas pasa por

diferentes etapas e desenvolve a súa ac)vidade até 1875

en que pecha defini)vamente a vella Sargadelos.

top related