catro días ambientados pola música das bandas · garcía martí e rúa castelao nas prazas e...

Post on 22-Feb-2020

4 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017 especial 29

realizarase unha exhibición dos clubes Aeromodelismo Furacán e Automodelismo RC Barbanza e dos Modelistas Navales do Barbanza Monobar. Ás 12.00 h, terá lugar o mesmo desfile que o día anterior, e ata as dúas, os pequenos gozarán,

Catro días ambientados pola música das bandas

na praza do Cantón, dun circui-to de cars, e na praza Irmáns Axeitos, de xogos de kermesse. No medio, a banda de Arcade actuará nos xardíns, concerto que repetirá ás sete da tarde, e as agrupacións Catro Canos, García Martí e Rúa Castelao nas prazas e rúas.

Pola tarde, a charanga Os Santiaguiños entrarán na vila, mentres que ás dez celebra-rase Sanjuerguines Festa da Auga, co percorrido polas rúas e co acompañamento do mes-mo grupo. A verbena da noite correrá a cargo das orquestras Solara e Carambola.

Domingo, 20. Tralo lanza-mento de bombas, entrarán na vila en desfile as bandas de música da Brilat e de Rianxo, os grupos de gaitas Trécola, Barlovento, Xiada, Queicoa e a agrupación de baile As Arran-cadeiras. Precisamente, estes últimos actuarán na benvida á Brilat no adro de Santa María, co posterior desfile. Ás 12.00 horas, os xigantes e cabezudos sairán desde a igrexa, acompa-ñados pola agrupación de bai-le e os grupos de gaitas citados anteriormente. A Banda Mili-tar da Brilat e a de Música de Rianxo realizarán tamén dous concertos de media hora.

Xa pola tarde, oficiarase a

misa solemne na honra da Virxe do Carme, interpretada pola capela de música Lauda Sion. Ao remate sairá a proce-sión, escoltada pola banda de Rianxo, ata o pantalán, onde se realizará a ofrenda das coroas de flores. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Tango e a Agrupación D’Lider.

Luns, 21. Na derradeira xor-nada, entrarán na vila, ás dez e media, as bandas de músi-ca Ateneo Musical da Pobra e de Caamaño e os grupos de gaitas Barbude, Trécola, Bar-lovento, Xiada e Chorimas. Ás doce, repetirase o desfile dos xigantes e cabezudos, acom-pañados por Trécola, ao mes-mo tempo que os pequenos gozan da pincheirolandia, a cal se repetirá das cinco ás sete da tarde. Ás 13.00 horas, habe-rá unha festa da espuma e un concerto da banda Ateneo.

Pola tarde, oficiarase de novo unha misa na honra da virxe, co posterior desfile, e pola noi-te, ás 21.00 horas, concerto da banda Ateneo, na praza do Cantón, ás 22.30 horas, ver-bena coa orquestra Israel e fin de festa coa tradicional queima dos fogos artificiais e combate naval a partir das doce.

brais silver/a pobra

A Festa do Carme dos Pin-cheiros 2017, patroa do

lugar, comezará hoxe na Pobra do Caramiñal, cunha progra-mación diversa que se alarga-rá ata o luns.

A partir das sete da tarde de hoxe, a localidade do Barbanza porá, co lanzamento de doce bombas de palenque, o punto de inicio dunha nova edición dos seus festexos patronais. A esa mesma hora, desde a igre-xa, iniciarase o tradicional des-file de xigantes e cabezudos da confraría do Carme dos Pin-cheiros, acompañados polo grupo de gaitas Trécola. A con-tinuación, a charanga Os San-tiaguiños encherá de música as rúas, antes do segundo des-file dos cabezudos, esta vez, desde a praza Segundo Durán e ata o concello, onde se reali-zará o pregón. O peche che-gará coa actuación da Escola de Baile Zumba Batudance na praza do Cantón e co concer-to de rock, na do Emigrante, de Los Hot Chocolates e Golpe Radikal.

Sábado, 19. A fin de semana arrincará co desfile das ban-das de música de Caamaño e de Arcade e os grupos de gai-tas San Pantaleón, Xiada, Bar-lovento e Chorimas. Ás 11.00 horas, na rampa do pantalán,

As verbenAs dA noite e o ConCerto de roCk serán outros AtrACtivos dos festexos

fes

tA

s A

po

br

A 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e A

go

st

o

Os desfiles de xigantes e cabezudos acompañarán ás bandas de gaitas. Foto: CdP

especial30El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017

A localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal afron-

ta hoxe o inicio das súas festas patronais do Carme dos Pin-cheiros “con normalidade a pesar do vivido o ano pasado”, según palabras do seu alcal-de Xosé Lois Piñeiro. O rexidor pobrense explica que, “acorda-mos reforzar o dispositivo de seguridade con máis policías nos desfiles das bandas e dos grupos de gaitas (que este ano percorreran todas as parro-quias do municipio), así como nas actividades dos San Xuer-guíns e na procesión da patroa,

Xosé L. Piñeiro: “Reforzamos o dispositivo de seguridade con máis policías polo tráfico”

o ALcALde PobRense destAcA do PRogRAmA dAs festAs A PRocesión, os cAbezudos e os sAn XueRguíns, entRe outRos

Xosé Lois Piñeiro, alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal, principal colaborador da comisión de festas do Carme dos Pincheiros. Foto: C. de P.

como os concertos de rock e de rap que terán lugar hoxe a noite”.

O rexidor pobrense desta-ca que eventos como o Urban More Fest, no que se inclúe a actuación do grupo de rap Sweet Pane, “están organiza-dos por un grupo de rapaces da vila. Queremos reforzar as celebracións dos Pincheiros con actividades deste tipo, que son baratas e moi exitosas”.

Ademais destas novidades, Piñeiro incide na importan-cia dos actos tradicionais das festas, como “a procesión da patroa, os desfiles de xigantes e cabezudos (que levan reali-zándose dende principios do século vinte por influencia dos industriais cataláns), os con-certos das bandas de música, os Xan Xuerguíns (que este ano se trasladan a rampla do castelo), e os fogos artificiais”.

AnA B. LozAno/A PoBrA

fes

tA

s A

Po

bR

A 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e A

go

st

o

para que non haxa ningún tipo de problemas de conxes-tión de tráfico, sobre todo nas horas que coinciden coa saída das praias”.

Piñeiro anima a veciños e visitantes a que disfruten dun-has festas moi participativas e con moitos actos programa-dos. “A que organiza as festas é a comisión, o Concello colabo-ra a nivel de loxística, segurida-de e en actividades puntuais. A nosa intención dende que che-gamos ao goberno é innovar un pouco na programación, enga-dindo outros tipos de músicas,

El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017 especial 31

Os festexos patronais na Pobra congregan na

vila do Barbanza a numero-sas persoas. A localización e a importancia dos mesmos leva a que moitos visitantes decidan ir á localidade duran-te o transcurso destes días.

Os comercios locais agardan as festas como ‘auga de maio’

sumandO visitantes e veciñOs, Os establecementOs nOtan unha gran crecida das vendas

Así, o comercio local ve como as súas vendas e clientes aumentan considerablemen-te durante o desenvolvemen-to das festas.

Un dos establecementos que nota este cambio é a Con-feitería Vilas Branco, un dos

A Confitería Carlos Blan-co, situada no centro da vila do Barbanza e dirixida por Carlos Vi-las, é unha das máis antigas do Concello. Foto: C.V.

locais con máis historia dentro da Pobra. Situada no centro do pobo, na duración das celebra-cións non pecha as súas por-tas, xa que, como apunta o seu xerente Carlos Vilas, “son días de moita venda”.

O confeiteiro apunta que, a pesar de non poder vivir as fes-tas, agradecen ter “tantísimo traballo”. Explica que durante estas xornadas na localidade xúntanse os veciños, turistas e emigrantes, tanto doutros países como doutras cidades de Galicia e España, que veñen pasar os festexos coas súas respectivas familias.

Esta congregación de xente provoca que os comerciantes locais, a pesar de non poder gozar das celebracións patro-nais como o resto dos seus veciños, desexen “como auga de maio” a chegada das festas, porque ese gran incremen-to que reflicten as súas arcas. Este sentimento é compartido, segundo apunta Carlos, polo resto de residentes do pobo, debido á cantidade de xente que retorna a visitar aos seus seres máis queridos.

Dentro destes visitantes e emigrados que retornan, Car-los Vilas apunta que os produ-tos que teñen máis éxito na Confeitería Carlos Branco son

dous: as tortas de Santiago e as trufas xeadas de diferentes sabores. “Son dous produtos que encaixan ben co verán, xa que un podeo levar á praia con comodidade e non ten cremas, mentres que o outro axuda a refrescar a boca, lugar onde se desfai ao probalo”, apunta o xerente do local.

Por esta razón, Carlos Vilas desexa que os festexos veñan acompañados dun gran tem-po, xa que aínda que os emi-grantes retornados seguen no pobo, nótase o descenso de turistas que veñen desde San-tiago de Compostela a visitar non so o pobo, senón tamén os concorridos areais da zona, como a praia de Cabío.

Se todo vai como desexan, saben que as festas do Car-me dos Pincheiros 2017 deixaran un gran impacto en todos os establecementos. Desde estes días o pobo xa nota o ascenso de visitan-tes, que se unen aos moitos que xa están veraneando alí, polo que os locais están cada vez máis abarrotados. Así, comerciantes e veci-ños queren gozar da mellor maneira dunha nova edición das súas festas patronais.

brais silver/a pobra

fes

ta

s a

pO

br

a 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e a

gO

st

O

especial32El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017

A afición dos pobrenses ós concertos das bandas de

música é dabondo coñecida, por iso, durante estas festas serán varias as formacións que deleitarán a veciños e visitantes coa súa música.

Entre as múltiples actua-cións programadas nestes fes-texos a que nunca pode faltar é a da banda Ateneo Músical da Pobra, que tocará o vindeiro

Os concertos da banda pobrense Ateneo Musical chegan ás parroquias do municipio

A fOrMAción tOcArá en AgOstO e en seteMbrO en diferentes puntOs dO cOncellO // O vindeirO luns fArAO nAs festAs

Actuación da banda de música de A Pobra nos xardíns do municipio durante unha pasa-da edición das festas do Carme. Foto: CdP

luns ás 13.00 horas (nos xar-díns) e ás 21.00 horas (na pra-za do Cantón).

Ademais destas actua-cións, durante este mes e o de setembro a banda Ateneo Musical da Pobra está a perco-rrer as diferentes parroquias do municipio, para ofrecer aos veciños concertos enmarca-dos no primeiro ciclo Noites de Bolero. Os dous primeiros tiveron lugar a semana pasa-da e os seguintes serán pasa-das as celebracións do Carme dos Pincheiros. Na axenda da agrupación figuran este agosto lugares como O Cam-piño (día 29), A Angustia (día 30) e A Ribeiriña (día 31); en setembro, estarán en Santa Cruz (día 7), Camiño Ancho (día 8) e Pontebarbanza. (día 23). Todas estas actuacións están pensadas para ser ao aire libre, polo que, en caso de choiva, aprazaranse.

ANA B. LozANo/A poBrA

fes

tA

s A

pO

br

A 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e A

gO

st

O

top related