aprendendo a resumir

Post on 30-Jun-2015

814 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Pautas para facer un resumo dun libro, dirixidas a alumnos de reforzo de 1º de ESO

TRANSCRIPT

Resumo dos primeiros capítulos de

Ladrones en el Foro

APRENDENDO A RESUMIR

Antes de comezar

• Recordo que partes debe levar o resumo dun libro:

1. Contexto: o lugar e a época na que transcorre a acción.

2. Descrición do personaxe/s principal3. Desenvolvemento da acción

Repaso os datos que recordo do libro:

• 1. Contexto:Lugar: antiga Roma,

en concreto o porto de Ostia

Época: ano 79 d. C., s. I d. C.

2. Personaxe/s principal:

• Flavia Gémina, unha nena romana libre.

• Seu pai é capitán de barco, a súa familia vive ben.

• A súa nai morreu cando ela era pequena

• Gústalle resolver enigmas e dáselle ben atopar cousas perdidas

3. Acción ata agora

• Flavia tenta atopar un selo que perdeu seu pai e descubre que o levou un paxaro.

• Sigue á ave ata o seu niño e tras subir á árbore descubre alí o selo e outras xoias.

• Cando tenta baixar, vese atacada por un fato de cans.

• Un neno espanta os cans e axúdaa a fuxir.

• O neno lévaa a súa casa, que está ao lado da dela

Ordeno todo e redacto un textoNa Roma do s. I d. C. vive Flavia Gémina, unha

nena romana que ten a habilidade de atopar cousas perdidas e resolver misterios.

Cando o seu pai, capitán de barco, perde o seu selo, Flavia tenta atopalo. A nena descubre que “o ladrón” foi un paxaro e sígueo ata o seu niño. Ao subir a árbore descubre alí un selo e outras xoias, pero cando tenta baixar vese atacada por un fato de cans salvaxes. Axúdaa a fuxir un neno que resulta ser o seu veciño.

1. Contexto

3. Acción

2. Personaxe principal

top related