cultura e arte na europa feudal. o camiño de santiago
Post on 18-Jul-2015
192 Views
Preview:
TRANSCRIPT
CULTURA E ARTE NA EUROPA FEUDAL: ROMÁNICO E GÓTICO.
O CAMIÑO DE SANTIAGO
2º ESO
1. MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES● A sociedade medieval era maioritariamente
analfabeta. Os mosteiros convertéronse nos únicos lugares nos que quedou recluída a cultura grazas ao labor dos monxes/as.
➢ Os primeiros mosteiros xurdiron no século V e no seu desenvolvemento foi fundamental San Bieito de Nursia, fundador da Regra de San Bieito que organizaba a vida dos monxes baseada na oración e no traballo (ora et labora).
➢ A orde dos bieitos tivo dúas reformas: a cluniacense e a cisterciense.
● Foi moi importante o traballo dos copistas e dos miniaturistas, a maioría monxes, que se dedicaban a copiar a man (manuscritos) textos relixiosos ou científicos.
● A Escola de tradutores de Toledo foi un destacado centro de copistas e de tradución (árabe ao latín), e contou co apoio de Alfonso X “o Sabio”.
● A evolución do latín deu como resultado a aparición das linguas romances: galego, castelán, catalán, italiano ou francés.
1. MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES
● No século XIII fúndanse novas ordes monásticas: os franciscanos (san Francisco de Asís) e os dominicos (san Domingos de Guzmán): ordes mendicantes
● Nas catedrais instaláronse escolas, as escolas catedralicias, que se converteron no xermolo das universidades.
● As universidades naceron como agrupacións de estudantes e mestres. Destacaron as de Bolonia, París, Oxford, Palencia ou Salamanca.
● Cada universidade era autónoma e tiña os seus estatutos onde se fixaba o calendario escolar, as ensinanzas que se impartían e o tipo de exames.
● As ensinanzas organizábanse en sete tipos de saberes agrupados en dous grupos: o trivium: Gramática, Dialéctica e Retórica, e o quadrivium: Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música.
● A invención da imprenta de caracteres móbiles polo alemán Gutenberg en 1440 facilitou enormemente a difusión da cultura.
UNIVERSIDADES EUROPEAS NA IDADE MEDIA
SETE ARTES
UNIVERSIDADE DE BOLONIA
1. MOSTEIROS, ESCOLAS CATEDRALICIAS E UNIVERSIDADES
2.- O CAMIÑO DE SANTIAGO● O Camiño de Santiago foi, na Idade Media,
unha ruta de peregrinación que, desde o interior de Francia, conducía a Santiago de Compostela.
● Alfonso II de Asturias, no século IX, ordenou a construción dunha igrexa (futura catedral) no lugar onde, segundo a tradición, se atopaba a tumba do apóstolo Santiago, que se converteu nun lugar de culto e peregrinación.
● A partir do descubrimento do sepulcro, coincidindo co inicio da Reconquista cristiá, foise creando a mítica figura de Santiago matamouros que, montado nun cabalo branco, se aparecía aos cristiáns para infundirlles ánimo na loita contra os musulmáns.
2.- O CAMIÑO DE SANTIAGO● A maioría dos peregrinos chegaban a Compostela a través de dúas rutas:
➢ A vía terrestre principal era o camiño francés seguido polos peregrinos que, procedentes de toda Europa, confluían en Puente la Reina (Navarra) para seguir por unha ruta que atravesaba a Meseta Norte ata chegar a Compostela.
➢ A vía marítima foi a seguida polos peregrinos nórdicos e ingleses que desembarcaban na costa galega e camiñaban logo ata Santiago: Camiño inglés.
● O bispo de Compostela, Diego Xelmírez, potenciou as peregrinacións, estendéndose o culto a Santiago coa concesión do Ano Santo por parte do Papa Calixto II no 1122.
● O Camiño de Santiago actuou como vía de penetración de novas ideas culturais e estéticas, como o Románico, e orixinou unha intensa actividade comercial e crecemento urbano das localidades polas que pasaba.
Pedr
afita
do
Cebr
eiro
3.- A ESTÉTICA MEDIEVAL: O ROMÁNICO E O GÓTICO● O Románico foi o estilo dominante en Europa occidental durante os séculos XI e XII,
impulsado polos cluniacenses. Recibe este nome porque presenta algúns elementos construtivos semellantes aos da arte romana.
● O Gótico naceu na zona de París e espallouse durante os séculos XIII, XIV e XV pola Europa occidental.
● Tanto o Románico como o Gótico foron estilos ao servizo da relixión católica.
● As diferenzas entre os dous estilos aprécianse na seguinte táboa:
ROMÁNICO GÓTICO
●Dominio do mundo rural: construción de mosteiros e castelos.●As artes están relacionadas, case exclusivamente, coa relixión. Grande uniformidade nas obras de arte. Escasa renovación técnica. Os artistas eran considerados artesáns, non asinaban as obras.●Mentalidade dominada pola imaxe do Deus-xuíz, todopoderoso e xusticieiro.●Esculturas e pinturas que buscan máis o sentido simbólico e didáctico que a beleza, a proporción ou o realismo das figuras.●Predominio da arquitectura.
●Renacer do mundo urbano: catedrais, palacios e edificios civís.●Moitos temas relixiosos, pero crecente interese polos temas profanos. Maior variedade nas formas. Valoración do artista individual e investigación de novas técnicas.●Esténdese a idea de Deus misericordioso e compasivo. Humanización da figura de Deus e representación da virxe María.●Naturalismo e maior realismo dos temas e das figuras.●Busca da beleza e da proporción. ●Crecente importancia da escultura e da pintura.
4.- O ROMÁNICO
ARQUITECTURA
● Planta de cruz latina.● Cruceiro: onde se cruzan os brazos, cuberto cun ciborio● Material: pedras de cantaría
4.- O ROMÁNICO● Na cabeceira:
– Absida semicircular.
– Girola ou deambulatorio (carola)
Santa María de Cambre
San Martín de Frómista
4.- O ROMÁNICO
● Cuberta interior:
– Bóveda de canón.
– Arcos faixóns.
● Elementos sustentantes:
– columnas ou piares.
– Grosos muros
● Contrafortes exteriores
4.- O ROMÁNICO
● Torre-campanario unida á igrexa ou separada.
4.- O ROMÁNICO
IGREXA
ROMÁN ICA
IGREXA
ROMÁNICA
San Martín de Frómista
4.- O ROMÁNICO
4.- O ROMÁNICO
Mosteiro de Ripoll
San Clemente de Tahull
Santa María de Tahull
4.- O ROMÁNICOCATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Planta Alzado
FACHADA ROMÁNICA
CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FACHADA ACTUALARTE BARROCO
4.- O ROMÁNICO
4.- O ROMÁNICO
CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
INTERIOR
Santo Estevo de Ribas do Sil
Porta de PrateríasPazo de Xelmírez
4.- O ROMÁNICO
4.- O ROMÁNICO
ESCULTURA
● Temática: relixiosa.
● Funcións: decorativa e didáctica: adoutrinar ao pobo e explicarlles os feitos sagrados da Biblia porque a maioría da poboación era analfabeta.
● Tratamento anatómico e dos rostros: figuras ríxidas, frontais, de rostros inexpresivos, adaptadas ao marco e pouco proporcionadas.
● Situábanse nas portadas, columnas e chapiteis.
● Materiais: pedra e madeira policromadas.
TÍMPANO DE SANTA FE DE CONQUES
Portada Románica
4.- O ROMÁNICO
Duda de Santo TomásSanto Domingo de Silos
Crucifixo San Isidoro de León
Virxe co Neno de GerCapitel
David Portada de Praterías
4.- O ROMÁNICO
CATEDRAL DE SANTIAGO
Pórtico da Gloria
4.- O ROMÁNICO
4.- O ROMÁNICO
PINTURA ● Finalidade: igual ca escultura:
decorativa e didáctica.
● Técnicas: pintura ao fresco e pintura sobre táboas.
● Non había profundidade nin volume nas composicións.
● As figuras adaptábanse ao marco arquitectónico.
● Perspectiva xerárquica.
● Horror vacui.
● Temáticas: Pantocrator, escenas da Biblia e das vidas de santos.
5.- O GÓTICOARQUITECTURA. CARACTERÍSTICAS:
● Edificios verticais, con grandes ventanais cubertos con vidrieiras de cores e rosetóns, o que fai que sexan moi luminosos por dentro. O máis representativo é a catedral.
● Emprego do arco apuntado ou oxival.
● Utilizan a bóveda de cruzaría.
● Elemenos sustentantes: columnas e piares no interior, arcobotantes e contrafortes exteriores reforzando o muro.
● Pináculos e frechas ramataban os contrafortes e as torres.
● Portadas moi ornamentadas con esculturas e rematadas cun gablete.
ARQUITECTURA
CATEDRAL GÓTICA
5.- O GÓTICO
CHARTRES
CHARTRES
AMIENS REIMS PARÍS
5.- O GÓTICO
ARCOBOTANTES E PINÁCULOS
ROSETÓN: VISTA INTERIOR
BÓVEDA DE CRUZARÍA
VIDRIEIRAS: SAINTE-CHAPELLE. PARÍS
ARQUITECTURA CIVIL
Casa Concello de Bruxelas
Lonxa de panos de Bruxes
Palazzo do Dux - Venecia
Palazzo de Comune - Siena
5.- O GÓTICO
León
Burgos
Palma de Mallorca
5.- O GÓTICO
Catedral de Tui
Estilo cisterciense: Igrexa do mosteiro de Meira
Igrexa de San Francisco - Betanzos
5.- O GÓTICO
Estilo cisterciense: Mosteiro de Armenteira
ESCULTURA
● Progresiva liberación do marco arquitectónico.
● Durante o século XIII continuou a ser o principal elemento ornamental en fachadas, tímpanos, arquivoltas e parteluces de igrexas e catedrais.
● No século XIV apareceron novos tipos de escultura, máis independentes da arquitectura: o retablo e o sepulcro.
● Escultura máis realista:
– Maior expresividade e detallismo no rostro.
– Preocupación por amosar o volume dos corpos.
– Maior proporción no canon.
– Movemento a través da xestualidade nas figuras.
– Sentido narrativo das figuras, comezan a relacionarse entre si.
● Materiais: Pedra, mármore e madeira policromada.
● Función didáctica: ensinar aos fieis, polo xeral analfabetos, os dogmas e principios do cristianismo.
● Novos temas: marianos, vidas de santos e profanos
5.- O GÓTICO
Portada catedral de Amiens
Virxe románica hierática Virxe gótica: Imaxe humanizada
5.- O GÓTICO
5.- O GÓTICO
Anunciación e Visitación.Pórtico da Catedral de Reims. Século XIII
Detalle:Anxo do sorriso.
Individualización dos rostros
5.- O GÓTICO
Gárgolas: Notre-Dame de París
5.- O GÓTICO
RETABLO GÓTICO. Catedral de Toledo
Sepulcro de Philippe Pot
5.- O GÓTICO
Sepulcro de Fernán Pérez de AndradePortada Catedral de Tui
5.- O GÓTICO
PINTURA GÓTICA. CARACTERÍSTICAS:
● Xeralizouse a pintura sobre táboa de madeira (retablos) e a pintura de vidreiras.
● Predominaba a temática relixiosa.
● Busca a realismo e os fondos dourados fóronse substituíndo por arquitecturas e paisaxes.
● As figuras teñen unhas proporcións máis naturais.
● Búsqueda do volume e da expresividade dos xestos e dos rostros.
Giotto: A adoración dos magos
Duccio: Maestá
5.- O GÓTICO
PINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)
● Pintura ao óleo.
● Representación da realidade con gran detallismo.
● Temas variados: relixiosos e profanos: escenas da vida cotiá, retratos e paisaxes.
JAN VAN EYCK
O matrimonio Arnolfini Virxe do Chanceler Rolin
5.- O GÓTICO
PINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)
IRMÁNS VAN EYCK: Adoración do cordeiro místico. 1432
5.- O GÓTICOPINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)
ROGER VAN DER WEYDEN
Descendemento
PINTURA GÓTICA. PRIMITIVOS FLAMENCOS (SEC. XV)
O BOSCO
O xardín das delicias
O carro de heno
5.- O GÓTICO
5.- O GÓTICO
Luis Dalmau: Virxe dos Consellers Fernando Gallego: Crucifixión
FIN
top related