apareceu a tenrura
Post on 05-Aug-2015
299 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Se choras, estou desexando consolarte
Se ninguén te ama, a miña alegría é amarte
Se es débil, dareiche a miña forza e a miña
enerxía
Se ninguén te necesita, eu
búscote
Se es inútil, eu non podo prescindir de
ti
Se estás baleiro, a miña
abundancia te ateigará
Se tes medo, lévote sobre as miñas espaldasSe queres
camiñar, irei contigo
Se me chamas, veño sempre
Se te perdes, non durmo ata atoparte
Se estás canso, eu son o teu descanso
Se pecas, son o teu perdón
Se me falas, trátame de Ti
Se me pides, son don para ti
Se me necesitas, dígoche: Estou dentro
de ti
Se te resistes, non quero que fagas nada á
forza
Se estás a escuras, son
lámpada para os teus pasos
Se tes fame, son pan de vida para ti
Se es infiel, eu son fiel
Se queres conversar, eu
escoitote sempre
Se me miras, verás a verdade do teu
corazón
Se estás na cadea, voute
liberar
Se te quebras, curo todas as
fracturas
Se te manchas, non quero que salves as
aparencias
Se pensas que son teu rival, eu non quero quedar por
enriba de ti
Se queres ver o meu rostro, mira unha
flor, unha fonte, un neno
Se estás excluído, eu son o teu aliado
Se todos te esquecen, as miñas entrañas estremécense lembrándote
Se non tes a ninguén, tesme a
min
Se es silencio, a miña palabra habitará no teu
corazón
top related