a verdadeira historia de carapuchiña
Post on 29-Mar-2016
260 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
•D
ANIEL GIL 20
05
•PREMIO
LIBROINF
ANTIL
A. R. Almodóvar
Marc Taeger
Colección
© do texto: A.R. Almodóvar, 2004© das ilustracións: Marc Taeger, 2004© da tradución: Vitoria Ballesteros, 2004© desta edición: Kalandraka Editora, 2013Italia, 37. 36162 PontevedraTelf.: 986 860 276editora@kalandraka.comwww.kalandraka.com
Deseño: equipo gráfico de Kalandraka e Marc Taeger
Impreso en Gráficas Anduriña, PoioPrimeira edición: novembro, 2004Terceira edición: febreiro, 2013ISBN: 978-84-8464-512-2DL: PO 498-2008
Reservados todos os dereitos
Esta versión de Carapuchiña baséase en textos da tradición oral francesa, estudados polo granfolclorista Paul Delarue. Tamén ten en conta as discusións teóricas doutros estudosos, comoantropólogos, semiólogos e psicanalistas, principalmente Bruno Bettelheim e Erich Fromm,arredor das distintas adaptacións posteriores do conto.
A.R. AlmodóvarAo meu neto Marcos, que pertence á primeira xeraciónda verdadeira historia de Carapuchiña. E aos outrostres que viñeron despois: Antonio, Adriana e Marta.
Marc TaegerPara Neo, Frank, Yanik, Bhavna, Miquel e Arnau.
A VERDADEIRA HISTORIA DE
CARAPUCHIÑA
Antonio Rodríguez Almodóvar Marc Taeger
Había unha vez unha nena moi xeitosa
que vivía nunha aldea, preto dun bosque.
Chamábanlle Carapuchiña, ou Carapuchiña Vermella,
porque a súa avoa, que vivía noutra aldea dos arredores,
regaláralle unha capa desa cor,
cunha carapucha para o frío.
Á nena prestáballe tanto aquela peza
que a quería pór un día si e outro tamén.
Mais a súa nai dixéralle que era só para saír da casa,
cousa que non ocorría moi a miúdo.
As máis das veces Carapuchiña pasaba o tempo aprendendo a coser,
veña a coser. Pero como isto non lle gustaba nada,
no canto de meter a agulla pola tea, prefería poñer alfinetes.
Así remataba antes.
Un día, a súa nai, que tiña o bo costume
de facer toda clase de tortiñas, madalenas
e outros doces no forno da casa,
sacou uns bolos de leite que recendían.
Así como Carapuchiña os uliu
soltou a costura e apareceu correndo na cociña:
–Podo comer un, mamá?
–Non miña filla, que están moi quentes
e faríanche mal na barriga.
Mellor, vai á casa da avoa,
que está un pouco enferma,
e lévaslle uns cantos.
Cando chegues, seguro que xa arrefriaron.
Ah! E tamén lle levas unha botella de leite.
top related