convite de entroido

Post on 15-Apr-2017

147 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Convite de entroido

Mon

Dap

orta

OS NENOS DA RATA LUÍSA

Os fillos de Luisa andan a remoer nunha trasnadiña que queren facer.

Queren convidar ao seu grupo todo a unha merenda con doces de entroido.

Falaron con Luisa para usar a cociña e, como eles xa saben, díxolles que podían.

E alá estiveron encerrados medio día cos ovos, o leite o zucre e a fariña.

Fixeron amoados de flores e filloas,

e masa de orellas que as fan moi boas.

Remexeron e fritiron unha morea de cada,

pero había moitas risas… aquelo non cadraba.

E cando remataron, mentras limpaban, Luisa foi á cociña a ver que pasaba.

E ao fixarse nun plato que tiñan apartado cambioullo de sitio e non se enteraron.

Cando chegou a xente. Vaia merenda! A mesa rebordaba de cousas de festa.

E todos se puxeron a gozar da comida, menos os ratiños que disque non querían.

Puxeron como escusa que agora non comían porque comeran abondo mentras as facían.

Aos amigos extrañoulles, pero o que máis o amoscaba era que entre eles poñían caras raras.

Pero a merenda iba de ben a mellor. Comeron a afartar … e todo estaba bo.

Logo entrou Luisa traíndo as que cambiara e díxolles que polo menos terían que probalas.

E con todos os amigos detrás a mirar, non lles quedou outra que coller e probar.

Metérennas na boca e escachar todos a rir tardou moito menos que o tempo no que se di.

Que caras de atofego. Os ollos como platos.

A tusir e a cuspir e a correr ao baño.

porque a que non tiña fíos, levaba papeis ou sal na vez do zucre e pementa a granel.

E Luisa e Roxelio, e todos os convidados partían coa risa ao velos amolados.

Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus

contiños.Abur!

top related