blogues educativos: estado da cuestión (revisión)
Post on 22-Jun-2015
1.400 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Blogues Educativos
Estado da Cuestión
Román Cerqueiro LandínXornadas de Encontro dos Lectores de Galego
Compostela, 29 de decembro de 2008
Sumario1. INTRODUCIÓN1.1. Unha experiencia común 1.2. Os recursos1.3. Os conceptos
2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE SERVEN E COMO SE USAN2.1. Usos educativos dos blogues2.2. Tipos2.2.1. Caderno de materia do profesorado2.2.2. Taboleiro aberto á rede dun grupo de traballo2.2.3. Caderno do alumnado2.2.4. Caderno do alumnado e o profesorado2.3. Por que non unha páxina web?2.4. Consellos previos.
3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE3.1. Onde abrir un blogue?3.2. Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress
4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS 4.1. As mil e unha aplicacións: presentacións, documentos, imaxes, vídeo, audio, eduredes sociais.
5. EPÍLOGO: tecnoloxía ou metodoloxía?
1. INTRODUCIÓN
• Unha experiencia común– Sen máis coñecementos que o dominio do usuario medio de
internet para se lanzar á Web 2.0.– Con vontade de inserir as TIC na práctica educativa.– Sendo necesario facer confluír os materiais propios e os alleos.
ELES SI O FARÍAN!
Que crea adicción dis
ti? Enganchar engancha!
• Os recursos– Materiais
– A Web 2.0 é asequíbel, gratuíta e intuitiva.– Que é o html? Que máis ten, non hai que saber de código.
– Humanos– Traballo individual. – Traballo colectivo.– As redes colaborativas.
• Os conceptos– Que é a Web 2.0 ou web social?
– Un novo modo de os usuarios se enfrontaren á rede: os internautas non só son meros observadores do que fan outros senón protagonistas e creadores de contidos.
Servizos
Contidos
Usuarios: participación e
creación.
Interacción: redes sociais
Web 2.0
Ferramentas: vídeo, documentos,
audio, imaxes... todo á vez
– Este paso foi posíbel grazas ao desenvolvemento dunha serie de ferramentas e servizos que permitiron almacenar información, elaborar presentacións, colgar arquivos de audio, enviar mensaxes instantáneas ou crear un espazo común dende/no que comunicarse.
– Que é o blogue?Tamén chamado blog ou bitácora, é a imaxe máis visíbel da Web 2.0. É un sitio da web onde os textos (“post” ou “entradas”) creados por unha ou varias persoas (“blogueiros/as”) se ordenan cronoloxicamente. Pode funcionar a modo dun diario persoal en liña ou enfocar diferentes temáticas especializadas ou xerais. Trazos comúns á maioría dos blogues son: hai un espazo para que os lectores poidan deixar comentarios; fornece unha listaxe de ligazóns a outros weblogs (”blogroll”); e amosa un arquivo coas publicacións anteriores (normalmente en modo calendario).
blogue
Autor
Entrada (post) máis
recente
Enderezo do blogue: este está creado nunha plataforma con
dominio propio mais non non ten porque ser así.
Listaxe de comentarios
recentes
Título e breve descrición
Listaxe de categorias
Blogroll / ligazóns
Arquvos ordenados cronoloxicamente
Opcion de comentarios
Listaxe de entradas recentes
– un blogue é un espazo comunicativo,– de manexo sinxelo e intuitivo para o usuario medio de internet, – gratuíto en grande parte dos tramos de uso,– o seu contido é hipertextual e multimedia (imaxe, vídeo e audio),– os contidos organízanse cronolóxica e xerarquizadamente en
categorías,– relaciónase con outras bitácoras a través de ligazóns, que pode integrar
tamén a través das “sementes”,– acolle tamén outras aplicacións web 2.0, e– permite a interacción cos lectores e lectoras.
– En resumo:
• Usos educativos dos blogues
2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE
SERVEN E COMO SE USAN.
Compartir
Reflexionar
Escribir
Comentar
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DO BLOGUE
• Tipos:– Caderno de materia do profesor. Propón información,
recursos e actividades.– Contedor de materiais de elaboración propia e
experiencias didácticas.– Contedor de materiais alleos doutros blogues e webs.– Almacenaxe, categorización e trascendencia de
recursos a través de ligazóns.– Todo iso e máis.– Procura a interacción co alumnado nos comentarios e
creando unha rede cos seus propios blogues.
– Taboleiro dun grupo de traballo, dun departamento, dun centro…
– Xanela aberta ao exterior, s.t., á comunidade educativa: divulgación de actividades, avisos e novas, proxectos, etc.
– Establece dinámicas de colaboración con outros grupos.– Contén recursos para o alumnado.
– Caderno do alumnado.– Bitácora que acolle o diario persoal de aula, reflexións
diversas e persoais, valoracións de lecturas, almacena información e recursos para un traballo, os mesmos traballos asignados polo profesor, potencia a “conversa” dos grupos de traballo, etc.
– O alumnado organiza, baixo a supervisión do profesorado, a súa aprendizaxe e interacciona co grupo. En definitiva, desenvolve tarefas individuais.
– Caderno do alumnado e o profesorado.– Acolle actividades en liña e asigna e desenvolve tarefas.– Facilita o traballo por proxectos e materias.– Activa as competencias lingüísticas pasivas e activas así
como a competencia dixital do alumnado (Seica chove no patio?, Pod Cast en Mensaxe nunha Botella e “telexornal” no IES Marco do Camballón).
– Fomenta a participación e a implicación do alumnado no desenvolvemento activo da aula ao se converter nun diario da aula, nun portafolio dixital (e-portafolio), etc.
– A diferenza do anterior reside no grao de participación (autoría ou destinatario) do alumnado.
– Chega o momento de decidir o uso do blogue:– Experimenta e escolle aquela plataforma que che
facilite a súa xestión. – Determina unha finalidade ao blogue tendo en conta o
que queres conseguir a través del.– Estuda diferentes bitácoras, coñece o teu público
potencial e implícate no seu deseño e actualización.– Determina o “modelo” de blogue: se estamos
experimentando habemos de ter claro que estamos aprendendo a elaborar, que aplicación(s) estou a usar e quero usar no futuro, etc.
– Integra na túa bitácora as ligazóns das túas fontes e outros blogues e webs de interese e agrupados por recursos TIC, por área didáctica, por natureza similar (blogues de clubes de lectura), etc. Os/as blogueiros/as amplifican as voces, tecen redes, constrúen a web 2.0.
– Por que non unha páxina web?– O blogue é máis dinámico que as chamadas
“webs dinámicas” (p.ex. tecnoloxía Drupal das webs da Xunta para os centros).
– Xa estamos alfabetizados na linguaxe que serve de base ao blogue.
– Compleméntase perfectamente cunha web, que ten unha capacidade de almacenaxe maior.
– Todo está na rede: as aplicacións web 2.0 e as súas guías de uso.
– Facilita a creación sinxela de universos de intereses.
3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN
BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE• Onde abrir un blogue?
– Hai moitas posibilidades, unhas máis sinxelas (Blogoteca), outras máis complexas (Wordpress) e tamén máis versátiles.
• Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress– WordPress: é o servidor de xestión de blogues máis
popular da blogosfera polo seu fácil manexo, a versatilidade na xestión dos contidos e a cantidade de temas (plantillas) e plugins (aplicacións) entre as que poden escoller os/as usuarios/as.
– Blogaliza, pola súa banda, é un servidor de código aberto que bebe de Wordpress e agrupa grande parte do blogmillo galego.
4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA
INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS.
• As mil e unha aplicacións- A Web 2.0 constrúese a través dun conxunto de ferramentas que permiten
que os/as usuarios/as creemos e compartamos contidos coa comunidade internauta. Estas que veñen deseguida son só algunhas das mil e unha aplicacións enfocadas aos/ás blogueiros/as desta inmensa tea de araña que é a blogosfera.
- Que ferramentas integrar nas bitácoras ou nos blogues educativos? Todo depende do deseño, do uso e da información que queiramos integrar nas nosas actividades docentes.
- Describiremos brevemente algunhas ferramentas de interese. Sempre queda na man do/a usuario/a analizar outras aplicacións semellantes, comparar, descubrir outras, etc. Cada día aparecen novos recursos e mellóranse os existentes. Isto é un océano, só hai que mergullarse.
• Presentacións- Slideshare- Slide- SplashCast• Documentos- Scribd• Imaxes- Flickr
• Vídeo- Vodpod
• Audio- Goear- Deezer- Snips
•Sementes-Bloglines -Feevy
EDUREDES SOCIAIS: APENAS UNS EXEMPLOS
– As redes Ning permitenlles aos/ás usuarios/as crear as súas propias redes sociais, independentes unhas doutras.
– Teñen un perfil máis profesional ao permitiren a especialización sen as interferencias externas propias doutras redes sociais.
– Unha rede Ning permite de balde 10GB de contidos e 20.000 membros.
– Hai creadores, administradores e usuarios. Poden comunicarse privada ou publicamente.
– Para o resto da rede, tamén poden ser públicas ou privadas en varios graos.
– Edurede: permite o control do profesorado, creación de grupos, discusións diversas, organización moi diversa de actividades...
– E, por suposto, a creación dunha comunidade.
Mapa conceptual das características de Ning e escolma de artigos sobre as eduredes sociais no blogue do profesor Juan José de Haro
Palabea.net é unha comunidade internacional de estudantes de idiomas para a aprendizaxe de idiomas en liña.
Integra audio e video, mesmo con usuarios nativos, para estabelecer un tandem en liña.
Almacena recursos de todo tipo (videoleccións, falangullos-podcasts, gramática, diccionario, etc.) para construír un itinerario autónomo.
Impártense aulas virtuais sobre cuestións diversas, máis xerais ou aspectos gramaticais concretos. Permite intercambiar textos para practicar e corrixir entre todos/as a expresión escrita e a ortografía.
Hai profesores/as en liña (e-learning).
PALABEA.NET: Escola de Idiomas 2.0
EduFrysk, the frisian experience
Unha rede social para a aprendizaxe dunha lingua minorizada
O facebook dos 'eduFryskians'
EPÍLOGOUnha reflexión necesaria para iniciarse nos blogues:
tecnoloxía ou metodoloxía?
Preme na imaxe superior ou na cámara da dereita para acceder ao vídeo
top related