a terra. características e estrutura do noso planeta
Post on 13-Jan-2015
889 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
PLANETA TERRA
Características e estrutura do noso planeta
Profesor: Adán Gonçalves García. I.E.S. Río Miño. PCPI.
ORIXE DO UNIVERSOORIXE DO UNIVERSO
A teoría máis aceptada da orixe do universo é a Teoría do Big-Bang Teoría do Big-Bang:
Hai 15.000 m.a. toda a materia e enerxía do universo
concentrábase nun punto (átomo primixenio ou ovo cósmico).
A inestabilidade do átomo primixenio provocou unha gran
explosión.
A partir da gran explosión formáronse as primeiras partículas
subatómicas (fotóns, protóns, neutróns...), e posteriormente os
primeiros átomos (hidróxeno, helio...). O universo comezou a súa
expansión.
Na actualidade segue a expandirse.
ORIXE DO SISTEMA SOLARORIXE DO SISTEMA SOLAR
Segundo as teorías máis aceptadas (teorías nebulares), formouse hai uns 4.600 m.a. por unha gran concentración de gas e pó cósmico debido a forza da gravidade, e comezou a xirar a gran velocidade posiblemente como resultado do estoupido dunha Supernova.Supernova.
A maior parte da masa desta nebulosa primixenia concentrouse no centro e deu lugar o solsol. O seu carón e xirando solidariamente arredor del, pola forza da gravidade, quedaron os planetas planetas que se formaron por unión de partículas materiais máis pequenas.
O sol é a única estrela do sistema porque é o único corpo celeste con tamaño suficiente (chega a presións e temperaturas moi elevadas) para xerar reaccións nucleares. De feito, Xúpiter polo seu tamaño quedouse as portas de ser unha estrela e nos seus inicios brillaba como tal.
Evolución estelar do sol:
Xigante Vermella Nova Anana Branca Anana NegraXigante Vermella Nova Anana Branca Anana Negra
A ORIXE DO NOSO PLANETAA ORIXE DO NOSO PLANETA
Formouse ao mesmo tempo co resto do sistema solar.
A Terra forma xunto con Mercurio, Venus e Marte os planetas planetas
interiores.interiores.
Nos seus inicios estaba a moi altas temperaturas e fundida.
Tiña unha elevada actividade volcánica que formou os gases da
atmosfera primitiva (vapor de auga, metano, óxidos de
nitróxeno..., incluso sulfuros e haloxenuros volátiles). Nesta
atmosfera primitiva non había osíxenonon había osíxeno.
Pouco a pouco foi arrefriando o que permitiu a zonación en codia, codia,
manto e núcleo. manto e núcleo.
A ORIXE DO NOSO PLANETAA ORIXE DO NOSO PLANETA
As primeiras chuvias foron de sales (haloxenuros da atmosfera), e so
cando a temperatura baixou dos 100ºC producíronse as primeiras
chuvias de auga que arrastraron estas sales e formaron os primeiros
mares supoñendo a nacemento da Hidrosfera.Hidrosfera.
A formación da Hidrosfera vai seguida da aparición da vida nun
momento todavía difícil de precisar (segundo os últimos
descubrimentos hai uns 3.600 m.a./Xacementos de Warrawoona-
Australia).
As primeiras formas de vida eran fermentadorasfermentadoras, polo que non
precisaban osíxeno.
A ORIXE DO NOSO PLANETAA ORIXE DO NOSO PLANETA
Posteriormente xurdiron os fotosintéticosfotosintéticos, por evolución algúns
deles comezaron a producir osíxenoproducir osíxeno xa que o proceso era máis
eficiente enerxéticamente que si non o producían (fotosíntese
osixénica-anosixénica) e polo tanto, liberouse en último termo
osíxeno a atmosfera onde comezou a concentrarse e unha parte
deste formou a capa de ozonocapa de ozono.
Neste longo proceso apareceron tamén os aeróbicosaeróbicos, que
comezaron a utilizar ese osíxeno na respiración.
Dende o momento en que se compensou a produción co consumo
a súa concentración mantense prácticamente invariable.
A ORIXE DO NOSO PLANETAA ORIXE DO NOSO PLANETA
Dos gases da atmosfera so o COCO22 variou de xeito apreciable a súa
concentración ao longo dos tempos.
Botándolle unha ollada a este corto saberemos máis sobre a orixe do Botándolle unha ollada a este corto saberemos máis sobre a orixe do noso planeta:noso planeta:
httphttp://://esocienciasnet.blogspot.comesocienciasnet.blogspot.com/2010/10//2010/10/orixeorixe-do--do-nosonoso--planeta.htmlplaneta.html
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
É un planeta moi especial xa que nel se dan as condición precisascondición precisas
para a vida, entre outras presenza de auga e temperatura axeitada vida, entre outras presenza de auga e temperatura axeitada
(15ºC).(15ºC).
Ten forma de xeoide achatado polos polos.
Radio ecuatorial: 6378 Km/ Superficie: 510 x 106 Km2.
A súa estrutura estrutura pódese dividir en tres partes: Atmosfera Atmosfera (capa
gasosa), HidrosferaHidrosfera (capa líquida) e XeosferaXeosfera (parte sólida).
Na súa composición química predominan: Fe (35%), O (28%), Mg
(17%) e Si (13%), máis esta composición carece de sentido xa que o
noso planeta presenta unha estratificación por densidades dos seus
materiais que da lugar a distintas capas (codia, manto e núcleocodia, manto e núcleo)
dentro da Xeosfera, con composición e características moi distintas.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
Movementos da Terra:Movementos da Terra:
- Traslación: - Traslación: movemento da Terra arredor do sol, describindo unha órbita lixeiramente elíptica e excéntrica que completa cada 365,26 días (un ano). Este movemento desenvólvese de oeste a este (contrario as agullas dun reloxo) a unha velocidade media de 29,6 Km/s.
- Rotación: - Rotación: o xiro do planeta sobre o seu eixe, tamén é de oeste a este e complétase en 23h e 56 min (un día). A unha velocidae ecuatorial é duns 1675 Km/h.
Consecuencias destes movementos:Consecuencias destes movementos:
Debido a que o eixe de rotación da Terra está inclinado 23º 27´respecto o plano de traslación os raios solares non chegan coa mesma inclinación a Terra ao longo do ano o que determina dúas consecuencias moi importantes:
* Os cambios estacionais.cambios estacionais.
* A duración distinta dos días e as noites ó longo do anoduración distinta dos días e as noites ó longo do ano.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA CARACTERÍSTICAS DA TERRA
ATMOSFERA TERRESTRE:ATMOSFERA TERRESTRE: (Máis información nas fotocopias da atmosfera).
1) COMPOSICIÓN E ESTRUTURA:1) COMPOSICIÓN E ESTRUTURA: Atendendo a súa composicióncomposición (gases ca compoñen) hai dúas
capas.
- Unha dende o nivel do mar ata os 90 Km de altitude formada fundamentalmente por nitróxeno (78%) é osíxeno (21%).
- Outra capa entre os 90 Km e o límite exterior da atmosfera (uns 10000 Km) onde os gases sepáranse en subcapas.
Atendendo a súa temperatura temperatura diferenciamos ata cinco capas.
- Troposfera:Troposfera: entre o nivel do mar e uns 8-18 Km de altitude. Caracterízase por un descenso da temperatura. Nela atópanse o CO CO
22 e do vapor de auga e do vapor de auga, por iso é onde se forman as nubesnubes e prodúcense as precipitaciónsprecipitacións. Ademais nos seus primeiros 500 m atópase a “capa sucia” responsable do “smog”.
- Estratosfera:Estratosfera: dende o límite da troposfera ata os 50 Km de altitude. Hai un ascenso de temperatura debido a que os raios uv son retidos pola capa de ozonocapa de ozono.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
- - Mesosfera: Mesosfera: dende os 50 Km ata os 80 Km de altitude. Nela hai un novo descenso de temperatura.
- Termosfera: Termosfera: entre os 80 e os 550 Km de altitude. Nesta parte da atmosfera hai un ascenso acusado da temperatura debido a que nesta capa retéñense as radiacións de alta enerxía como os raios X e raios gamma. Estas radiacións que son absorbidas entre os 80 e os 400 Km ionizan os gases e orixinan correntes eléctricas, por iso a esta subcapa chámaselle ionosferaionosfera.
- Exosfera: Exosfera: dende os 550 Km ata o límite da atmosfera. Nela as partículas gasosas están moi dispersas, por iso a caracterización térmica perde sentido.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
2) FUNCIÓNS DA ATMOSFERA:2) FUNCIÓNS DA ATMOSFERA:
Contén dous gases esenciaisgases esenciais para a vida vida, o osíxeno osíxeno (necesario
para a respiración) e o COCO22 (indispensable na fotosíntese).
Regula a temperaturaRegula a temperatura (efecto invernadoiro natural/efecto invernadoiro natural/15ºC de media).
Actúa como filtro para as radiacións nocivasfiltro para as radiacións nocivas (uv, raios X...).
Mantén uniforme a temperatura e a humidadeMantén uniforme a temperatura e a humidade ambiental grazas
aos ventos que transportan aire frío ás zonas cálidas e aire húmido
ás zonas secas.
Protéxenos do impacto de meteoritosProtéxenos do impacto de meteoritos que se desintegran polo
rozamento antes de chegar á superficie (estrelas fugacesestrelas fugaces).
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRAA HIDROSFERA TERRESTRE:A HIDROSFERA TERRESTRE:
É a capa de auga que cubre a superficie terrestre.
PROPIEDADES DA AUGA E IMPORTANCIA BIOLÓXICA
É o disolvente universal. Polo que é un bo transportador de
substancias e nas células é o medio onde suceden as reaccións
químicas necesarias para vida. Ademais esa capacidade
disolvente convérteno no axente xeolóxico externo máis
importante.
A súa temperatura de fusión (0ªC) e ebullición (100ºC) permíten a
existencia da auga na Terra nos tres estados de agregación:
sólido (xeo), líquido e gasoso (vapor de auga das nubes).
Ten unha calor específica elevada (precisa gañar ou perder moita
enerxía (calor) para variar a súa temperatura), polo que é un bo
regulador da temperatura.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
A auga entre 0ºC e 4ºC, fronte ao habitual noutras substancias,
contráese e aumenta a súa densidade. Esto explica porque o xeo
flota na auga líquida, feito moi importante para o mantemento de
ecosistemas acuáticos incluso a baixas temperaturas.
Por enriba dos 4ºC cumpre a norma xeral e o aumentar a
temperatura aumenta o seu volume e diminúe a súa densidade
(d=m/v).
A auga ten unha elevada tensión superficial o que contribúe a
facilitar o ascenso capilar, fundamental no transporte de
substancias dende as raices a outros órganos nas plantas.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
O CICLO DA AUGA
Recibe este nome o conxunto de procesos cíclicos mediante os cales a auga pasa da atmosfera a superficie terrestre e desta de novo a atmosfera.
O vapor de auga da atmosfera condénsase e orixina as nubes que precipitan sobre os océanos e continentes a auga en forma de chuvia ou neve.
Parte da auga precipitada non chega a superficie porque se evapora ou e transpirada polas plantas que a devolven de novo a atmosfera.
Outra parte discorre pola superficie terrestre (escorrentía) dende os ríos ata os mares e océanos ou infíltrase no solo acumulándose en forma de augas subterráneas.
A auga dos océanos está a evaporarse constantemente e transfirese a atmosfera.
As augas subterráneas, cun tempo variable, rematan vertendo os mares polo que esta auga tamén retorna a atmosfera.
Estes retornos a atmosfera supoñen o peche e novo inicio do ciclo da auga.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
O motor deste movemento cíclico O motor deste movemento cíclico da auga é a enerxía do sol xunto da auga é a enerxía do sol xunto coa gravidade.coa gravidade.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
A XEOSFERAA XEOSFERA::
Os coñecementos sobre o interior da Terra baséanse nunha
ampla batería de métodos tanto directos (materiais vertidos por
volcáns, sondeos...), como indirectos (método sísmico, anomalías
gravitatorias...).
A Xeosfera Xeosfera é a parte sólida parte sólida da Terra, e dicir as rochas.
Divídese en tres capascapas, que son dende o exterior cara o interior:
codiacodia, manto e núcleo.manto e núcleo.
A codia é a capa máis externa cun espesor variable duns 70 Km.
e divídese en codia continentalcodia continental (forma a superficie dos
continentes e nela a rocha máis abundante é o granito) e a codia codia
oceánicaoceánica ( forma a superficie dos fondos mariños e nela
predomina a rocha basalto).
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
O mantomanto encóntrase baixo a codia aproximadamente a uns 70
Km de profundidade e exténdese ata os 2900 Km. Esta
constituido por rochasrochas ultrabásicasultrabásicas en estado sólido.
O núcleonúcleo é a capa máis interna. Encóntrase dende os 2900 Km.
ata o centro da terra. Está formado por ferro e níquelferro e níquel. Nel
alcánzanse elevadas presións e temperaturas e é responsable dos
fenómenosfenómenos magnéticos e eléctricosmagnéticos e eléctricos do noso planeta.
*Nota: a codia e a parte superior do manto tamén se lles denomina
en conxunto LitosferaLitosfera..
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
MINERAIS E ROCHAS:MINERAIS E ROCHAS:
MINERAL: substancia natural de orixe inorgánica cunha
composición química definida entre uns límites, unhas
propiedades características e , xeralmente, unha estrutura
cristalina.
Os minerais máis frecuentes son:Os minerais máis frecuentes son:
Silicatos: Conteñen silicio e osíxeno. Son exemplos o cuarzo, os
feldespatos, as micas e as arxilas. Son os compoñentes das
rochas máis abundantes da Terra: o granito e o basalto.
Óxidos: Combinan o osíxeno con outros elementos, como a
magnetita (óxido de ferro).
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
Sulfuros: Distintas combinacións do xofre, como a blenda
(sulfuro de cinc) ou a pirita (sulfuro de ferro).
Carbonatos: combinacións do carbono e o osíxeno con outros
elementos, como é o caso da calcita.
Haluros: sales de distintos elementos, como a fluorita (fluoruro
de calcio) ou a halita (cloruro sódico).
Elementos nativos: encóntrase na natureza como elementos en
estado puro por exemplo o ouro, a prata o ferro...
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
ROCHA: é un agregado de un ou varios minerais.
As rochas clasifícanse atendendo ao modo no que se formaron e
diferenciamos tres grandes grupos: ígneas ou magmáticas,ígneas ou magmáticas,
metamórficas e sedimentarias.metamórficas e sedimentarias.
Rochas ígneas ou magmáticasRochas ígneas ou magmáticas
Orixínanse ao enfriarse e solidificarse o magma do interior da Terra
ou cando este material sae ao exterior en forma de lava.
Basicamente existen dous tipos de rochas ígneas:
- Volcánicas: formadas a partir dunha erupción volcánica p.e
basalto.
- Plutónicas: formadas a gran profundidade p.e. Granito.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
Rochas sedimentariasRochas sedimentarias
Orixínanse a partir da destrución doutras rochas na superficie
terrestre pola acción dos distintos axentes xeolóxicos (ríos,
glaciares, vento...). Estos axentes erosionan, transportan e
depositan os sedimentos (fragmentos de rochas) e posteriormente
e mediante distintos procesos fisico-químicos (procesos
sedimentarios ou diaxénese) transformaranse en rochas
sedimentarias.
Debido as súas características de formación, as rochas sedimentarias
poden posuír fósiles.
Exemplos típicos son a rocha caliza ou as arxilas. Tamén hai rochas
sedimentarias que teñen unha orixe orgánica como o carbón e o
petróleo.
CARACTERÍSTICAS DA TERRACARACTERÍSTICAS DA TERRA
Rochas metamórficasRochas metamórficas
Fórmanse a partir de rochas magmáticas e sedimentarias cando
éstas afunden no interior da Terra e sofren transformacións polas
condicións existentes.
Constitúen exemplos típicos a lousa a partir da arxila ou o mármore
a partir da caliza.
CICLO DAS ROCHAS
Como as rochas metamórficas poden orixinarse a partir dos outros
dous tipos, as veces a natureza as reutiliza no que chamamos o
ciclo das rochas.
top related