berres

Post on 23-Jun-2015

331 Views

Category:

Technology

9 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Berres é una parroquia do Concello da Estrada, que ten en total máis ou menos 496 habitantes. Nesta aldea naceron algúns escritores moi importantes para a nosa lingua: •MARCIAL VALLADARES •AVELINA VALLADARES •MANUEL GARCÍA BARROS “ KEN KEIRADES “ •SOXÉ MANUEL MARTINEZ OCA

Adiós Berres, adiós Berres

Terriña donde eu nacín

Coma as campanas de Berres ningunhas tocar oín. Durme meu meniño durme

Durme que te durmirás

Cantade a xeito paxaros, Non me espertés o rapás.

Triar de paxaros, do vento o fungar, Ruxir de regueiros, que corren ó mar,

Queixumes dos pinos, do bosque o rumor Esmalte dos campos coas herbas en flor.

Con grande agarimo, con fondo lacer, Cantemos á terra, que nos veu nacer.

O mesmo nome de Berres que algúns din que tomou dun xeneral chamado Berres, que asentou o campamento sobre o Ulla e de aquí xurdui u a parroquia: Berres

Volvendo ó toponimio Berres, deixando a parte a explicación que nos da Pedro Varela facendo proceder de berrar, chamando pola barca da outra vanda do río Ulla

Benito Viceto dánolo como nome grego… Berca, Beroe, Berhea… Berres.

•Din os veciños que a banda de riba da estrada que pasa por o Pereiro houbo un ceminterio, e que apareceron pedras como coitelos ou puñais.

Para abarcar unha boa panorámica de Berres un dos lugares máis axeitados é o Adro da Ermida do Amparo, en Rocaforte, construída no alto daquel lugar logo de unha imaxe da Virxe aparecer milagrosamente a carón dunha fonte alí ó pé. Avisado do prodixio chegou o Crego para levala en procesión á Igrexa Parroquial, onde a deixou depositada, para descubrir abraiado á mañá seguinte que a imaxe desaparecerá. Alertáronse os veciños é ao cabo acabaron por descubrila novamente no mesmo lugar onde tan milagreiramente xurdira o día anterior, o que se interpretou como feito que iniciou a construción dunha ermida que a acollese.

En fin, en Rocaforte tivo a Virxe do Amparo a súa ermida, e agora todos os anos, o derradeiro domingo de xullo, celébrase alí unha grande festa na súa honrra, aínda que a vella imaxe, “ O Amparo pequeno”, desaparecese hai un tempo do seu emprazamento, sen que ninguén teña idea de onde foi parar, tal vez a unha nova fonte, quen sabe que lugar escondido, onde calquera día xurdirá milagreiramentemente de novo.

O Monte Molide está entre as parroquias de Ancorados e Berres, A

Estrada.(Pontevedra).

O cume é unha chaira chea de penedos e sen arboreda. Aquí librouse unha batalla

feroz contra os mouros que, unha vez derrotados, foron soterrados alí mesmo; por

iso non nace herba nin medran as árbores.

Neste monte, nun cruce de camiños, houbo en tempos un cruceiro que era sinal de

tesouro. Unha vez chegou á noitiña á casa dos Besteiros de Riobó, un home de

Ourense pedindo pousada. Logo preguntou polo Monte Molide, e se había alí un

cruceiro, e como lle dixeron que si, anunciou que ao outro día tiña que subir ao

monte por un asunto importante.

A muller da casa deulle a cea acompañada de abondoso viño, e logo preguntoulle

polo asunto importante que o levaba ao Monte Molide; e, entre vaso e vaso de

viño, sacoulle a información que buscaba: cabo do cruceiro había un tesouro.

—Pois déitese que pola mañá xa o acompañamos ata alí—díxolle a muller.

Mais en canto adormeceu, a xente da casa colleu ferramentas e foise para o monte

cavar.

Cando amenceu chamaron ao forasteiro, o dono da casa ofreceuse a

acompañalo pero, como sabedes, ao chegar xunta o cruceiro, atoparaon todo

sachado e remexido.

O forasteiro arrincaba os pelos da cabeza mentres o dono da casa simulaba

compadecelo. O tesouro, polo visto, xa estaba ben gardado.

Outra historia sobre o cruceiro. Sendo neno Ramón Rodríguez, veciño de

Berres, viu, mentres gardaba as vacas, a un home sentado nas gradas do

cruceiro. Aquel home primeiro leu nuns papeis e despois mediu uns pasos en

varias direccións. Aquel día o home non fixo máis pero cando o neno volveu

co gando por alí uns días despois viu ao cabo do cruceiro remexeran a terra

e entre a terra remexida atopou unha moeda de ouro.

E aínda outra lenda. Outra vez regresou de América, de Arxentina, un veciño.

Nada máis chegar colleu pico, pa e sacha e foise para o cruceiro do Monte

Molide. Sachou coma un tolo pero non atopou nada. Coa rabia, dixéranlle

que alí había un tesouro, comezou a petar no cruceiro e esfarelunoo todo:

gradas, pedestal, capitel, cruz e cando lle tocou ao fuste á columna, que

estaba oco, comezaron a saír onzas de ouro.

FOTOS A igrexa Igrexa por por dentro fora o areal

a natureza de berres

da para moito

casa

ecolóxica

mapa de BERRES

CURSO 2010/2011

top related