canción castaña
Post on 01-Jul-2015
712 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
CANCIÓN DA CASTAÑA
Era unha castaña redonda, redonda
que neste magosto estoupou como unha bomba (batendo nos muslos ata esplotar)
Para para pum, para pum, para pum pum, para para pum, para pum chim pum
Era unha castaña marrón, marrón
que caeu do castaño e fíxome un chichón (batendo na cabeza)
Para para pum, para pum, para pum pum, para para pum, para pum chim pum
Era unha castaña amarela, amarela
que chegou a Arzúa dentro da fardela (pasos no sitio coa fardela ás costas)
Para para pum, para pum, para pum pum, para para pum, para pum chim pum
Era unha castaña vermella, vermella
que alá no souto atopou unha parella (buscar parella e bailar)
Para para pum, para pum, para pum pum, para para pum, para pum chim pum
Era unha castaña verde, verde
que dentro dela vivía un verme (coas mans arriba)
Para para pum, para pum, para pum pum, para para pum, para pum chim pum
Era unha castaña quente, quente
pero non se come nin con leite (dicindo que non con diferentes partes do corpo: dedo, pés, cabeza, cintura,…)

top related