adaptaciÓn da programaciÓn didÁctica xefe …desenvolvemento da proba obxetiva na que cumplan o...
Post on 19-Jul-2020
8 Views
Preview:
TRANSCRIPT
I.E.S. A XUNQUEIRA I
PONTEVEDRA
Curso 2019/2020
DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
Xefe Departamento: José Manuel Justo Acevedo
Introducción
Como consecuencia da suspensión de actividades lectivas presenciais
a partires do 13 de Marzo, o departamento de Economía tivo que facer
unha serie de adaptacións ante esta nova situación, para poder seguir
impartindo as materias propias do departamento, tendo en conta as
circunstancias tan excepcionais que se están a vivir.
Esta nova situación supón unha serie de cambios importantes en
varios aspectos:
- Impartición a distancia das distintas materias, utilizando ferramentas
diversas: correo electrónico, videoconferencia, etc…
- Dificultade de algúns alumnos para seguir telemáticamente o
desenvolvemento das materias
- Adaptación dos distintos elementos curriculares a nova situación:
estándares de aprendizaxe, metodoloxía, avaliación, aprendizaxes
para acadar avaliación positiva, criterios de cualificación,
procedementos para a recuperación das partes non superadas….
Polo tanto, é necesario unha revisión das distintas programacións
didácticas, para adaptalas a este novo contexto e as disposicións legais que
as autoridades educativas dictaminan ante esta situación.
Esta revisión faise nun contexto de moita incertidume, posto que depende
da evolución do virus e da normativa legal que regule este último tramo do
curso.
A continuación, imos a expoñer as distintas modificacións das
Programacións, por materia, curso e nivel.
1.- MATERIA: Economía da Empresa
CURSO: 2º Bacharelato
a) Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
Todos os estándares de aprendizaxe, agás dous, serán obxeto de
análise e estudio no presente curso. Os dous únicos estándares que
non abordaremos neste curso, corresponden a terceira avaliación, e
son:
-Calcular para un suposto práctico os períodos de maduración da
Empresa
- Aplicar os coñecementos tecnolóxicos á analise e a resolución de
supostos.
O grao mínimo para superar os estándares, son os que veñen
definidos na Programación inicial do curso.
b) Avaliación e cualificación
Os instrumentos de avaliación e criterios de cualificación aplicados,
serán os seguintes:
-1ª e 2ª avaliación: Os instrumentos de avaliación serán: Proba
obxetiva, que terá un peso na nota final dun 60%, e a Participación
nas clases de recuperación e reforzo, realización de tarefas
propostas.., que terá un peso dun 20% . En total, o peso das dúas
avaliacións na nota final será dun 80%
Os criterios de cualificación, serán: Na proba obxetiva, o alumno
deberá acadar unha cualificación mínima de 4 puntos para superar
dita proba, é polo tanto alcanzar o grao mínimo para superar os
estándares de aprendizaxe.
No resto das tarefas, o alumnado deberá participar nas actividades
de reforzo e recuperación da materia, así como entregar aqueles
exercicios que o profesor estableza, para acadar unha avaliación
positiva.
Tanto a proba obxetiva como as tarefas sinaladas, serán para aqueles
alumnos que non teñan superada a 2ª avaliación ou a 1ª e 2ª
avaliación. O alumnado que teña superadas ambas evaluacións, non
as terá que facer.
-3ª avaliación: Os instrumentos de avaliación, serán a participación
nas clases por videoconferencia, resolución de exercicios, consulta de
dudas, etc.. e unha proba obxetiva,
A participación, resolución de exercicios…terá unha valoración dun
10% na nota final e a proba obxetiva un 10%.
Os criterios de cualificación terán que ver coa efectiva participación
e traballo na entrega e resolución de tarefas, exercicios, etc…, e o
desenvolvemento da proba obxetiva na que cumplan o grao mínimo
de superación dos estándares implicados.
-Cualificación Final:
A cualificación final obtida polo alumno calcularáse, segundo o
descrito anteriormente:
. A 1ª e 2ª avaliación teñen unha valoración sobre a nota total final,
dun 80%. Para aqueles alumnos que teñan que recuperar estas dúas
avaliacións, o desglose é como se explicou: 60% proba obxetiva e 20%
a realización de traballos, tarefas de recuperación e reforzo, etc…
. A 3ª avaliación ten unha valoración sobre a nota final dun 20% .
-Proba extraordinaria de Setembro:
Na avaliación extraordinaria, o instrumento de avalación utilizado,
será unha proba obxetiva. En dita proba, terán mayor importancia os
estándares correspondentes a 1ª e 2ª avaliación (90%) é un 10% os
da terceira avaliación. O nota final do alumno, reflexará esa
valoración.
c) Metodoloxía didáctica e actividades do 3º Trimestre
- Actividades
Impartiremos clases de reforzo, repaso e recuperación dos contidos
da 1ª e 2ª avaliación. O profesor enviaralle os alumnos exercicios de
repaso, impartiralle clases de reforzo, para que aqueles alumnos que
non teñan superada a materia nesas avaliacións, teñan as máximas
posibilidades de obter unha avaliación positiva.
Por outro lado, seguiremos impartindo clases non presenciais para
abordar os contidos propios da 3ª avaliación, para que o alumnado
acade as competencias necesarias según os estándares de
aprendizaxe establecidos na Programación, realización dos exercicios
e tarefas correspondentes, tendo en conta que o alumnado ten que
realizar a proba da Abau nas mellores condicións de preparación.
- Metodoloxía
A metodoloxía a desenvolver neste tercer trimestre ten que ver con
dous factores: a ensinanza a distancia e as probas da Abau. Por tanto,
imos desenvolver os contidos previstos na programación inicial do
curso, agás os conceptos de Período Medio de Maduración
económica e financeira, porque o alumnado alcanzará totalmente as
competencias necesarias ainda que non se imparta a explicación
destes conceptos.
Por outro lado, a metodoloxía didáctica, será a impartición dos
contidos da terceira avaliación, utilizando duas ferramentas:
-Clases por videoconferencia: o alumnado con conectividade a
Internet, recibirá estas clases. Todo o alumnado deste curso, pode
conectarse, ainda que algún ten problemas “cos datos” e alguns
outros, teñen conexions lentas.
-Utilización do correo electrónico, como ferramenta para o envío e
posterior corrección de exercicios. Envío o grupo de alumnos os
exercicios correspondentes, e os devolven posteriormente para a súa
corrección.
Impartiremos clases de reforzo, repaso e recuperación dos contidos
da 1ª e 2ª avaliación. O profesor enviaralle os alumnos exercicios de
repaso, impartiralle clases de reforzo, para que aqueles alumnos que
non teñan superada a materia nesas avaliacións, teñan as máximas
posibilidades de obter unha avaliación positiva.
- Materiais e Recursos
Os materiais que utilizaremos serán fundamentalmente, apuntes
facilitados polo profesor, exercicios prácticos elaborados polo
profesor e o propio libro de texto.
Por outro lado, a comunicación co alumnado, levaráse a cabo de dúas
formas:
. Clases por videoconferencia: aplicacions como Zoom,
webbex, servirán para a impartición das clases. Algúns alumnos
relatan problemas, non tanto de conexión, senón de non ter datos
suficientes posto que na súa casa non teñen wiffi ou a conexión e
moi lenta.
. Correo electrónico: a comunicación cos alumnos, as tarefas,
exercicios propostos, enviareillos o correo electrónico dos alumnos.
E o alumnado, ten o correo electrónico do profesor, o que lle
enviarán as tarefas para ser corrixidas.
d) Información e Publicidade
O Xefe do Departamento de Economía, informará a todos os alumnos
das adaptacións feitas na Programación e os criterios de evaluación
e cualificación que se van a aplicar. Teremos unha sesión de
videoconferencia, onde se explicarán estas novidades e o alumnado
poderá preguntar o profesor todalas dúbidas que poidan ter.
Asimesmo, esta adaptación da Programación, será enviada a
Dirección do Centro educativo, para que a incorporen na páxina web
do centro.
2.- MATERIA: Fundamentos de Administración e Xestión
CURSO: 2º Bacharelato
a) Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
Os estándares de aprendizaxe correspondentes a 1ª e a 2ª avaliación
son os descritos na Programación da Materia, posto que o seu análise
e estudo, abordouse no centro educativo antes do confinamento.
Os estándares correspondentes a terceira avaliación, que van a ser
obxeto de estudo de forma non presencial, son:
- Elabora un plan de investimentos da empresa, que inclúa o activo
non corrente e o corrente
- Recoñece as necesidades de financiamento da empresa
- Comprende o papel dos inermediarios financeiros na actividade cotiá
da empresa
- Valora a importancia no mundo empresarial, de responder en prazo
os compromisos de pagamento adquiridos
- Analiza os ingresos e gastos do exercicio económico ao que
correspondan.
- Analiza e selecciona as fontes de financiación da empresa
- Determina e explica a viabilidade da empresa
- Aplica métodos de selección de inversión
- Valora as fontes e o coste de financiamento
O grao mínimo para superar os estándares mencionados, son os que
veñen detallados na Programación da materia.
b) Avaliación e cualificación
Os instrumentos de avaliación e criterios de cualificación aplicados,
serán os seguintes:
-1ª e 2ª avaliación: Os instrumentos de avaliación serán: Proba
obxetiva, que terá un peso na nota final dun 50%, e a Participación
nas clases de recuperación e reforzo, realización de tarefas
propostas.., que terá un peso dun 40% . En total, o peso das dúas
avaliacións na nota final será dun 90%
Os criterios de cualificación, serán: Na proba obxetiva, o alumno
deberá acadar unha cualificación de 4 para superar dita proba, é polo
tanto alcanzar o grao mínimo para superar os estándares de
aprendizaxe.
Nas tarefas de reforzo e recuperación, valoraráse a participación do
alumnado, a entrega das tarefas e exercicios, a calidade do traballo
entregado( precisión e adaptación das respostas dos exercicios o
esixido polo profesor).
O alumnado que teña superadas as dúas primeiras avaliacións, non
terá que facer a proba obxetiva nin as tarefas de reforzo. A nota que
teñan acadado, pesará un 90% na nota final.
-3ª avaliación: Os instrumentos de avaliación, será exclusivamente a
participación nas clases por videoconferencia, resolución de
exercicios, consulta de dudas, etc..
A participación, resolución de exercicios…terá unha valoración dun
10%.
Os criterios de cualificación terán que ver coa efectiva participación
e traballo na entrega e resolución de tarefas, exercicios, etc…, e o
desenvolvemento da proba obxetiva na que cumplan o grao mínimo
de superación dos estándares implicados.(no caso da recuperación
da 1ª e 2ª avaliación)
- Cualificación Final
A cualificación final do alumno virá dado pola valoración das
avaliacións : A 1ª e 2ª avaliación terán unha valoración dun 90% na
nota final( co reparto antes comentado), e a 3ª avaliación, unha
valoración dun 10% na nota final.
- Proba extraordinaria de Setembro
Na avaliación extraordinaria de Setembro, a avaliación do alumnado
faráse a través dunha proba obxetiva, na que os alumnos terán que
acadar o grao mínimo reflexado na Programación, correspondentes
os estándares da 1ª e 2ª avaliación (100% da calificación final).
c) Metodoloxía e actividades do 3º Trimestre
- Actividades
Impartiremos clases de reforzo, repaso e recuperación dos contidos
da 1ª e 2ª avaliación. O profesor enviaralle os alumnos exercicios de
repaso, impartiralle clases de reforzo, para que aqueles alumnos que
non teñan superada a materia nesas avaliacións, teñan as máximas
posibilidades de obter unha avaliación positiva.
Por outro lado, seguiremos impartindo clases non presenciais para
abordar os contidos propios da 3ª avaliación, para que o alumnado
acade as competencias necesarias según os estándares de
aprendizaxe establecidos na Programación, realización dos exercicios
e tarefas correspondentes.
- Metodoloxía
A metodoloxía a desenvolver neste tercer trimestre ten que ver con
a ensinanza a distancia. Por tanto, imos desenvolver os contidos
previstos na programación inicial do curso da 1ª e 2ª avaliación, e
unha parte dos estándares( non todos) previstos para a 3ª
avaliación(descritos no primeiro punto),de tal forma, que o
alumnado alcanzará as competencias necesarias ainda que non se
impartan a totalidade dos contidos correspondentes os estándares
non estudados.
Por outro lado, a metodoloxía didáctica, será a impartición dos
contidos da terceira avaliación, realización de tarefas de reforzo e
recuperación das dúas primeiras avaliacións, realización de exercicios
prácticos correspondentes a 3ª avaliación, utilizando duas
ferramentas:
-Clases por videoconferencia: a totalidade do alumnado de 2º curso
, ten conexión internet, ainda que algúns teñen problema cos datos(
non teñen wifi) e algún outro, teñen conexións lentas.
-Utilización do correo electrónico, como ferramenta para o envío e
posterior corrección de exercicios. Envío o grupo de alumnos os
exercicios correspondentes, e os devolven posteriormente para a súa
corrección.
- Materiais e recursos
Os materiais que utilizaremos serán fundamentalmente, apuntes e
exercicios prácticos elaborados polo profesor .
Por outro lado, a comunicación co alumnado, levaráse a cabo de dúas
formas:
. Clases por videoconferencia: aplicacions como Zoom,
webbex, servirán para a impartición das clases.
. Correo electrónico: a comunicación cos alumnos, as tarefas,
exercicios propostos, enviareillos o correo electrónico dos alumnos.
E o alumnado, ten o correo electrónico do profesor, o que lle
enviarán as tarefas para ser corrixidas. Tamèn utilizaremos o correo
electrónico como medio de resolver dudas individuais ou mesmo
algunha explicación a algún alumno, se teñen problemas graves de
conexión telemática.
d) Información e Publicidade
O Xefe do Departamento de Economía, informará a todos os alumnos
das adaptacións feitas na Programación e os criterios de evaluación
e cualificación que se van a aplicar. Teremos unha sesión de
videoconferencia, onde se explicarán estas novidades e o alumnado
poderá preguntar o profesor todalas dúbidas que poidan ter.
Asimesmo, esta adaptación da Programación, será enviada a
Dirección do Centro educativo, para que a incorporen na páxina web
do centro.
3.- MATERIA : Economia
CURSO: 1º Bacharelato
a) Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
Os estándares de aprendizaxe avaliables correspondentes a 1ª e a 2ª
evaluación son os descritos na Programación da Materia, posto que o
seu análise e estudo, abordouse no centro educativo antes do
confinamento.
Os estándares correspondentes a terceira avaliación, que van a ser
obxeto de estudo de forma non presencial, son:
- Identifica e analiza os factores e as variables que inflúen no
crecemento económico no desenvolvemento e na distribución da
renta.
- Identifica os bens ambientais como factor de producción escaso
- Recoñece a evolución cíclica da actividade económica, describe as
fases, as representa gráficamente e considera as súas consecuencias.
O grao mínimo imprescindible que o alumnado ten que acadar ,
figura na Programación da Materia, e que corresponde os estándares
mencionados.
No presente curso 2019/2020, non desenvolveremos os estándares
de aprendizaxe relacionados coa Política fiscal e Política monetaria,
e a Unión Europea. Ditos contidos estudiaránse nas dúas primeiras
semanas do vindeiro curso 20/21 ( e así constará na Programación da
materia).
b) Avaliación e cualificación
Os instrumentos de avaliación e criterios de cualificación aplicados,
serán os seguintes:
-1ª e 2ª avaliación: Os instrumentos de avaliación serán: Proba
obxetiva, que terá un peso na nota final dun 40%, e a Participación
nas clases de recuperación e reforzo, realización de tarefas
propostas.., que terá un peso dun 40% . En total, o peso das dúas
avaliacións na nota final será dun 80%
Os criterios de cualificación, serán: Na proba obxetiva, o alumno
deberá acadar unha cualificación de 4 puntos para superar dita
proba, é polo tanto alcanzar o grao mínimo para superar os
estándares de aprendizaxe.
Nas actividades propostas, os criterios de cualificación serán a
participación, puntualidade na entrega das tarefas, adecuación das
mesmas as normas indicadas polo profesor( claridade,
organización,precisión, explicacións axeitadas).
O alumnado que teña superadas as dúas primeiras avaliacións, non
terá que facer a proba obxetiva nin as tarefas de reforzo. A nota que
teñan acadado, será o 80% da nota final.
-3ª avaliación: Os instrumentos de avaliación, será exclusivamente a
elaboración do Traballo Práctico, sobre a situación da Economía
española, antes e despois da Pandemia. Os alumnos entregarán
semanalmente un resumen das actividades desenvolvidas en dito
traballo, que tamén será obxeto de avaliación
A participación, consulta de dúbidas, entrega dos resúmenes
semanais e a presentación final do Traballo, serán os instrumentos
de avaliación, é terá un peso na nota final, dun 20%.
Os criterios de cualficación terán que ver coa efectiva participación
na elaboración do traballo, e a entrega dos resúmenes semanais.
Traballo e resúmenes teñen que axustarse as normas establecidas
polo profesor: puntualidade na entrega, adecuación dos contidos as
normas establecidas, precisión na utilización dos conceptos e datos
económicos, exhaustividade dos datos utilizados e análise dos
mesmos .
- Cualificación final
A cualificación final do alumno virá dado pola valoración das
avaliacións : A 1ª e 2ª avaliación terán unha valoración dun 80% na
nota final( co reparto antes comentado), e a 3ª avaliación, unha
valoración dun 20% na nota final.
- Proba extraordinaria de Setembro
Na avaliación extraordinaria, o instrumento de avalación utilizado,
será unha proba obxetiva. En dita proba, terán mayor importancia os
estándares correspondentes a 1ª e 2ª avaliación (100%)
c) Metodoloxía e actividades do 3º Trimestre
- Actividades
Impartiremos clases de reforzo, repaso e recuperación dos contidos
da 1ª e 2ª avaliación. O profesor enviaralle os alumnos exercicios de
repaso, impartiralle clases de reforzo, para que aqueles alumnos que
non teñan superada a materia nesas avaliacións, teñan as máximas
posibilidades de obter unha avaliación positiva.
Por outro lado, na terceira avaliación levaremos a cabo un traballo
práctico sobre a Situación Económica de España, antes e despois da
Pandemia. Dito traballo, ten un enfoque eminentemente práctico, e
servirá de reforzo dos conceptos analizados nas primeiras avaliacións
e o mesmo tempo, nos permitirá avanzar na comprensión de
determinados conceptos vinculados a terceira avaliación. O
profesorado fará un seguimento semanal da elaboración do traballo,
e os alumnos deberán elaborar informes semanais, sobre aqueles
aspectos que o profesor solicite, e enviarllos posteriormente para a
súa corrección.
- Metodoloxía
A metodoloxía a desenvolver neste tercer trimestre ten que ver con
a ensinanza a distancia. Por tanto, imos repasar e reforzar os contidos
previstos na programación inicial do curso da 1ª e 2ª avaliación, e
unha parte dos estándares( non todos) previstos para a 3ª
avaliación(descritos no primeiro punto),de tal forma, que o
alumnado alcanzará as competencias necesarias ainda que non se
impartan a totalidade dos contidos correspondentes os estándares
non estudados.
Por outro lado, a metodoloxía didáctica, será a elaboración dun
Traballo prácticos na terceira avaliación, realización de tarefas de
reforzo e recuperación das dúas primeiras avaliacións, seguimento
do traballo desenvolvido polo alumno na 3ª avaliación, utilizando
duas ferramentas:
-Clases por videoconferencia: Explicacións, aclaración de dúbidas,
etc…para o alumnado que teña conectividade a rede. No 1º curso de
Bacharelato, algúns alumnos teñen dificultades de conexión
telemática, non teñen wiffi e ademáis poucos datos. Non se utilizará
de forma habitual as videoconferencias, e trataremos de dirixir o
Traballo Práctico e seguir as clases de reforzo e recuperación, a través
do correo electrónico.
-Utilización do correo electrónico, como ferramenta para o envío e
posterior corrección de exercicios e seguimento do traballo. Envío o
grupo de alumnos os exercicios correspondentes, e os devolven
posteriormente para a súa corrección.
Solución de dudas, aclaración de conceptos tamén se farán por
correo electrónico cando non sea posible a explicación por
videoconferencia.
- Materiais e Recursos
Os materiais que utilizaremos serán fundamentalmente, o libro de
texto, enlaces a páxinas web facilitadas polo profesor, apuntes e
exercicios prácticos elaborados polo profesor .
Por outro lado, a comunicación co alumnado, levaráse a cabo de dúas
formas:
. Clases por videoconferencia: aplicacions como Zoom,
webbex, servirán para a impartición puntual de algunha clase .
. Correo electrónico: a comunicación cos alumnos, as tarefas,
exercicios propostos, enviareillos o correo electrónico dos alumnos.
E o alumnado, ten o correo electrónico do profesor, o que lle
enviarán as tarefas para ser corrixidas.
d) Información e Publicidade
O Xefe do Departamento de Economía, informará a todos os alumnos
das adaptacións feitas na Programación e os criterios de evaluación
e cualificación que se van a aplicar. Teremos unha sesión de
videoconferencia, onde se explicarán estas novidades e o alumnado
poderá preguntar o profesor todalas dúbidas que poidan ter.
Asimesmo, esta adaptación da Programación, será enviada a
Dirección do Centro educativo, para que a incorporen na páxina web
do centro.
4.- MATERIA: Economía
CURSO : 4º ESO
a) Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
Os estándares de aprendizaxe avaliables correspondentes a 1ª e a 2ª
evaluación son os descritos na Programación da Materia, posto que o
seu análise e estudo, abordouse no centro educativo antes do
confinamento.
Os estándares correspondentes a terceira avaliación, que van a ser
obxeto de estudo de forma non presencial, son:
- Distingue nos ciclos económicos o comportamento dos ingresos e
gastos públicos.
- Valora e interpreta datos e gráficos de contido económico
relacionados cos tipos de interés, inflación e desemprego.
- Analiza os datos do desemprego en España.
O grao mínimo imprescindible que o alumnado ten que acadar ,
figura na Programación da Materia, e que corresponde os estándares
mencionados.
No presente curso 2019/2020, non desenvolveremos os estándares
de aprendizaxe relacionados coa iniciación os conceptos de política
Monetaria e fiscal, déficit e Deuda Pública. A materia de Economía no
curso de 4º da ESO, é una materia de iniciación, dunha cultura xeral
iniciática en conceptos básicos e comprensión elemental do entorno.
En 1º de Bacharelato, estes conceptos volven a analizarse máis en
profundidade .
b) Avaliación e cualificación
Os instrumentos de avaliación e criterios de cualificación aplicados,
serán os seguintes:
-1ª e 2ª avaliación: Os instrumentos de avaliación serán: Proba
obxetiva, que terá un peso na nota final dun 40%, e a Participación
nas clases de recuperación e reforzo, realización de tarefas
propostas.., que terá un peso dun 50% . En total, o peso das dúas
avaliacións na nota final será dun 90%.
Os criterios de cualificación, serán: Na proba obxetiva, o alumno
deberá acadar unha cualificación de 4 para superar dita proba, é polo
tanto alcanzar o grao mínimo para superar os estándares de
aprendizaxe.
Nas actividades propostas, os criterios de cualificación serán a
participación, puntualidade na entrega das tarefas, adecuación das
mesmas as normas indicadas polo profesor( claridade,
organización,precisión, explicacións axeitadas).
Os alumnos que teñan as dúas primeiras avaliacións superadas, non
terán que facer a proba obxetiva nin as tareas de reforzo e
recuperación. A nota obtida nas dúas primeiras avaliacións, terá unha
valoración dun 90% na nota final
-3ª avaliación: Os instrumentos de avaliación, será exclusivamente a
elaboración do Traballo Práctico, sobre a situación da Economía
española. Os alumnos entregarán semanalmente un resumen das
actividades desenvolvidas en dito traballo, que tamén será obxeto de
avaliación
A participación, consulta de dúbidas, entrega dos resúmenes
semanais e a presentación final do Traballo, serán os instrumentos
de avaliación, é terá un peso na nota final, dun 10%.
Os criterios de cualificación terán que ver coa efectiva participación
na elaboración do traballo, e a entrega dos resúmenes semanais.
Traballo e resúmenes teñen que axustarse as normas establecidas
polo profesor: puntualidade na entrega, adecuación dos contidos as
normas establecidas, precisión na utilización dos conceptos e datos
económicos, exhaustividade dos datos utilizados e análise dos
mesmos.
- Cualificación final
A cualificación final do alumno virá dado pola valoración das
avaliacións : A 1ª e 2ª avaliación terán unha valoración dun 90% na
nota final( co reparto antes comentado), e a 3ª avaliación, unha
valoración dun 10% na nota final.
- Proba extraordinaria de Setembro
Na avaliación extraordinaria, o instrumento de avalación utilizado,
será unha proba obxetiva. En dita proba, terán mayor importancia os
estándares correspondentes a 1ª e 2ª avaliación (100%).
c) Metodoloxía e actividades do 3º Trimestre
- Actividades.-
Impartiremos clases de reforzo, repaso e recuperación dos contidos
da 1ª e 2ª avaliación. O profesor enviaralle os alumnos exercicios de
repaso, impartiralle clases de reforzo, para que aqueles alumnos que
non teñan superada a materia nesas avaliacións, teñan as máximas
posibilidades de obter unha avaliación positiva.
Por outro lado, na terceira avaliación levaremos a cabo un traballo
práctico sobre a Situación Económica de España, antes e despois da
Pandemia, manexando e relacionando os conceptos e variables
económicas básicas desenvolvidas nas clases. Dito traballo, ten un
enfoque eminentemente práctico, abordado dende unha perspectiva
básica e sinxela, e servirá de reforzo dos conceptos analizados nas
primeiras avaliacións e o mesmo tempo, nos permitirá avanzar na
comprensión de determinados conceptos vinculados a terceira
avaliación. O profesor fará un seguimento semanal da elaboración do
traballo, e os alumnos deberán elaborar informes semanais, sobre
aqueles aspectos que o profesor solicite, e enviarllos posteriormente
para a súa corrección.
- Metodoloxía
A metodoloxía a desenvolver neste tercer trimestre ten que ver con
a ensinanza a distancia. Por tanto, imos repasar e reforzar os contidos
previstos na programación inicial do curso da 1ª e 2ª avaliación, e
unha parte dos estándares( non todos) previstos para a 3ª
avaliación(descritos no primeiro punto),de tal forma, que o
alumnado alcanzará as competencias necesarias ainda que non se
impartan a totalidade dos contidos correspondentes os estándares
non estudados.
Por outro lado, a metodoloxía didáctica, será a elaboración dun
Traballo Práctico na terceira avaliación, realización de tarefas de
reforzo e recuperación das dúas primeiras avaliacións, seguimento
do traballo desenvolvido polo alumno na 3ª avaliación, utilizando
duas ferramentas:
-Clases por videoconferencia: Explicacións, aclaración de dúbidas,
etc…, cando sea posible a súa utilización, tendo en conta que algúns
alumnos teñen dificultades de conexión a internet ( conexións moi
lentas ou poucos datos, porque non teñen wifi). Polo tanto, a
videoconferencia usaráse puntualmente, cando sea posible. Os
alumnos con dificultades de conectividade, terán o correo
electrónico do profesor, o que poden dirixirse para resolver dúbidas,
aclaracións, etc…
-Utilización do correo electrónico, como ferramenta para o envío e
posterior corrección de exercicios e seguimento do traballo. Envío o
grupo de alumnos os exercicios correspondentes, e os devolven
posteriormente para a súa corrección.
- Materiais e Recursos
Os materiais que utilizaremos serán fundamentalmente, o libro de
texto, enlaces a páxinas web facilitadas polo profesor, apuntes e
exercicios de repaso e reforzo elaborados polo profesor .
Por outro lado, a comunicación co alumnado, levaráse a cabo de dúas
formas:
. Clases por videoconferencia: aplicacions como Zoom,
webbex, servirán para a impartición das clases, pero de forma
puntual.
. Correo electrónico: a comunicación cos alumnos, as tarefas,
exercicios propostos, enviareillos o correo electrónico dos alumnos.
E o alumnado, ten o correo electrónico do profesor, o que lle
enviarán as tarefas para ser corrixidas, solicitar aclaracións , consultar
dúbidas, etc…
d) Información e Publicidade
O Xefe do Departamento de Economía, informará a todos os alumnos
das adaptacións feitas na Programación e os criterios de evaluación
e cualificación que se van a aplicar. Teremos unha sesión de
videoconferencia, onde se explicarán estas novidades e o alumnado
poderá preguntar o profesor todalas dúbidas que poidan ter.
Asimesmo, esta adaptación da Programación, será enviada a
Dirección do Centro educativo, para que a incorporen na páxina web
do centro.
5.- MATERIA: Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial
CURSO: 4º ESO
a) Estándares de Aprendizaxe e Competencias imprescindibles
Os estándares de aprendizaxe avaliables correspondentes a 1ª e a 2ª
evaluación son os descritos na Programación da Materia, posto que
o seu análise e estudo, abordouse no centro educativo antes do
confinamento.
Os estándares correspondentes a terceira avaliación, que van a ser
obxeto de estudo de forma non presencial, son:
- Determina a oportunidade dun proxecto de empresa, identificandoas
súas características
- Identifica as características, internes e externas da empresa en
proxecto, así coo os elementos que constitúen o contorno específico(
mercado, proveedores, clientela, sistema de producción, etc…)
- Describe a relación da empresa proxectada co seu sector, a súa
estructura organizativa e as función de cada departamento.
- Selecciona a forma xurídica máis axeitada en cada caso
- Determina os investimentos necesarios para a posta en marcha da
empresa.
O grao mínimo imprescindible para que o alumnado supere a
materia, figura na Programación Inicial, e que se corresponde cos
estándares descritos.
b) Avaliación e Cualificación
Os instrumentos de avaliación e criterios de cualificación aplicados,
serán os seguintes:
-1ª e 2ª avaliación: Os instrumentos de avaliación serán: Proba
obxetiva, que terá un peso na nota final dun 40%, e a Participación
nas clases de recuperación e reforzo, realización de tarefas
propostas.., que terá un peso dun 40% . En total, o peso das dúas
avaliacións na nota final será dun 80%
Os criterios de cualificación, serán: Na proba obxetiva, o alumno
deberá acadar unha cualificación de 4 puntos para superar dita
proba, é polo tanto alcanzar o grao mínimo para superar os
estándares de aprendizaxe.
Nas actividades propostas, os criterios de cualificación serán a
participación, puntualidade na entrega das tarefas, adecuación das
mesmas as normas indicadas polo profesor( claridade,
organización,precisión, explicacións axeitadas).
-3ª avaliación: Os instrumentos de avaliación, será exclusivamente a
elaboración do Plan de Empresa, na que desenvolvan a súa idea
innovadora. Os alumnos entregarán semanalmente un resumen das
actividades desenvolvidas en dito traballo, que tamén será obxeto de
avaliación
A participación, consulta de dúbidas, entrega dos resúmenes
semanais e a presentación final do Traballo, serán os instrumentos
de avaliación, é terá un peso na nota final, dun 20%.
Os criterios de cualficación terán que ver coa efectiva participación
na elaboración do traballo, e a entrega dos resúmenes semanais.
Traballo e resúmenes teñen que axustarse as normas establecidas
polo profesor: puntualidade na entrega, adecuación dos contidos as
normas establecidas, desenvolvemento da idea emprendedora,
facendo especial fincapé no elemento diferenciador da súa idea,
análise do mercado,etc…é decir, desenvolver os puntos do Guión do
Plan de Empresa que o profesor lles enviou.
- Cualificación Final
A cualificación final do alumno virá dado pola valoración das
avaliacións : A 1ª e 2ª avaliación terán unha valoración dun 80% na
nota final( co reparto antes comentado), e a 3ª avaliación, unha
valoración dun 20% na nota final
- Proba extraordinaria de Setembro
Na avaliación extraordinaria, o instrumento de avalación utilizado,
será unha proba obxetiva. En dita proba, terán mayor importancia os
estándares correspondentes a 1ª e 2ª avaliación (100%).
c) Metodoloxía e actividades do 3º Trimestre
- Actividades
Impartiremos clases de reforzo, repaso e recuperación dos contidos
da 1ª e 2ª avaliación. O profesor enviaralle os alumnos exercicios de
repaso, impartiralle clases de reforzo, para que aqueles alumnos que
non teñan superada a materia nesas avaliacións, teñan as máximas
posibilidades de obter unha avaliación positiva.
Por outro lado, na terceira avaliación levaremos a cabo a elaboración
dun Plan de Empresa, que a aplicación práctica dos conceptos máis
relevantes sobre a creación dunha empresa. A elaboración dun plan
de empresa, ten un enfoque eminentemente práctico, abordado
dende unha perspectiva básica e sinxela, e servirá de reforzo dos
conceptos analizados nas primeiras avaliacións e o mesmo tempo,
nos permitirá avanzar na comprensión de determinados conceptos
vinculados a terceira avaliación. O profesor lles faciliará un guión para
a elaboración de dito Plan, e lles dará as explicacións (non
presenciais) necesarias para que o alumnado poida elaborar o Plan
de Empresa, cumplindo cos estándares de aprendizaxe previstos. O
profesorado fará un seguimento semanal da elaboración do traballo,
e os alumnos deberán elaborar resúmenes semanais, sobre aqueles
aspectos que o profesor solicite, para facer un seguimento da
elaboración do Plan de empresa e poder aconsellar e reconducir o
traballo, cando sea necesario.
- Metodoloxía
A metodoloxía a desenvolver neste tercer trimestre ten que ver con
a ensinanza a distancia. Por tanto, imos repasar e reforzar os contidos
previstos na programación inicial do curso da 1ª e 2ª avaliación, e
unha parte dos estándares previstos para a 3ª avaliación(descritos no
primeiro punto),de tal forma, que o alumnado alcanzará as
competencias necesarias ainda que non se impartan a totalidade dos
contidos correspondentes os estándares non estudados.
Por outro lado, a metodoloxía didáctica, será a elaboración dun
Traballo Práctico na terceira avaliación, consistente na elaboración
dun Plan de Empresa, realización de tarefas de reforzo e
recuperación das dúas primeiras avaliacións, seguimento do traballo
desenvolvido polo alumno na 3ª avaliación, utilizando duas
ferramentas:
-Clases por videoconferencia: Explicacións, aclaración de dúbidas,
etc…Utilizárase puntualmente as videoconferencias, porque non
todos alumnos teñen unha boa conexión a Internet. Polo tanto,
cando sea posible, utilizaremos a videoconferencia, pero tentaremos
usar o correo electrónico, para aclaracións, resolución de dúbidas,
etc…
-Utilización do correo electrónico, como ferramenta para o envío e
posterior corrección de exercicios e seguimento do traballo. Envío o
grupo de alumnos os exercicios correspondentes, e os devolven
posteriormente para a súa corrección.
Por tanto, centrarémonos no mencionado anteriormente: Repaso,
reforzo, realización de actividades para a superación das avaliacións
pendentes, e elaboración do Plan de Empresa, como tarefa que
permite repasar e o mesmo tempo, ampliar algúns conceptos
interesantes, correspondentes a 3ª avaliación.
- Materiais e Recursos
Os materiais que utilizaremos serán fundamentalmente, os apuntes,
fotocopias que o longo do curso se lle facilitaron os alumnos, tarefas
de repaso e exercicios elaborados polo profesor.
Por outro lado, a comunicación co alumnado, levaráse a cabo de dúas
formas:
. Clases por videoconferencia:
. Correo electrónico: a comunicación cos alumnos, as tarefas,
exercicios propostos, enviareillos o correo electrónico dos alumnos.
E o alumnado, ten o correo electrónico do profesor, o que lle
enviarán as tarefas para ser corrixidas.
d) Información e Publicidade
O Xefe do Departamento de Economía, informará a todos os alumnos
das adaptacións feitas na Programación e os criterios de evaluación
e cualificación que se van a aplicar. Teremos unha sesión de
videoconferencia, onde se explicarán estas novidades e o alumnado
poderá preguntar o profesor todalas dúbidas que poidan ter.
Asimesmo, esta adaptación da Programación, será enviada a
Dirección do Centro educativo, para que a incorporen na páxina web
do centro.
Xefe do Departamento
José M. Justo Acevedo
Pontevedra, 6 de Maio do 2020
top related