a poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia

Post on 24-May-2015

227 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Continuación da ponencia do profesor Anton Cortizas dentro do curso Falar, cantar e contar na escola infantil celebrado en Vimianzo entre Outubro e Decembro do ano 2013. Materiais recollidos da tradicion oral para traballar a lingua, a expresión corporal cos máis pequenos

TRANSCRIPT

A poesía de tradición infantil

TIPOLOXÍAAntón Cortizas

1. Arrolos

O neno ten soniñoo neno sono ten,o cume do soniñoo neno non o ve.

O meu neno ten soniñoquen o ha de adormentar,a súa nai vai no muíño,sabe Deus cando virá

E, ronrón, ronrón, meu neno,

eh, ronrón, ronrón, meu amor.

2. Xogos no colo.

Son xogos afectivos que realizamos os adultos coas crianzas máis pequenas.

Neles temos este elementos fundamentais:- a voz- o ritmo- o tacto - o coñecemento do corpo

A cara

Este queixo, queixolán,esta boca pide pan,este nariz, naricete,este ollo pisperete,e estoutro o seu irmán,esta testa, testalán,arriba, rabo de can!

Esta testa, testaruda, este ollo de pimpín,estoutro pispinete,esta boca pide pan,este queixo,

queixolán,este nariz naricete,arríncate, meu

cabalete.(Turrar do nariz)

O nariz.

-Esta leira é túa? (Belisco nas meixelas).-É.-E estoutra?-Tamén.-Arrinquemos logo o

marquiño. (Nova turrada do nariz.)

Os ollos

1.Soniño, sono,vente a este ollo,pouquiño a pouco,vénteme a estoutro.

2.Pedro Chosco estaba na cama,dáballe o sol por unha ventana.E pola outra entráballe o vento,Pedro Chosco estaba contento.

As orellas1. As cabras de Xan Barbeito todas van por un carreiro,unhas brancas, outras negras,outras turran das orellas.

(Colo. Acaneo. Vírase a man de arredor da cabeza. Ao final túrrase da orella.)

2. Orelliña vai á leña,que chova, que neve,non veñas sen ela.

(Colo. Cóllenselle ambas orellas coas mans e abálase.)

3. Carrapeta foi á leña.luns vai, martes chega,aí ven carrapeta cun feixe de leña.

(Túrraselle alternativamente dunha e doutra orella.)

4.Polo curral do tío Pedropasa o can do tío Miguel,cunhas polainas repenicadasrepenicadas de papel.

(Colo. abálanse as orellas ao dicir repinicadas.)

As mans1.A pompón, a pompóno diñeiriño no bolsón,Dámo a min, dámo a min,o ichaviño e o maravedí.

2.A boaventura, que Deus che ha de darse che pica a mosca,terás que rascar.

3.

Cinco lobiños

ten mamá loba,

todos xuntiños

tras dunha vasoira.

Cinco que tiña

cinco criaba

e a todos cinco

tetiña lles daba.

4.

Esta é a noite este é o día

este é o cu

da tía María.

7.Este foi ao mar e non trouxo nada,este tamén foi e trouxo unha pescada,este aló non foi pero a lavou ben lavada,este quedou en terra pero fixo a

/caldeiradae este lambón lacazán papouna sen

/deixar nada.

5. Este é o maimiñoeste o seu veciño,este o pai de todoseste o furabolose este o matapiollos.

6. Este foi á praza. este mercou un ovoeste bateuno,este fritiunoe este gordecho comeuno.

As mans

8. Vixiguento, mal contento,pide pan e non llo dan,e rabea coma un can. (Colo. Palma do neno cara

arriba Rózanse os dedos e remátase facéndolle cóchegas na palma.)

9. Toca palmiñas,que xa vén papá/mamá,toca palmiñasque axiña virá.

As mans

10. Dedín, dedín, chámome Roquín,rabo de cuco,mazaruco,cando o reipor aquí pasoutodas as avesconvidou,menos unha que quedou.Chirlosmirlosvaite deitarque a filla do reiha de vir te chamar.

11. Man morta, man morta,pega un pauna túa porta.

12.Man morta,man morta,naquela horta,tilín, tilín,corre tras de min.

13.Man morta,man morta,tes os fillos á túa porta.Tes que darde beber,auga do Vilar.

As mans

15. Palma, repalma,chica morena,como a queres,grande ou pequena?

16. Pon pon pona lancha de Beceiro,pon pon ponvira patas pra arriba,pon pon poncargada de carbón,pon pon ponna ría de Ferrol.(No retrouso dánselle toques co dedo na palma da

man do neno; cos outros versos, fánselle cóxegas tamén na man.)

As mans

A BARRIGA

Tantarantán, tarantán, tarantiña,o que non come non ten barriguiña.Tantarantán, tarantán, tarantola,o que non come non ten barrigola.

O EMBIGOSobre o embigo temos a facecia de coidar que é o pulsador dunha campaíña.

Apertamos nel ao tempo que emitimos o son onomatopeico do timbre. Argallamos unha lengalenga?

OS PÉS

Coñecedes algunha lengalenga sobre os pés?

Que vos parece se argallamos unha?

DESPRAZAMENTOS

Quen me quere a min?

Imos de paseoco gato no seo,e se nos rabuñacortámoslle as unllase se nos mauea,cortámoslle as meas.

DESPRAZAMENTOSCamiñar sobre os pés do adulto.

A linda borboriña

Tiña a boca pequeniña

E os ollos moxinetes,

Escapa xa Pauletes.

Arre, cabaliño,

imos para Belén,

que mañá é festa,

pasado tamén.

Arre, arre, arre

que chegamos tarde.

DESPRAZAMENTOSO Tecelán.(Cóllense dous das mans e

abalan os brazos).

Tecelán,Tecelán,dálle a volta ao batán.(Viran sen soltar os brazos

e quedan de costas. Repítese).

. Aserrín, aserrán.

. Pasa Perico, pasa Monteiro.

.

3. Conxuros, imprecacións e oracións

-Corvo miñato,

que levas no papo?

-Leite callado.

-Quen cho callou.

-Mariquilla de Mallou

que foi polo río

e non se mollou.

-Corvo miñato,

que levas no papo?

-Leite callado.

-Quen cho callou?

-A filla do rei.

-Cálate, cálate,

que eu llo direi.

Santa María,

caldo quería,foi á pota

e non o había.

Doime a barriga.Pois freta con ortiga.Doime a cabeza.Pois freta cunha pesa. Doime...

Aprende cachola

que estás na escola.

Paxariño pequeniño,

paxariño bonitiño,

se vas á feira

traime un porquiño.

Cura, curiña, xa;

se non curas hoxe,

curarás mañá. Arre cabaliño,

para o Santiaguiño,

buscar un cariño * (orix. Pan e viño.)

para este meniño.

Polo sinal

do chichirimal,

comín touciño

e fíxome mal.

Lagartiña, sal, sal,

que morriu túa nai

no campiño da devesa

cun foliño na cabeza.

Rei, rei,

cantos anos vivirei?

Vinte e cinco,

non o sei.

4. As sortes de botar

Rabo de boi,rabo de besta,dixo o meu pai,que estabas nesta.

Pon pon nate pite puse,pona penuse,pon pon,nate pite pon.

Un gato caeu nun pozoas tripas fixeron guá,arremoto pitipotoarremoto pitipá.

Blo,chirivicú, chirivicá,chiviricuri, curi, fa,chirivicuri curi feroque mas dan e non as quero.

4. As sortes de botar

María cuchiviricácortou un dé biricócoa coitelí biricádo zapatei biricó.O zapatei biricófoi e curou biricácon manteiguí biricóda máis millor biricá.

O Calán foi á misaveu o cantraboulle a camisa.Marcha can,que non é pan,que é a camisado Calán.

5. Lengalengas

Unha dolatela catolaquile quiletechinchín carropíncarropés fan dez.

Dedín dedín,do meu borriquín,cando o reipor aquí pasou,todas as damasconvidou,menos unha que quedou.Chirlomirlovaite deitarás portiñasdo teu tíoque che deade comer e de cear.

e sen sentidos.

Cinco murgafañifos guifus gafus novos amurgafañaron ao murgafañifo guifu gafu vello e veu murgafañifo guifo gafu vello enfadado e amurgafañou aos cinco murgafañifos guifus gafus novos.

6. Xogos de roda

As abelliñas de san Miguelandan todas arredor do mel,e de mel e de melachaque se vire (nome) de cachas.…—¿Que hai naquela artesa?—Unha vella tesa.—¿Que hai naquel furado?—Un gato pelado (ou

esfolado).—¿Que hai naquela

ventaíña?—Unha campaíña.—¿E como fai?—¡Tilín, tilín…!

7. Dramatizacións

Os xogos de roda como dramatizacións.

7. Xogos de corda e de gomaA LA UNA NACI YO,

a las dos me bautiz aro n,

a las tres cogí amo res,

a las cuatro me casaro n,

a las cinco tuve un hijo,

a las seis lo bauti cé,

a las siete me mur i ó

y a las ocho lo enterré.

A LA ORILLA DE L RÍO

Juani to llora,

riscatap l ún chi n chi n, gori gori gori

taranta n tá n, J u a ni to llo ra,

porq ue d ice que tiene vacía

la canti mp l o ra,

riscatap l ún chi n chi n gori gori gori,

taranta n tá n la canti mp l o ra .

Si la tiene vacía

que se la llene,

riscatap l ún chi n chi n gori gori gori,

taranta n tá n que se la llene .

En la ori l la del río

que se la llene,

riscatap l ún chi n chi n gori gori gori,

taranta n tá n que se la llene .

8. Xogos de mans e pelota

Na rúa da Redonda, Redonda, Redonda,

hai unha zapatería, tería, tería,onde van as mozas guapas,

reguapas, reguapas,pra tomaren as medidas,

¡corenta e tres!As que levan minisaia, olé, olá,

véselles a barriga.Socorro, socorro,que vén a zapateira,e o pobre do maridocaeu da cadeira.

Tinta tinela,coladé,azucre e mais canela,coladé,con esta culleriña, Coladé,cantas pide vosté, coladé, coladé.

9. Trabalinguas

Se non tes a lingua longa, alonga a lingua unha legua, que logo a legua mingua e a lingua longa se che desalonga unha legua.

10. Adiviñas1. Que é unha cousiña, cousa: dous dereitiños, un dalle-dalle, catro mexafontes e un rega-montes.   2. Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada.   3. Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.   4. Cando vai pro monte dálle os cornos a casa; cando vai pra casa dálle os cornos ó monte.   5. Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.   6. Pelo con pelo e o vivo no medio.  

1. A vaca: Os cornos, o rabo, os tetos e o mexadoiro)

2. A galiña.

3. O ovo e o pitiño.

4. A forcada que leva o home ó lombo.

5. O muíño.

6. O ollo entre as perfebas.

11. Mentiras e disparates. Heiche de contar un contode vintecinco mentiras,polo mar nadan as lebrese polo monte as anguías.

Heiche de contar un contona miña vida tal vinun gato nunha xanelatocando nun violín.

Se ti viras o que eu vino outro día na Malata:unha espiga de maínzoa piñas cunha pataca.

12. Alcumes e burlas

Luís Pitís,

copa de caña,

copa de anís.

Xan Pirillán,

amigo das nenas,

tanto as quere

que mexa por elas.

Antón, non perdas o son porque na alameda,disque vive un homón,con camisón,

que ás nenas leva.

María Antonia do cu peladoten un cravo no cu chantado,dálle de dentro, dálle de fóra,sáltalle o cravo do cu para fóra.

-Chaval,

que o cu te cheira mal.

Paco repacocamisa cagadafoi á cociñacomer a pescada;a pescada estaba fríae Paco de cagarría.

Xoanciño é pequeno,pequeno coma un rato;o que se meta con elleva unha man de sopapos.

13. Contos breves...

-Unha vez era unha vella que ía polo monte, queres que cho conte?-Quero.-Eu non dixen quero, eu dixen que unha vez...

Eran unha vez un cesto e unha canastrae para conto xa basta.

Esta era unha vella que tiña un gatocos pés de trapoe as orellas de papel.Queres que cho conte outra vez?

Esta era unha vez unha vaca e máis un boiesta era si que era,tanto era que xa foi.

Unha vez era o gato do avóque botou un peido para ti só.Unha vez era un gato nun souto.que botou un pido para ti e mais para outro.

Sete bois e sete vacaspor aquela costa arribanon hai home nesta terra que sete veces o diga.

...contos breves e de nunca acabar

Heiche contar un conto moi lindoque non ten final, tampouco principio.

Heiche contar un conto de lobosque abren a boca e comen de todo.

Heiche contar un conto dun rei,había... que había? Había eu que sei!

Heiche contar...

...e de nunca acabar

14. AcumulativosUnha vella plantou un toxodetrás do outeiro de pedramiñoso.Veu a cabra e comeu o toxo que a vella plantara detrás do outeiro de Pedra miñoso.

Unha vella plantou unha col,

detrás do outeiro de pedra miñol.

Unha nai tiña dez fillas...

Eu teño un canciño,

miña nai ten dous

e o máis pequeniño

no mar afogou.

Eu teño un canciño,

miña nai ten tres,

e o máis pequeniño

vai no santo André.

Era un vello que plantou unha viña,luns e martesde madrugadatras do outeiroda pedra furada.

Estando a silva no seu lugarveu a amora para a adornar.A amora na silva a silva no chan e o chan como é durode todo ten man.

Estando a amora no seu lugar,veu a mosca para a picar,a mosca na amora,a amora na silvaa silva no chan,e o chan como é durode todo ten man. Estando a mosca no seu lugar...

...acumulativos

Chascarraschás,pra lle dar ao cura.Chascarraschás,¿para que é o cura?Chascarraschás,para decer a misa.Chascarraschás,¿para que é a misa?Chascarraschás,para subir ao ceo.Chascarraschás,para que é o ceo.Chascarraschás,para estar nel.

Chascarraschás,¿pra onde vai a vella?Chascarraschás,para a fonte vella.Chascarraschás,¿e que vai buscar?Chascarraschás,un saco de millo.Chascarraschás,¿para que é o millo?Chascarraschás,pra lle dar ás churras.Chascarraschás,¿pra que son as churras?Chascarraschás,pra poñer os ovos.Chascarraschás,¿pra que son os ovos?

...acumulativos

Unha vella tiña un candebaixo da cama onde ela durmía.Cando a vella acordabao can bourabae a vella dicía:Mal raio che parta, can,que mal agradeces o pan que che dan.Unha vella tiña un gatodebaixo da cama onde ela durmía.Cando a vella acordabao gato miañaba,o can bourabae a vella dicía:Mal raio che parta, can,que mal agradeces o pan que che dan.

...acumulativos

15. Romances.

DON GATO

16. Cancións de excursións e campamentos

Agora que estamos sósímosvos contar mentiraspolo mar andan as lebrespolo monte as sardiñas.

Aransansán, aransansán,

guri guri guri guri, guri,

aransansán.

guri guri guri guri, guri,

aransansán.

A saia da Carolina.

A rianxeira

Ai, pepiño adeus,

Amoriños collín...

Catro vellos mariñeiros

O quer que lle quer

Meu caldo, meu grelo...

Polo río abaixo vai...

Ben bailar, Carmiña.

Na beira do mar.

17. Poesía temporaria

Aninovos e Xaneiras

Cantares de Reis.

Cantigas de Antroido

Cantigas de Maio

Cantigas de San Xoán

Panxoliñas

18. Bibliografía

Aspectos lúdicos del lenguaje. La jitanjáfora, problema lingüístico. Luís J. Eguren Gutiérrez. Univ. Valladolid, 1987

Del Cancionero Popular al Cancionero Infantil. Lírica Popular de tradición infantil

Pedro César Cerrillo Torremocha

Sobre el aprovechamiento didáctico del cancionero infantil

Pedro César Cerrillo Torremocha

www.orellapendella.org

top related