dÍa de rosalÍa 2019 - asociación de escritoras e ... · - entrega de premios do concurso de...
Post on 26-Jun-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
DÍA DE ROSALÍA 2019
“Do XIX ao XXI. Libre o teu pensamento”
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (OURENSE)
UNIVERSIDADE DE VIGO
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campus
de Ourense
DATAS DE CELEBRACIÓN: 25 de
febreiro de 2019
PROFESORADO ORGANIZADOR DO
EVENTO: Julio Alonso (Educación
Musical), Javier Blanco Sierra (Educación
Artística), Xosé Constenla (Didáctica das
Ciencias Sociais), Ana Iglesias (Lingua e
Literatura galegas), Isabel Mociño
(Didáctica da Lingua e da Literatura),
Verónica Pousada e Reis Rodríguez
(Lingua galega). Colaboración de
Filemón Rivas (Vicerreitoría do Campus
de Ourense); Persoal da Biblioteca
Campus de Ourense.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campus de Ourense
DATA DE CELEBRACIÓN: 25 de febreiro de 2019
DESTINATARIOS/AS: alumnado da Facultade de Ciencias da Educación,
alumnado do Campus Universitario de Ourense e público en xeral
PARTICIPANTES: máis de 100 persoas de diferentes titulacións e cursos.
ENTIDADES ORGANIZADORAS: Facultade de Ciencias da Educación,
Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga, Biblioteca Rosalía
de Castro do Campus de Ourense, Unidade de Igualdade e Área de
Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ,.
OBXECTIVOS PEDAGÓXICOS:
Visibilizar a figura e salientar a actualidade da obra de Rosalía de Castro
entre o alumnado e comunidade universitaria do Campus de Ourense.
Divulgar experiencias pedagóxicas e producións literarias que contribúen
a aproximar os clásicos e as efemérides sociais ás xeracións máis novas.
Fomentar a colaboración e participación activa en eventos culturais que no
futuro terán que dinamizar nos centros educativos como futuros mestres
e mestras de Educación Infantil e Primaira.
Integrar nos currículos académicos accións ao redor da literatura galega,
propias do contexto de desenvolvemento do alumando, dende unha
perspectiva transversal e interdisciplinar.
Fomentar a toma de conciencia entre o alumnado, mediadores e público
en xeral da importancia de celebrar as efemérides e darlle sentido de
cohexión social.
Dinamizar accións que contribúa á normalización cultural no ámbito
educativo e social.
PROGRAMA.
- Concurso de decoración de máscaras en Instagram
- Mascarada poética polo campus
- Recitado de poesías en diferentes puntos do campus
- Lectura do manifesto da AELG para o Día de Rosalía “Do XIX ao XXI:
Libre o meu pensamento”
- Entrega de premios do concurso de Instagram
- Interpretación musical de dous poemas de Rosalía de Castro por parte
do alumnado de Educación Primaria
- Mostra bibliográfica sobre a obra de Rosalía de Castro na Biblioteca do
campus.
- Caldiño de gloria para as persoas asistentes
BASES CERTAME DÍA ROSALIA 2019
1.- Dende a Facultade de Ciencias de Educación e a Área de Cultura do Campus
de Ourense, en conmemoración do Día de Rosalía de 2019, convócase un novo
CERTAME no que animamos a participar ao conxunto da comunidade que
conforma a Universidade de Vigo (alumnado, PAS e PDI).
2.- O certame seguirá o lema proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores
en Lingua Galega (AELG): “Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!”
3.- Para participar, ademais de formar parte da comunidade da UVigo, será
necesario:
a) Descargar a imaxe en branco de Rosalía de Castro e decorala de xeito
artístico. A tal fin, a Área de Cultura do Campus de Ourense
proporcionará, asemade, cartolinas, para quen prefira empregar o formato
físico, que se poderán recoller no mostrador da Biblioteca do Campus.
b) Ben por medios materiais plásticos, ben por medios dixitais, cada
participante publicará a través da rede social Instagram, unha fotografía
do seu deseño ou o deseño en formato dixital, acompañado do hashtag:
#uvigorosaliapensamento.
c) Ademais da imaxe, cada participante incluirá na súa publicación un texto
de non máis de 200 caracteres a xeito de “pensamento”.
4.- Cada participante SÓ poderá presentar unha máscara.
5.- A data límite para a publicación das propostas artísticas será o venres 22 de
febreiro de 2019 ás 14:00 horas.
6.- Todas as propostas serán valoradas por un xurado composto por persoal
docente da Facultade de Ciencias de Educación e técnicos da Área de Cultura do
Campus de Ourense. Valorarase a calidade artística, así como a complexidade da
súa elaboración e terase en conta a coherencia entre o deseño e a literalidade do
“pensamento”.
7.- Concederanse tres premios, podendo quedar deserto en caso de non acreditar
ningunha das propostas, segundo o xurado, calidade suficiente.
8.- Os premios consistirán:
Un Premio (vale 100€ para mercar nunha libraría)
Dous accésits con material da UVigo.
9.- As persoas que participan asumen o contido das bases deste certame, sendo a
decisión do xurado inapelable.
ALGUNHAS SUXESTIÓNS DE INTERESE:
- A temática é, necesariamente, libre e aberta, coidando que non atente contra as
distintas sensibilidades e sentimentos. Animamos en todo caso, a que garde
relación coa obra e a vida de Rosalía de Castro, así como que faga referencia a
algún tema de relevancia social e/ou cultural.
- Aqueles participantes que escollan o deseño dixital, poden empregar todos os
recursos que ofrecen as novas tecnoloxías (incluídos os da mesma aplicación de
Instagram), polo que pode ser o resultado unha imaxe animada (Gif).
- Aqueles participantes que escollan o deseño material, poden empregar todos os
recursos plásticos (pinturas, cola, purpurina, recortes de prensa....) que estimen
oportunos, así como outros extraídos da propia natureza (follas, pétalos,
pedriñas, herbas, paus...) ou materiais de refugallo.
ITINERARIO DA “MASCARADA POÉTICA” DO DÍA DE ROSALÍA DE
CASTRO NO CAMPUS DE OURENSE, luns 25 de febreiro de 2019
12:00 h.- Encontro e inicio do percorrido na Biblioteca Rosalía de Castro do
Campus de Ourense
12:10 h.- Escola Infantil do Campus
12:15 h.- Cafetería de Empresariais de Turismo
12:20 h.- Estanque diante do Edificio do Campus da Auga
12:30 h.- Pasarela de ferro que une os dous campus de Ourense
12:35 h.- Cafetería do Edificio Politécnico
12:40 h.- Paseo da Igualdade (Reloxo/Egeria)
12:45 h.- Paseo da Igualdade (Figura homenaxe á muller)
12:50 h. Moucho
12:55 h.- Estanque dos patos
13:00 h.- Acto central nas escaleiras
entre o Edificio Politécnico e o Edificio de Ferro
A seguir recóllese a difusión nos medios de prensa e redes sociais:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/celebracion-dia-
rosalia-2019
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/imaxe-palabras-
rosalia-castro-percorren-campus
https://axendacultural.aelg.gal/2019/02/22/dia-de-rosalia-de-castro-2019/
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/mascarada-celebrar-
dia-rosalia
TVE en galicia. Telexornal de desconexión para Galicia. En
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20190225inf2/5014051/
(minuto 9:53) e tamén en: http: //www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-
galicia/gal-20190225inf/5013761/ (minuto 23:38)
http://www.laregion.es/articulo/universidad/campus-ourense-suma-
aniversario-nacimiento-rosalia-mascarada/20190225102338856494.html
http://www.laregion.es/content/print/campus-recuerda-rosalia-diferentes-actos-
culturales/20190225100115856491
Algunhas fotografías do evento:
top related