bos días rapaces. xa tedes o tema da i guerra mundial ben … · 2020-05-28 · bos días rapaces....

Post on 10-Jul-2020

1 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Bos días rapaces.

Xa tedes o tema da I Guerra Mundial ben estudiado?

Xa vos puxen a outra semana o tema da Revolución Rusa e os

exercicios, recordade que eran para esta semana, tamén vos pasei

uns enlaces para ver uns videos da I Guerra Mundial, hoxe vouvos

dar uns enlaces para ver a Revolución Rusa.

Como imaxino que algún de vós xa vai adiantado e xa fixo os

exercicios dese tema vouvos dar os do tema seguinte, Fascismo e

Nazismo, pxs 160 e seguintes do libro, van aquí tamén os

exercicios do tema e uns enlaces de vídeos.

Ide apuntando as dúbidas que teñades destes temas para

aclararlas cando comecemos as clases que espero sexa pronto.

Non esquezades traballar un pouco tódolos días nas distintas

materias, tamén é unha forma de non aburrirse na casa xa que non

podedes saír.

Sabedes , isto ten unha cousa boa…… seguro que algúns de vós

xa tedes ganas de ir ao instituto……ainda que sexa para falar,

correr, brincar….. Pronto nos veremos.

Revolución Rusa : https://youtu.be/-mnRwShLmXc

https://youtu.be/b7mUu55Zgbc

Stalin : https://youtu.be/CYThcKGkwcA

https://youtu.be/6cLjIynOH9U

Fascismo e Nazismo : https://youtu.be/emli2SPLSv4

https://youtu.be/a8yn1A9YUXA

https://youtu.be/SgVJ9rNE4ak

https://youtu.be/qttRJzUBgPc

EXERCICIOS TEMA 8

FASCISMO E NAZISMO

1º.- UNIR CON NÚMEROS : 1- Duce -Características do Estado Fascista 2- O Estado domina a sociedade –Intento golpe de Estado de Hitler 3- Mussolini - Mussolini sube ao goberno 4- Marcha sobre Roma - Canciller Alemán 5- Putsch de Múnic -Benito Mussolini 6- Hindenburg - Xaneiro 1933 7- Hitler sube ao poder -Asasinato adversarios de Hitler 8- Incendio do Reichstag - Os pobos de orixe alemá nunha soa nación 9- Noite dos coitelos longos -” A miña loita” de Adolf Hitler 10- Panxermanismo -Partido Nacionalsocialista alemán dos traballadores 11- Adolf Hitler -Fasci Italiani di Combatimento 12- Mein Kampf -Ilegalización dos partidos políticos en Alemaña - 2º.- DEFINIR : Mussolini – Marcha sobre Roma – Autarquía - República de Weimar – Putsch de Múnic - Hindenburg - Reichstag - Racismo – Antisemitismo -Panxermanismo - Pacto antikominter – Teoría do espacio vital -Raza aria – Campos de exterminio- Gestapo. 3º.- O ASCENSO DE MUSSOLINI AO PODER. 4º.- CARACTERÍSTICAS DO FASCISMO. 5º.- A DEBILIDADE DA REPÚBLICA DE WEIMAR. 6º.- A CHEGADA LEGAR DE HITLER AO PODER E A ELIMINACIÓN DA OPOSICIÓN 7º.- O IDEARIO DE HITLER . 8º.- A IDEOLOXÍA RACISTA DO NAZISMO. 9º.- A POLÍTICA INTERIOR DO NAZISMO : UN RÉXIME TOTALITARIO. 10º.- A POLÍTICA EXTERIOR DO NAZISMO : EXPANSIONISMO.

top related