biblioteca aula
Post on 20-Jul-2015
1.462 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1
2
Por que unha Biblioteca de Aula?
Os principais motivos polos que imos organizala:
Os materiais non serán tan numerosos como noutras bibliotecas.
Interésanos máis o contido que a cantidade.
Estará ao servizo da aula.
O préstamo será sinxelo e áxil.
A motivación lectora será moito máis directa.
Coidaredes e prepararedes a biblioteca.
Fomentará o traballo individual e o grupal.
Aprenderedes a responsabilizarvos da conservación e o uso dos libros.
Servirá de punto de inicio para xogos, concursos, proxectos de lectura...
Serviranos como taller de investigación.
A animación lectora será frecuente.
Moita atención... comezamos!
Podedes traer aqueles libros que vos gustaron moito. Ensinarédelos e
presentarédelos aos compañeiros.
3
Entre todos elixiredes o nome da Biblioteca e confeccionaredes un cartel.
Que sabes das bibliotecas? Cales son as túas razóns para ler? Por que é
importante coidar os libros? Estas e outras cuestións resolverémolas nunha posta
en común.
Elixiremos un bibliotecario/a e axudante. Estes encargaranse da boa orde
e funcionamento da biblioteca (reparto e recolleita de libros e fichas, rexistro de
libros, etc).
A mecánica sobre o préstamo de libros será a seguinte:
Primeiro, leredes moi atentamente o documento "As normas da bilioteca".
Xa podedes anotar a entrada do libro que aportades á nosa biblioteca no
rexistro que está na libreta.
Podedes retirar o libro que vos pareza mellor. Porque volo recomendou un
compañeiro, por ter unha portada ou título suxestivo...
No prazo acordado debédelo devolver e facer varias cousas. Anotar a súa
devolución no rexistro de A libreta e no voso “Pasaporte de lectura”. Ademais
colorearedes un dos libros de “O LECTÓMETRO “. Ademais podedes cubrir unha
ficha “ Eu recomendo”.
4
Algúns recursos están adaptados do magnífico blog de Isabel Bermenjo “Lapicero
Mágico” http://lapiceromagico.blogspot.com.es/. Moitas grazas a Isabel.
Compañía de María. S. Amaro (Ferrol)
Dolores A.
top related