anthony de mello

Post on 24-May-2015

323 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Como orabaMahatma GandhiAnthone de MelloAnthone de Mello

Que é o que te fai reaccionar: a realidade ou o que ti supós sobre ela?

O malo dos ideais é que, se vives de acordo a todos eles resulta imposible vivir contigo.

A xente non desexa a verdade. Desexa promesas tranquilizadoras.

Cando o zapato encaixa, esquéceste do pé; cando o

cinturón non aperta, esquéceste da cintura; cando todo harmoniza, esquéceste do “ego”.

Entón, de que serven as túas austeridades?

ACEPTACIÓNACEPTACIÓN

Como podería ser un gran home…coma ti?E por que ser un gran home?Ser simplemente un home xa é un logro bastante grande.

Había dous monxes que viviron xuntos durante corenta anos e nunca discutiron. Nin sequera unha vez. Un día, un díxolle ao outro: “A vostede non lle parece que xa é hora de que discutamos polo menos unha vez?” O outro monxe díxolle: “Está ben, comecemos!

A PAZ

Sobre que discutiremos?” “Que lle parece este pan?”, respondeu o primeiro monxe. “Está ben, imos discutir sobre o pan. Como faremos?”, preguntou o outro monxe. Contestou o primeiro: “Ese pan é meu, perténeceme.” O outro replicoulle: “Se é así, léveo”.

A ORACIÓNA ORACIÓNUn rapaz vai ao

encuentro dun gran mestre sofista, e dille:

“Mestre, a miña confianza en Deus é tan grande que nin sequera atei o meu camelo alá

afóra. Deixeino á providencia de Deus, ao

coidado del.” E o mestre sofista díxolle:

“Volva e ate o seu camelo ao poste, tolo!

Non é necesario molestar a Deus con

algo que vostede mesmo pode facer.”

Un rabino que serviu fielmente a Deus durante toda a súa vida, un día díxolle: “Señor, fun un devoto adorador e obediente da Lei. Fun un bo xudeu, pero agora estou vello e necesito axuda. Señor, déixame gañar a lotería para ter unha vellez tranquila!”

e rezou, rezou, rezou… Pasou un

mes, e dous, cinco, un ano enteiro, tres anos alá se foron.

Un día o home, desesperado,

díxolle: “Deus, actúa!” E Deus

respondeulle: “Actúa ti! Por que non

mercas o billete?”

Como alcanzarei a vida eterna?Xa é a vida eterna. Entra no presente.Pero xa estou no presente… ou non?Non.Por que non?Porque non renunciaches ao pasado.E porqué ía renunciar ao pasado? Non todo o pasado é malo…Non hai que renunciar ao pasado porque sexa malo senón porque está morto.

VIDA ETERNA

Onde debo buscar a iluminación?Aquí…E cando terá lugar?Está tendo lugar agora mesmo.Entón, por que non a sinto?Porque non miras.E en que debo fixarme?En nada. Simplemente mira.Mirar que?Calquera cousa na que se pousen os teus ollos.E debo mirar dalgunha maneira especial?

PRESENZAPRESENZA

Non. Bastará con que mires normalmente.Pero, é que non miro sempre normalmente?Non.Por que demoños…?Porque para mirar tes que estar aquí, e case sempre non o estás.

EN BUSCA EN BUSCA DA ILUMINACIÓNDA ILUMINACIÓN

Un mestre prometeu a un discípulo que había de revelarlle algo moito máis importante que todo canto contén as escrituras. Cando o discípulo, tremendamente impaciente, lle pediu que cumprise a súa promesa, o mestre respondeulle:

“Sae afora, baixo a choiva, e queda cos brazos e a cabeza

alzados cara ao ceo. Isto proporcionarache a

túa primeira revelación”. Ao día

seguinte, o discípulo acudiu a informarlo:

“Seguín o teu consello e enchoupeime ata os

ósos… e sentinme como un perfecto

imbécil”“Ben”, díxolle o mestre,

“para ser o primeiro día, é toda unha

revelación, non cres?”

Oración, amor, espiritualidade, relixión, Oración, amor, espiritualidade, relixión, significan desprenderse das ilusións. Cando a significan desprenderse das ilusións. Cando a

relixión leva a facer iso, óptimo!, óptimo! Cando relixión leva a facer iso, óptimo!, óptimo! Cando se desvía diso, é unha enfermidade. Unha vez se desvía diso, é unha enfermidade. Unha vez

que as ilusións son abandonadas, o corazón que as ilusións son abandonadas, o corazón deixa de estar obstruído, instáurase o amor. deixa de estar obstruído, instáurase o amor.

Daquela hai transformación. E soamente Daquela hai transformación. E soamente daaquela, sabes quen é Deus …daaquela, sabes quen é Deus …

FELIZ SEMANAFELIZ SEMANA

Anthone de MelloAnthone de Mello

 

top related