adiviñas ilustracións (sen solucións)

Post on 21-Mar-2017

174 Views

Category:

Documents

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Cabeza non éxa que baleira se atopa,amarela, laranxa ou verde, pero con todas se xoga.

Cando quero vou lento,cando non, voando;

ninguén está contento comigo

cando pola súa vida ando.

Unha señora señoriñaque de branco sempre viste,ela nunca se trabucapois a señora só corrixe.

Unha boca chea de cousas

que come sen parar.Cando algo non

queres,pódesllo dar.

Teño ollos e non vexo,estou enterrada pero non morta; se me coidas benestarei moi boa.

Son longa e delgada,coma a neve abrancuxada;se me pasas polo enceradodéixoche unha pintada.

Unha caixa cun olloque é capaz de capturaros teus recordos queridospara podelos gardar

Un escritorcon sombreiro vermelloque viste un traxenegro e amarelo.

Son fumador,vivo nos tellados,co meu pescozo longoteño a todos afumados.

Con catro puntas afiadase o tamaño dun moneco,ten coidado que te pinchas,semella o símbolo do demo.

Que será, será? Rabuña pero non é gato, o seu pesadelo é estar debaixo dun zapato.

Un señor moi peculiar,moi sinxelo e alongadoque canto máis vello vaimáis pequeno é de tamaño.

Sempre pegando este

señor;por dentro é brancoe ten traxe de cor.

Calquera cor teñoe moi cargada estou.Viaxo nas costase apertas sempre dou.

Que será, será?Un señor moi apuradocon dous bigotes inquedos,non os verás parados.

Escribe, escribea autora escrava.Escribe, copia.Non escaneaba?

A pequena locomotoraestá quente, escaldada;con auga como combustibleasubía na parada.

Ten moitas teclas,non é un piano;non é un móbil,é algo máis caro.

Que será, será?Un señor cheo de cruces; unha dúas, tres, sete...ás trinta, follas reduces.

A min chámanme maga,arraso por onde paso;as letras desaparecen,pero eu xa me desgasto.

Que cousa cousiña é?Sempre enmarcada,non está en museose tampouco pintada.

Unha señora cadradaque no salón está

parada;e se aburrido estás

míraa e entretido quedarás.

Que será, será? Un señor moi listoque todos consultannun visto e non visto.

Son alto coma un postee teño unha fina puntaapértame fortee verás que resulta.

Son unha bailarinaque non para de bailar.Non hai día que non me usenpara poderen pasar.

Aínda que son de madeira,paso o día metido na auga;sempre vou con outros compañeiros,só un deles é falangueiro.

Que será, será?Unha ventá

tapiadaque axuda a

aprendere sempre está

calada

Que será, será?Un vello con bigotesque axuda a chegar á horapor moito tempo que botes.

Transparente é,vai polo ceo;sen chegar á Lúae sen poder velo.

Unha amante cariñosana que a túa cabeza pousas.

Un sabio son;de calquera tema faloe dou moita información.

top related